Castelló de la Plana

Castelló de la Plana[1][2] (en valenciano: Castelló de la Plana (oficial), en castelán: Castellón de la Plana), é unha cidade da Comunidade Valenciana, capital da provincia de Castelló e da comarca da Plana Alta. Encóntrase situada na costa mediterránea. Limita con Borriol, Benicàssim, Almassora, l'Alcora e Onda.

Ten 177.924 habitantes (INE 2008). Ademais, é o núcleo principal dunha área metropolitana de 276.977 habitantes.

Coordenadas: 39°58′N 0°3′O / 39.967, -0.050

Castelló de la Plana
Castellón de la Plana
Bandera de Castelló de la Plana-2
Escut de Castelló ornamentat-2
Ermita da Magdalena. Estanque do parque Ribalta
Praza Maior
Praza da Paz Lonxa do Cáñamo
A farola Casa das Cegoñas Torre Campanario "El Fadrí"
Localización
Castelló en España

Castelló
Castelló
Castelló en Provincia de Castelló

Castelló
Castelló
PaísEspaña España
Comunidade autónomaFlag of the Valencian Community (2x3).svg País Valenciano
ProvinciaCastelló
ComarcaPlana Alta
Xeografía
Altitude30 msnm
Superficie108,8 km²
Demografía
Poboación177.924 hab. (2008)
Densidade1.655,11 hab./km²
XentilicioCastellonenco/a
Outros datos
Código postal12001-12006
AlcaldeAmparo Marco (PSPV-PSOE)
http://www.castello.es

Xeografía

Castellón de la Plana.Lonja del Cáñamo
Vista aérea de Castelló
ConcatedralCS
Fachada principal da Concatedral

A provincia de Castelló é unhas das zonas máis montañosas da península Ibérica, bañada á súa vez polo mar ao longo de 113 km de costa. As súas praias, ben coidadas (pois adoitan recibir bandeira azul), arroupan ao porto que canaliza unha parte importante das exportacións. A uns 48 km atópanse as Illas Columbretes, pertencentes ao termo municipal de Castelló desde 1955.

Relevo

A maior parte do termo, atópase sobre o "chairo aluvial da Plana", salvo unha pequena proporción ao Noroeste ocupada por pedras calcarias que conforman o extremo sur do Desert de les Plames. A cota máis alta sitúase ao norte, na Roca Branca, con 609 m, tamén destacan as montañas do Racó de Raca, con 458 m, o Tossal de Llobera, con 353 m, o Tossal Gros, con 354 m, a Penyeta Roja, con 288 m e a Muntanya Negra con 307 m. Cabe destacar polo seu simbolismo, o Tossal da Magdalena con 111 m e que forma parte do Parque natural do Deserto das Palmas.

Chan e hidrografía

Entre a montaña e o mar, esténdense unha serie de glacis cuaternarios que baixan cunha suave pendente cara aos marxais, separados do mar pola restinga da Praia da Pineda. A liña de costa é de 10 km. É baixa e arenosa e ao sur do porto está ocupada polo polígono industrial do Serrallo.

O río Seco de Borriol, nace na vertente Oeste do Desert de les Palmes e baixa pola Vall de Borriol. Posteriormente, encaixa a súa canle sobre o glacis cuaternario da Plana, onde describe unha gran curva polo Oeste e o Norte da cidade perdéndose na marjalería. Ao Oeste do termo, atópase o Encoro de María Cristina, e o leito da Rambla da Vídua pouco antes de desembocar no río Millars, de cuxas augas se abastece a horta tradicional.

Clima

Clima Castellón (España)
Climograma de Castelló (Almassora).

Castelló conta cun clima mediterráneo no que as precipitacións máximas concéntranse ao principio do outono, como consecuencia da gota fría. Os invernos son suaves e os veráns cálidos, e durante todo o ano a oscilación térmica diaria é escasa.

Economía

Castelló depende moitísimo de dous sectores: a cerámica e os seus arredores e a construción. O Grau de Castelló depende maioritariamente da pesca. O sector servizos tamén está moi estendido.

Infraestruturas

Estradas

Castelló ten varias avenidas urbanas e interurbanas que permiten un rápido acceso desde o centro cara á periferia e as autovías de gran capacidade (como a AP-7 ou a CV-10). A cidade tamén conta cunha autovía na súa área metropolitana: CS-22

Transporte urbano

A capital da Plana posúe 13 liñas máis 2 bises máis unha liña especial de autobús urbano. A frecuencia de paso dos autobuses oscila entre 10 e 30 minutos.

O 25 de xuño de 2008 foi inaugurado o primeiro tramo da liña 1 do TRAM (novo nome do TVRCas (Transporte en Vía Reservada)), que nun futuro, percorrerá a cidade de Castelló e a súa área metropolitana (Vila-real, Almassora, Borriana, Benicàssim e El Grau).

Ferrocarril

Chegou a Castelló en 1882 pola estación do norte. Castelló atópase comunicada con Madrid e Barcelona mediante as liñas de longa distancia (Alaris, Arco, Talgo e Euromed). Castelló tamén é o inicio dunha das liñas de Proximidades Valencia, que, ademais de conectar coa Cap i Casal, permite comunicar mediante paradas cos pobos do sur da provincia.

Facendo transbordo en Valencia, podes seguir polas liñas de Proximidades até Gandia, Moixent e Utiel na Provincia de Valencia e mediante trens de longa distancia con Andalucía. Desde Sagunt, pódese chegar a Caudiel na provincia de Castelló e a Aragón.

Transporte aéreo

A cidade conta cun aeroporto, que está inaugurado pero que aínda non ten voos. A construción do aeroporto estivo en dúbida por diversos escándalos de corrupción e delitos contra o ambiente.[3] Está situado no municipio de Vilanova d'Alcolea.

A cidade tamén conta cun aeródromo situado no Grau de Castelló.

Transporte marítimo

No Grau de Castelló está situado o Porto, un importante punto de tráfico mercantil, tanto de entrada (destaca a de crus de petróleo destinado ao seu procesamento na refinaría situada no polígono do Serrallo) como de saída (sobre todo cerámica e cítricos) cara a outras zonas.

Demografía

Demografía Castellón (España)
Evolución demográfica de Castelló (1900-2007)

Castelló de la Plana ten 177.924 habitantes (INE 2008); trátase da carta cidade máis poboada do País Valenciano e a primeira da provincia de Castelló. A cidade concentra, de feito, ao 30,75% da poboación provincial.

Ademais, a área metropolitana de Castelló, que inclúe tamén os municipios de Vila-real, Borriana, Almassora, Benicàssim e Borriol, ten 298.678 habitantes (INE 2007).

Castelló de la Plana rexistrou un notábel medre demográfico na última década, debido fundamentalmente á inmigración estranxeira. O 17,08% de la poboación da cidade es da inmigración (INE 2006), sendo o colectivo foráneo predominante o romaní, con 18.097 censados (61,56% do total de estranxeiros).

Evolución demográfica de Castelló de la Plana[4]
1787 1857 1887 1900 1910 1920 1930 1940
Poboación 12.003 19.945 25.193 29.904 32.309 34.457 36.781 46.876
1950 1960 1970 1981 1991 1996 2001 2008
Poboación 53.331 62.493 93.968 126.464 138.489 142.285 147.667 177.924

Cultura

Unha das publicacións culturais da cidade foi a prolífica revista Kastelló, fundada en abril de 1991 [5] e hoxe xa desaparecida.

De Castelló de la Plana son tamén debuxantes de banda deseñada destacados como Calo ou Sergio Meliá. A cidade ten unha notábel actividade neste campo, celebrando dende 2005 as Xornadas de Cómic de Castelló.

A cultura matemática de Castelló está ligada á organización das Olimpíadas Matemáticas a nivel de ESO e de bacharelato, sendo así que en setembro de 2004 foi sede da IX Olimpíada Iberoamericana.

A nivel musical, en Castelló destaca la famosa sala de concertos Ricoamor, pechada como estabelecemento en 2006 pero cuxa programación continúa no Pazo da Música de Castelló. Tamén se celebra o festival anual de música de vangarda Tanned Tin.

Cidades irmandadas

  • Francia Châtellerault

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para castellonenco.
  2. Anaír Rodríguez Rodríguez, Montserrat Davila Ventura. Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo, ed. Lingua galega: dúbidas lingüísticas (PDF). p. 101. ISBN 84-8158-266-2.
  3. "= 258120 O Xornal Mediterráneo". Arquivado dende o orixinal o 08 de febreiro de 2009. Consultado o 17 de xaneiro de 2009.
  4. Fonte: Poboación de feito segundo o INE. Alteracións dos municipios nos Censos de Poboación dende 1842 Arquivado 11 de marzo de 2009 en Wayback Machine. = 0&divi = DPOP&his = 0 Series de poboación dos municipios dende 1996.[Ligazón morta] Os datos de 1787 proveñen do censo de Floridablanca, citados por Bernat i Martí e Badenes Martín en Crecimento da poboación valenciana. Análise e prevención dos censos demográficos (1609-1857). Edicións Alfons el Magnànim. Valencia, 1994.
  5. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 26 de outubro de 2009. Consultado o 26 de outubro de 2009.
Aeroporto de Castelló

O Aeroporto de Castelló (IATA: CAS, OACI: LECS), tamén coñecido como Aeroporto de Castelló-Costa Azahar ou Aeroporto de Castelló-Costa dels Tarongers, é un aeroporto español localizado nas inmediacións de Vilanova d'Alcolea, na provincia de Castelló.

Foi xestionado pola sociedade pública Aerocas e posteriormente pola canadense SNC-Lavalin. A pesar de ser inaugurado oficialmente en marzo de 2011, non recibiu todos os permisos para operar ata decembro de 2014 e ata setembro de 2015 careceu de operacións regulares, converténdose nun símbolo da disipación que caracterizou o desenvolvemento da crise española de 2008. En outubro de 2016 operaba un pequeno número de voos con algo más de 400 pasaxeiros ao día.

Alberto Fabra

Alberto Fabra Part, nado en Castelló de la Plana o 6 de abril de 1964, é un político español do Partido Popular, actual presidente da Generalitat Valenciana. Foi proposto para o cargo polo seu partido tras a dimisión de Francisco Camps o 20 de xullo de 2011.

Almassora

Almassora (en valenciano: Almassora, en castelán: Almazora, as dúas denominacións cooficiais) é un municipio da Comunidade Valenciana, pertencente á provincia de Castelló. Forma parte da comarca da Plana Alta. En 2009 contaba cunha poboación de 24.963 habitantes segundo o INE.

O concello, situado a beiras do río Millars, está a carón da costa mediterránea. Limita cos concellos de Castelló de la Plana, Vila-real, Onda e Borriana.

A principal actividade económica está relacionada coa industria cerámica de pavimentos e revestimentos cerámicos e un amplo sector de servizos para a cerámica; séguelle o sector da construción e a agricultura de cítricos en plena transformación varietal.

Club Deportivo Castellón

O Club Deportivo Castellón (en valenciano: Club Esportiu Castelló) é un club de fútbol español, da cidade de Castelló de la Plana na Provincia de Castelló. Foi fundado en 1922 e actualmente milita na Terceira División Española, logo de descender desde Segunda B en 2011 por impagamentos.

Estación de Barcelona-Sants

Barcelona–Sants é a principal estación de ferrocarril de Barcelona e Cataluña. Foi inaugurada en 1979 e é a primeira estación de España en percorridos internacionais. É a segunda estación de España, tras a de Madrid-Atocha cun volume de viaxeiros próximo aos 30 millóns anuais dos cales algo máis de 18 millóns correspóndense co tráfico de proximidades.Os seus traxectos de Longa e Media Distancia, usando tanto a rede convencional como a rede de alta velocidade conectan Barcelona con destinos nacionais e internacionais. Concentra o maior tráfico de proximidades da cidade ao confluír nela as liñas R1, R2, R3 e R4 da rede de Rodalies.

A estación, propiedade de Adif, atópase no distrito de Sants-Montjuïc, con entrada pola praza dos Països Catalans (ao sur) e a praza Joan Peiró (ao norte). Conta con dúas plantas, unha baixa e outra subterránea. Sobre a estación hai construído un hotel da cadea Barceló, e xunto á praza Joan Peiró hai dársenas de autobuses.

Estación de Castelló de la Plana

A estación de Castelló de la Plana ou Castelló é a estación da rede de Adif de Castelló de la Plana. Pertence á liña Valencia-Tarragona do Corredor Mediterráneo (P.K. 69,5).

Euromed

Euromed é o nome comercial dun servizo ferroviario de alta velocidade prestado por Renfe Operadora entre as cidades de Barcelona, Tarragona, Castelló de la Plana, Valencia e Alacant.

Gaspar Nava Álvarez de las Asturias

Gaspar Nava Álvarez de las Asturias, conde de Noroña, nado en en Castelló de la Plana en 1760 e finado en Madrid en 1815, foi un militar e escritor español, que se distinguíu durante a Guerra da Independencia española. Con frecuencia é citado, erradamente, como conde de Noreña.

Grau de Castelló

O Grau de Castelló (en castelán: Grao de Castellón) é o barrio costeiro de Castelló de la Plana, na Comunidade Valenciana. Atópase a uns 4 km da cidade de Castelló e limita ao norte con Benicàssim e ao sur con Almassora.

Aínda que o Grau de Castelló nunca tivo unha entidade propia existe unha conciencia de pobo propio diferenciado de Castelló. Na localidade atópanse, entre outros, o porto de Castelló e unha central termoeléctrica de ciclo combinado.

Miguel Ángel Silvestre

Miguel Ángel Silvestre Rambla, nado en Castelló de la Plana o 6 de abril de 1982, é un actor español, coñecido polo seu papel de Rafael "El Duque", na serie de televisión Sin tetas no hay paraíso.

Pere Pau Ripollès Alegre

Pere Pau Ripollès Alegre, nado en Castelló de la Plana en 1953, é un recoñecido arqueólogo e numismático español, catedrático da Universidade de Valencia.

Plana Alta

A Plana Alta é unha comarca situada na costa da provincia de Castelló, no País Valenciano. A súa capital é Castelló de la Plana.

Playas de Castellón Fútbol Sala

O Playas de Castellón Fútbol Sala é un equipo español de fútbol sala da cidade de Castelló de la Plana (Comunidade Valenciana). A vindeira tempada xogará na División de Prata da Liga Nacional de Fútbol Sala logo de descender na tempada 2010-11 da máxima categoría, na que levaba xogando 22 anos (desde a súa creación).

O equipo foi fundado en 1983 como Macer Fútbol Sala, club da empresa de azulexos Macer, e nos seus primeiros anos tiña a súa sede en Almassora. En 1993 trasladouse a Castelló de la Plana e cambiou o seu nome por Playas de Castellón. A mellor etapa do club tivo lugar a finais dos anos '90, cando gañou dúass Ligas españolas consecutivas (1999-00 e 2000-01) e un Campionato europeo de clubs.

Porto de Castelló

O Porto de Castelló é o porto da cidade de Castelló de la Plana (Comunidade Valenciana, España), situado no leste da península Ibérica, nas costas do Mar Mediterráneo.

É xestionado pola Autoridade Portuaria de Castelló e atópase situado no Grau de Castelló, centro neurálxico do principal motor da economía da provincia, o sector cerámico.

Provincia de Castelló

A provincia de Castelló (en valenciano: Castelló; en castelán: Castellón) é unha provincia do norte da Comunidade Valenciana, con capital en Castelló de la Plana. Limita polo norte con Cataluña, ao noroeste e oeste con Aragón, e polo leste co mar Mediterráneo. Castelló de la Plana é a única localidade que supera os 50.000 habitantes pois conta con 160.714 habitantes. Despois a segue Vila-real con 44.685 habitantes.

Roberto Bautista

Roberto Bautista Agut, nado en Castelló de la Plana o 14 de abril de 1988, é un tenista español.

Considerado na súa adolescencia como unha das máis firmes promesas do tenis español, en 2009 foi gañador dunha medalla de ouro e outra de bronce nos Xogos Mediterráneos, celebrados en Pescara. Non obstante, tivo que esperar ata os 24 anos para ingresar entre os cen primeiros tenistas da clasificación mundial, algo que logrou tras alzarse con tres vitorias na categoría Challenger. Venceu o seu primeiro torneo ATP World Tour en 2014, ano no que alcanzaría a súa mellor clasificación ata a data (14º) e o premio ao tenista con mellor progresión da tempada.

Roberto é un tenista solvente en todas as superficies, cun servizo preciso (liderou a estatística ATP de porcentaxe de primeiros saques en 2013), unha dereita potente e un eficaz golpe plano.É o primeiro e único tenista español máis novo que Rafa Nadal, en ingresar no Top 30.

Segorbe

Segorbe (en valenciano: Sogorb) é un municipio da Comunidade Valenciana, situado no sur da provincia de Castelló, na comarca do Alto Palancia. A súa poboación residente é de 9.233 habitantes (INE 2014).

Segorbe foi ata 1960 sede da diocese de Segorbe, e é na actualidade, xunto con Castelló de la Plana, cabeza da diocese de Segorbe-Castelló. Conserva un importante patrimonio arquitectónico concentrado na súa zona antiga, que foi declarado Ben de interese cultural no seu conxunto.

Universidade Xaime I

A Universidade Xaime I (en valenciano: Universitat Jaume I) é unha universidade pública española de ensino superior e investigación, con sede en Castelló de la Plana. Fundouse en 1991 e leva o nome do rei Xaime I o Conquistador.

Xosé Moreiras Santiso

Xosé Antonio Moreiras Santiso, nado en Vilela (Rodeiro) o 12 de marzo de 1939 e finado en Castelló de la Plana o 8 de abril de 1996, foi un frade e escritor galego.

Capitais de provincias de España

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.