Castejón, Navarra

Castejón é un municipio situado na Comunidade Foral de Navarra, no meiriñado de Tudela, a 78 km da capital provincial, Pamplona. Limita cos concellos de Valtierra ao norte, Tudela ao leste e ao sur, con Corella ao suroeste, e co concello rioxano de Alfaro ao oeste.

Castejón, á beira dereita do río Ebro e a un paso da Rioxa, tivo un castelo que se cita xa no século XII. Por aí pasaba o camiño real de Pamplona a Madrid, con servizo de barca e barqueiro para o cruzamento do río. Logo, na segunda metade do século pasado, escolleuse este punto como nó dos ferrocarrís do Nordeste de España. Con iso a poboación foi crecendo, ata que en 1927 deixou de ser barrio de Corella e foi declarado municipio independente.

Demografía

Evolución da poboación
1975 1981 1986 1991 1996 2001 2006
3.568 3.346 3.332 3.151 3.173 3.273 3.887

Monumentos

  • Igrexa parroquial de San Francisco Xavier
  • Museo do ferrocarril
  • Antiga fábrica fariñeira
  • Ponte "Sancho o maior"
  • Antiga Casa de Quirós

Festas

Ligazóns externas

Alta Velocidade Española

A Alta Velocidade Española, coñecida co acrónimo AVE, é unha marca comercial da empresa Renfe Operadora pola que define o servizo comercial con trens de alta velocidade en España. Está operativo dende abril de 1992, cando se inaugurou Novo acceso ferroviario a Andalucía.

Esta división de RENFE creouse en 1992, ao escindírense da empresa matriz outras pequenas empresas, chamadas unidades de negocio. O seu obxectivo era operar os servizos con trens de alta velocidade sobre a mencionada liña Madrid-Sevilla vía Cidade Real, Puertollano e Córdoba.

Actualmente existe unha rede de aproximadamente 2.380 km de vías de largo internacional en España.

Castejón

Castejón pode referirse a:

Castejón, Navarra, un concello de Navarra

Castejón, Cuenca, un concello da provincia de Cuenca, Castela-A Mancha

Castejón de Alarba, un concello da provincia de Zaragoza, Aragón

Castejón de las Armas, un concello da provincia de Zaragoza, Aragón

Castejón de Henares, un concello da provincia de Guadalaxara, Castela-A Mancha

Castejón de Monegros, un concello da provincia de Huesca, Aragón

Castejón del Puente, un concello da provincia de Huesca, Aragón

Castejón de Sos, un concello da provincia de Huesca, Aragón

Castejón de Tornos, un concello da provincia de Teruel, Aragón

Castejón de Valdejasa, un concello da provincia de Zaragoza, Aragón

Estación de Castejón de Ebro

Castejón de Ebro é unha estación ferroviaria situada no municipio español de Castejón, en Navarra. É un importante nó ferroviario da rede aínda que o peche ao tráfico de liña Soria-Castejón na década dos 90 e o conseguinte desvío do tráfico radial por Zaragoza fixéronlle perder peso. Aínda así conserva unha ampla praia de vías. Dispón de servizos de longa e media distancia operados por Renfe.

Julio Antonio Elícegui

Julio Antonio Elícegui Cans, nado en Castejón, Navarra o 5 de decembro de 1910 e finado na Coruña o 31 de agosto de 2001, foi un futbolista español. Xogaba de dianteiro e foi internacional coa selección española.

Lista de centrais térmicas de España

As centrais térmicas en España producen aproximadamente a metade da xeración española de enerxía eléctrica. O seguinte lista contén as centráis termoeléctricas en activo segundo datos de Red Eléctrica Española, a empresa distribuidora de electricidade.

Logroño

Logroño é unha cidade e concello do norte de España, capital da comunidade autónoma e provincia da Rioxa. Tamén é a súa cidade de maior poboación, concentrando case a metade do total da comunidade, así como o seu centro económico, cultural e de servizos.

Bañada polo río Ebro, Logroño foi historicamente un lugar de paso e cruzamento de camiños, como o Camiño de Santiago, e de fronteiras, disputada entre os antigos reinos da Península Ibérica durante a Idade Media. No último século, a cidade experimentou un crecemento demográfico lento pero significativo respecto das poboacións próximas, provocado principalmente polos movementos migratorios desde outras comarcas da rexión. Foi capital gastronómica española en 2012 e Cidade Europea do Deporte en 2014.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.