Castañas con leite

As castañas con leite é un prato de castañas típico dalgúns concellos da provincia de Lugo e Ourense (Galicia).[1] Xa que as castañas participan en diversas celebracións galegas no outono (un exemplo é o magosto), este prato adóitase servir coma sobremesa ou almorzo.

Características

Empréganse castañas galegas (posúen Indicación Xeográfica Protexida (IXP). Ás castañas tíranselles as dúas pelas. A preparación adoita levar dúas coceduras. A primeira faise nunha moira a ferver. Adóitanse aromatizar con canela e fiúncho. Trala primeira cocedura faise unha segunda en leite até que estean brandas. Outras receitas falan de tirar só a primeira pela das castañas para cocérense en auga con sal; de seguido tírase a segunda pela e póñense nunha cunca, cubríndoas de leite frío e engadindo azucre[2].

Sérvense ben coma sobremesa ou polo almorzo.

Outra receita fala dunha crema de castañas con leite: preparadas as castañas como para facer compota déixase reducir o almibre; despois pásanse as castañas por unha peneira de latón, esmagándoas para que vaian caendo coma fideos nunha fonte fonda, onde se puxera un pouco leite cocido moi quente. Pasadas todas as castañas pola peneira, o se quentan ou se lles bota un chisco de canela, e unha vez frío sérvese[2].

Notas

  1. Manuel Corral Vide, (2006), Cocina Celta, ed. Lea, pág. 144
  2. 2,0 2,1 Blog Cunqueiro.es - http://cunqueiro.es/GL/2011/07/03/castanas-cocidas-con-leche/ Arquivado 04 de marzo de 2014 en Wayback Machine.
Caldo de castañas

O caldo de castañas (tamén chamado caldo de maias, sopa de castañas ou calduda) é un caldo típico da cociña galega elaborado con castañas fervidas nunha especie de potaxe. É unha preparación culinaria moi habitual nas zonas montañosas do interior de Galiza. É un prato moi típico dos días fríos de inverno.

Os outros feirantes

Este artigo trata sobre o libro de relatos de Álvaro Cunqueiro, para o artigo sobre a serie Televisión de Galicia véxase Os outros feirantes (serie de televisión).Os outros feirantes é un libro de relatos escrito en 1971 por Álvaro Cunqueiro que mostra un conxunto de descricións de personaxes galegos, un xénero único no que Cunqueiro amosou a súa mestría.

É unha nova ración de retratos para coñecer mellor o galego cotián, campesiño, coa súa forma de entender o mundo, as crenzas, os ritos, as supersticións. Son descricións breves nas que non falta o humor e a ironía.

A obra recibiu o Premio da Crítica Española en 1979.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.