Castaña

  • Este artigo trata sobre a castaña europea (xénero "Castanea"), para a castaña brasileira véxase o artigo castiñeiro de Pará.
Chestnuts02
Castañas
Frucht der Edelkastanie
Castañas no ourizo.

A castaña é o froito do castiñeiro, árbore da familia das fagaceae, nativa de climas cálidos do hemisferio norte. Preséntase nunha cápsula espiñenta que ten entre 5 e 11 centímetros de diámetro que contén de 2 a 7 castañas.

As castañas son unha importante fonte de alimentación no sur de Europa, no suroeste e no leste de Asia e tamén no leste de Norteamérica, antes da praga da castaña. Durante a Idade Media, no sur de Europa as comunidades que habitaban cerca de soutos e que tiñan escaseza de acceso á fariña cereal, utilizaban as castañas como a súa principal fonte de carbohidratos.

As castañas pódense comer crúas, fervidas, asadas ou doces. En Galicia ademais de asadas (ver magosto), adoitan comerse cocidas con sal e herbas, coma fiúncho e nébeda, para seren máis dixeríbeis. En Francia a miúdo véndese o doce de castaña coñecido como marron glacé, así como a crema de castañas. Un xeito sinxelo de asalas é cortar unha pequena fenda en cada castaña e quentalas nun contedor metálico a 400ª durante 10 ou 15 minutos. O obxecto da fenda é evitar que estouren mentres se asan.

Outro importante uso das castañas é a fariña, coa que se pode preparar pan, pasteis e pasta.

As receitas gastronómicas de castañas están xurdindo ultimamente coa recuperación de receitas tradicionais, especialmente en Italia.

As castañas para se conservaren teñen que estar completamente secas antes de retirar a cápsula espiñenta que as contén e deixalas nunha caixa ou barril cobertas de area fina. Pódese consumir fresca, seca, cocida e asada, a castaña constituíu unha importante contribución calórica para o home e tamén se utilizou na alimentación dos animais domésticos, xa que son ricos en graxas, proteínas, minerais e en vitamina C.

A castaña na cultura popular galega

Artigo principal: A castaña na cultura popular galega.

En Galicia, a festa tradicional da recollida das castañas é o magosto, que se realiza a comezos de novembro.

Refraneiro

  • A castaña que está no camiño é do veciño.
  • Non hai ruín viño con castañas asadas e sardiñas salgadas.
  • O que non sabe a maña, non come castaña.
  • Sempre un porco ruín ha topar cunha boa castaña.
  • Temperá é a castaña que por setembro regaña.

Galería de imaxes

'Vexa o artigo principal en Galería de imaxes de castañas de Galicia
Castañas asadas

Castañas asadas

Castañas magosto

Magosto

Larva dunha castaña

Larva dunha castaña

Castañeiro, praza da Herrería, Pontevedra

Castañeiro, Praza da Ferrería, Pontevedra

A castaña na cultura popular galega

A seguir recóllese a pegada da castaña e do castiñeiro na cultura popular galega, na etnografía e na literatura de transmisión oral. Tamén, por similitude, se inclúe algunha información sobre o castiñeiro de Indias (Aesculus hippocastanum).

O castiñeiro recibe en Galicia os nomes de castañeira, castañeiro, castiñeira, castiro e restre; existen castiñeiros bravos, que se denominan rebolos, bravádegos ou castiñeiróns. A denominación abundancial máis común é a de souto, pero tamén temos castañal, castañar, castañeira, castañeiro, castiñeiral, soutelo e tropezal.

A castaña ten tamén os nomes de cagoxa e croca; cando caen de seu ó chan xa maduras, denomínanse degaros, restelas ou restrelos (tamén castañas degaradas, degraídas, de restelo ou de restrelo). Algunhas castañas quedan abortadas ou malogradas dentro do ourizo: son as bolercas, castañas bolercas ou croucos; estas destínanse á ceba do porco.

Recóllense vareando os castiñeiros cuns paus longos ou lanzando contra as pólas uns paus pequenos (rebolos), de forma que os ourizos caen ó chan, de onde se recollen e se amorean ou se poñen a secar nas ouriceiras. Cando os ourizos secan e abren, extráense as castañas (operación que se chama a bulla ou petela).

As castañas cocidas con casca denomínanse mamotas ou zonchos. Acostuman cocerse con sal e unhas herbas, normalmente fiúncho e nébeda, para seren máis dixestíbeis.

Outra forma de comer as castañas é deixándoas secar no caínzo ou fumeiro, ó fume da lareira. Son as castañas maias, maiolas ou castañas do canizo , que se comen logo, secas e peladas, en forma de caldo de castañas

A pataca na cultura popular galega

O que segue recolle diversa información sobre a pegada do cultivo e consumo da pataca na cultura popular e na literatura oral galegas, recollida de diferentes traballos etnográficos –xerais a toda Galicia ou localizados nun ámbito xeográfico máis concreto-, dicionarios, refraneiros, cantigueiros etc.

Non se deben poñe-las patacas en martes e con lúa de forza -en cuarto crecente-, porque senón grelan. Tampouco se deben almacenar nun sitio onde dea a lúa porque se porán verdes.

Unha moza pode adiviña-lo nome do futuro marido deixando na ventá unha pela de pataca durante a noite de San Xoán. Á mañán estará engurrada debuxando a letra pola que comeza o seu nome.

Os vástagos novos da rama da pataca, aplicados en cataplasmas, alivian a dor das escordaduras dos pés ou mans, así como nas queimaduras. Tamén resulta eficaz con este mesmo fin a polpa cocida da pataca . A fécula, seca e en po, alivia o proído da pel nos nenos.

O zume de pataca é lixeiramente espasmolítico e antiácido, polo que tamén se emprega na medicina tradicional contra as gastrites e úlceras.

Lis Quibén recolle a crenza, que non localiza, de que levar unha pataca crúa no peto serve para previ-la reuma .

En Coristanco (A Coruña) celébrase desde 1980 a Festa da pataca, a terceira fin de semana de setembro.

Breixa, Silleda

Santiago de Breixa é unha parroquia que se localiza no concello de Silleda. Segundo o padrón municipal de 2011 tiña 120 habitantes (61 homes e 59 mulleres), distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 174 habitantes.

Castiñeiro

O castiñeiro común (Castanea sativa), tamén coñecido popularmente como castiñeiro bravo, castiro, uriceiro ou castieiro, é unha árbore caducifolia da familia Fagaceae apreciada pola súa madeira e os seus froitos comestíbeis, as castañas. Moitos exemplares acadan unha gran lonxevidade e teñen unha longa historia que se pode remontar a varios séculos.

Orixinario do sur de Europa e de Asia Menor, a súa presenza nestas áreas xeográficas débese a que durante a última glaciación, o castiñeiro atopou zonas de refuxio nas costas cantábrica e atlántica da Península Ibérica, así como na Península Itálica e na Península de Anatolia, sendo moi común nos montes de Galicia. Contrariamente á crenza popular que di que o seu espallamento data da época romana, é en realidad unha árbore autóctona galega, que xa estaba presente no noroeste da península hai máis de 20.000 anos.

Cápsula (froito)

As cápsulas son froitos secos e dehiscentes (froitos que se abren ao madurar para ceibaren as sementes), compostos por máis dun carpelo. De todas as categorías de froitos, esta é a máis variábel, tanto no número de carpelos como no tipo de dehiscencia. Algúns autores consideran cápsulas alguunhas clases de froitos secos, como pixidios, mais outros autores consideran estes como entidades diferentes. Fórmanse a partir dun ovario súpero, e a dehiscencia puede adoptar numerosas formas distintas:

septicida, , é dicir, abríndose pola xuntura entre carpelos, como nos estraloques (Digitalis);

loculicida, é dicir, abríndose cada carpelo separadamente, coa nos tulipáns (Tulipa spp.);

septífraga, é dicir, abríndose polos septos en planos paralelos ao eixo central do froito, cuxas partes internas fican coladas á columna axial, coma na (Cedrela tubiflora);

placentífraga, é dicir, abríndose por dúas fendas paralelas achegadas á placenta;

foraminal ou valvular, é dicir, abríndose poros na superficie superior da cápsula, por onde escapan as sementes ao abalar o vento os froitos;

dental, é dicir, abríndose o ápice carpelar e formando un rebordo dentado na parte superior;

porícida, ou sexa por poros que se abren por baixo do disco superior, por exemplo case todas as especies d xénero Papaver (papoulas).

circular ou transverso, os chamados píxides, como por exemplo no meimendro (Hyoscyamus albus).Algunhas cápsulas tenden a estoupar ao acadaren a madureza, espallando as sementes pola propia forza do estouro na chamada autocoria.

Os froitos capsulares están presentes en moitas outras familias botánicas, como Malvaceae, Cucurbitaceae (por exemplo, no caso de Luffa operculata), Myrtaceae (coma nos eucaliptos), Aristolochiaceae, e moitas outras. Algúns froitos, como o quiabo e froitos dalgúns hibiscos, son comestíbeis antes da súa maduración.

Adóitanse confundir as cápsulas coas noces, como na castaña de Pará (Bertholletia excelsa) e a castaña das bruxas (Aesculus hippocastanum), mais se diferencian destes froitos por seren dehiscentes.

Córsega

Córsega (en francés: Corse, forma oficial; en corso: Corsica) é unha illa francesa localizada no Mediterráneo. Constitúe unha rexión administrativa homónima, dividida en dous departamentos, a Alta Córsega e Córsega do Sur. Está ao sur da Francia continental, ao oeste da Italia continental e ao norte da illa de Sardeña.

Eritrulosa

A eritrulosa é un monosacárido (azucre simple) de catro carbonos (tetrosa) que leva un grupo cetona no carbono 2, polo que pertence ao grupo das cetosas e é unha cetotetrosa. Aparece en moitas plantas e liques. Utilízase moito na industria cosmética, mesturado con dihidroxiacetona.

Festa da castaña de Breixa

A Festa da castaña de Breixa é unha festa gastronómica celebrada na parroquia de Breixa, no concello de Silleda, na provincia de Pontevedra.

Ten lugar cada ano no mes de outubro. Nesta festa repártense quilos de castañas asadas entre os asistentes.

Krilín

Krilin (クリリン, Kuririn) é un personaxe da serie de manga e anime Dragon Ball. É o primeiro rival en artes marciais de Son Goku aínda que logo se converte no seu mellor amigo. Mide 1'57 e pesa 55 quilos. O seu nome provén do xaponés castaña (栗, Kuri) e a terminación de shaolin (少林, Shōrin).

Magosto

A palabra magosto, ademais doutros significados relacionados, designa unha celebración festiva e popular, tradicional en toda Galicia, organizada en torno á recollida das castañas. Aprovéitase tamén para probar o primeiro viño novo.

Maio na cultura popular galega

O que segue recolle diversa información sobre a pegada do mes de maio na cultura popular e na literatura oral galegas, recollida de diferentes traballos etnográficos –xerais a toda Galicia ou localizados nun ámbito xeográfico máis concreto-, dicionarios, refraneiros, cantigueiros etc.

Inclúese algún refrán relativo á Ascensión, festividade que se celebra corenta días despois do Domingo de Resurrección. Pode caer no mes de maio ou a principios de xuño.

Tralo inverno e as chuvias de abril, o tempo permite empezar xa cos traballos no campo, que cómpre realizar con premura para a sementeira. Maio é, xa que logo, un mes de moito traballo para o labrego, e de aí as expresións estar amaiado ou andar co maio ó lombo cando un está canso e baldado. Do mesmo xeito maiola significa "preguiza", como maiolán ou maioleiro é un preguiceiro, e maiolarse ou esmaliolarse é caer rendido polo cansazo.

Pero maiola tamén significa "castaña seca", tamén chamada castaña maiola ou, simplemente, maia; o día das maiolas era o nome co que se designaba o 1º de maio, data na que se adoitaba regalar castañas ós veciños e ós pobres do lugar.

María Castaña

María Castaña, Maricastaña ou María Castiñeira, nada en Cereixa (A Pobra do Brollón), foi unha fidalga galega de finais século XIV, que liderou unha revolta contra o poder eclesiástico.

Pataca

A pataca ( pronunciación ), baloca, batata ou castaña da terra é o tubérculo da planta da pataca ou pataqueira (Solanum tuberosum), unha planta da familia das solanáceas, orixinaria de América do Sur e cultivada en case todo o mundo polo seu tubérculo comestíbel.

Con frecuencia adóitase citar como endémica dos Andes nunha área que coincide aproximadamente co sur do Perú, onde foi cultivada e consumida polo menos dende o VIII milenio a.C. , porén dende hai séculos a planta é cultivada noutras latitudes dando lugar a diversas variedades de patacas.

En Galicia a maior zona de produción do tubérculo é a comarca da Limia, de cuxo comercio procede a principal fonte de ingresos da comarca. En Vilalba (Terra Chá) e Coristanco (comarca de Bergantiños), cultivan a pataca como complemento dos ingresos da actividade agraria e do autoconsumo, resultando un produto de grande sona e calidade en feiras e mercados.

Próstata

A próstata (do grego προστάτης - prostates, literalmente "o que está primeiro", "protector", "gardián") é un órgano glandular do aparato xenitourinario, exclusivo dos homes, con forma de castaña, localizada enfronte do recto, debaixo e á saída da vexiga urinaria. Contén células que producen parte do líquido seminal que protexe e nutre os espermatozoides contidos no seme.

A glándula prostática achega:

Antíxeno específico da próstata

Ácido cítrico

Fibrinóxeno

Espermina

Zinc (Zn, de propiedades bactericidas)

Magnesio (Mg, dá un aspecto leitoso ao seme)

Encimas:

Fosfatases acedas

Fibrinolisína

Transglutaminasa (en roedores, densifica o seme de maneira que xera un tapón vaxinal, evitando a saída do seme así como a cópula por parte doutro macho)

OutrasXusto encima e aos lados da glándula prostática atópanse as vesículas seminais que producen a maioría do líquido seminal. A próstata rodea a primeira parte da uretra, conduto polo que circulan os ouriños e o seme ata o pene.

As hormonas masculinas estimulan a glándula prostática desde o desenvolvemento do feto. A próstata continúa o seu crecemento ata a xuventude. A partir dos corenta ou cincuenta anos comeza a hipertrofiarse, sendo o único órgano en medrar nestas idades.

Riós

Riós (ocasionalmente O Riós) é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Verín. Segundo o IGE en 2014 tiña 1 684 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é orriolense.

Setembro na cultura popular galega

O que segue recolle diversa información sobre a pegada do mes de setembro na cultura popular e na literatura oral galegas, recollida de diferentes traballos etnográficos –xerais a toda Galicia ou localizados nun ámbito xeográfico máis concreto-, dicionarios, refraneiros, cantigueiros etc.

O mes tamén se coñece co nome de San Miguel.

Souto (botánica)

Un souto ou castiñeira é un terreo poboado de castiñeiros (especies do xénero Castanea sp.) normalmente de orixe artificial e explotado secularmente en equilibrio coa natureza para o aproveitamento de madeira e froitos.

Torbeo, Ribas de Sil

Santa María de Torbeo é unha parroquia do concello lugués de Ribas de Sil na comarca de Quiroga. Segundo o IGE en 2017 tiña 87 habitantes distribuídos en 12 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 207 habitantes.

Vila de Cruces

Vila de Cruces é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Deza. Limita cos concellos de Boqueixón, Touro, Arzúa e Santiso (da provincia da Coruña), e Silleda, Agolada e Lalín (provincia de Pontevedra).

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.