Casiterita

A casiterita[1][2] é un mineral do grupo IV segundo a clasificación de Strunz. É un óxido de estaño (IV) (SnO2), un mineral típico das pegmatitas, é dicir, asóciase á fase tardía da cristalización granítica (pneumatólise). Nos granitos pneumatolíticos e pegmatitas, a casiterita acostuma ir acompañada de wolframita, sheelita e mispíquel.

Casiterita
CassiteriteUSGOV
Fórmula químicaSnO2
ClaseÓxido
Sistema cristalinoTetragonal
CorNegro pardusco, pardo, incoloro, gris, verde
BrilloDiamantino
Dureza6-7 (escala de Mohs)
FracturaConcoidal, subconcoidal, desigual
ExfoliaciónImperfecta
RaiaBranca pardusca
Densidade6,8-7,1 g/cm³

Datos físicos

A casiterita adoita conter un 87 % de estaño e un 21 % de osíxeno (ademais de ferro, tántalo e outros minerais). É fráxil e resistente aos ácidos. Aparece en cristais grosos, prismáticos, case sempre en macla pertencentes ao sistema tetragonal (con variantes ditetragonais e dipiramidais). Con pouca frecuencia dáse o chamado estaño acicular, con cristais finos en forma de agulla, ou en forma de estaño leñoso, parecido á madeira. É habitual velo en forma de gránulos globulares soltos (estaño de pracer).

Depósitos

Cassiterite
Casiteritas bipirámides, de Sichuan, China.
Casiterita
Casiterita achada nas minas de San Fins.

Xeralmente hai dous tipos de depósitos. Os máis produtivos son os que se forman en profundos procesos xeolóxicos de deposición, como as intrusións graníticas, nas que a casiterita aparece incrustada en rochas duras tales como cuarzos ou pegmatitas. O segundo tipo de depósitos é o resultado da sedimentación fluvial na que os nódulos de casiterita, polo seu propio peso, se asentan nos leitos dos ríos por efectos mecánicos.

Son lendarios os depósitos de Cornualles, usados desde a Prehistoria. Tamén son históricos os de Saxonia-Bohemia. En Galiza destaca a zona estannífera de Ourense, e tamén se atopa en menor medida nas minas de San Fins. Porén, é a República Popular China a maior concentración do mundo deste mineral, na rexión de Yunnan, con máis da metade da produción mundial. Tamén son importantes a escala mundial os depósitos de Malaisia, Indonesia, Rusia, Nixeria, Brasil, Perú, Bolivia, Australia e República Democrática do Congo.

Usos

É un mineral fundamental para a obtención de estaño, que, logo, é empregado en aliaxes diversas (bronce, latón). Dado que, ao aliarse con outros metais, provoca un descenso considerable do punto de fusión (ás veces, pouco máis de 200 °C) é moi práctico en materiais de soldadura e en pigmentos cerámicos. Ademais, grazas á súa extraordinaria resistencia á degradación ambiental é moi usado en cubertas anticorrosivas.

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para casiterita.
  2. "casiterita". TERGAL. Arquivado dende o orixinal o 09/05/2018. Consultado o 09/05/2018.

Véxase tamén

Outros artigos

Bronce

O bronce é o nome co que se denominan toda unha serie de aliaxes metálicas que teñen como base o cobre e outro metal, xeralmente estaño (entre un 3-20%) e proporcións variables doutros elementos como zinc, aluminio, antimonio, fósforo, prata. Outros elementos con características de dureza superiores ao cobre fan mellorar as súas propiedades mecánicas.

Cobre

O cobre (do latín cuprum, e este do grego kypros), é o elemento químico de número atómico 29 e símbolo Cu. Trátase dun metal de transición de cor arrubiada e brillo metálico que, canda a prata e o ouro, forma parte da denominada familia do cobre, caracterizada por ser os mellores condutores de electricidade. Grazas á súa alta condutividade eléctrica, ductilidade e maleabilidade, converteuse no material máis utilizado para fabricar cables eléctricos e outros compoñentes eléctricos e electrónicos.

O cobre forma parte dunha cantidade moi elevada de aliaxes que xeralmente presentan mellores propiedades mecánicas, aínda que teñen unha condutividade eléctrica menor. As máis importantes son coñecidas co nome de bronces e latóns. Por outra banda, o cobre é un metal duradeiro porque se pode reciclar un número case ilimitado de veces sen que perda as súas propiedades mecánicas.

Foi un dos primeiros metais en ser utilizado polo ser humano na Prehistoria. O cobre e a súa aliaxe co estaño, o bronce, adquiriron tanta importancia que os historiadores chamaron Idade do Cobre e Idade de Bronce a dous períodos da Antigüidade. Aínda que o seu uso perdeu importancia relativa co desenvolvemento da siderurxia, o cobre e as súas aliaxes seguiron sendo empregados para facer obxectos tan diversos como moedas, campás e canóns. A partir do século xix, concretamente da invención do xerador eléctrico en 1831 por Faraday, o cobre converteuse de novo nun metal estratéxico, ao ser a materia prima principal de cables e instalacións eléctricas.

O cobre posúe un importante papel biolóxico no proceso da fotosíntese das plantas, aínda que non forma parte da composición da clorofila. O cobre contribúe á formación de glóbulos vermellos e ao mantemento dos vasos sanguíneos, nervios, sistema inmunitario e ósos e xa que logo é un oligoelemento esencial para a vida humana.

Corindón

O corindón é un mineral da clase dos óxidos cuxa fórmula química é Al2O3 (contén un 53% de aluminio).

Dorinda Ramos

María Dorinda Ramos Ramos, nada en Cerreda (Cerreda, Nogueira de Ramuín) en marzo de 1921, e finada no Escorial o 17 de decembro de 2017, foi unha mestra e empresaria galega, muller do tamén empresario Eduardo Barreiros.

Economía de Ruanda

Ruanda é un país pobre con 90% da poboación traballando na agricultura (principalmente de subsistencia). É o país máis densamente poboado de África, con poucos recursos naturais e minerais de importancia, ademais de sufrir de secas e un pobre desenvolvemento tecnolóxico. Todo isto fai que teña unha dependencia económica significativa con Bélxica. As principais exportacións son o café e o té. A minería é a segunda actividade do país, destacando a casiterita, de onde se extrae estaño, ademais de pequenas cantidades de berilio.

O xenocidio de 1994 destruíu a fráxil economía do país e empobreceu severamente a poboación, especialmente as mulleres, ademais de diminuír a capacidade do país en atraer investimentos estranxeiros. A pesar diso, o país fixo progresos significativos en estabilización e na rehabilitación de súa economía a niveis anteriores a 1994. Con todo, o nivel de pobreza actual é máis alto que antes da guerra.

Estaño

O estaño, do latín stannum, é un elemento químico de número atómico 50 situado no grupo 14 da táboa periódica dos elementos. O seu símbolo é Sn. Coñécenselle 10 isótopos estables, e a súa principal mena é a casiterita.

Hematita

A hematita (do grego haimatites que significa sangue; e tamén chamada olixistoDRAG e DRAE din o contrario[Cómpre referencia]) é un mineral da clase dos óxidos cuxa fórmula química é Fe2O3 (contén o 70% de ferro se se atopa en estado puro).

Historia da química

A historia da química é a historia, desde a antigüidade até os nosos días, da ciencia química e do seus precedentes filosóficos e pseudo e protocientíficos, en particular da alquimia. Está intrinsecamente ligada ao desenvolvemento da humanidade, xa que abarca todas as transformacións da materia e as teorías correspondentes.Historicamente, o estudo da materia fíxose desde dúas perspectivas diferentes: a tecnolóxica ou factual e a filosófica ou teórica:

O coñecemento tecnolóxico ten a súa orixe no dominio do lume por parte do home e, polo que fai aos fenómenos químicos, procesos tales como a cocción de alimentos, a cerámica, a metalurxia, a fabricación do vidro, a preparación de medicamentos e remedios a partir de fontes naturais, a preparación de colorantes, de bebidas alcohólicas e vinagre etc. desenvolvéronse desde tempos prehistóricos no seo de diversas civilizacións.

Con respecto ao coñecemento filosófico da materia, as primeiras teorías sobre a súa orixe e a súa constitución desenvolvéronas os filósofos gregos da antigüidade clásica, entre os que destaca Empédocles coa súa teoría sobre os elementos constituíntes da materia (terra, auga, lume e aire).A ciencia química xorde antes do século XVII a partir da alquimia, protociencia (ou pseudociencia) moi popular entre moitos dos científicos da época.Considérase que os principios básicos da química estableceunos por primeira vez Robert Boyle na súa obra The Sceptical Chymist (1661).A química como tal comeza a desenvolverse un século máis tarde cos traballos de Antoine Lavoisier que, xunto con Carl Wilhelm Scheele descobren o oxíxeno. Lavoisier, pola súa parte, propuxo a lei da conservación da masa e refutou a teoría do floxisto coa teoría da combustión.

Lista de minerais

O que a continuación segue é unha lista de minerais, mineraloides e exemplares de orixe natural en orde alfabética.

Magnetita

A magnetita é un mineral da clase dos óxidos cuxa fórmula química é Fe3O4 (31% de FeO e 69% Fe2O3).

Metalurxia

Metalurxia designa un conxunto de procedementos e técnicas para extracción, fabricación, fundición e tratamento dos metais e as súas ligas.

Até a aparición da metalurxia utilizábanse obxectos ornamentais de metais preciosos e de ferro procedente de meteoritos, mais o uso extensivo dos metais non foi posíbel até que se puido reducir os minerais que se encontran na natureza (en forma oxidada) en metal máis ou menos puro por procesos metalúrxicos.

Porto Velho

Porto Velho é a capital do estado brasileiro de Rondonia. Xurdiu no comezo do século XX coa creación do ferrocarril Madeira-Mamoré, implantado para exportar o caucho producido na Bolivia, e que foi unha das condicións impostas polo goberno daquel país para aceptar a soberanía brasileira sobre Acre.

Ademais do caucho, a rexión produce tamén ouro e casiterita (mineral de estaño). A partir do comezo da década de 1970 a súa poboación aumentou de modo considerábel grazas á migración de brasileiros do sur do país, que viñan en busca de terras baratas para cultivar. Hoxe é unha das principais cidades do sur da Amazonia brasileira. É sede dunha universidade pública, a Universidade Federal de Rondônia.

Procesamento de minerais

En metalurxia extractiva, o procesamento de minerais ou enxeñaría de minerais, é o proceso de separar os minerais comercialmente valiosos das súas menas.

Ruanda

A República de Ruanda, ou simplemente Ruanda, é un país de África Central. Limita con Uganda, Burundi, a República Democrática do Congo e Tanzania. É un pequeno país situado na rexión dos Grandes Lagos de África; coñecido como as "néboas de África", tamén pola súa fauna salvaxe, principalmente polos seus gorilas de montañas, polas súas cidades típicas e polos parques nacionais e paraxes naturais que ofrece a súa paisaxe montañosa. O seu terreo fértil e montañoso que lle dá o título de "Terra de mil outeiros" (en francés: Pays des Mille Collines /pei de mil k?.lin/) debe soportar as poboacións máis densas do continente africano.

A dependencia na agricultura de subsistencia, a densidade demográfica alta e en aumento, diminúe a fertilidade de chan e o clima incerto fai de Ruanda un país onde a desnutrición crónica é estendida e a pobreza endémica. É recordado hoxe día polas sanguentas guerras que o azoutaron recentemente e particularmente polo xenocidio ocorrido en 1994 data na o cal as mortes superan o millón de persoas. Os cambios que este belo país sufriu son traumáticos para o seu pobo.

Rubí

O rubí (do latín ruber, vermello) é un mineral variedade do corindón da clase dos óxidos cuxa fórmula química é Al2O3, que contén tamén átomos de cromo e que é considerado unha das catro xemas preciosas xunto ó zafiro, a esmeralda e o diamante.

Rútilo

O rútilo (do latín rutilus, que significa vermello) é un mineral da clase dos óxidos cuxa fórmula química é TiO2 (contén o 60% de titanio e o 40% de osíxeno).

Volframio

O volframio (tamén chamado tungsteno no mundo anglosaxón) é un elemento químico de número atómico 74, que se encontra no grupo 6 da táboa periódica dos elementos. O seu símbolo é W.

É un metal escaso na cortiza terrestre. Encóntrase en forma de óxido e de sales en certos minerais. De cor gris aceirada, moi duro e denso, ten o punto de fusión máis elevado de tódolos metais e, xunto co renio, o punto de ebulición máis alto de tódolos elementos coñecidos (máis de 5800). Úsase nos filamentos das lámpadas incandescentes, en eléctrodos non consumibles de soldaduras, en resistencias eléctricas e, aliado co aceiro, na fabricación de aceiros especiais.

A súa variedade de carburo de volframio sintetizado emprégase para fabricar ferramentas de corte. Esta variedade absorbe máis do 60 % da demanda mundial de volframio.

É un material estratéxico e estivo na lista de produtos máis cobizados desde a segunda guerra mundial. O goberno dos Estados Unidos mantén unhas reservas nacionais de 6 meses xunto a outros produtos considerados de primeira necesidade para a súa supervivencia.

É fundamental para entender as sociedades modernas. Sen el non se poderían producir dunha forma económica tódalas máquinas que nos rodean e as cousas que se producen con elas.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.