Casitérides

Casitérides é o nome co que os gregos antigos denominaron os centros produtores de estaño (kassiteros) situados no Extremo Occidente. Plinio o Vello na súa Historia Natural[1] sinala que o primeiro grego que accedeu ás Casitérides foi Midácrito, personaxe do que non sabemos nada máis. Crese que os fenicios xa coñecían a ruta do estaño ou das Casitérides, unhas rutas que os cartaxineses manterían oculta até a época romana, pola súa importancia. A súa localización exacta non está clara, aínda que é moi probable que o topónimo se fose desprazando cara ó norte, desde Galicia á Bretaña Francesa e de aquí a Gran Bretaña, conforme ían sendo descubertos novos centros extractores de estaño.

Map of Europe according to Strabo
Europa segundo Estrabón coa localización das Casitérides.

O coñecemento dos xeógrafos antigos

Heródoto (430 a.C.) xa chegara a coñecer algo sobre estas illas. Autores como Posidonio, Diodoro Siculo, Estrabón e outros defínenas como pequenas illas ó longo da costa nordés de Hispania nas que existían xacementos de estaño e, segundo Estrabón[2], tamén de chumbo. Segundo unha pasaxe de Diodoro o seu nome proviña da proximidade destas coa zona noroccidental de Hispania. Estas illas son nomeadas tamén por Tolomeo e Dionisio Periexeta: o primeiro refírese a 10 illotes na área noroccidental, lonxe das costas e que están dispostas de maneira simbólica en forma de anel; o segundo noméaas en relación coas illas Hespérides.

Notas

  1. Plinio el Viejo, Historia Natural VII,197
  2. [Estrabón, Geografía, III.5.11, las llama "islas en el mar opuesto al norte de Hispania” y dos veces hace un excurso para enumerarlas separadamente de la Britania. (Geografía, II.5.30; III.5.11).]
Arquitectura romana en Galicia

A arquitectura romana en Galicia correspóndese coas infraestruturas e construcións erixidas polos romanos durante a súa estadía en Galicia, aproximadamente dende as primeiras incursións e posterior asentamento dos romanos na Gallaecia durante o século I a.C., ata o establecemento do Reino Suevo no século V, unha vez desaparecido o Imperio Romano.

Breogán

Breogán é un mítico rei céltico de Galiza. Moitas versións existen sobre el, nas que é presentado coma o gran referente mitolóxico da nación galega; en realidade foi o referente das tribos galaicas, pois o concepto de estado-nación procede do século XIX. O seu pai é Brath, e os seus fillos son Ith e Bile, entre outros.

Cornualles

Cornualles, Cornualle ou Cornualla (en inglés: Cornwall; en córnico: Kernow) é un condado administrativo e cerimonial, que ocupa unha grande parte da península do mesmo nome, constituíndo o extremo sudoccidental de Inglaterra. Os seus habitantes, os córnicos, están recoñecidos como unha minoría nacional polo Reino Unido desde o 24 de abril de 2014.

As súas costas, recortadas, son bañadas polo mar Céltico ó norte e oeste e polo canal da Mancha ó sur, e culminan na parte oeste, no chamado Fin da Terra, que equivalería á Fisterra galega ou á Finistèrre bretoa.

O tamén coñecido como país do estaño está ó oeste do condado de Devon, sendo o río Tamar a súa fronteira. A estrada principal que mediante a que se comunica co resto da illa de Gran Bretaña é a A38, que cruza o Tamar en Plymouth grazas á ponte do Tamar; e a A30 que cruza a fronteira sur do Launceston. Un transbordador tamén une Plymouth coa cidade de Torpoint ó outro lado do Hamoaze. Unha ponte ferroviaria (a Royal Albert Bridge), construída por Brunel en 1859, completa a outra gran vía de transporte.

As illas Scilly están asociadas a Cornualles.

Cornualles é tamén un ducado pertencente á coroa británica que ten asociado o título de Duque de Cornualles. O moderno ducado é propietario do 2% do territorio, así como outras grandes áreas ó longo de Gran Bretaña.

Na actualidade, este título osténtao Camila de Cornualles (Camilla Parker Bowles denantes da súa voda co príncipe de Gales, Carlos de Inglaterra).

Estrabón

Estrabón (en grego: Στράβων, en latín: Strabo), nado no ano 64 ou 63 a.C. e finado no 24) d.C., foi un xeógrafo grego.

Fenicios

Os fenicios foron un pobo de orixe semítica que habitaron na Fenicia, no norte da rexión hoxe coñecida como Líbano. Fundaron colonias nas costas do mar Mediterráneo e durante longo tempo dominaron o comercio nas súas augas.

Galicia

Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal.

Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.

Santiago de Compostela é a capital, cun estatuto especial dentro da provincia da Coruña. Galicia posúe 2 718 525 habitantes (2016), cunha distribución poboacional que aglomera a meirande parte na franxa entre Ferrol e Vigo. En Galicia, os núcleos urbanos con rango de cidade son sete, que segundo criterios poboacionais son os seguintes: Vigo, A Coruña, Ourense, Lugo, Santiago de Compostela, Pontevedra e Ferrol. Ten unha superficie de 29 574,4 km².

O concello máis poboado é o de Vigo con 292 817 habitantes e o menos poboado o de Negueira de Muñiz con 215 habitantes no 2016. O concello máis extenso é o da Fonsagrada cunha superficie de 438,4 km² e o máis pequeno o de Mondariz-Balneario con 2,3 km². A Coruña é o concello con maior densidade de poboación con 6449,32 hab./km² e Vilariño de Conso é o que ten menor densidade de poboación con 2,92 hab./km² no 2016.

Gallaecia

A Gallaecia foi unha provincia romana do noroeste da Península Ibérica que abranguía o que hoxe é a comunidade autónoma de Galicia, o norte de Portugal e as provincias españolas de Asturias, León e Zamora. As súas capitais estaban en Bracara Augusta (Braga), Lucus Augusti (Lugo) e Asturica Augusta (Astorga).

Heródoto

Heródoto (en grego Ἡρόδοτος Ἁλικαρνᾱσσεύς [Hēródotos Halikarnāsseús]; en latín, Hērŏdŏtus Hălĭcarnassensis) nado en Halicarnaso (actual Bodrum, en Turquía) no 485 a. C. e finado en Turios no 425 a. C. foi un historiador e xeógrafo grego, considerado o pai da historiografía.

Historia da química

A historia da química é a historia, desde a antigüidade até os nosos días, da ciencia química e do seus precedentes filosóficos e pseudo e protocientíficos, en particular da alquimia. Está intrinsecamente ligada ao desenvolvemento da humanidade, xa que abarca todas as transformacións da materia e as teorías correspondentes.Historicamente, o estudo da materia fíxose desde dúas perspectivas diferentes: a tecnolóxica ou factual e a filosófica ou teórica:

O coñecemento tecnolóxico ten a súa orixe no dominio do lume por parte do home e, polo que fai aos fenómenos químicos, procesos tales como a cocción de alimentos, a cerámica, a metalurxia, a fabricación do vidro, a preparación de medicamentos e remedios a partir de fontes naturais, a preparación de colorantes, de bebidas alcohólicas e vinagre etc. desenvolvéronse desde tempos prehistóricos no seo de diversas civilizacións.

Con respecto ao coñecemento filosófico da materia, as primeiras teorías sobre a súa orixe e a súa constitución desenvolvéronas os filósofos gregos da antigüidade clásica, entre os que destaca Empédocles coa súa teoría sobre os elementos constituíntes da materia (terra, auga, lume e aire).A ciencia química xorde antes do século XVII a partir da alquimia, protociencia (ou pseudociencia) moi popular entre moitos dos científicos da época.Considérase que os principios básicos da química estableceunos por primeira vez Robert Boyle na súa obra The Sceptical Chymist (1661).A química como tal comeza a desenvolverse un século máis tarde cos traballos de Antoine Lavoisier que, xunto con Carl Wilhelm Scheele descobren o oxíxeno. Lavoisier, pola súa parte, propuxo a lei da conservación da masa e refutou a teoría do floxisto coa teoría da combustión.

Idade Antiga de Galicia

Coñécese como protohistoria o período de cada cultura sobre o cal non existen textos escritos producidos pola propia cultura que se investiga, pero si referencias en autores doutras civilizacións. Para Galiza, as fontes son as greco-latinas, polo que este período se inscribe xeralmente na Idade Antiga.

As primeiras mencións que teñen chamado a atención son a de certas illas, as Casitérides, nas que abundaba o estaño. Pero o coñecemento do Occidente foi extremadamente limitado até a época helenística. A primeira referencia é a dun viaxeiro marsellés de fins do século IV a. C., Piteas, quen menciona o cabo Nerio e a tribo dos ártabros. Estas informacións foron recollidas por Eratóstenes (século III a. C.); máis tarde escribiron Polibio (século II a. C.), Artemidoro, Posidonio e Estrabón (século I a. C.), Plinio o Vello (século I) e Ptolomeu (século II).

A indoeuropeización do cuadrante norocidental da Península Ibérica durante o Idade de Bronce foi continuada por elementos se cadra célticos durante a Idade de Ferro, a partir do século VI a. C. Apareceu así a cultura castrexa, caracterizada polos castros ou citanias, poboados fortificados sen apenas urbanismo. Aínda que por veces ferro e Cultura castrexa se fagan equivalentes, convén distinguir entre os dous conceptos porque a transición entre Bronce e Ferro é aínda bastante descoñecida e non está claro que elementos anteriores pervivíron e de onde proveñen os trazos prototí­picos do mundo castrexo. En efecto, os castros máis antigos datan dos séculos VIII e VII a. C. Esta área cultural ten o seu límite oriental no río Navia e o Bierzo e o meridional no río Douro. Non se deu en ningún momento un proceso de construción de entidades de tipo estatal, xa que se trataba dunha sociedade de tipo xentilicio. Da lenta fusión por aculturación entre os mundos castrexo e provincial romano xorde a cultura galaico-romana.

Ith

No Libro das conquistas de Irlanda, Ith (ou Ite) é un dos dez fillos do caudillo celta Breogán, esposo de Bron e pai de Lugai; da estirpe dos gaedil. Dende neno soñaba que había unha terra ó norte de Brigantia. Cando é maior, xa un sabio e valoroso guerreiro, alcanza a ver, dende a torre de Brigantia, unhas terras máis aló das illas Casitérides.

José Cornide Saavedra

José Andrés Cornide de Folgueira y Saavedra, señor de Cebreiro, de Madiz e de Saa, nado na Coruña o 25 de abril de 1734 e finado en Madrid o 22 de febreiro de 1803, foi un xeógrafo, naturalista e humanista galego, membro sobranceiro do movemento ilustrado.

Piteas

Piteas (c.-380 – c.-310 a.C.) foi un navegante, xeógrafo e explorador grego da colonia focea de Massilia (actual Marsella).

Tartessos

Durante a primeira metade do primeiro milenio a.C. a Península Ibérica estivo colonizada por fenicios e gregos (especialmente no sueste da península) e grazas e eses contactos, dispomos das primeiras novas sobre a Península, centradas na existencia dun grande estado chamado Tartessos.

Ademais dos descubrimentos arqueolóxicos, temos fontes e máis escritos gregos que revelan que Tartessos foi un reino cuxa influencia estendíase dende Serra Morena ata Xibraltar e dende o Oceáno Atlántico ata Cartagena. A súa economía estaba baseada nunha agricultura e nunha economía moi avanzadas xa que explotaban os xacementos minerais da rexión (que ben podían ser de prata, ouro, chumbo e cobre) e a través de perigosas expedicións polo Atlántico obtiñan estaño das illas Casitérides (Illas Británicas)

Pero máis adiante, o pobo dos Tartessos caeu baixo o dominio cartaxinés, un pouco antes do século III a.C.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.