Casimiro Cubela

Casimiro Cubela García, nado en San Xurxo de Sacos (Concello de Cotobade) o 2 de febreiro de 1908 e finado en Santa María de Trasmonte o 14 de agosto de 1986,[1] foi un sacerdote e escritor galego.

Casimiro Cubela
Nacemento2 de febreiro de 1908
 San Xurxo de Sacos
Falecemento14 de agosto de 1986
 Trasmonte
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónsacerdote católico e escritor

Traxectoria

Estudou Humanidades no colexio relixioso de El Espiño (Burgos) e despois Filosofía e Teoloxía no Seminario de Santiago de Compostela[2], onde coincidiu con Xosé Manuel Cabada e do que foi profesor auxiliar. Foi párroco de Santa María de Tomonde (1931), despois de Ribela e desde 1958 en Santa María de Trasmonte. Escribiu poemas en latín, galego e castelán, algúns deles publicados en Vida Gallega e Acción (Pontevedra). Sendo párroco de Ribela foi detido e procesado en 1948 por axudar á guerrilla e condenado a seis meses e un día de desterro[3].

Notas

  1. Necrolóxica en La Voz de Galicia, 15-8-1986, p. 53.
  2. El Noticiero Gallego, 25-8-1930, p. 1-2.
  3. Un cura represaliado: Casimiro Cubela.

Véxase tamén

Bibliografía

Acción (Pontevedra)

Acción foi unha revista editada en Pontevedra de 1928 a 1930.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.