Casaquistán

Casaquistán[1] ou Kazhakhstán[2] é un país fundamentalmente asiático, aínda que tamén inclúa unha rexión relativamente pequena que, xeograficamente, pertence á Europa: a área entre o río Ural e a fronteira rusa, o punto máis oriental do continente europeo. Limita ao norte e oeste con Rusia (6.846 quilómetros de fronteira), ao leste coa China (1.533 km), a sur co Kirguizistán (1.051 km), o Uzbekistán (2.203 km) e Turkmenistán (379 km) e a oeste co Mar Caspio. É o noveno país máis grande do mundo por superficie, mais ten unha densidade de 6 hab./km².

Casaquistán foi un dos países que se volveron independentes coa disolución da Unión Soviética, proclamando a súa independencia o 16 de decembro de 1991.

Coordenadas: 48°N 68°L / 48, -68

República de Casaquistán
Qazaqstan Respublikasy
Республика Казахстан
Respúblika Kazaxstán
Bandeira de Casaquistán
Escudo de Casaquistán
BandeiraEscudo
Kazakhstan (orthographic projection)
Capital
 • Poboación
Nursultán (chamada Astaná até 2019)
780 880 habitantes (2013)
Cidade máis poboadaAlmati
Lingua oficialcasaco2 (de uso)
ruso (oficial)
Forma de gobernoRepública presidencialista
Kassym-Jomart Tokayev
Askar Mamin
Independencia da Unión Soviética16 de decembro de 1991
SuperficiePosto 9º
 • Total2 727 300 km²
 • % auga1,7
Fronteiras12 012 km
Costas0 km
PoboaciónPosto 61º
 • Total15 233 244 hab.
 • Densidade6,2 hab./km²
PIB (nominal)Posto 56º
 • Total (2006)77 237 millóns US$
 • per cápita5 113 US$
PIB (PPA)Posto 56º
 • Total (2006)137 964 mill. US$
 • per cápita9 134 US$
MoedaTenge (KZT)
IDH (2007)0.794 (73º) – medio
XentilicioCasaco/a
Fuso horarioUTC + 5 a + 6
 • Horario de veránNon aplica
Dominio de Internet.kz
Prefixo telefónico+7
Prefixo radiofónicoUNA-UQZ
Código ISO398 / KAZ / KZ
Membro de: ONU, OSCE, CEI, OCS, OCE
1 Chamada Akmola até xuño de 1998.
2 Tamén se fala o ruso e alemán, pero estes non son oficiais.

Historia

Artigo principal: Historia de Casaquistán.

Os casacos, ou cabaleiros das estepas, descenden de tribos nómades de orixe turca e relixión islámica que, no século XVII, piden protección ao tsar ruso diante da ameaza de invasión mongola. O Imperio Ruso retira o poder dos xefes tribais e domina gradualmente o Casaquistán.

Coa abolición da servidume polo imperio, no 1861, millóns de labregos rusos e ucraínos instálanse nas terras casacas doadas polo goberno central, provocando resentimentos entre os nativos. O exército tzarista reprime unha rebelión contra o poder ruso no 1916, matando 150.000 persoas.

Cambio de presidente, e do nome da capital

Nursultán Nazarbáyev, veterano ex-comunista, o único dirixente da antiga URSS no poder sen interrupcións desde a disolución do país en 1991, o político que máis tempo permaneceu no poder en todo o espazo post-soviético, anunciou por sorpresa, o 19 de marzo de 2019 a súa dimisión tras practicamente 30 anos á fronte de Casacastán. Nazarbáyev, de 78 anos de idade, fixo pública a súa decisión a través dunha alocución televisada polos principais canais do país. «Este ano cumpliránse 30 anos desde que ocupo o cargo más alto. O pobo outorgoume a posibilidade de ser o primeiro presidente do Casaquistán independente», dixo ante as cámaras despois de dar a coñecer a súa renuncia.[3][4]

Porén, o líder casaco non se apartará demasiado dos centros de poder. Segundo as súas palabras, manterse á fronte do Consello de Seguridade da república, do Consello Constitucional e do seu partido Nur Otan, o maioritario no Parlamento. Até que se celebren unhas novas eleccións, o presidente é Kasim-Zhomart Tokáyev, que ocupaba o cargo de presidente do Senado no momento da renuncia do xefe de Estado.[3][4]

A primeira medida adoptada polo Parlamento casaco, tras renunciar Nursultán Nazarbáyev ao seu cargo de Xefe do Estado e tras tomar posesión o novo presidente interino, Kasim-Zhomart Tokáyev, non caeu ben entre algúns cidadáns de Astana[5], a capital do país, cuxo nome será agora o mesmo que o do pai da Nación, Nursultán.[4]

Xeografía

Casaquistán é un país transcontinental, coa maior parte de su territorio situado na Asia Central e unha menor (ao oeste do río Ural) en Europa. Cunha superficie de 2 724 900 km²,[6] é o noveno país máis grande do mundo, así como o estado sen litoral marítimo máis extenso do mundo (considerando o mar Caspio como un lago). Casaquistán é un dos seis Estados túrquicos independentes, xunto a Turquía, Acerbaixán, Kirguistán, Uzbekistán y Turkmenistán; comparte fronteiras cos tres últimos e con Rusia e China, á vez que posúe costas no mar Caspio e no mar de Aral. A capital foi trasladada en 1997 de Almati, a cidade máis poboada de Casaquistán, a Astaná. Casaquistán pertence á rexión natural denominada Asia Central, formada ademais, xunto con Taxikistán, por tres dos países xa citados, Kirguistán, Uzbekistán e Turkmenistán.

A maior parte do territorio está cuberta por deserto, semi-deserto e estepa, aínda que ao norte o país atinxa a zona da taiga. O clima é continental, con veráns quentes e invernos fríos.

Organización político-administrativa

Kazakhstan provinces
Artigo principal: Subdivisións de Casaquistán.

Casaquistán está formado por 14 provincias (oblystar; en singular: oblys) e tres cidades (qala; en singular: qalasy). A súa vez, as provincias divídense en distritos.

Provincia Capital Área (km²) Poboación
Akmola Kokshetau 121,400 829,000
Aktobe Aktobe 300,600 661,000
Almaty(1) Almaty 324.8 1,226,300
Provincia de Almati Taldykorgan 224,000 860,000
Astana(1) Astana 710.2 600,200
Atyrau Atyrau 118,600 380,000
Baiconur(2) Baikonur 57 70,000
Casaquistán oriental Oskemen 283,300 897,000
Karagandy Karagandy 428,000 1,287,000
Kostanay Kostanay 196,000 975,000
Kyzylorda Kyzylorda 226,000 590,000
Mangystau Aktau 165,600 }316,847
Casaquistán setentrional Petropavl 123,200 586,000
Pavlodar Pavlodar 124,800 851,000
Casaquistán meridional Shymkent 118,600 1,644,000
Casaquistán occidental Oral 151,300 599,000
Zhambyl Taraz 144,000 962,000

Notas:[6]

  • (1) As cidades de Almaty e Astana non pertencen a ningún oblys.
  • (2) A cidade de Baikonur ten un status especial, pois actualmente, até o ano 2050, está gobernada polos rusos debido á presenza do cosmódromo Baikonur.

Economía

Artigo principal: Economía de Casaquistán.

Mapas e imaxes

Kazakhstan 2001 CIA map

Mapa

Kazakhstan.A2001150.0615.500m

Imaxe satélite

Kazakhstan political map 2000

Mapa político

Kazakhstan-CIA WFB Map

Mapa

Notas

  1. Anaír Rodríguez Rodríguez, Montserrat Davila Ventura (2004). Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo, ed. Lingua galega: dúbidas lingüísticas (PDF). p. 116. ISBN 84-8158-266-2.
  2. Diciopedia do século 21.
  3. 3,0 3,1 El presidente kazajo y último líder soviético, renuncia tras 30 años en el poder. La Voz de Galicia, 20-03-2019.
  4. 4,0 4,1 4,2 Nazarbayev dimite por sorpresa como presidente de Kazajstán tras tres décadas en el poder. ABC, 19-03-2019.
  5. "La cacicada de poner a la capital el nombre de Nazarbáyev provoca protestas en Kazajstán". abc (en castelán). 2019-03-21. Consultado o 2019-07-12.
  6. 6,0 6,1 Kazajistán. Geografía (Oratlas. Tradución ao castelán do World Factbook da CIA)

Véxase tamén

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
.kz

.kz é o Dominio de Nivel Superior xeográfico (ccTLD) para Casaquistán.

Baikonur

Baikonur[Cómpre referencia] (en casaco Байқонгир/Baýqoñır, e en ruso Байконур), anteriormente coñecida como Leninsk, é unha cidade de Casaquistán administrada por Rusia. Localízase ás beiras do río Sirdaria. Construíuse para servir ao Cosmódromo de Baikonur, recibiu oficialmente o seu actual nome o 20 de decembro de 1995.

A verdadeira vila de Baikonur é unha vila mineira a 300 quilómetros ao nordeste, ao sitio de lanzamento déuselle ese nome para causar confusión e manter a súa localización en segredo.

Bandeira de Casaquistán

A bandeira de Casaquistán (en casaco: Қазақстан туы Qazaqstan twı) foi adoptada o 4 de xuño de 1992, substituíndo á bandeira da República Socialista Soviética de Casaquistán. A bandeira é un deseño de Shaken Niyazbekov.

Casaquistán no Festival de Eurovisión

Casaquistán intentou participar no Festival de Eurovisión dende o Festival de Eurovisión 2007. Isto a pesar de non ser membro da Unión Europea de Radiodifusión, un requisito fundamental para participar. Casaquistán retrasmite o festival dende o ano 2007 e tamén intenta unirse á UER dende ese mesmo ano, pero isto resulta complicado xa que unha parte do país atópase fora da Zona de Radiodifusión Europea.Por outro lado o país euroasiático pretende unirse ao Consello de Europa, que segundo un dos requisitos do acceso da UER o país onde emita a canle de televisión debe ser membro da Unión Internacional de Telecomunicacións e debe atoparse na Área de Radiodifusión Europea ou que sexa membro do Consello de Europa. Polo que cando Casaquistán sexa membro do Consello de Europa poderá participar nos festivais posteriores.

Escudo de Casaquistán

O escudo nacional de Casaquistán ten forma de círculo, símbolo da vida e da eternidade. O elemento central é o shanyrak, a parte superior circular da cúpula da yurta. O shanyrak simboliza o benestar da familia, a paz e a tranquilidade.

A seguinte parte integrante da estrutura do escudo son os cabalos fantásticos con ás de ouro e cornos en forma de media lúa, os tulpar. As ás de ouro dos cabalos fantásticos semellan trigo, que simboliza o traballo, a abundancia e a prosperidade.

O escudo ten dúas cores: azul e dourado. A cor azul celeste do fondo da bandeira alude ós diversos pobos turcos que conforman a poboación actual do país, que inclúe entre outros a poboacións de orixe tártara, mongol e uigur. Para eses pobos a cor azul celeste estaba dotado de simbolismo relixioso e representaba ó deus Gök-Tanry aínda que actualmente a cor da bandeira é interpretado como o símbolo do ceo despexado que se divisa no país e da liberdade do seu pobo. A gama dourada interprétase como o futuro luminoso dos pobos casacos.

A porción máis baixa do escudo leva a inscrición Қазақстан. A imaxe reproducida do escudo nacional de Casaquistán, sen importar o seu tamaño, debe conformarse exactamente co deseño de cor (respectivamente branco e negro) do estándar da referencia do escudo nacional de Casaquistán gardada na residencia do presidente.

O escudo de armas da República Socialista Soviética de Casaquistán foi adoptado o 26 de marzo de 1937 polo Goberno da República Socialista. O escudo de armas está baseado no escudo de armas da Unión Soviética. Un novo escudo de armas foi adoptado mediante a disolución da Unión Soviética o 26 de decembro de 1991.

Europa

Europa ( pronunciación ) é unha das grandes penínsulas de Eurasia (segundo como se considere, a maior delas), á que de forma convencional e por motivos históricos considérase un continente propio, e pertence a súa a Eurafrasia. Europa esténdese pola metade oriental do Hemisferio Norte, dende o océano Glacial Ártico polo norte ata o mar Mediterráneo polo sur. Polo leste, chega ata o océano Atlántico, admitíndose que polo leste limita con Asia nos Montes Urais e o Cáucaso, compartindo entre ámbolos continentes o mar Caspio.

En Europa naceu a cultura occidental, os países europeos xogaron un papel predominante desde o século XVI, especialmente despois do comezo da colonización doutros continentes polos europeos. Entre os séculos XVII e XIX os europeos controlaban a maior parte de África, América, Oceanía e unha parte substancial de Asia. A Primeira Guerra Mundial e a Segunda Guerra Mundial levaron a un devalo do dominio europeo nos asuntos mundiais e os Estados Unidos e a Unión Soviética ocuparon esa preminencia. A Guerra Fría entre esas dúas superpotencias dividiu Europa ata o colapso da URSS.

Lingua armenia

O armenio (clásico: հայերէն; reformado: հայերեն, hayeren) é unha lingua indoeuropea falada polo pobo armenio. Ó igual que o grego, é o único representante do grupo homónimo das linguas indoeuropeas. É a lingua oficial de Armenia e da República de Artsakh. Historicamente, foi falada no Planalto Armenio pero no presente tamén é falada pola diáspora armenia. Existe documentación nesta lingua desde o século V d.C., escrita nun alfabeto propio, creado no ano 405 por Mesrop Mashtots.

O armenio é unha póla independente das linguas indoeuropeas. É suxeito de moito interese para os lingüistas polo seu distintivo desenvolvemento fonolóxico dentro da familia. O armenio amosa máis satemización que centumización, malia que non está clasificado dentro de ningún dos dous grupos. Algúns estudosos concluíron de xeito provisional que o armenio, o grego (Frixio), o albanés e as linguas indoiranias estaban dialectamente relacionadas unhas coas outras; dentro desta hipótese de grupo dialectal, o protoarmenio atópase entre o protogrego (subgrupo centum) e o protoindoiranio (subgrupo satem).Armenia foi un país monolingüe entre o século II até o presente. A súa lingua ten unha longa e rica historia literaria, cunha tradución da Biblia datada do século V como o seu texto supervivente máis antigo. O seu vocabulario foi influído polas linguas iranias occidentais, particularmente o parto, e en menor grao polo grego, o persa e o árabe ó longo da súa historia. Existen dúas formas literarias estandarizadas da lingua, a oriental e a occidental, que son mutuamente intelixiles.

Lingua romanesa

A lingua romanesa ou romanés (limba română AFI /'limba ro'mɨnə/) é unha lingua romance do Leste de Europa, falada por uns 30 millóns de persoas, a maioría delas en Romanía (onde é lingua oficial) e en Moldavia, así como en zonas de Serbia (na provincia autónoma de Voivodina), de Hungría e da Ucraína. Existen importantes núcleos de emigración romanesa en países como Italia, España, Israel, Estados Unidos, Francia e Alemaña, entre outros.

Lingua rusa

O ruso (antigamente coñecido como gran ruso, para diferenciala do ucraíno ou "pequeno ruso") é a lingua eslava con máis falantes. Forma co ucraíno e o bielorruso o grupo das linguas eslavas do leste. A variedade do dialecto ruso medio falada na área de Moscova é a base da forma estándar da lingua. Hai minorías rusófonas significativas en tódolos estados que fixeron parte da antiga Unión Soviética e mantén aínda un certo status como lingua de cultura. O número total de falantes podería estar ó redor dos 300 millóns de persoas.

Lingua ucraína

A lingua ucraína (украї́нська мо́ва, transliteración: ukrayins'ka mova [ukrɑ'jinʲsʲkɑ ˈmɔʋɑ]) é unha lingua eslava oriental, unha das tres deste grupo de linguas, xunto ao ruso e o bielorruso. Garda certas similitudes con ámbalas dúas linguas, pero con notables diferenzas.

Mar Caspio

O mar Caspio é un mar interior que ocupa a parte máis fonda dunha depresión entre Asia e Europa, a depresión cáspica, que forma parte da gran depresión aralo-cáspica. É a masa de auga interior (Conca endorreica) máis grande do mundo, cunha superficie de 371.000 km² (sen incluír o lago de Kara Bogaz Gol) e un volume de 78.200 km³ con características comúns tanto cos mares como cos lagos. A miúdo é considerado o lago máis grande do mundo, aínda que non é de auga doce senón salgada. Ten numerosos Illas, a maior das cales é a de Ada Ogurja, que ten 47 quilómetros de lonxitude; cara ao norte a maioría das illas son pequenas e deshabitadas. Baña Rusia, Daguestán, Acerbaixán, o Turkmenistán, o Casaquistán e Irán, coas estepas da Asia Central ao norte e ao leste. Na antigüidade, coñecíase como o océano Hircaniano ou tamén mar Khazar e mar Khvalisian.

Mar de Aral

O mar de Aral é un mar interior da Asia Central, situado entre os 53° e os 56° de latitude norte e entre os 58° e os 62° de lonxitude leste. Está situado entre Casaquistán ao norte e Uzbekistán ao sur, é un grande lago de auga doce que estivo considerada como a cuarta extensión de auga doce da Terra.

Na actualidade está en grave degradación ao ser desviada durante décadas a auga dos dous ríos tributarios, Amur Daria e Sir Daria, con fins agrícolas, o que provocou que perdera unha grande parte da súa superficie e maior aínda do seu volume de auga.

En 1960 cubría 68 000 km², sendo o 4º maior lago do mundo. En 2000, a súa superficie xa estaba dividida en dúas partes. A separación entre o Pequeno mar ao norte e o Grande mar ao sur data de 1989. A evolución actual predí a desaparición total do segundo por volta de 2025.

Meniń Qazaqstanym

Meniń Qazaqstanym (O meu Casaquistán, en casaco: Менің Қазақстаным) é o actual himno nacional de Casaquistán. Foi aprobado polo parlamento el 7 de xaneiro de 2006. Esta canción patriótica foi escrita en 1956 durante a era soviética.

Montes Urais

Os montes Urais (en ruso: Ура́льские го́ры = Ура́л) son unha cordilleira que se estende aproximadamente de norte a sur a través da Rusia occidental.

Ten unha extensión de 2.500 km das estepas casacas ao longo da fronteira norte do Casaquistán ata a costa do océano Ártico. A illa de Nova Zembla forma unha continuación da cordilleira. Xeograficamente, esta cadea de montañas marca a fronteira (arbitraria) entre os continentes europeo e asiático. O seu maior cumio é o monte Naroda (Poznurr, 1.895 m). A erosión expón unha riqueza considerable en minerais nos Urais, entre os cales o topacio e mais o berilio. As fragas Komi nos Urais do norte están protexidas como Patrimonio Mundial.

Os Urais están entre as cordilleiras máis antigas do mundo, téndose formado no final do período carbonífero, cando un continente composto principalmente por Siberia colidiu co supercontinente que contiña a maior parte da terra na época : a combinación da Laurasia (Europa e América do Norte) e Gondwana. Europa e Siberia permaneceron xuntas desde entón.

Os xeógrafos dividen os Urais en cinco rexións: Sur, Central, Norte, Subártico e Urais Árticos.

Pobo ruso

Os rusos (en ruso: русские, russkiye) son un grupo étnico eslavo oriental nativo de Europa Oriental. A maioría dos rusos habitan no estado nación de Rusia, tendo notables minorías noutros estados veciños como Ucraína, Casaquistán e Belarús. Unha grande diáspora rusa está presente en todo o mundo, con poboacións importantes nos Estados Unidos, Alemaña, Israel e o Canadá. Os rusos son o meirande grupo étnico de Europa.

Os rusos comparten moitos trazos culturais con outros pobos eslabos orientais, como os belarusos e os ucraínos así como con certos eslavos do sur como os búlgaros, os macedonios, os montenegrinos e os serbios. Son maioritariamente de relixión ortodoxa. A lingua rusa é lingua oficial en Rusia, Belarús, Casaquistán, Kirguizistán e Taxiquistán, e tamén é falada como segunda lingua en moitos dos antigos estados soviéticos.

Pobo ucraíno

Os ucraínos (en ucraíno: українці, ukrayintsi) son un grupo étnico eslavo oriental nativo de Ucraína, que por poboación e a sexta meirande nación de Europa. A Constitución de Ucraína aplica o termo 'ucraínos' a tódolos cidadáns do país. Entre outros nomes históricos deste pobo está o de rusinos e cosacos. Os belarusos e os rusos están considerados pobos irmáns dos ucraínos, mentres que os rutenos son outro grupo relacionado, ou un subgrupo étnico dos ucraínos.

Siberia

Siberia (en ruso: Сиби́рь, Sibir), tamén coñecida como Asia do norte, Norte de Asia ou Asia Setentrional. é unha vasta rexión da Rusia e do Norte do Casaquistán, integralmente no norte da Asia, espallándose dende os Urais até o Océano Pacífico, e para sur desde o Océano Ártico ata os montes do centro-norte do Casaquistán e ata á fronteira coa Mongolia e China. O xentilicio é siberiano/siberiana.

Turkmenistán

Turkmenistán, tamén chamado Turcomenistán, ou oficialmente a República de Turkmenistán (en turcomán: Türkmenistan Riespublikasy) é un país de Asia central, que limita con Afganistán, Irán, o mar Caspio, Casaquistán e Uzbekistán.

Uzbekistán

Uzbekistán (en uzbeko: Oʻzbekiston), é unha república ex-soviética de Asia Central, limitada ao norte por Casaquistán, ao leste por Kirguizistán e por Taxiquistán, ao sur por Afganistán e a sur e ao oeste por Turkmenistán. Alén do territorio principal, inclúe tamén os enclaves de Sokh e de Iordan, no Kirguizistán. A súa capital é a cidade de Tashkent.

Países
Países con parte asiática

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.