Casa dos Mosaicos

A Casa dos Mosaicos é unha antiga domus romana e actual museo situado no centro da cidade de Lugo, en Galicia, onde se poden visitar restos da antiga casa, como os mosaicos ou pinturas murais.

Casa dos Mosaicos
PaísEspaña España
CidadeLugo
Sitio Weblugo.gal

Descrición

A Casa dos Mosaicos está situada na rúa Doutor Castro, coñecida popularmente como rúa das Docerías, pegada á Praza Maior. A casa na que se atoparon os mosaicos, e onde están expostos, foi unha casa grande que, segundo os restos achados, foi construída entre os séculos I e II. Dentro da casa pódense atopar antigos mosaicos decorativos, pinturas murais decorativas, bases de columnas e os restos do hypocaustum o cal aseguraba a calefacción da casa. Dentro realízase ademais unha montaxe audiovisual que reproduce o que foi a vida nesa casa.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Casa (homónimos)

Casa pode referirse a:

Casa, unha construción destinada a vivenda;

Casa circular, a desta forma, característica de civilizacións antigas;

Casa de indianos, a promovida en Galicia por emigrantes en América con éxito;

Casa reitoral, a asignada pola Igrexa ao sacerdote dunha parroquia;

Casa señorial, na que residiu a persoa que lle deu nome a unha liñaxe;

Casa grande, un tipo de casa señorial;

Casa, cada un dos cadros dun taboleiro de xadrez;

Lugo

Lugo é unha cidade e concello de Galicia, capital da provincia de Lugo e da comarca homónima. Fundada no ano 25 a.C. por Paulo Fabio Máximo, é unha cidade de orixe romana e a máis antiga de Galicia. Construída nas proximidades dun castro, na época romana recibiu o nome de Lucus Augusti. Son testemuña dos seus primeiros anos de historia os numerosos restos romanos, moitos deles conservados no Museo Provincial, e sobre todo a Muralla Romana, única no mundo que conserva todo o seu perímetro e declarada Patrimonio da Humanidade no ano 2000.

Ao longo da súa historia ocorreron tanto épocas de abandono como importantes momentos na historia do país, dende a xuntanza no ano 842 dun grande exército galego para conquistar Oviedo e entronizar a Ramiro I como primeiro rei da dinastía galega, ata o pronunciamento do Coronel Miguel Solís, que daría comezo á Revolución Galega de 1846.

Xeograficamente, a cidade atópase situada nun outeiro, nas terras do Alto Miño, e circundada polo propio río Miño, ademais doutros máis pequenos como o Mera. O concello, incluído na Reserva da Biosfera "Terras do Miño", é o segundo máis extenso de Galicia, e no que no ano 2014 habitaban 98.560 persoas, o que supón que sexa o cuarto de Galicia en poboación despois de Vigo, A Coruña e Ourense.

O xentilicio dos habitantes é lucense ou tamén lugués. Lugo é unha cidade comercial e de servizos, cun campus universitario especializado en Ciencias Agrarias (Veterinaria, Montes...). Destacan tamén as populosas festas realizadas na cidade como o Arde Lucus, que relembra o pasado romano e castrexo da cidade, e o San Froilán, que cada ano atrae á cidade do 4 ao 12 de outubro a máis dun millón de visitantes.

Monumentos
Museos
Espazos públicos
Festas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.