Casa do Home

A Casa do Home, máis coñecida como DOMUS, é un museo coruñés, o único interactivo conceptual e monográfico sobre o ser humano. Algunhas das súas montaxes máis interesantes son unha colaxe que representa a Gioconda, realizada con 10.062 fotografías de persoas de todo o mundo, imaxes dun parto, elaborar un menú e comprobar se é equilibrado ou ver os latidos do propio corazón. Foi inaugurado en abril de 1995[1] e é obra de César Portela e Arata Isozaki.

Coordenadas: 43°22′39.32″N 8°24′23.49″O / 43.3775889, -8.4065250

Domus
Domus
Casa do Home
PaísGalicia
CidadeA Coruña
TipoCientífico, Cultural
Inauguración1995
Sitio Webhttp://mc2coruna.org/domus
Domus logo
Logotipo da Domus.

Contidos

Conta con 1.500 m² de exposicións, 300 deles na sala Severo Ochoa, de exposicións temporais, e unha sala de proxeccións de cinema en grande formato. Ten excelentes vistas ás praias de Riazor e Orzán.

As exposicións oferecen uns 200 módulos interactivos. Ademais de fornecer información, esixen ser accionados mediante algún mecanismo, frecuentemente en forma de xogos sinxelos, para entender o seu funcionamento. As áreas temáticas denomínanse Eu (a identidade), Nós (demografía), Bioquímica e Xenética, Paisaxes (medios de exploración do corpo e imaxes microscópicas de tecidos e células), Reprodución e desenvolvemento embrionario, Sentidos, Corazón e sistema circulatorio, Comer para vivir (nutrición e sentidos do gusto e o olfacto), Sistema motor, O , Cerebro, Equilibrio, habilidades e linguaxe.

A sala de proxeccións denomínase Leonardo da Vinci. As proxeccións son de grande formato (8/70) magnavisión sobre unha pantalla de 80 m2. Conta cunha potencia de 7.000 vatios de luz e 4.000 de son, con 17 altofalantes.

En 2015 inaugurouse a sala Maker, dedicada á robótica.[2]

Expedición Balmis

Como lembranza da Real Expedición Filantrópica da Vacina, expedición científica que levou a vacina da varíola a América, inaugurouse un monumento na balconada do museo.[3]

Galería de imaxes

Vexa o artigo principal en Galería de imaxes da Casa do Home
Domus2

Fachada que dá á Enseada do Orzán

Cabeza do vixilante da entrada da Domus, Botero

Cabeza do vixilante da entrada da Domus, Botero

Obra de Botero, Exterior da Domus, A Coruña

Obra de Botero

Entrando na Domus, A Coruña

Entrando na Domus

Homenaxe aos membros da expedición Balmis na Casa do Home da Coruña
Vicente Ferrer 7 anos, Isabel Zendal Gómez
Vicente Ferrer, 7 anos
Juan Antonio 5 anos, Isabel Zendal Gómez
Juan Antonio, 5 anos
Antonio Veredia 7 anos, Isabel Zendal Gómez
Antonio Veredia, 7 anos
Pascual Aniceto 3 anos, Isabel Zendal Gómez
Pascual Aniceto, 3 anos
José Manuel María 6 anos, Isabel Zendal Gómez
José Manuel María, 6 anos
Gerónimo María 7 anos, Isabel Zendal Gómez
Gerónimo María 7 anos
Francisco Antonio 9 anos, Isabel Zendal Gómez
Francisco Antonio, 9 anos
Francisco Florencio 5 anos, Isabel Zendal Gómez
Francisco Florencio, 5 anos
Nome descoñecido, Isabel Zendal Gómez
Nome descoñecido
Cándido 7 anos, Isabel Zendal Gómez
Cándido, 7 anos
Tomás Melitón 3 anos, Isabel Zendal Gómez
Tomás Melitón, 3 anos
Balcón homenaxe á expedición Balmis, domus A Coruña
Balcón Balmis na casa do home da Coruña, homenaxe ás persoas da expedición.
Juan Francisco 9 anos, Isabel Zendal Gómez
Juan Francisco, 9 anos
Clemente 6 anos, Isabel Zendal Gómez
Clemente, 6 anos
José 3 anos, Isabel Zendal Gómez
José, 3 anos
Andrés Naya 8 anos, Isabel Zendal Gómez
Andrés Naya, 8 anos
Domingo Naya 6 anos, Isabel Zendal Gómez
Domingo Naya, 6 anos
Manuel María 3 anos, Isabel Zendal Gómez
Manuel María, 3 anos
Martín 3 anos, Isabel Zendal Gómez
Martín, 3 anos
Benito 9 anos, Isabel Zendal Gómez
Benito, 9 anos
Jacinto 3 anos, Isabel Zendal Gómez
Jacinto, 3 anos
Vicente María Sale y Bellido 3 anos, Isabel Zendal Gómez
Vicente María Sale
y Bellido, 3 anos
José Jorge Nicolás de los Dolores 3 anos, Isabel Zendal Gómez
José Jorge Nicolás
de los Dolores, 3 anos
Isabel Zendal Gómez placa na casa do home A Coruña
Isabel Zendal Gómez
Placa aos membros da expedición Balmis
Membros da expedición

Notas

  1. Arquivo da TVG
  2. Concello da Coruña
  3. Rivera, Alicia (3 de decembro de 2003). "A Coruña recuerda a los 22 niños que llevaron la vacuna de la viruela a América". El País (en castelán). Consultado o 1 de marzo de 2016.

Véxase tamén

Ligazóns externas

A Coruña

A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia e bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. O concello da Coruña ten 244.850 habitantes (2018); é o segundo municipio con maior poboación de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².

A Coruña é sede do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, da Delegación do Goberno en Galicia, da Real Academia Galega, do Arquivo do Reino de Galicia e da Forza Loxística Operativa. Dende 1563 foi sede da Real Audiencia de Galicia (permanentemente dende 1612) e foi capital de Rexión Militar ata a súa desaparición en 2002.A cidade érguese sobre un promontorio na entrada dunha ría nun amplo golfo, o Portus Magnus Artabrorum dos xeógrafos clásicos. O centro da zona urbana espállase sobre unha península unida a terra firme por un estreito istmo, no que presenta dúas fachadas marítimas distintas: a portuaria (cara á ría da Coruña), de augas tranquilas, e outra de mar aberto, cara á enseada do Orzán, onde se atopan as praias urbanas de Riazor e o Orzán.

Unha das características máis notables que identifican A Coruña constitúena as múltiples e variadas galerías ou miradoiros que presentan nas súas fachadas numerosas casas do século XIX, que deron á Coruña o sobrenome de Cidade de Cristal, sen esquecer as súas numerosas praias, así como o contorno rural, que ofrece múltiples posibilidades de lecer.

Aquarium Finisterrae

O Aquarium Finisterrae, Acuario da Fin do Mundo ou Casa dos Peixes, é un dos "Museos Científicos Coruñeses". Contén, ademais do "gabinete do Capitán Nemo", mergullado na piscina máis grande de Europa, elementos de museos que propoñen experiencias como tocar estrelas de mar ou rodaballos e coñecer onde viven os lagostinos. Tres piscinas exteriores albergan ademais focas, polbos e outras especies das costas do Atlántico europeo. Non se exhiben peixes vistosos doutras latitudes, senón o ecosistema mariño da costa galega. Foi inaugurado o 5 de xuño de 1999.

Arata Isozaki

Arata Isozaki (磯崎新) nado en Oita (Kyūshū) o 23 de xullo de 1931, é un arquitecto xaponés.

Cala dos Mouros

A Cala dos Mouros ou praia de Area de Concha é unha praia situada na Coruña.

É unha pequena praia duns 32 metros, situada moi próxima á praia de Adormideiras.

Esta localizada no Campo da Rata e xunto a ela atópase o antigo cemiterio "mouro". Na cala é habitual a práctica do nudismo.

Casa das Ciencias

A Casa das Ciencias é un dos Museos Científicos Coruñeses. Está situado no Parque de Santa Margarida. Contén, entre outras cousas, módulos para experimentar fenómenos sorprendentes, unha incubadora onde se poden ver nacer pitiños de galiña, exposicións e un planetario que ofrece programas en directo e gravados. Concibiuse como un lugar para se divertir coa ciencia e Umberto Eco cualificouno de museo máis formidable do mundo.

Casa do Sol

A Casa do Sol é un edificio situado na cidade da Coruña, na esquina da rúa Sol coa avenida Pedro Barrié de la Maza, fronte á praia do Orzán.

Foi deseñado por Pedro Mariño en 1903, e nun primeiro momento foi dedicado a tratar doenzas como a tuberculose. Actualmente é propiedade do concello da Coruña, e nel ten a súa sede a Comisión de Festas da cidade.

Castro de Elviña

O Castro de Elviña é un castro galaico, posteriormente romanizado pertencente á coñecida como Cultura castrexa do noroeste peninsular. Está situado na parroquia de San Vicenzo de Elviña, próximo ao actual Campus de Elviña da Universidade da Coruña, nunha pequena elevación que domina as terras dos vales de Elviña e Mesoiro, no concello da Coruña.

Convento de San Domingos da Coruña

O convento de San Domingos é un convento da Orde dos Predicadores situado na cidade vella da Coruña.

César Portela

César Portela Fernández-Jardón, nado en Pontevedra o 18 de abril de 1937, é un arquitecto galego.

Igrexa de San Cristovo das Viñas

A igrexa de San Cristovo das Viñas é un templo relixioso situado na parroquia homónima da Coruña.

Museo da Electricidade

O Museo da electricidade é un espazo que mostra a historia da electricidade en Galicia, nel expóñense máquinas e obxectos de empresas eléctricas. Tamén se expoñen maquetas de distintas instalacións eléctricas de Galicia. Comparte edificio co Museo de Arte Contemporánea Unión Fenosa.

Museo de Belas Artes da Coruña

O Museo de Belas Artes da Coruña, de titularidade autonómica, é unha edificación moderna que se asenta no antigo convento das Capuchinas.

Museo do Reloxo da Coruña

O museo do Reloxo da Coruña alberga unha colección de reloxos formada a partir das 82 pezas doadas ao concello da Coruña por Antonio Ríos Mosquera. Está situado no Palacio Municipal de María Pita.

Museos Científicos Coruñeses

Os Museos Científicos Coruñeses son un servizo do Concello da Coruña que abrangue tres centros, a Casa das Ciencias, a Domus (Casa do Home) e o Aquarium Finisterrae, que se sitúan en diferentes lugares da cidade.

O seu obxectivo é a divulgación, comunicación e educación científica e tecnolóxica dos cidadáns de todas as idades. Organiza exposicións, conferencias, premios, cursiños, proxeccións, edicións, e colabora cos medios de comunicación nas tarefas de difusión científica. Tamén participa no desenvolvemento e creación de reunións, foros e congresos.

Nas súas instalacións pretende crear entretemento e ambientes distendidos onde os visitantes se familiarizaren coa ciencia. Ofrece oportunidades para a diversión e máis o xogo, buscando a educación en valores, aptitudes e procedementos científicos, e vencellándoos a outros máis xerais coma os de solidariedade, tolerancia, racionalidade, respecto e protección do medio.

Praia de Adormideiras

A praia de Adormideiras, cala da Cuncha ou praia do Grelle é un pequeno areal urbano situado ó norte da Coruña.

Está composta por area fina e é estreita. Está exposta a unha ondada moderada.

Pódese chegar a ela a través das liñas de autobuses 3, 3A e 5. Está prohibido o acceso con animais.

Praia de Riazor

A praia de Riazor é unha praia urbana da cidade da Coruña. Conta coa distinción de Bandeira Azul, como tamén a súa continuación cara ao nordés, a praia do Orzán.

Praia de San Roque

A Praia de San Roque é unha pequena praia urbana da Coruña situada en San Roque de Fóra, ó oeste de Riazor. Zona rochosa. Ten area fina e está resgardada do vento.

Praia do Orzán

A praia do Orzán é unha praia urbana da cidade da Coruña situada na enseada do Orzán, xunto ao paseo marítimo.

Praza das Bárbaras

A praza das Bárbaras é unha praciña situada na Cidade Vella da Coruña na que se atopa un convento das clarisas. Confórmana dous muros exteriores do convento das Madres Clarisas, está adornada con acacias e conta cun cruceiro no centro. Foi declarada conxunto histórico-artístico o 11 de marzo de 1971.

Lugares de interese da Coruña
Lugares senlleiros
Museos
Artes escénicas e da imaxe
Espazos naturais
Outros lugares

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.