Casa de moeda

"Ceca" redirixe aquí. Para outros usos véxase: Ceca (homónimos).
Mittelalterliche Werkstatt
Xilografía do século XVI, na que Maximiliano I aprende a cuñaxe nunha casa de moeda[1]

Unha casa de moeda, coñecida tamén como ceca (do árabe: sikkah, "casa de moeda") ou obradoiro monetario, entre outros, é un establecemento fabril dedicado á fabricación de moeda, habitualmente polo método da cuñaxe, ben dun xeito artesanal ou ben de maneira Industrial, en función da época.[2][3][4]

Historia

Evolución da actividade nas casas de moeda

Artigo principal: Cuñaxe.
Muenzschlaeger 228364963
Baixorrelevo en Rostock, Alemaña, que reproduce a cuñaxe a martelo nunha casa de moeda

A fabricación de moeda nos seus inicios foi un proceso artesán, a golpe de martelo sobre discos metálicos recortados á man con tesoiras.[5] En épocas grega e romana as técnicas avanzaron en certa medida, aínda que eran substancialmente as mesmas, e non foi ata o século XVI, coa instalación nas casas de moeda da primeira maquinaria, cando o proceso de cuñaxe coñeceu un verdadiro avance.[6]

A cuñaxe de moeda foi habitualmente un privilexio dos monarcas. As casas reais posuían as súas propias cecas, que inicialmente consistían en pequenos obradoiros de gravadores e ferreiros, en ocasións de carácter itinerante, que viaxaban coa corte.[7]

Na península Ibérica, os musulmáns utilizaban nas súas casas de moeda técnicas máis avanzadas durante a Idade Media, sobre todo nas súas cecas principais de Córdoba e Medina Azahra, e influíron moi notablemente no desenvolvemento da actividade, particularmente cando os reis cristiáns retomaron o poder.[8]

1831 coining press (M.A.N. 1873-22-19) 01
Prensa de cuñaxe utilizada nunha casa de moeda

O rei castelán-leonés Afonso VI deu un paso importante na modernización do proceso de cuñaxe, coa creación de dúas casas de moeda estables, en Toledo e en León, onde cuñou ao seu nome moedas con valor dun diñeiro nunha aliaxe popuco común ata a época, denominada billón, á base de prata e cobre, que foi moi utilizada nas emisións de moeda miúda dos reinos cristiáns.[9]

As cecas eran adoito estables á fin do período medieval, mais, así e todo, seguían a semellar máis obradoiros artesanais que importantes fábricas de diñeiro. En 1553, o calcógrafo francés Antoine Brucher inventou o laminador, unha máquina accionada por un muíño que fabricaba láminas de metal dun grosor constante facendo pasar lingotes varias veces entre dous cilindros ou rolos de metal duro. Esta innovación, xunto coa da chamada prensa de volante, coa que se lograba inicialmente o recorte de discos uniformes e, nun segundo momento, a cuñaxe dos discos grazas á inercia provocada por un gran volante, supuxeron o abandono da cuñaxe a martelo nas casas de moeda e o inicio do proceso industrial de produción de moeda.[10] Esas primeiras máquinas, de considerables dimensións, tiñan que ser instaladas en instalacións máis grandes que os tradicionais obradoiros.[11][12]

Pincerno Hamburg-Meiendorf 011
A casa de moeda de Hamburgo

A partir destas invencións e, particularmente, cos avances achegados pola Revolución Industrial, comezaron a sucederse a melloras no proceso. Cara a 1790, os industriais ingleses Matthew Boulton e James Watt inventaron unha nova prensa movida por vapor na súa fábrica de Soho, en Birmingham, que daba un rendemento de 50 pezas por minuto.[13] Probada inicialmente polos comerciantes franceses irmáns Monneron, o uso da nova prensa xeneralizouse na Royal Mint de Inglaterra, a partir de 1805.[14] En 1817, o alemán Uhlhorn perfeccionou o modelo ata chegar a lograr un rendemento de 100 moedas cuñadas por minuto.[15] E un novo paso deuno en 1830 o enxeñeiro suízo Jean Pierre Droz, quen introduciu no sistema a posibilidade de cuñar tamén o canto da moeda, de xeito simultáneo ao do anverso e o reverso.[16][17]

O avance máis recente na evolución dos métodos utilizados nas casas de moeda produciuse no inicio do século XX, cando a electricidade substituíu o vapor como sistema para mover as prensas. Ademais, os avances da electrónica e da informática, o deseño asistido por computador e o control numérico computerizado aplicado á elaboración dos cuños, así como a incorporación de novos materiais, fixeron que a produtividade chegase a cantidades como as 800 pezas por minuto nas factorías máis modernas, como a fábrica da Monnaie de Paris en Pessac ou a Fábrica Nacional de Moneda y Timbre de España.[18][19][20]

Cuartel de San Domingos
Cuartel de San Domingos, sede da Real Casa da Moeda da Coruña

Casas de moeda de Galicia ao longo da historia

Artigo principal: Moeda cuñada en Galicia.
Ceca Xubia 00 08 SMALL
Instalacións da Real Casa da Moeda de Xuvia (á dereita), ao pé do Río Xuvia
Rúa da Moeda Vella. Santiago de Compostela. Galiza
Rúa da Moeda Vella, onde é probable que estivese a antiga casa de moeda de Santiago de Compostela

O primeiro obradoiro monetario que funcionou en territorio galego tivo carácter itinerante na contorna da cidade de Lugo, e nel cuñáronse ases, dupondios e outros valores de bronce do sistema monetario romano durante as Guerras Cántabras, a nome de Octavio Augusto, en torno ao ano 25 a. de C.[21][22][23]

Xa en época da dominación visigoda, establecéronse en Galicia pequenos establecementos monetarios de carácter artesanal onde se cuñaron moedas de ouro chamadas tremissis. Algúns dos coñecidos estaban situados en localidades como Arros (Arón, Cedeira), Aurense (Ourense), Aviono (Avión), Bergancia (Betanzos), Catora (Catoira), Giorres (Valdeorras), Inceio (O Incio), Iria (Santiago de Compostela), Lucu (Lugo), Pincia (Pinza), Tornio (Torroña), Tude (Tui), Fraucello e outras de atribución incerta.[24][25]

Durante a Idade Media foi moi salientable a actividade da ceca de Santiago de Compostela, que se establece no reinado de Afonso VI a finais do século XI, e, particularmente, a Real Casa da Moeda da Coruña, que estendeu a súa actividade ata o século XVII, durante o reinado de Carlos II.[26][27] En tanto que a localización da ceca compstelá se descoñece (aínda que dá algunha pista a existencia da "rúa da Moeda Vella"), o derradeiro edificio ocupado polo establecemento coruñés foi o do posterior Cuartel de San Domingos.[28][29] Aínda que con carácter máis excepcional, na Idade Media cuñáronse tamén moedas en casas de moeda establecidas en Lugo (séculos XI e XII), en Tui e en Milmanda, a nome do rei portugués Fernando I (século XIV), e tamén probablemente en Ourense (século XII).[30][31][32]

Xunto co taller coruñés, cuñou tamén moeda en Galicia durante a Idade Moderna a Real Casa da Moeda de Xuvia, situada nunha fábrica de cobrería entre os concellos de Neda e Narón. Nesta casa de moeda, a derradeira das existentes en Galicia, cuñáronse moedas de cobre durante os reinados de Fernando VII e de Isabel II, entre 1811 e 1868.[33][34][35][36]

A ceca na cultura popular

A palabra "ceca" deu lugar a unha frase feita que, con variantes, se estende por todas as linguas románicas peninsulares: "da ceca para a Meca" ou "de ceca en Meca" (en galego), "de la ceca a la Meca" ou "de ceca en meca" (en castelán), "ir de seca a Meca" (en portugués) e "córrer la seca, la Meca i la vall d'Andorra" (en catalán). En todos os casos, o sentido é o de ir dun sitio para o outro, de aquí para aló.[37][38][39][40][41]

Casas de moeda oficiais en funcionamento no mundo

País Nome Fundación Notas
Flag of Germany.svg Alemaña Staatliche Münzen Baden-Württemberg ("Ceca Estatal de Baden-Wurtemberg") 1998 [42]
Flag of Germany.svg Alemaña Bayerisches Hauptmünzamt ("Ceca Central de Baviera") 1158 [43]
Flag of Germany.svg Alemaña Staatliche Münze Berlin ("Ceca Estatal de Berlín") 1750 [44]
Flag of Germany.svg Alemaña Hamburgische Münze ("Ceca de Hamburgo") 834 [45]
Flag of Argentina.svg Arxentina Casa de Moneda de la República Argentina 1875 [46]
Flag of Australia.svg Australia Perth Mint ("Casa da Moeda de Perth") 1899 [47]
Flag of Australia.svg Australia Royal Australian Mint ("Real Casa da Moeda de Australia") 1965 [48]
Flag of Austria.svg Austria Münze Österreich ("Casa da Moeda de Austria") 1194 [49]
Flag of Belgium.svg Bélxica Monnaie Royale de Belgique / Koninklijke Munt van België ("Real Casa da Moeda de Bélxica") 1291 [50]
Flag of Brazil.svg Brasil Casa da Moeda do Brasil 1694 [51]
Flag of Bulgaria.svg Bulgaria Монетен двор ("Casa da Moeda") 1952 [52]
Flag of Canada.svg Canadá Royal Canadian Mint / Monnaie royale canadienne ("Real Casa da Moeda de Canadá") 1908 [53]
Flag of Kazakhstan.svg Casaquistán Қазақстан теңге сарайы ("Casa da Moeda de Casaquistan") 1992 [54]
Flag of the Czech Republic.svg Chequia Česká mincovna ("Casa da Moeda de Chequia") 1993 [55]
Flag of Chile.svg Chile Casa de Moneda de Chile 1743 [56]
Flag of the People's Republic of China.svg China Zhōngguó Yìnchāo Zàobì Zǒnggōngs ("Corporación Chinesa de Impresión e Cuñaxe de Moeda") 1949 [57]
Flag of Zimbabwe.svg Cimbabue Fidelity Printers and Refiners 1966 [58]
Flag of Colombia.svg Colombia Casa de Moneda de Colombia 1621 [59]
Flag of South Korea.svg Corea do Sur 한국조폐공사 - KOMSCO ("Corporación de Cuñaxe e Impresión de Seguridade de Corea") 1951 [60]
Flag of Costa Rica.svg Costa Rica Casa de Moneda de Costa Rica 1936 [61]
Flag of Croatia.svg Croacia Hrvatski novčarski zavod ("Instituto Monetario Croata") 1993 [62]
Flag of Cuba.svg Cuba Empresa Cubana de Acuñaciones [63]
Flag of Denmark.svg Dinamarca Den Kongelige Mønt ("Real Casa da Moeda") 1739 [64]
Flag of Slovakia.svg Eslovaquia Mincovňa Kremnica ("Casa da Moeda de Kremnica") 1328 [65]
Flag of Spain.svg España Fábrica Nacional de Moneda y Timbre - Real Casa de la Moneda 1893 [66]
Flag of the United States.svg Estados Unidos United States Mint - Washington ("Casa da Moeda dos EEUU") 1792 [67]
Flag of the United States.svg Estados Unidos Philadelphia Mint ("Casa da Moeda de Filadelfia") 1792
Flag of the United States.svg Estados Unidos Denver Mint ("Casa da Moeda de Denver") 1906
Flag of the United States.svg Estados Unidos San Francisco Mint ("Casa da Moeda de San Francisco") 1854
Flag of the United States.svg Estados Unidos West Point Mint ("Casa da Moeda de West Point") 1974
Flag of the Philippines.svg Filipinas Bangko Sentral ng Pilipinas ("Banco Central de Filipinas") 1993 [68]
Flag of Finland.svg Finlandia Suomen Rahapaja ("Casa da Moeda Finlandesa") 1860 [69]
Flag of France.svg Francia Monnaie de Paris ("Casa da Moeda de París") 864 [70]
Flag of Greece.svg Grecia Bank of Greece ("Banco de Grecia") 1927 [71]
Flag of Hungary.svg Hungría Magyar Pénzverő ("Casa da Moeda de Hungría") 1328 [72]
Flag of India.svg India India Government Mint -Bombai- ("Casa da Moeda do Goberno da India") 1829 [73]
Flag of India.svg India India Government Mint -Calcuta- ("Casa da Moeda do Goberno da India") 1757
Flag of India.svg India India Government Mint -Hyderabad- ("Casa da Moeda do Goberno da India") 1803
Flag of India.svg India India Government Mint -Noida- ("Casa da Moeda do Goberno da India") 1988
Flag of Indonesia.svg Indonesia Perum Percetakan Uang Republik Indonesia ("Compañía de Impresión e Cuñaxe da República de Indonesia") 1971 [74]
Flag of Iran.svg Irán سازمان تولید اسکناس و مسکوک ("Organización de Impresión e Cuñaxe de Moeda") 1877 [75]
Flag of Iraq.svg Iraq البنك المركزي العراقي ("Banco Central de Irak") [76]
Flag of Ireland.svg Irlanda Currency Centre - Irish Mint ("Centro de Moeda - Casa da Moeda Irlandesa") 1978 [77]
Flag of Iceland.svg Islandia Seðlabanki Íslands ("Banco Central de Islandia") 1961 [78]
Flag of Italy.svg Italia Istituto Poligrafico e Zecca dello Stato ("Instituto Poligráfico e Ceca do Estado") 1928 [79]
Flag of Lesotho.svg Lesoto Central Bank of Lesotho ("Banco Central de Lesoto") 1978 [80]
Flag of Lithuania.svg Lituania Lietuvos monetų kalykla ("Casa de Moeda de Lituania") 1990 [81]
Flag of Luxembourg.svg Luxemburgo La Banque et Caisse d'Epargne de L'Etat ("Banca e Caixa de Aforros do Estado") [82]
Flag of Macau.svg Macao Imprensa Oficial de Macau [83]
Flag of Malaysia.svg Malaisia Real Casa de Moeda de Malaisia 2000 [84]
Flag of Mexico.svg México Casa de Moneda de México 1535 [85]
Flag of Nigeria.svg Nixeria Nigerian Security Printing and Minting Company Limited ("Compañía Nixeriana de Impresión e Cuñaxe") 1963 [86]
Flag of Norway.svg Noruega Den Kongelige Mynt ("Real Casa da Moeda de Noruega") 1686 [87]
Flag of New Zealand.svg Nova Zelandia New Zealand Mint ("Casa da Moeda de Nova Zelandia") 1967 [88]
Flag of the Netherlands.svg Países Baixos Koninklijke Nederlandse Munt ("Real Casa da Moeda dos Países Baixos") 1567 [89]
Flag of Pakistan.svg Paquistán Pakistan Mint ("Casa da Moeda de Paquistán") 1942 [90]
Flag of Peru.svg Perú Casa Nacional de Moneda 1565 [91]
Flag of Poland.svg Polonia Mennica Polska ("Casa de Moeda de Polonia") 1766 [92]
Flag of Portugal.svg Portugal Imprensa Nacional-Casa da Moeda Século XIII [93]
Flag of the United Kingdom.svg Reino Unido Royal Mint ("Real Casa da Moeda") 886 [94]
Flag of Romania.svg Romanía Monetăria Statului ("Ceca do Estado") 1870 [95]
Flag of Russia.svg Rusia Московский монетный двор ("Casa da Moeda de Moscova") 1942 [96]
Flag of Russia.svg Rusia Санкт-Петербу́ргский моне́тный двор ("Casa da Moeda de San Petersburgo") 1724 [97]
Flag of Serbia.svg Serbia Zavod za izradu novčanica i kovanog novca Topčider ("Instituto para a Fabricación de Moedas e Billetes") 1929 [98]
Flag of Sierra Leone.svg Serra Leoa Bank of Sierra Leone ("Banco de Serra Leoa") 1963 [99]
Flag of Singapore.svg Singapur Singapore Mint ("Casa da Moeda de Singapur") 1968 [100]
Flag of Switzerland.svg Suíza Swissmint ("Casa da Moeda de Suíza") 1848 [101]
Flag of South Africa.svg Suráfrica South African Mint ("Casa da Moeda de Suráfrica") 1890 [102]
Flag of Thailand.svg Tailandia สำนักกษาปณ์ ("Real Casa da Moeda") 1860 [103]
Flag of the Republic of China.svg Taiwán Central Mint ("Casa Central de Moeda") 1920 [104]
Flag of Turkey.svg Turquía Darphane ve Damga Matbaası Genel Müdürlüğü ("Dirección Xeral da Casa de Moeda e Timbre") 1467 [105]
Flag of Ukraine.svg Ucraína Національний банк України ("Banco Central de Ucraína") 1998 [106]
Flag of the Vatican City.svg Vaticano Ufficio Filatelico e Numismatico ("Oficina Filatélica e Numismática") 1322 [107]
Flag of Venezuela.svg Venezuela Casa de la Moneda de Venezuela 1802 [108]
Flag of Japan.svg Xapón 独立行政法人造幣局 - Dokuritsu Gyōsei Hōjin Zōheikyoku ("Ceca de Xapón") 1871 [109]
Flag of Jordan.svg Xordania البنك المركزي الاردني ("Banco Central de Xordania"). 1964 [110]

Notas

  1. Treitzsaurwein, M. Der Weisskunig. Eine Erzehlung von den Thaten Kaiser Maximilians des Ersten. Leipzig, 1775. Reedición 2006. ISBN 3361006015
  2. "Ceca" en Digalego.com. Consultado o 9 de agosto de 2019.
  3. "Ceca". En Dicionário Estraviz.
  4. "Casa da moeda". En Gran dicionario Século 21 da lingua galega. Galaxia e Cumio. Vigo. 2006. Páxina 271. ISBN 84-8289-341-6
  5. "La frappe au marteau". Université de Poitiers.
  6. Wickens, J. "The production of ancient coins". Lawrence University. 1996
  7. De Francisco Olmos, J. M. (2002). Páxina 328: "en reconocimiento del señorío real, como regalía que era la acuñación monetaria, lo que justificaba su renovación al subir al trono cada nuevo rey, así como su carácter imprescriptible e inalienable".
  8. "La moneda en al-Ándalus". En Historia de las monedas.
  9. Fronchoso Sánchez, R. "Alfonso VI y las primeras monedas castellanas". En Toletum. Nº 56. Real Academia de Bellas Artes y Ciencias Históricas de Toledo. 2009.
  10. "Coining by hammer, from the origins to the XVI century". Monnaie de Paris.
  11. "La frappe à la presse". Université de Poitiers.
  12. "La frappe au balancier". Université de Poitiers.
  13. Gall, C. "Matthew Boulton: The grandfather of modern coinage". En BBC. 20 de outubro de 2014.
  14. "La machine à vapeur". En "Technique de fabrication des monnaies". Classes. Ressources Pédagogiques en Ligne. Biblioteca Nacional de Francia.
  15. "Fabrication et production. 1. Les tecniques". En Morrisson, C. (1992).
  16. Forrer, Leonard. "Droz, Jean-Pierre". En Biographical Dictionary of Medallists. Vol. I. Spink & Son Ltd. Londres. 1904.
  17. Tungate, S. "Droz's Collar. An Innovation in Minting". Soho Mint.
  18. "Modern design and minting". En Fleur-de-coin.com.
  19. "Coin Minting Process of Modern Coins". En Mintage World.
  20. "Moeda circulante. Proceso de acuñamento". Real Casa de la Moneda. FNMT.
  21. Pita Fernández (1999). "A ceca móbil de Lugo. Cuñacións galego-romanas". Páxinas 39-46.
  22. Ripollès, P. P. “Ceca del Noroeste”. En Las acuñaciones provinciales romanas de Hispania. Madrid. 2010. Páxinas 43-45.
  23. Villaronga, L. “Emisión monetaria augustea con escudo atribuible a P. Carisio y la zona norte de Hispania”. XI Congreso Nacional de Arqueología. Zaragoza. 1970. Páxinas 591-600.
  24. Pita Fernández, Ricardo Luís (1999). "Numismática galego-xermana", páxinas 20-24. "Cecas galegas da época xermana", Páxinas 47-60.
  25. Mateu y Llopis, F. "Los nombres de lugar en el numerario suevo y visigodo de Gallaecia y Lusitania". En Analecta Sacra Tarraconensia. 15. 1942.
  26. Muro Carvajal, J. (1883)
  27. Muro Carvajal, J. (1888)
  28. "La rúa da Moeda Vella de Santiago". En El Maravedí. Notas de Numismática.
  29. Malvido, G. "Las huellas de la Casa de la Moneda". En La Opinión de A Coruña. 17 de outubro de 2014.
  30. Roma Valdés, A. "La ubicación de las casas de moneda en la Europa medieval. El caso del reino de León". En XIV International Numismatic Congress, Glasgow 2009. 2011.
  31. Pita Fernández (1999). "A Real Casa da Moeda de Santiago"; "As casas de moeda de Lugo, Ourense, Tui e Milmanda"; "A Real Casa da Moeda da Coruña".
  32. Paz Bernardo, Jaime (1991).
  33. Pita Fernández, Ricardo Luís (1996).
  34. Pita Fernández, Ricardo Luís (1999). "A Real Casa da Moeda de Xubia"
  35. Bello Platas, Ana Isabel (2006).
  36. Bello Platas, Isabel (2014).
  37. "Da Ceca prá Meca". En Rodríguez González, E. Diccionario enciclopédico gallego-castellano. Galaxia.
  38. "Da Ceca para a Meca". En Dicionario da Real Academia Galega.
  39. "De la ceca a la meca". En Diccionario de la Real Academia Española.
  40. Valls, À.; Carol, R. "Córrer la Seca, la Meca i la vall d'Andorra: uns llocs que no se sap on són". En Llegendes d'Andorra. Vol 1. Contes i llegendes. L'Abadia de Montserrat, 2010. Páxinas 26 e seguintes. ISBN 9788498833409
  41. "Ir de seca a meca". En Dicionarioinformal.com.br
  42. "Sitio web da Staatliche Münzen Baden-Württemberg".
  43. "Sitio web da Bayerisches Hauptmünzamt". Arquivado dende o orixinal o 26 de xaneiro de 2019.
  44. "Sitio web da Staatliche Münze Berlin".
  45. "Sitio web da Hamburgische Münze".
  46. "Sitio web da Casa de Moneda de la República Argentina".
  47. "Sitio web da Perth Mint".
  48. "Sitio web da Royal Australian Mint".
  49. "Sitio web da Münze Österreich".
  50. "Sitio web da Monnaie Royale de Belgique / Koninklijke Munt van België".
  51. "Sitio web da Casa da Moeda do Brasil".
  52. "Sitio web da "Casa da Moeda de Bulgaria"".
  53. "Sitio web da Royal Canadian Mint / Monnaie royale canadienne". Arquivado dende o orixinal o 07 de decembro de 2018.
  54. "Sitio web da Ceca de Casaquistán".
  55. "Sitio web da Česká mincovna".
  56. "Sitio web da Casa de Moneda de Chile".
  57. "Sitio web da "Corporación Chinesa de Impresión e Cuñaxe de Moeda"".
  58. "Sitio web común de Fidelity Printers and Refinery, Zimbabue".
  59. "Sitio web da Casa de Moneda de Colombia".
  60. "Sitio web da Corporación de Cuñaxe e Impresión de Seguridade de Corea".
  61. "Perfil en Facebook da Casa de Moneda de Costa Rica".
  62. "Sitio web do "Instituto Monetario Croata"".
  63. "Sitio web do Banco Central de Cuba".
  64. "Sitio web da Den Kongelige Mønt".
  65. "Sitio web da Mincovňa Kremnica".
  66. "Sitio web da Fábrica Nacional de Moneda y Timbre - Real Casa de la Moneda".
  67. "Sitio web común de United States Mint, Philadelphia Mint, Denver Mint, San Francisco Mint e West Poin Mint".
  68. "Sitio web do Bangko Sentral ng Pilipinas".
  69. "Sitio web da Suomen Rahapaja".
  70. "Sitio web da Monnaie de Paris".
  71. "Sitio web do Bank of Greece". Arquivado dende o orixinal o 22 de decembro de 2018.
  72. "Sitio web da Magyar Pénzverő".
  73. "Sitio web da India Government Mint, común para os establecementos de Bombai, Calcuta, Hyderabad e Noida".
  74. "Sitio web da Perum Percetakan Uang Republik Indonesia".
  75. "Sitio web da Organización de Impresión e Cuñaxe de Moeda".
  76. "Sitio web do Banco Central de Iraq".
  77. "Sitio web da Irish Mint".
  78. "Sitio web do Seðlabanki Íslands".
  79. "Sitio web do Istituto Poligrafico e Zecca dello Stato".
  80. "Sitio web do Central Bank of Lesotho".
  81. "Sitio web da Lietuvos monetų kalykla".
  82. "Sitio web de La Banque et Caisse d'Epargne de L'Etat".
  83. "Sitio web da Imprensa Oficial de Macau".
  84. "Sitio web da Real Casa da Moeda de Malaisia". Arquivado dende o orixinal o 15 de decembro de 2007.
  85. "Sitio web da Casa de Moneda de México".
  86. "Sitio web da Nigerian Security Printing and Minting Company Limited".
  87. "Sitio web da Kongelige Mynt". Arquivado dende o orixinal o 04 de xullo de 2017.
  88. "Sitio web da New Zealand Mint".
  89. "Sitio web da Koninklijke Nederlandse Munt".
  90. "Perfil en Facebook da Pakistan Mint".
  91. "Sitio web da Casa Nacional de Moneda de Perú".
  92. "Sitio web da Mennica Polska".
  93. "Sitio web da Imprensa Nacional-Casa da Moeda de Portugal".
  94. "Sitio web da Royal Mint".
  95. "Sitio web da Monetăria Statului de Romanía".
  96. "Sitio web da Casa da Moeda de Moscova".
  97. "Sitio web da Casa da Moeda de San Petersburgo".
  98. "Sitio web da ceca de Serbia".
  99. "Sitio web do Bank of Sierra Leone".
  100. "Sitio web da Singapore Mint".
  101. "Sitio web da Swissmint".
  102. "Sitio web da South African Mint".
  103. "Sitio web da Real Casa da Moeda de Tailandia".
  104. "Sitio web da Central Mint".
  105. "Sitio web da Casa de Moeda e Timbre de Turquía".
  106. "Sitio web do Banco Central de Ucraína".
  107. "Sitio web común do Ufficio Filatelico e Numismatico do Vaticano".
  108. "Sitio web común da Casa de la Moneda de Venezuela".
  109. "Sitio web da Ceca de Xapón".
  110. "Sitio web do Banco Central de Xordania".

Véxase tamén

Outros artigos

Bibliografía

Ligazóns externas

Casa da Moeda Real de Bélxica

Para outros artigos con títulos relacionados, véxase a páxina de homónimos Real Casa da Moeda

A Casa da Moeda Real de Bélxica (en francés: Monnaie royale de Belgique -MRB-; en neerlandés: Koninklijke Munt van België -KMR-) foi o establecemento público do Reino de Bélxica encargado da cuñaxe de moeda ata o cesamento da súa actividade en 2017.A Casa da Moeda Real de Bélxica data de 1832. Con anterioridade etablecérase, xa en 1567, a ceca dos Países Baixos, coa denominación de Munthuis ("Casa da Moeda") na cidade de Utrecht. Desde 1815, só se lle permitiu a esta ceca a cuñaxe das moedas do Reino Unido dos Países Baixos, xunto coa súa sucursal independente en Bruxelas. Logo da secesión belga en 1830, a casa da moeda de Utrecht mantívose como a única institución nos Países Baixos autorizada para cuñar moedas, en tanto que a sucursal de Bruxelas se converteu na Casa da Moeda Real de Bélxica.As moedas producidas nesta factoría eran logo distribuídas polo Banco Nacional de Bélxica.

Na súa condición de empresa estatal, a ceca belga dependeu da Administración do Tesouro (Administration de la Trésorerie), baixo a autoridade do Ministerio das Finanzas.

Os seus eidos de actividade foron:

A cuñaxe das moedas belgas en circulación e as de colección.

A cuñaxe de moedas por encarga doutros países.

A cuñaxe de medallas e fichas de diversos tipos.O edificio que albergou a Monnaie royale de Belgique está en Bruxelas, entre a estación Central e a estación do Norte, preto da Torre das finanzas (Tour des Finances).

O 23 de outobro de 2017, a Casa Real de Moeda de Bélxica realizou as súas derradeiras cuñaxes, xa que a partir desa data o Goberno belga decidiu encomendar a produción das súas moedas a unha compañía privada.O 16 de maio de 2018, a prensa belga anunciou a emisión dunha moeda de 2,5 euros en latón coa imaxe do equipo nacional de fútbol do país, non cuñada por unha sociedade privada, senón pola Real Casa da Moeda dos Países Baixos, que será a encargada de realizar todas as cuñaxes conmemorativas de Bélxica.

Casa de Moeda de Colombia

A Casa de Moeda de Colombia foi unha ceca, fundada polo enxeñeiro militar español Alonso Turrillo de Yebra no século XVII. No presente, alberga a colección numismática e de arte do Banco da República. Atópase na rúa 11 con carreira 4, no barrio colonial de La Candelaria no centro de Bogotá. En 1975 foi declarada monumento nacional.

Ceca (homónimos)

A palabra ceca pode estar referida a:

Ceca ou casa de moeda, establecemento de cuñaxe de moeda;

Ceca de Colombia ou Casa de Moneda de Colombia;

Ceca da Coruña ou Real Casa da Moeda da Coruña;

Ceca de Lucus Augusti;

Ceca de Madrid ou Fábrica Nacional de Moneda y Timbre - Real Casa de la Moneda;

Ceca de París ou Monnaie de Paris;

Ceca de Santiago de Compostela;

Ceca de Xuvia; ou Real Casa da Moeda de Xuvia;

Ceca, nome alternativo da cantante serbia Svetlana Ražnatović.

Ceca de Soho

A ceca de Soho (en inglés: Soho Mint) foi unha fábrica dedicada á cuñaxe de moeda instituída polo industrial británico Matthew Boulton en 1788, nos albores da Revolución Industrial, no seo da súa empresa Soho Manufactory, na contorna de Birmingham, en Inglaterra. A ceca, instalada nas mesmas instalacións da factoría de Boulton, contaba con oito máquinas de deseño propio, movidas por un motor de vapor, capaces de cuñar entre 70 e 84 moedas por minuto.

Cuñaxe

No ámbito numismático, a cuñaxe é o proceso de fabricación de moedas mediante estampaxe de metais utilizando cuños, que poden ser utilizados á man ou mediante maquinaria. Oponse, xa que logo, á obtención de moeda en moldes con fundición do metal, característica das emisións dos primeiros séculos.Un cuño monetario é cada unha das dúas pezas metálicas utilizadas para a cuñaxe de moeda, unha para os motivos do anverso e outra para os do reverso, que aparecen impresos en negativo.Os cuños actuais, elaborados con aceiro endurecido, son capaces de cuñar centos de milleiros de pezas antes de seren retirados pola súa deformación.

Dólar Morgan

O dólar Morgan é un tipo de moeda de prata estadounidense con valor dun dólar cuñada entre 1878 e 1904, e novamente en 1921. Este modelo substitúe o da serie anterior, coñecida como da "Liberdade sentada" (Seated Liberty Dollar), que cesara pola aprobación da Lei de Moeda de 1873.A moeda debe o seu nome ao responsable do seu deseño, o gravador auxiliar da Casa de Moeda dos Estados Unidos (US Mint) George T. Morgan.En 2006, o deseño do reverso dos dólares Morgan foi utilizado para a cuñaxe dun dólar de prata conmemorativo do antigo edificio da ceca de San Francisco.

Dólar do Caribe Oriental

O dólar do Caribe Oriental (en inglés, East Caribbean Dollar) é a moeda oficial en 6 estados independentes pertencentes á Organización dos Estados do Caribe Oriental (Antiga e Barbuda, Dominica, Granada, Saint Kitts e Nevis, Santa Lucía e San Vicente e as Granadinas) e dous territorios do Reino Unido (Anguila e illa Montserrat) que se encontran localizados no mar Caribe.

O código ISO 4217 para o dólar do Caribe Oriental é XCD e comunmente é representado como EC$. Subdivídese en 100 cents ou céntimos. Hai en circulación moedas de 1, 2, 5, 10 e 25 cents e 1 dólar, e billetes de 5, 10, 20, 50 e 100 dólares.

Fénix (moeda)

O fénix ou phoenix (do grego: φοίνιξ) foi a primeira unidade monetaria da Grecia moderna, vixente entre 1828 e 1832, cando foi substituído polo dracma, e dividido en 100 lepta (sing. leptón).Tomou o seu nome da mítica ave fénix, como símbolo do rexurdimento de Grecia durante a súa guerra de independencia, que aínda persistía.

Marca de ceca

Unha marca de ceca é, no ámbito da numismática, unha letra, unha inscrición, un monograma, un símbolo ou calquera outro sinal presente nunha moeda ou nunha medalla e que serve como indicación da ceca ou casa de moeda onde esta foi cuñada.

Medalla

Aínda que tanto na forma como no material existen múltiples excepcións, as medallas tenden a ser discos metálicos, similares en aparencia ás moedas, aínda que usualmente de maior diámetro e relevo pronunciado.

Esta voz ten a súa orixe na latina Metallum e así chamamos a aquelas pezas antigas, que segundo a máis corrente opinión, eran a moeda, que se usaba nos seus respectivos tempos. Iso é certo fóra daquelas que en Italia e noutras partes chámanse Medallóns, as cales verosimilmente non eran moedas, senón daquelas arreboladizas que se adoitan ver e esparexer ao pobo nas aclamacións dos reis ou son fabricadas con ocasión dalgún gran suceso e repártense como dons.As medallas son emitidas con diversos fins e así existen:

As emitidas con propósitos puramente artísticos (afíns usualmente ás plaquetas).

As conmemorativas ou de recordo.

As que outorga unha organización por servizos distinguidos nun campo específico (como o premio Nobel).

As que se outorgan como premio nun evento ou competición (como as medallas olímpicas).

As que outorga un goberno por servizos ao país, que se ostentan prendidas ao peito ou colgadas ao pescozo; estritamente falando isto se refire só a medallas de aparencia similar a unha moeda, pero informalmente esténdese tamén á condecoración militar.

As de culto relixioso, usualmente cun aro que permite colgalas.O estudo das medallas, a súa autenticidade, orixe, clasificación etc., constitúe o obxecto da medallística, unha rama da numismática. No Renacemento chamábanse "medallas" a todas aquelas moedas da antigüidade que xa non estaban en circulación e por tanto non tiñan valor de cambio. Aínda que a forma é xeralmente redonda, con todo non faltan medallas ovais, poligonais, cadradas etc. A materia de que se compoñen é o ouro, a prata, o chumbo, o estaño, o platino, o níquel e o cobre pero tamén as hai de cristal e de barro cocido. En casos raros e especialmente durante o asedio a unha praza, fabricábanse moedas de coiro, papel ou ferro (obsidionais).

Moedas de euro de Alemaña

As moedas de euro de Alemaña teñen tres deseños diferentes: unha para cada serie de moedas. As de 1, 2 e 5 céntimos foron deseñadas por Rolf Lederbogen, o deseño das moedas de 10, 20 e 50 céntimos son de Reinhard Heinsdorff e, por último, as moedas de 1 e 2 euros foron feitas por Heinz Hoyer e Sneschana Russewa-Hoyer. Todos os deseños teñen en común as doce estrelas da UE.

Foron acuñadas a partir de 2002. Cada valor fabrícase en cinco fábricas esparexidas polo país, polo que existen cinco cuñaxes distintas cada ano que tan só se diferencian nunha letra que aparece cerca do ano. Esta letra indica a casa de moeda onde se produciu:

A: Staatliche Münze Berlin de Berlín

D: Bayerisches Hauptmünzamt de Múnic

F: Staatliche Münzen Baden-Württemberg Prägestätte Stuttgart de Stuttgart

G: Staatliche Münzen Baden-Württemberg Prägestätte Karlsruhe de Karlsruhe

J: Hamburgische Münze de HamburgoCabe destacar que as casas de cuñaxe que levaban as letras "B", "C", "E" e "H" fecharon. Estas letras correspondían ás seguintes cidades:

B: Viena

C: Frankfurt

E: Muldenhütten

H: Darmstadt

Monnaie de Paris

A Monnaie de Paris (en galego: "Casa de Moeda de París") é o establecemento público da República Francesa encargado da cuñaxe de moeda. Creada o 25 de xuño de 864, baixo o reinado de Carlos II de Francia (O Calvo), no Edicto de Pistres, é a institución francesa máis antiga en funcionamento.

Museo da Monnaie de Paris

O Museo da Monnaie de Paris (en francés: Musée de la Monnaie de Paris) tamén coñecido como Museo do 11 Conti (Musée du 11 Conti), por ser esa a súa dirección, é un museo numismático parisiense de titularidade pública pertencente á Monnaie de Paris ou fábrica nacional de moeda de Francia e instalado nun dos seus edificios, coñecido como Hôtel des Monnaies.Nel consérvanse e expóñense moedas e medallas, materiais utilizados na súa cuñaxe e espazos pedagóxicos acerca da historia as técnicas de fabricación de moeda en Francia desde as súas orixes.Pola súa vinculación coa Monnaie de Paris, o museo forma parte, entre outras federacións e entidades internacionais, da Federación Internacional da Medalla de Arte (FIDEM).

Peso mexicano

O Peso Mexicano é a moeda oficial de México.

Real Casa da Moeda dos Países Baixos

Para outros artigos con títulos relacionados, véxase a páxina de homónimos Real Casa da Moeda

A Real Casa da Moeda dos Países Baixos (en neerlandés: Koninklijke Nederlandse Munt -KNM-), radicada en Utrecht, é unha compañía de titularidade estatal, establecida como casa de moeda no século XVI e que, desde 1807, é a única entidade autorizada para a cuñaxe de moeda nese reino europeo.Desde 1815, a súa marca da ceca é un caduceo alado, que a partir de 1830 foi introducido en todas as moedas cuñadas nela.O edificio que a alberga, recoñecido polo goberno como Rijksmonument, está desde 1911 na rúa Leidseweg, próximo á canle Merwede, e foi deseñado polo arquitecto C. H. Peters en estilo neoclásico.A casa de moeda comparte sede co Museo do Diñeiro dos Países Baixos (Geldmuseum), xestionado polo Banco dos Países Baixos (De Nederlandsche Bank).

Royal Mint

Para outros artigos de títulos relacionados con Royal Mint, véxase a páxina de homónimos Real Casa da Moeda

A Royal Mint ("Real Casa de Moeda") é unha casa de moeda de titularidade pública situada en Londres que cuña as moedas do Reino Unido e doutros diversos países e territorios do mundo. Baixo o nome de Royal Mint Ltd, constitúese como unha sociedade de responsabilidade limitada propiedade do Ministerio de Finanzas (Her Majesty's Treasury) e dispón dun contrato exclusivo para a subministración de todas as moedas do Reino Unido. Ademais de cuñar moeda circulante para uso tanto nacional como internacional, a ceca tamén elabora plaquetas, moedas conmemorativas, varios tipos de medallas e lingotes de metais preciosos.A compañía exporta os seus produtos a uns 60 países ao ano, o que representa o 70 % das súas vendas totais.Formada hai máis de 1.100 anos, foi historicamente parte dunha serie de cecas que se centralizaron para producir moedas para o Reino de Inglaterra, para toda Gran Bretaña e, finalmente, para a maior parte do Imperio Británico. A ceca orixinal londiniense, da que a Royal Mint é a sucesora, estableceuse en 886 e funcionou dentro da Torre de Londres durante aproximadamente 800 anos antes de se trasladar ao que agora se chama Royal Mint Court, onde permaneceu ata a década de 1960. Coincidindo coa asunción do sistema decimal para a moeda por parte de Gran Bretaña, a casa da moeda mudouse de Londres a unha nova planta 15 hectáreas en Llantrisant, Gales, onde permanece dende entón.

En 2009, logo de se aprobaren as recomendacións para a ceca, a Royal Mint deixou de ser unha axencia executiva do Goberno e adquiriu o status de empresa estatal. Desde esa data, a casa da moeda ampliou os seus intereses comerciais ao reactivar o seu comercio de lingotes e ao desenvolver un centro de visitantes, cun custo de nove millóns de libras.

Trobadorismo

O trobadorismo é a primeira manifestación literaria da lingua galega. O seu xurdimento ocorre no século XII. As súas orixes danse na Provenza, de onde se vai espallar por practicamente toda a Europa, por mor da cruzada contra a herexía albixense, que obriga a un éxodo masivo das xentes da Provenza ou Occitania. Malia iso, a lírica medieval galego-portuguesa posúe características propias e unha gran produtividade e número considerábel de autores conservados.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.