Casa de indianos

As casas de indianos trátanse de construcións típicas nas zonas de emigrantes ás Américas. Aqueles que triunfaban enviaban cartos ó seu lugar de procedencia e construían casas dun estilo en voga daquela nas Américas, que contrastan coas da súa contorna pola riqueza de construción e formas, e que comezaron a ser chamadas así polo nome dos emigrantes ás Américas, 'indianos'[1] os cales, en moitos casos actuaron como filántropos nas súas vilas natais, construíndo escolas, prazas, parques e restaurando as igrexas locais. Unha zona típica de casas de indianos é Ribadeo e a zona da Mariña Luguesa en xeral.

Casa de indianos na mariña lucense 5
Casa de indianos na mariña lucense

Galería de imaxes

Cantonmoreno050207peq2

Torre dos Moreno, Ribadeo

Notas

  1. Definición de Indiano[Ligazón morta]

Véxase tamén

Outros artigos

Barreiros

Barreiros é un concello da provincia de Lugo, pertence á comarca da Mariña Oriental. Segundo o IGE en 2014 tiña 2994 habitantes (3244 no 2009, 3291 no 2006, 3294 no 2005, 3278 no 2004, 3323 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é barreirego ou barreirés.

Boado

O topónimo galego Boado pode referirse a:

Boado, parroquia do concello de Mesía;

Boado, parroquia do concello de Xinzo de Limia;

Boado, lugar de dita parroquia;

Boado, lugar da parroquia de Maniños no concello de Fene;

Boado, lugar da parroquia de Franza no concello de Mugardos;

A Ponte Boado, lugar da parroquia de Arceo no concello de Boimorto;

Casa de Boado, unha casa de indianos no concello de Ribadeo.

Cantón dos Moreno

O cantón dos Moreno é un lugar de Ribadeo no que está situada a Torre dos Moreno, atípica casa de indianos que data de 1911, en labores de reconstrución por mor da salinidade dos materiais empregados.

Está en curso[cando?] unha obra que unirá fisicamente o Cantón co Parque, convertendo en peonil o que hoxe é a rúa intermedia (rúa chamada de Pedro e Juan Moreno). Con anterioridade houbo proxectos como o de Salustiano Regueral (1859) ou o de Nemesio Cabreiros (1898) entre outros.

Casa (homónimos)

Casa pode referirse a:

Casa, unha construción destinada a vivenda;

Casa circular, a desta forma, característica de civilizacións antigas;

Casa de indianos, a promovida en Galicia por emigrantes en América con éxito;

Casa reitoral, a asignada pola Igrexa ao sacerdote dunha parroquia;

Casa señorial, na que residiu a persoa que lle deu nome a unha liñaxe;

Casa grande, un tipo de casa señorial;

Casa, cada un dos cadros dun taboleiro de xadrez;

Casa da Axudantía

A casa da Axudantía é unha casa de indianos situada na rúa de San Roque nº 14 de Ribadeo, nun grupo de catro casas de indianos xunto á casa de Torres, a casa de Rodríguez Blas e a casa de Andés. Do outro lado está a capela de San Roque.

Casa de Boado

A casa de Boado foi unha casa de indianos situada en Ribadeo.

Situábase na rúa de Bos Aires nº 8. Era unha casa nobre palacega de tres plantas de 140 m², con tres ocos iguais en cada planta.

Casa de Don Inocencio

A casa de Don Inocencio é unha casa de indianos situada en Rinlo, (Ribadeo). Foi mandada construír por Inocencio Vázquez Aguiar en 1912. De estilo ecléctico, conta con tres plantas (baixo e dous pisos) de 220m² (medidas polo SIXPAC).

Casa de Sela

A casa de Sela é unha casa de indianos situada en Ribadeo, construída en 1869 e polo tanto, unha das máis antigas casa de indianos da vila.É unha mansión con planta en U, duns 500 m². Conta cun extenso xardín interno con árbores xa vellas, minguado xa no século XXI pola construción na súa parte traseira dun extenso bloque de vivendas. Hai xa tempo a parte dianteira da mansión abranguía un xardín público, en transformación nestes momentos para facer nel un 'parque de Indianos'.

A mansión foi mandada construír por unha familia retornada de México, e na actualidade segue a ser casa familiar.

A súa construción chámase das construcións galegas da época, coa integración do granito entre outros elementos. Non obstante, hai documentos que indican unha certa réplica dunha casa en México. O seu xardín integra vexetación indíxena, palmera incluída. a súa galería leste é rechamante mesmo dende o exterior do cercado.

Casa do Óptico

A Casa do Óptico é unha casa de indianos situada en Ribadeo, no lugar do Xardín. Construída nun terreo de 2940 m², conta con tres plantas de 225 m² (medidas polo SIXPAC).

Casas de Indianos en Ribadeo

Ribadeo é unha zona con numerosas casas de indianos, que constitúen un atractivo turístico en alza nos comezos do S.XXI, estando en vista a construción dunha ruta temática para atracción do turismo.

Algunhas delas son:

Torre dos Moreno

Casa do Óptico

Cuartel vello

Casa da Axudantía

Casa dos enanos

Casa de Sela

Casa de Boado

Casa de Don Clemente

Casa de Torres

Casa de Rodríguez Blas

Casa de Andés

La Calzada

Casas de San Roque

Casa de Don Inocencio

Galería de imaxes da comarca da Mariña Oriental

Galería de imaxes da comarca da Mariña Oriental.

A comarca da Mariña Oriental comprende os concellos de Barreiros, A Pontenova, Ribadeo e Trabada.

Galería de imaxes de Barreiros

Galería de imaxes de Barreiros na provincia de Lugo.

Galería de imaxes de Ribadeo

Galería de imaxes do concello de Ribadeo na provincia de Lugo.

Reinante, Barreiros

Santiago de Reinante é unha parroquia do concello de Barreiros que se atopa na Mariña Oriental, no norte de Galiza. Segundo o IGE en 2011 tiña 146 habitantes (73 mulleres e 73 homes), distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 182 habitantes.

Limita coa parroquia de A Devesa (Ribadeo) ó oeste e ó sur, ó norte, co Cantábrico e ó leste con S. Miguel de Reinante, Barreiros.

A esta parroquia de Santiago de Reinante pertence parte da praia de Arealonga, onde na festividade parroquial de Santiago (o 25 de xullo) acostuma ter lugar o concurso de esculturas na area.

Ribadeo

Ribadeo é un concello da provincia de Lugo, pertence á comarca da Mariña Oriental. Segundo o IGE, a comezos de 2018 tiña 9900 habitantes (en 2015, 9929), despois de superar por primeira vez en 2011 a barreira dos 10 000 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «ribadense».

Ribadeo, Ribadeo

Santa María do Campo de Ribadeo é unha parroquia do concello de Ribadeo, situada na comarca da Mariña Oriental e no arciprestado de Ribadeo. Segundo o IGE, en 2008 tiña 6283 habitantes (2.931 homes e 3352 mulleres), 712 máis que no 2004. En épocas de grande afluencia turística, a poboación de feito pode chegar até os 20 000 habitantes. Ten unha densidade de poboación de 2731 hab./km², repartidos nunha entidade de poboación e 4 lugares.

San Miguel de Reinante, Barreiros

San Miguel de Reinante é unha parroquia que se localiza no concello de Barreiros. Segundo o IGE en 2010 tiña 690 habitantes (364 mulleres e 319 homes), distribuídos en 21 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 693 habitantes.

Torre dos Moreno

A torre dos Moreno é unha casa de indianos situada en Ribadeo, na praza de España e na rúa de Ibáñez, no Ben de Interese Cultural (BIC) do conxunto histórico da Vila de Ribadeo e BIC por si mesmo. Foi mandada construír por Pedro e Juan Moreno Ulloa en 1915 e deseñada polo arquitecto Julián García Núñez e o enxeñeiro Ángel Ardex. Cun certo aquel ecléctico, pódese considerar de estilo modernista, cimentado sobre unha estrutura mixta de formigón e ferro. Con anterioridade a 1915, ocupaba o lugar a chamada "Torre Julia" ou "Torre da Fortaleza", resto da antiga fortaleza de Ribadeo.Dende 1997, o edificio ten a consideración de Ben de Interese Cultural.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.