Casa de Trastámara

A casa de Trastámara foi unha dinastía de reis de orixe castelá. Os seus membros reinaron na coroa de Castela (de 1369 até 1504), en Aragón (de 1412 até 1516), en Navarra (de 1425 até 1479), e en Nápoles (de 1458 até 1501).

A casa colle o seu nome do condado de Trastámara, no noroeste de Galiza, título que tiña antes o rei Henrique II de Castela.

A casa de Trastámara reinou en Aragón polo Compromiso de Caspe (1412) e substituíu a casa de Aragón despois da morte de Martiño I o Humano cando houbo un período de interregno onde se puido chegar a unha guerra civil.

A derradeira raíña desta casa en gobernar na coroa de Castela foi a raíña Xoana I "a Tola", que polo seu matrimonio con Filipe I e a través do fillo dos dous, Carlos I, deu paso ao goberno dos reinos da coroa de Castela e Aragón por reis da casa de Habsburgo.

Ferrando I d'Aragón
Fernando I de Aragón, o primeiro Trastámara da coroa de Aragón.

Árbore xenealóxica

Árbol Dinastía Trastámara (gl)
Xenealoxía dos reis de España da casa Trastámara.

Lista dos soberanos que pertenceron á casa de Trastámara

Reis de Castela e León (1369-1555)

Reis de Aragón e de Sicilia (1412-1516)

Reis de Nápoles (1442-1516)

  • Afonso o Magnánimo (1394-1458), fillo primoxénito de Fernando I de Aragón
  • Fernando I de Nápoles (1423-1494), fillo natural do precedente
  • Afonso II de Nápoles (1448-1495), fillo do precedente
  • Fernando II de Nápoles (1469-1496), fillo do precedente
  • Frederico II de Nápoles, (1452-1504) fillo cadete de Fernando I de Nápoles
  • Fernando III de Nápoles (1452-1516), máis coñecido como Fernando II de Aragón e V de Castela e tamén como O Católico.

Reis de Navarra (1425-1479 e 1512-1555)

Véxase tamén

Bibliografía

  • (en castelán)Valdeón Luque, Julio: Los trastámaras. Madrid, Ediciones Temas de Hoy, 2001. ISBN 84-8460-129-3. Reeditado en 2006 por RBA Ediciones, ISBN 84-473-4739-7
Afonso V de Aragón

Afonso V de Aragón, nado en Medina del Campo (Coroa de Castela) en 1396 e finado no Castel dell'Ovo (Reino de Nápoles) o 27 de xuño de 1458, chamado o Magnánimo e o Sabio, foi, entre 1416 e 1458, rei de Aragón, de Valencia (Afonso III), de Mallorca (Afonso I), de Sicilia (Afonso I), de Sardeña (Afonso II) e conde de Barcelona, Rosellón, Cerdaña e Urgell, e entre 1442 e 1458, rei de Nápoles (Afonso I).

Compromiso de Caspe

O Compromiso de Caspe foi un acordo asinado en Caspe o 25 de xuño de 1412 entre os reinos de Aragón e Valencia e o principado de Cataluña para designar sucesor no trono, trala morte en 1410 de Martiño I de Aragón. Foi elixido como herdeiro da Coroa de Aragón Fernando de Antequera, da Casa de Trastámara, co nome de Fernando I de Aragón.

Condado de Trastámara

O de Conde de Trastámara foi un título outorgado como dignidade en diversas ocasións (e utilizado incluso polo rei Henrique II de Castela) até que foi concedido por Xoán II de Castela con carácter hereditario a Pedro Álvarez Osorio, I conde de Trastámara en 1445 e segue asociado á familia dos Osorio de Vilalobos.

No documento de concesión dicía:

As terras de Trastámara (Trans Tameris) están entre o río Tambre e o mar e danlle nome á Casa de Trastámara.

Fernando I de Aragón

Fernando I de Aragón, nado en Medina del Campo o 27 de novembro de 1380 e finado en Igualada o 2 de abril de 1416, chamado tamén Fernando de Trastámara, Fernando de Antequera, Fernando o Xusto e Fernando o Honesto, foi infante de Castela, rei de Aragón, de Valencia, de Mallorca, de Sicilia, de Sardeña e de Córsega; duque de Neopatria e de Atenas; conde de Barcelona, de Rosellón e de Cerdaña; e rexente de Castela. Foi o primeiro monarca aragonés da dinastía castelá dos Trastámara, aínda que era Aragón (como o resto dos pretendentes ao trono no Compromiso de Caspe) pola rama materna, pois a súa nai Leonor de Aragón era irmá de Martiño I de Aragón, chamado o Humano.

Henrique III de Castela

Henrique III de Trastámara, chamado o Doente, nado en Burgos o 4 de outubro de 1379 e falecido en Toledo o 25 de decembro de 1406, foi rei da Coroa de Castela.

Era fillo de Leonor de Aragón e Xoán I, ó que sucedeu como rei de Castela en 1390.

Henrique II de Castela

Henrique II de Castela, nado en Sevilla o 13 de xaneiro de 1334 e finado en Santo Domingo de la Calzada o 29 de maio de 1379, foi rei de Castela, fillo ilexítimo de Afonso XI de Castela e Leonor de Guzmán e polo tanto medio irmán de Pedro I de Castela.

Henrique IV de Castela

Henrique IV, nado en Valladolid o 25 de xaneiro de 1425 e falecido en Madrid o 11 de decembro de 1474, foi rei de Castela e de León entre 1454 e 1474, coñecido vulgarmente como Henrique o Impotente.

Infantes de Aragón

Os Infantes de Aragón son, por antonomasia, os fillos nacidos do matrimonio do rei Fernando I de Aragón coa súa tía Leonor Urraca de Castela, condesa de Alburquerque. Foron:

Afonso, rei de Aragón, nado en Medina del Campo en 1394;

María, nada en Medina del Campo en 1396, raíña consorte de Castela polo seu matrimonio co seu primo Xoán;

Xoán, nado en Medina del Campo en 1397 rei consorte de Navarra e rei propietario da Coroa de Aragón, pai de Fernando II de Aragón;

Henrique, duque de Alburquerque, conde de Villena, gran mestre da Orde de Santiago, nado en Medina del Campo en 1400;

Leonor, nada en 1402, raíña consorte de Portugal polo seu matrimonio con Duarte I de Portugal;

Pedro, conde de Alburquerque, nado en 1406, e

Sancho.O seu pai, ambicionando o engrandecemento da súa casa, recomendoulles ao fin dos seus días que se mantivesen unidos e lesen a crónica do rei Pedro I de Castela. Tiveron un destacado protagonismo en Castela durante o reinado de Xoán II de Castela. Son os que recorda Jorge Manrique nas coplas á morte de seu pai:

(...)

XVI

¿Qué se hizo el rey don Joan?

Los infantes d'Aragón,

¿qué se hizieron?

¿Qué fue de tanto galán,

qué fue de tanta invinción

como truxeron?

¿Fueron sino devaneos?

¿qué fueron sino verduras

de las eras?

las justas e los torneos,

paramentos, bordaduras

e çimeras?

(...)

Isabel I de Castela

Isabel I de Castela, nada en Madrigal de las Altas Torres o 22 de abril de 1451 e finada en Medina del Campo o 26 de novembro de 1504. Foi raíña de Castela desde 1474 ata 1504, raíña consorte de Sicilia desde 1469 e de Aragón desde 1479, polo seu matrimonio con Fernando de Aragón. É chamada «a Católica», título que lles foi outorgado a ela e ao seu marido polo papa Alexandre VI mediante a bula Si convenit, o 19 de decembro de 1496. É polo que se coñece á parella real co nome de Reis Católicos, título que usarían en diante practicamente todos os reis de España.

Casou en 1469 co príncipe Fernando de Aragón. Polo feito de ser primos segundos necesitaban unha bula papal de dispensa que só conseguiron de Sisto IV a través do seu enviado o cardeal Rodrigo Borgia en 1472. Ela e o seu esposo Fernando conquistaron o reino de Granada e participaron nunha rede de alianzas matrimoniais que fixeron que o seu neto, Carlos, herdase as coroas de Castela e de Aragón, outros territorios europeos e convertésese en emperador do Sacro Imperio Romano.Isabel e Fernando fixéronse co trono tras unha longa loita, primeiro contra o rei Henrique IV e de 1475 a 1479 na Guerra de Sucesión castelá contra os partidarios da outra pretendente ao trono, Xoana. Isabel reorganizou o sistema de goberno e a administración, centralizando competencias que antes ostentaban os nobres; reformou o sistema de seguridade cidadá e levou a cabo unha reforma económica para reducir a débeda que o reino herdara do seu medio irmán, e predecesor no trono, Henrique IV. Tras gañar a guerra de Granada os Reis Católicos expulsaron aos xudeus dos seus reinos e, anos máis tarde, tamén aos musulmáns.

Isabel concedeu apoio a Cristovo Colón na procura dunha nova ruta cara ás Indias, o que levou ao descubrimento de América. Devandito acontecemento provocaría no futuro a conquista das terras descubertas e a creación do Imperio Español.

Isabel viviu 53 anos, dos cales gobernou 30 anos como raíña de Castela e 26 como raíña consorte de Aragón á beira de Fernando II.

Leonor Urraca de Castela

Leonor Urraca Sánchez de Castela, III condesa de Alburquerque, chamada la Rica Hembra, e tamén coñecida como Leonor de Alburquerque, nada en Castela en 1374 e finada en Medina del Campo en 1435), foi raíña consorte de Aragón, polo seu matrimonio con Fernando I de Aragón.

Lista de monarcas de Aragón

Lista de reis de Aragón

Lista de monarcas de Navarra

Lista dos monarcas do Reino de Navarra.

Lista de reis de Valencia

Lista de reis de Valencia dende a creación do Reino de Valencia por Jaume I el Conqueridor no 1239 até a promulgación dos Decretos de Nueva Planta no 1707.

María de Aragón (1482-1517)

María de Aragón, nada en Córdoba o 29 de xuño de 1482 e finada en Lisboa o 7 de marzo de 1517, foi raíña de Portugal.

Cuarta filla dos Reis Católicos, Isabel I de Castela e Fernando II de Aragón, foi raíña de Portugal como segunda esposa de Manuel I, falecido en 1521.

Príncipe de Xirona

O título de Príncipe de Xirona provén da Coroa de Aragón, concretamente do ano 1351, en que o rei Pedro IV de Aragón nomeou ao seu herdeiro e outorgoulle o título de Duque de Xirona, o cal abarcaba territorios dos condados de Xirona, Besalú, Empúries e Osona.

Actualmente o título de Princesa de Xirona é ostentado por Leonor de Borbón, tamén Princesa de Asturias e Viana, e herdeira á Coroa española.

Reis de España

A lista dos reis de España comeza cos Reis Católicos porque se considera que España comezou a existir cando a Coroa de Castela e a Coroa de Aragón uniron os seus reinos a través do matrimonio de Isabel I de Castela con Fernando II de Aragón, aínda que os reinos seguiron tendo leis separadas e a denominación da Monarquía incluía varios reinos (a máis común sería Rei de Castela, Aragón, León, Granada e Toledo, aínda que variaba moito). O termo España referíase á Península Ibérica en conxunto até o recoñecemento definitivo da independencia de Portugal en 1668 e o título rei de España só se comezou a utilizar polos monarcas en 1874 (anteriormente Isabel II utilizou o de Raíña das Españas).

Xoán II de Aragón

Xoán II de Aragón, o Grande, nado en Medina del Campo, Castela o 29 de xuño de 1398 e finado en Barcelona o 20 de xaneiro de 1479, foi duque de Peñafiel, rei de Navarra (1425 - 1479) e rei de Aragón, de Mallorca, de Valencia, de Sardeña e de Sicilia (1458 - 1479), fillo de Fernando I de Antequera e de Leonor Urraca de Castela, condes de Alburquerque. Xoán II foi un dos monarcas máis lonxevos do século XV.

Xoán II de Castela

Xoán II de Trastámara, nado en Toro o 6 de marzo de 1405 e finado en Valladolid o 20 de xullo de 1454, foi rei de Castela entre 1406 e 1454, fillo de Henrique III de Castela e Catarina de Lancaster.

Xoán I de Castela

Xoán I de Trastámara (nado en Épila, Zaragoza en 1358 e falecido en Alcalá de Henares en 1390) foi rei de Castela entre o 24 de agosto de 1379 e o 9 de outubro de 1390.

Foi o segundo rei da dinastía de Trastámara, fillo de Henrique II o das Mercés e de Xoana, filla de Xoán Manuel de Villena, cabeza dunha rama máis nova da casa real de Castela. Naceu en Aragón durante o desterro do seu pai cando aínda non era rei. Foi o derradeiro rei castelán coroado solemnemente. Despois del, os monarcas asumiron a dignidade real por proclamación e aclamación.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.