Casa de Borbón

A casa de Borbón (en francés: Bourbon, en italiano: Borbone) é unha casa real de orixe francesa (aínda que a primeira coroa á que accedeu foi a do Reino de Navarra), actual casa reinante en España e no Gran Ducado de Luxemburgo. Gobernaron primeiro en Navarra e Francia, pero para o século XVIII os membros da casa de Borbón chegaron aos tronos de España e sur de Italia, destacando o Reino das Dúas Sicilias, ademais de varios pequenos ducados e condados.

Casa de Borbón
caption
Casa maternaDinastía dos Capetos
Títulos
FundadorRoberto de Clermont
Último gobernante
  • Francia e Navarra: Carlos X de Francia (1824-1830)
  • Parma: Roberto I (1854–1859)
  • Dúas Sicilias: Francisco II (1859–1861)
Xefe actual
  • España: Filipe VI, rei de España (desde 2014)
  • Luxemburgo: Henrique, gran duque de Luxemburgo (desde 2000)
  • Francia e Navarra: Henrique, conde de París e duque de Francia (desde 1999)
  • Francia e Navarra (Blancs d'Espagne): Luís Afonso, duque de Anjou (desde 1989)
  • Parma: Carlos Javier, duque de Parma (desde 2010)
  • Dúas Sicilias (disputado): Carlos, duque de Calabria (desde 1964) ou Carlos, duque de Castro (desde 2008)
Fundación1272
Destitución
Ramas menores

Orixes

A Casa de Borbón é unha rama da Dinastía dos Capetos, a máis antiga dinastía real de Europa, que inclúe a todos os descendentes de Hugo Capeto. A rama de Borbón procede do sexto fillo do rei Luís IX de Francia: o señor de Clermont, Roberto de Francia, que se casaría con Beatriz de Borgoña, señora de Borbón. O primeiro duque de Borbón en 1319 foi o fillo de ambos, Luís I de Borbón.

Esta casa real gobernou a Baixa Navarra (desde 1555), e Francia (desde 1589) de xeito conxunto ata 1789 (estallido da Revolución francesa), cando o Reino de Navarra (Baixa Navarra) foi abolido e o seu territorio integrado ao reino francés. A monarquía (constitucional desde 1791) francesa quedou abolida en 1792, e o rei Luís XVI de Francia (e V de Navarra) foi executado en xaneiro de 1793. Posteriormente houbo unha restauración, trala caída do Primeiro Imperio Francés en 1815; pero a Revolución de Xullo depúxoos outra vez e a rama Borbón-Orleáns tomou o poder entre 1830 e 1848, cando a monarquía foi abolida definitivamente.

O primeiro membro da casa de Borbón en España foi Filipe de Anjou, neto de Luís XIV de Francia, que reinou durante 45 anos co nome de Filipe V, quen sucedeu aos Austrias. É neste período onde se substitúe o orixinal francés Bourbon pola súa castelanización, Borbón. En España, os gobernos sucedéronse desde 1700 a 1808 (Guerra da Independencia), 1813 a 1868 (Sexenio Democrático, incluíndo a Primeira República), desde 1875 a 1931, incluíndo a ditadura de Primo de Rivera), (Segunda República), (Ditadura de Francisco Franco) e desde 1975 ata a actualidade.

É da liña española desde onde se desprende, por exemplo, a liña dos gobernantes das Dúas Sicilias (Borbón-Dúas Sicilias), de Parma e Albacete. Os emperadores pretendentes do Brasil, do mesmo xeito que os pretendentes orleanistas do reino de Francia, que descenden dos Borbóns franceses.

Xunto á liña francesa atópanse outras extintas, como a dos Príncipes de Condé (Borbón-Condé) e a dos Príncipes de Conti (Borbón-Conti), e tamén liñas ilexítimas que viven ata hoxe como Bourbon-Busset.

Généalogie Charles V
As relacións de parentesco.

Lista de nobres borbónicos

Condes de La Marche

  • Luís de Borbón (1327–1342)
  • Pedro de Borbón (1342–1356)
  • Xaime de Borbón (1356–1362)
  • Pedro de Borbón (1362)
  • Xoán de Borbón (1362–1393)
  • Xaime de Borbón (1393–1438)
  • Leonor de Borbón (14381464)
  • Xaime de Borbón (1464–1477)
  • Pedro de Borbón (1477–1503)
  • Carlos de Borbón (1503–1523)

Condes e Duques de Vendôme

Condes e Duques de Montpensier

  • Xoán de Borbón (1416–1428)
  • Luís de Borbón (1428–1486)
  • Xilberto de Borbón (1486–1496)
  • Luís de Borbón (1496–1501)
  • Carlos de Borbón (1501–1523)
  • Luísa de Borbón Duquesa (1523–1561)
  • Luís de Borbón (1561–1582)
  • Francisco de Borbón
  • Henrique de Borbón
  • María de Borbón
  • Ana María de Orleáns

Monarcas borbónicos

Reis de Francia e de Navarra

Coat of Arms of France & Navarre
Versión simplificada do escudo de armas combinado de Francia e Navarra.

O primeiro rei Borbón de Francia foi o rei navarro Henrique III, que asumiu o trono de Francia como Henrique IV. Era fillo de Antón de Borbón e de Xoana III de Navarra. Foi bautizado católico pero profesou a relixión protestante e foi o líder dos hugonotes en Francia trala morte do seu tío Luís I de Borbón, príncipe de Condé. A súa ascensión ao trono francés estivo chea de problemas, debido á súa relixión.

Pretendentes

Coat of Arms of the Bourbon Restoration (1815-30)
Versión simplificada das armas de Francia durante a Restauración, máis tarde usada polos pretendentes lexitimistas ao trono de Francia.

Pretendentes (lexitimistas Blancs d'Eu e orleanistas)

  • Luís VII de Orleáns (1850–1894)
  • Luís VIII de Orleáns (1894–1926)
  • Xoán III de Orleáns (1926–1940)
  • Henrique VI de Orleáns (1940–1999)
  • Henrique VII de Orleáns (1999–presente)

Pretendentes (lexitimistas Blancs d'Espagne)

Armas de Borbón-Anjou
Escusón da dinastía de Borbón-Anjou, presente no escudo de España desde o reinado de Carlos III.

Ramas bastardas de Francia

Á casa francesa de Borbón están vinculadas tres ramas bastardas: a rama de Vendôme, vén de César de Borbón, maior dos fillos naturais de Henrique IV e de Gabrielle de Estrées; a rama de Maine, vén de Luís Augusto de Borbón, maior dos fillos naturais de Luís XIV e de Mme de Montespan; a rama de Penthièvre, vén de Luís Alexandre, conde de Tolosa e duque de Penthièvre, irmán menor do precedente.

Reis de España

Nacida de Philippe, duque de Anjou (Filipe de Anxou, en galego [Cómpre referencia]), primeiro Borbón de España baixo o titulo de Filipe V, neto de Luís XIV e de María Tareixa. Herdou do seu tio-avó Carlos II en 1700, o trono español, dando lugar á casa de Borbón española que segue reinando despois de máis de tres séculos dende o ano 1700, onde foron sucedéndose, aínda que de forma interrompida, 10 monarcas:

Pretendentes carlistas

Flag of Cross of Burgundy
Pavillón español desde o século XVI ao XVIII e bandeira militar do Imperio español, usada máis tarde como enseña representativa do carlismo.
  • Carlos María Isidro de Borbón, Carlos V (18331845)
  • Carlos Luís de Borbón e Braganza, Carlos VI (18451860)
  • Xoán de Borbón e Braganza, Xoán III (18611868)
  • Carlos María de Borbón e Austria-Este, Carlos VII (18681909)
  • Xaime de Borbón e Borbón-Parma, Xaime III (19091931)
  • Alfonso Carlos de Borbón e Austria-Este, Afonso Carlos I (19311936)
  • Rexencia de Xabier de Borbón-Parma, (19361952)
  • Francisco Xabier de Borbón-Parma e Braganza, Xavier I (19521975)
  • Carlos-Hugo de Borbon-Parma e Borbon-Busset, Carlos-Hugo I (1975- 2010)
  • Carlos Xabier de Borbón-Parma e Orange-Nassau, Carlos Javier II (2010- actualidade)

Duques de Parma

Flag of the Duchy of Parma
Bandeira do Ducado de Parma.

Pretendientes

  • Roberto I de Parma, pretendiente(1860–1907)
  • Henrique de Borbón-Parma, Henrique I (1907–1939)
  • José de Borbón-Parma, Xosé I (1939–1950)
  • Elías de Borbón-Parma, Elías I (1950–1959)
  • Roberto de Borbón-Parma, Roberto II (1959–1974)
  • Xabier de Borbón-Parma, Xabier I (1974–1977)
  • Carlos Hugo de Borbón-Parma, Carlos IV (1977–2010)
  • Carlos Xabier de Borbón-Parma, Carlos V (2010-actualidad)
Coat of arms of the Kingdom of the Two Sicilies
Escudo do Reino das Dúas Sicilias.

Reis das Dúas Sicilias

  • Fernando I de las Dos Sicilias (17511825), Rei das Dúas Sicilias (1816–1825)
  • Francisco I das Dúas Sicilias (17771830), Rei das Dúas Sicilias (1825–1830)
  • Fernando II das Dúas Sicilias (18101859), Rei das Dúas Sicilias (1830–1859)
  • Francisco II das Dúas Sicilias (18361894), Rei das Dúas Sicilias (1859–1861), pretendente (1861–1894)
  • Afonso de Borbón-Dúas Sicilias e Austria (18411934), Rei Pretendente como Afonso I (1894–1934)
  • Fernando Pío de Borbón-Dúas Sicilias (18691960), Rei Pretendente como Fernando III (1934–1960)
  • Afonso de Borbón-Dúas Sicilias e Borbón (19011964), Rei Pretendente como Afonso II (1960–1964)
  • Carlos de Borbón-Dúas Sicilias (19382015), Rei Pretendente como Carlos I (1964-2015)
CoA Empire of Brazil (1822-1870)
Escudo de armas do Imperio do Brasil.

Liña de Castro

  • Rainieri de Borbón-Dos Sicilias, Duque de Castro (1960–1966)
  • Fernando María de Borbón-Dúas Sicilias, Duque de Castro (19662008)
  • Carlos de Borbón-Dúas Sicilias, duque de Castro (2008-actualidade)

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Predecesor:
Casa de Austria
Casa reinante en España
(I vez)

1700-1808
Sucesor:
Casa de Bonaparte
Predecesor:
Casa de Bonaparte
Casa reinante en España
(II vez)

1813-1868
Sucesor:
Sexenio Democrático
Predecesor:
Primeira República
Casa reinante en España
(III vez)

1875-1931
Sucesor:
Segunda República
Predecesor:
Segunda República
Casa reinante en España
(IV vez)

1975 - actualidade
Sucesor:
-
Afonso XIII de España

Afonso XIII, nado en Madrid o 17 de maio de 1886 e finado en Roma o 28 de febreiro de 1941, foi rei de España. Fillo póstumo de Afonso XII e de María Cristina de Habsburgo-Lorena, foi coroado rei no seu nacemento e reinou até 1931. A súa nai exerceu a rexencia da coroa durante a súa infancia.

Afonso XII de España

Afonso XII, alcumado O Pacificador, nado en Madrid o 28 de novembro de 1857 e falecido en El Pardo (Madrid) o 25 de novembro de 1885, foi Rei de España entre 1875 e 1885.

Era fillo da raíña Isabel II e do seu curmán, o príncipe Francisco de Asís de Borbón, aínda que diversas fontes apunta a que o seu proxenitor verdadeiro é o capitán de tenentes Henrique Puig Moltó, coñecido amante da súa nai.

Bandeira de España

A actual bandeira de España aparece por mor de que no século XVIII as bandeiras de Francia, Nápoles, Toscana, Parma, Sicilia e a da propia España eran brancas, cor da casa de Bor­bón, o que producía gran confusión non só nos exércitos, senón, o que era máis importante, no mar, no que os navíos das diversas potencias citadas podían ser confundidos facilmente.

Carlos III de España

Carlos III (Carlos Sebastián de Borbón y Farnesio), nado en Madrid o 20 de xaneiro de 1716 e finado o 14 de decembro de 1788, foi rei de Nápoles e Sicilia entre 1734 e 1759 e de España entre 1759 e 1788, pertencente á Casa de Borbón.

Era o terceiro fillo home de Felipe V, o primeiro que tivo coa súa segunda muller, Isabel de Farnesio, polo que foi o seu irmán paterno Fernando VI quen sucedeu ao seu pai no trono español. Carlos serviu á política familiar como unha peza na loita por recuperar a influencia española en Italia: herdou inicialmente da súa nai os ducados de Parma, Piacenza e Toscana (1731); pero máis tarde, ao conquistar Filipe V o Reino de Nápoles e Sicilia no curso da Guerra de Sucesión de Polonia (1733-1735), pasou a ser rei daqueles territorios co nome de Carlos VII. Contraeu matrimonio en 1729 con María Amalia de Saxonia, filla do Rei de Polonia.

Carlos IV de España

Carlos IV de Borbón, nado no Palacio Real de Portici (Reino de Nápoles) o 11 de novembro de 1748 e finado en Roma (Estados Pontificios) o 20 de xaneiro de 1819, foi rei de España desde o 14 de decembro de 1788 até o 19 de marzo de 1808 cando, como consecuencia do golpe de Estado que pasou á historia como o motín de Aranjuez, abdicou en favor do seu fillo Fernando, príncipe de Asturias.

Era fillo e sucesor de Carlos III e da súa esposa María Amalia de Saxonia.

Dinastía dos Capetos

Este artigo trata sobre a dinastía dos Capetos. Para a súa rama principal, que gobernou Francia entre os anos 987 e 1328, véxase Casa dos Capetos.

A dinastía dos Capetos (en francés: Capétiens) é unha das máis importantes dinastías reais de Europa e, segundo algúns estudosos, a máis antiga, remontándose a súa orixe ao século VII, aínda que con algunha dificultade.

Os Capetos costitúen a terceira dinastía dos reis de Francia, despois dos Merovinxios e os Carolinxios.Inclúe todos os descendentes de Hugo Capeto (938-993), duque de París, rei de Francia e fundador da liñaxe.

Na súa liña directa, a dinastía reinou en Francia desde 987 a 1328, ano da morte de Carlos IV. O trono francés pasou daquela as rama colaterais: a Casa de Valois, a Casa de Borbón e, finalmente, á rama máis nova desta última, a Casa de Orleáns. Outras ramas da familia foron, en ocasións, condes e duques de Borgoña, duques de Bretañaa, de Parma, reis de Navarra, de Sicilia, de Nápoles, das Dúas Sicilias, de Hungría, de Portugal, emperadores latinos de Constantinopla e emperadores do Brasil;así mesmo algúns dos seus membros foron gobernantes do ducado de Lucca e dos reinos de Etruria e de Polonia.

O actual rei de España Filipe VI, así como o gran duque de Luxemburgo Henrique, son os únicos monarcas europeos que pertecen agnaticamente á dinastía, ambos os dous a través da rama borbónica. Todos os demais monarcas europeos reinantes tamén descenden de Hugo Capeto, pero por vía cognaticia.

Fernando VII

Fernando VII de España, alcumado o "desexado" e tamén "o felón" nado en San Lorenzo de El Escorial o 14 de outubro de 1784 e finado en Madrid o 29 de setembro de 1833, foi rei de España, fillo de Carlos IV e de María Luísa de Parma.

O seu reinado, como sucedeu en boa parte de Europa, estivo marcado pola tensión entre o absolutismo herdado e defendido por el e as novas ideas liberais. De feito herdou un país dividido pola guerra da independencia e o fin do seu reinado deu paso a unha guerra civil, as chamadas guerras carlistas.

En política exterior, o seu reinado caracterizouse polo inicio do proceso descolonizador en América latina, que rematará a finais do século XIX.

Filipe VI de España

Filipe VI de España, de nome completo Felipe Juan Pablo Alfonso de Todos los Santos de Borbón y Grecia, nado en Madrid o 30 de xaneiro de 1968, é o actual rei de España, título polo que ostenta a xefatura do Estado e o mando supremo das Forzas Armadas.

É o fillo menor de Xoán Carlos I de España e Sofía de Grecia. Logo da abdicación do seu pai o 2 de xuño de 2014, ascendeu ao trono o 19 do mesmo mes e ano co nome de Filipe VI.

Está casado con Letizia Ortiz, raíña consorte de España, coa que ten dúas fillas, a princesa Leonor e a infanta Sofía.

Filipe V de España

Filipe V de España, nado no Palacio de Versalles o 19 de decembro de 1683 e finado en Madrid o 9 de xullo de 1746, alcumado o Animoso, era duque de Anjou e neto do rei de Francia Luís XIV e da raíña consorte a infanta de España María Tareixa. Foi rei de España dende o 15 de novembro de 1700 ata a súa morte; sucedeu o seu tío-avó (último monarca da Casa de Habsburgo) Carlos II. Desta maneira vai ser o primeiro monarca da Casa de Borbón.

Henrique IV de Francia

Henrique de Borbón, nado en Pau o 13 de decembro de 1553 e finado en París o 14 de maio de 1610, foi rei de Navarra co nome de Henrique III entre 1572 e 1610, e rei de Francia como Henrique IV entre 1589 e 1610, primeiro da casa de Borbón neste país, coñecido como Henrique o Grande (Henri le Grand) ou o Bo Rei (Le bon roi Henri) e copríncipe de Andorra (1572-1610).

A miúdo é considerado polos franceses como o mellor monarca que gobernou o seu país, sempre tentando mellorar as condicións de vida dos seus súbditos. Atribúeselle a frase: «Un pito nas potas de todos os campesiños, todos os domingos», que simplifica perfectamente a súa política de facer feliz ó seu pobo, non só con poder e conquistas, senón tamén con paz e prosperidade. É o referente dos monárquicos franceses, os cales realizan todos os anos unha homenaxe fronte á súa estatua do Pont Neuf (Ponte Nova) de París o día da súa entrada á cidade.

Foille dedicada a marcha «Vive Henri IV» («Viva Henrique IV»), que chegou a ser o himno de facto do reino e o de iure durante a Restauración, e é coñecida aínda hoxe día polos franceses.

Isabel II de España

Isabel II de España ou de Borbón, nada en Madrid o 10 de outubro de 1830 e finada en París o 9 de abril de 1904, foi raíña de España dende 1833 até 1868.

Juan de Borbón y Battenberg

Juan de Borbón y Battenberg, conde de Barcelona, nado no Palacio Real de La Granja de San Ildefonso o 20 de xuño de 1913 e finado en Pamplona o 1 de abril de 1993, foi o terceiro fillo home do rei Afonso XIII e pai do rei Xoán Carlos I. Desde o 15 de xaneiro de 1941 foi o Xefe da Casa Real española ata o 14 de maio de 1977. Nese día, nun discurso dado no Palacio da Zarzuela, renunciou oficialmente ós seus dereitos sucesorios en favor do seu fillo o rei Xoán Carlos I, reservándose para si mesmo o título de conde de Barcelona, propio dos soberanos españois.

Lista de monarcas de Francia

Os monarcas de Francia gobernaron desde o establecemento do Reino dos Francos no 486 ata a caída do Segundo Imperio Francés en 1870. A primeira dinastía de reis foi a merovinxia, que estivo no poder ata o 751, seguida da dinastía carolinxia, que gobernou ata o 987 (con algunhas interrupcións). A terceira das dinastías gobernantes foi a capetiana, procedente dos descendentes directos por vía masculina de Hugo Capeto, que gobernou entre o 987 ata 1792 e de novo entre 1814 e 1848. As ramas desta dinastía que gobernaron desde 1328, reciben xeralmente nomes específicos, como Valois (ata 1589) e Borbón (ata 1848).

Coa Casa de Bonaparte e a Restauración dos Borbóns no século XIX, o título pasou a ser coñecido como Rei dos Franceses e Emperador dos Franceses, entre 1814 e 1870.

Ademais dos monarcas indicados máis abaixo, a lista de monarcas británicos desde 1340-60 e 1369-1801 tamén foron pretendentes ao trono de Francia.

Durante un breve período de tempo, isto tivo a súa base nos termos do Tratado de Troyes en 1420, cando Carlos VI de Francia recoñeceu ao seu xenro Henrique V de Inglaterra como rexente e herdeiro. Henrique V finou antes que Carlos VI e polo tanto, Henrique VI de Inglaterra, sucedeu ao seu avó Carlos VI como Rei de Francia. A maior parte do norte de Francia estivo en mans inglesas ata 1435, pero en 1453 os ingleses xa foran expulsados de case toda a zona salvo de Calais, que acabaría volvendo a Francia en 1558. Porén, os monarcas ingleses, e máis tarde os británicos, continuaron reclamando o seu dereito ao trono de Francia ata a creación do Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda en 1801.

Luís XVIII de Francia

Luís XVIII foi un rei de Francia (Versalles, 17 de novembro de 1755 — París, 16 de setembro de 1824), rei titular dende 1795 e de feito entre 1814 e 1824, a excepción do breve período do Imperio dos Cen Días. Coñecido polo seu título de conde de Provenza, era irmán de Luís XVI. Durante o reinado deste adoptou unha postura avanzada, próxima ao pensamento da Ilustración, e ata aceptou a Revolución de 1789.

Máis tarde, con todo, a evolución da Francia revolucionaria decidiulle a fuxir do país en 1791 (o mesmo día que o rei era detido en Varennes cando intentaba escapar por outro camiño); reuniuse co seu outro irmán (o futuro Carlos X) e empezou a encabezar as intrigas dos emigrados contra o réxime revolucionario, dirixindo unha rede de espías e mantendo contacto cos insurxentes contrarrevolucionarios do interior.

Trala execución de Luís XVI en 1793, proclamouse rexente no exilio, e logo rei pola morte do delfín Luís XVII (1795). Con todo, a causa da restauración dos Borbóns pasou por horas baixas durante o período de Napoleón, que premeu aos restantes Estados europeos para entorpecer as actividades do pretendente.

Logo de peregrinar por varios países, as derrotas de Napoleón en 1813-14 abríronlle novas perspectivas: co apoio de Gran Bretaña e de Talleyrand abriuse paso a idea de poñer a Luís no Trono cando se consumase a vitoria aliada sobre Francia. Desembarcou en Calais e prometeu aos franceses establecer unha monarquía constitucional, que plasmou na Carta outorgada de 1814, onde a autoridade do rei quedaba limitada por un Parlamento bicameral e pola garantía dos dereitos individuais dos súbditos.

Luís XVI de Francia

Luís XVI de Borbón, nacido en 1754 en Versalles e executado o 21 de xaneiro de 1793 en París, foi rei de Francia (1774-1789), e despois rei dos Franceses (1789-1792). Era fillo do delfín Luís e de María Xosefa da Saxonia e esposo de María Antonieta de Austria (con quen casou aos 16 anos).

Cando subiu ao trono, as finanzas reais non se encontraban nunha situación favorable, e así permaneceron até a chegada da Revolución Francesa, altura en que Luís XVI foi deposto. Aconsellado por Maurepas, escolleu para ministros homes de talento: Saint-Germain, Turgot, Malesherbes. Reconvocou o Parlamento, mais este volveu a facerlle oposición. O rei tivo que abandonar os seus ministros reformistas (1776), substituíndoos por Necker, tamén destituído despois de ter publicado a Prestación de contas ao rei sobre o estado das finanzas (1781).

Non é capaz de evitar a Revolución, apoiando as reformas económicas e sociais propostas por Turgot e Necker, nin tornarse líder popular, por non comprender as aspiracións do pobo.

A política exterior feita por Vergennes e o Tratado de Versalles restauraron o prestixio de Francia. Mais, no interior do país, a oposición creceu; Calonne, seguido de Loménie de Brienne, tentou en van resolver a crise financeira. Convocou a alta aristocracia na Asemblea dos Notables (1787) e nada conseguiu. Luís XVI tivo que chamar de volta a Necker (1788) e prometer a convocación dos Estados Xerais, que estaban á marxe do goberno desde había 175 anos. Os Estados Xerais, que se reuniron en Versalles en 1789, son a reunión dos tres estamentos da sociedade desde a Idade Media: o nobre que loita (1º estado), o clero que reza (2º estado) e o campesiñado que traballa (3° estado). Estes feitos marcaron o início da Revolución.

Os deputados do Terceiro Estado constituíron a Asemblea Nacional e despois Asemblea Constituínte. A familia real foi levada à forza de Versalles para París (outubro de 1789) e a súa tentativa de fuxir do país foi frustrada en Varennes (20 de xuño de 1791), cando foi feita prisioneira da Comuna insurrecional (10 de agosto). A monarquía foi abolida o 21 de setembro de 1792. Luís XVI, desmoralizado pola súa errada tentativa de fuga e polas súas negociacións co estranxeiro, perdeu completamente a popularidade. Encerrado no Templo e acusado de traizón, foi xulgado pola Convención e condenado a morte, sendo guillotinado o 21 de xaneiro de 1793. A raíña consorte María Antonieta foi executada seis meses despois. A súa morte provocou a unión dos soberanos europeos contra a Francia revolucionaria.

Pénsase que as chamas da Revolución en parte, foron influenciadas polas mentiras que rodearom o famoso escándalo do colar, polo feito do rei dar voz á súa esposa, imprudentemente, sobre asuntos políticos e aínda o odio que moitos membros da nobreza e clero tiñan contra María Antonieta, da liñaxe dos Habsburgo, eternos rivais dos Borbóns e pola súa frivolidade e gusto polo luxo.

María Amalia de Saxonia

María Amalia de Saxonia, nada en Dresde o 24 de novembro de 1724 e finada en Madrid o 27 de setembro de 1760, foi raíña consorte de Nápoles e Sicilia (1737-1759) e de España (1759-1760), esposa de Carlos III.

María Luísa de Parma

María Luísa de Parma, nada en Parma o 9 de decembro de 1751 e finada en Roma o 2 de xaneiro de 1819, foi raíña consorte de España como esposa de Carlos IV, de quen era prima carnal polo lado paterno.

Raíñas e reis consortes de España

A continuación presentase a lista de mulleres que foron consortes dos monarcas españois e que son coñecidas como Raíñas consortes de España; dentro da lista figura un home, o rei consorte Francisco de Asís, esposo de Isabel II. A lista só contén as esposas dos reis da España unificada e non dos reinos anteriores á Reconquista. Tamén recóllese a dinastía Bonaparte, a pesar de que o rei Xosé I non foi recoñecido como tal polas Cortes Xerais e que a súa dona, Julia Clary, non chegou a estar nunca en España.

Dentro da lista figuran algunhas das consortes que se encargáron da rexencia do reino por distintos motivos, estas foron:

Isabel de Borbón; durante 1640 pois o seu esposo Filipe IV encontrábase na Guerra de Cataluña.

Mariana de Austria; rexente dez anos a partir de 1665 ata 1675 por la minoría de idade do seu fillo Carlos II.

María Luísa Gabriela de Savoia; en 1702 durante a Guerra de Sucesión Española.

María Cristina de Borbón-Dúas Sicilias; desde 1833 e ata 1840 pola minoría de idade da súa filla Isabel II.

María Cristina de Habsburgo-Lorena; a partir de 1885 e ata 1902, pola minoría de idade do seu fillo Afonso XIII.

Reis de España

A lista dos reis de España comeza cos Reis Católicos porque se considera que España comezou a existir cando a Coroa de Castela e a Coroa de Aragón uniron os seus reinos a través do matrimonio de Isabel I de Castela con Fernando II de Aragón, aínda que os reinos seguiron tendo leis separadas e a denominación da Monarquía incluía varios reinos (a máis común sería Rei de Castela, Aragón, León, Granada e Toledo, aínda que variaba moito). O termo España referíase á Península Ibérica en conxunto até o recoñecemento definitivo da independencia de Portugal en 1668 e o título rei de España só se comezou a utilizar polos monarcas en 1874 (anteriormente Isabel II utilizou o de Raíña das Españas).

Antigüidade
Idade Media
Época moderna
Época contemporánea
Artigos relacionados

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.