Casa de Bonaparte

De orixe italianao, a casa de Bonaparte, dinastía Bonaparte, familia Bonaparte ou casa Imperial de Francia (orixinalmente Buonaparte) son todos os descendentes de Carlo Buonaparte e María Letizia Ramolino, pais do emperador francés Napoleón Bonaparte, que foi elixido primeiro cónsul de Francia o 10 de novembro de 1799 coa axuda de seu irmán Luciano Bonaparte, presidente do Consello dos Cincocentos en Saint-Cloud. Napoleón I coroouse a si mesmo emperador dos franceses en 1804, e gobernou o imperio até 1815.

A familia Bonaparte tamén tivo reis en España, Holanda, Nápoles, Westfalia e un segundo emperador dos franceses, Napoleón III. As persoas que apoiaban o reinado dos Bonaparte foron chamados bonapartistas.

Casa de Boparte
Maison Bonaparte
Famiglia Bonaparte o Buonaparte
Coat of Arms Second French Empire (1852–1870)-2
TítulosEmperador dos franceses
Rei de Italia
Rei de Holanda
Rei de Nápoles e Sicilia
Rei de España e das Indias
Rei de Westfalia
Gran Duquesa de Toscana
Raíña de Etruria
Protector da Confederación do Rin
Mediador da Confederación suíza
Copríncipe de Andorra
Príncipe da illa de Elba
Princesa de Lucca e Piombino
Duquesa de Massa e Princesa de Carrara
Duquesa de Guastalla
Rei de Roma
FundadorNapoleón I
Último gobernanteNapoleón III
Fundación1804
DestituciónTerceira República Francesa (1870)

Historia

Coat of arms of Buonaparte
Armas dos Buonaparte.
Imperial Coat of Arms of France (1804-1815)
Armas imperiais dos Bonaparte.

A familia, formalmente coñecida como Buonaparte (equivalente a "bo partido"), formaba parte da pequena nobreza italiana, proveniente da Toscana e de orixe lombarda, e situada na Lunixgiana (territorio histórico de Italia situado entre o norte da Toscana e a Liguria ao longo do río Magra, nas actuais provincias de La Spezia e Massa-Carrara).

De aí a familia trasladouse a Florencia onde se dividiu en dúas: a orixinal, Buonaparte-Sarzana, quedou asentada en Florencia, e a rama de Francesco Buonaparte trasladouse a Córsega no século XVI, cando a illa era posesión da República de Xénova.

O escudo de armas orixinal dos Buonaparte é en campo de goles, unha dupla barra de ouro acompañada no alto e no baixo dunha estrela de cinco puntas do mesmo metal. Dito escudo presentábase adornado de casco e lambrequín de goles e ouro. En 1804, Napoleón cambiou o escudo de armas dos Buonaparte polo escudo de armas imperial Bonaparte. O cambio aplicouse a todos os Bonaparte, a excepción de Luciano Bonaparte.

Seguindo a súa conquista en Europa occidental, Napoleón Bonaparte coroou o seu irmán maior Xosé Bonaparte (17681844) primeiramente rei de Nápoles (18061808) e despois rei de España (18081813); tamén nomeou o seu terceiro irmán Luís (17841860) rei de Westfalia (18071813), unha pequena rexión do norte de Alemaña (hoxe parte do Land Renania do Norte-Westfalia).

O fillo de Napoleón, Napoleón Francisco Xosé Carlos Bonaparte (18111832), foi feito rei de Roma (18111814), e proclamado emperador como Napoleón II o 22 de xuño de 1815, tras a abdicación de seu pai como consecuencia da derrota na batalla de Waterloo, deixando de selo o día 7 de xullo do mesmo ano, coa entrada dos aliados e os partidarios de Luís XVIII en París.[1]

Carlos Luís Napoleón Bonaparte (18081873), fillo de Luís Bonaparte, foi presidente da Segunda República Francesa de 1848 a 1852, e emperador de 1852 a 1870 co nome de Napoleón III; seu fillo, Eugène Bonaparte (18561879) tamén chamado o príncipe imperial, morreu combatendo os zulús en Natal, Suráfrica. Coa súa morte, a casa de Bonaparte perdeu a maior parte da súa influencia política.

A pesar da súa orixe humilde, é considerada hoxe en día como unha das dinastías máis influentes e poderosas da historia moderna, chegando a gobernar nas tres cuartas partes da Europa centro-occidental e a exercer unha inmensa influencia sobre o desenvolvemento da historia militar e política contemporánea.

Lista de soberanos da familia

Emperadores dos franceses

Napoleón I

Artigo principal: Napoleón Bonaparte.

Napoleón II

Artigo principal: Napoleón II de Francia.

Napoleón III

Artigo principal: Napoleón III de Francia.

Reis de Holanda

Luís I

Artigo principal: Luís Bonaparte.

Luís II

Rei de Nápoles e de España

Xosé I

Artigo principal: Xosé I Bonaparte.

Rei de Westfalia

Xerónimo I

Artigo principal: Xerónimo Bonaparte.

Princesa de Lucca e Piombino

Elisa Bonaparte (1805-1814), en Lucca, e (1805-1808) en Piombino

Duquesa de Massa e Princesa de Carrara

Elisa Bonaparte (1806-1814)

Gran Duquesa de Toscana

Elisa I

Elisa Bonaparte (1809-1814)

Duquesa de Guastalla

Paulina Bonaparte (1806)

Véxase tamén

Joachim Murat

Artigo principal: Joachim Murat.

Os Bonaparte no século XXI

Agora que os Bonaparte non cinguen coroa, Francia é unha república semipresidencialista con territorios en América, África, Oceanía e a propia Europa como a súa parte metropolitanaa. A casa de Bonaparte constitúe unha familia nobre cuxo bo número de membros se están a dedicar á política democrática.

Á vez, a casa de Bonaparte participa en campañas de filantropía e beneficencia. Por outro lado, os bonapartistas seguen aspirando ao restablecemento da coroa napoleónica. O herdeiro actual de Napoleón Bonaparte é Xoán Cristovo Bonaparte, dedicado ao mundo das finanzas.

Xenealoxía

Carlo Buonaparte
│
├──> Xosé Bonaparte (1768-1844)
│    └──> Xulia Xosefina Bonaparte (1796-1796)
│    └──> Zénaïde Laetitia Julie Bonaparte (1801-1854)
│    └──> Charlote Napoléone Bonaparte (1802-1839)
├──> Napoleón Bonaparte
│    └──>Napoleón II
├──> Luciano Bonaparte
│    └──>2 fillas coa súa primeira esposa, Katherina Boyer
│    └──>10 fillos coa súa segunda esposa, Alexandrine von Bleschamps, entre eles:
│    └──>Pierre Napoleon Bonaparte
│    └──>Louis Lucien Bonaparte
│    └──>Charles Lucien Bonaparte
├──> Elisa Bonaparte (1777-1820)
│    └──>5 fillos
├──> Luís Bonaparte, Rei de Holanda.
│    └──> Napoleón Carlos Bonaparte (1802-1807)
│    └──> Napoleón Luís Bonaparte (1804-1831)
│    └──> Napoleón III (1832-1870)
│    │    └──> Napoleón IV (1870-1879)
│    └──> Eugène Bonaparte (1856-1879)
├──> Paulina Bonaparte (1780-1825)
├──> Carolina Bonaparte (1782-1839)
└──> Xerónimo Bonaparte (1784-1860)
    ├──> 1 fillo con Elizabeth Patterson Bonaparte.
    │               └──> Xerónimo Napoleón Bonaparte
    │                    ├──> Carlos Xosé Bonaparte (1851-1921)
    │                    └──> Xerónimo Napoleón Bonaparte II (1830-1893)
    │                         ├──> Louise-Eugénie Bonaparte (1873-1923)
    │                         └──> Xerónimo Napoleón Carlos Bonaparte (1878-1945)
    └──> 3 fillos coa súa segunda esposa, Catarina de Württemberg, incluíndo a:
                                        └──>Napoleón Xosé Carlos Paulo Bonaparte
                                           └──> Napoleón Vítor Bonaparte (Napoleón V Vitor)(1862-1926)
                                               └──> Luís Napoleón Bonaparte (Napoleón VI Luís)(1914-1997)
                                                   └──> Carlos Napoleón Bonaparte  (*1950)
                                                        └──> Xoán Cristovo Bonaparte (Napoleón VII Xoán)(*1986)
                                                          └──> André Napoleón Bonaparte (Napoleón VIII André)(*1997)

Galería de imaxes

Retratos

François Pascal Simon Gérard 004

Napoleón II no colo da súa nai María Luísa de Habsburgo

Joseph-Bonaparte

Xosé Bonaparte, rei de España (1808-1813)

Gerard - Louis Bonaparte

Luís I de Holanda (1778–1846)

Giuseppe Cammarano 001

Carolina Bonaparte, raíña consorte de Nápoles (1808–1815)

JeromeB2

Xerónimo Bonaparte, rei de Westfalia

Marie Guilhelmine Benoist 001

Elisa Bonaparte, raíña de Etruria e gran duquesa de Toscana

Pauline Bonaparte

Paulina Bonaparte, duquesa de Guastalla

Franz Xaver Winterhalter Napoleon III

Napoleón III, emperador dos franceses

Armas

Coat of arms of th Bonaparte family in San Miniato

Armas da familia Buonaparte de San Miniato

Coat of arms of th Bonaparte family in San Miniato (Scala)

Armas da familia Buonaparte de San Miniato

Coat of arms of th Bonaparte family in San Miniato Guido

Armas da familia Buonaparte de San Miniato

Blason fam it Firenze Santa Maria Novella

Armas da familia Buonaparte de Florencia (Santa Maria Novella)

Coat of arms of th Bonaparte Firenze Santo Spirito

Armas da familia Buonaparte de Florencia (Santo Spirito)

Blason fam fr Bonaparte ornamented

Armas da familia Buonaparte antes de Napoleón

Stemma luciano bonaparte

Armas de Luciano Bonaparte

Coat of Arms of the Kingdom of Italy (1805-1814)

Armas do Reino de Italia (1805-1814)

Grand Coat of Arms of Napoelon Bonaparte as King of Elbe

Armas do Reino de Elba (1814-1815)

Coat of arms of the First French Empire, round shield version

Armas imperiais de Napoleón III de Francia

Notas

  1. Félix Wouters (1849): [1] Histoire de la République et de l'Empire (1789.1815) Bruxelles: Ve Wouters.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Marie-Nicolas Bouillet et Alexis Chassang (dir.) (1878): "Bonaparte (les)", en Dictionnaire universel d'histoire et de géographie. (Wikisource en francés).
  • Félix Wouters (1849): Histoire de la famille Bonaparte depuis mil huit cent quinze jusqu'a ce jour. Paris: Librairie Ethnographique.
  • Joseph-Marie Quérard (1845): Les Bonaparte et leurs œuvres littéraires. Essai historique et bibliographique contenant la généalogie de la famille Bonaparte Paris: Ed. Daguin.
  • Jean-Charles Volkmann (2001): La généalogie des Bonaparte. Paris: Ed. Jean-Paul Gisserot. ISBN 978-2-87747-586-0.
  • Federico Galantini (2004): Napoléon et Sarzane, Les origines italiennes des Bonaparte. Paris: Éd. Michel de Maule. ISBN 978-2-8762-3149-8.
  • François Demartini e Antoine Marie Graziani (2001): Les Bonaparte en Corse. Ajaccio, Corse, France: Éd. Alain Piazzola. ISBN 978-2-9071-6159-6.

Outros artigos

Ligazóns externas

Casa (homónimos)

Casa pode referirse a:

Casa, unha construción destinada a vivenda;

Casa circular, a desta forma, característica de civilizacións antigas;

Casa de indianos, a promovida en Galicia por emigrantes en América con éxito;

Casa reitoral, a asignada pola Igrexa ao sacerdote dunha parroquia;

Casa señorial, na que residiu a persoa que lle deu nome a unha liñaxe;

Casa grande, un tipo de casa señorial;

Casa, cada un dos cadros dun taboleiro de xadrez;

Casa de Borbón

A casa de Borbón (en francés: Bourbon, en italiano: Borbone) é unha casa real de orixe francesa (aínda que a primeira coroa á que accedeu foi a do Reino de Navarra), actual casa reinante en España e no Gran Ducado de Luxemburgo. Gobernaron primeiro en Navarra e Francia, pero para o século XVIII os membros da casa de Borbón chegaron aos tronos de España e sur de Italia, destacando o Reino das Dúas Sicilias, ademais de varios pequenos ducados e condados.

Copríncipes de Andorra

Os copríncipes de Andorra representan a xefatura do estado independente do Principado de Andorra, segundo establece a súa Constitución aprobada o 14 de marzo de 1993 e promulgada o 28 de abril do mesmo ano. Esta representación compártese en igualdade e a título persoal, entre o bispo de La Seu d'Urgell e o presidente da República francesa.

Lista de monarcas de Francia

Os monarcas de Francia gobernaron desde o establecemento do Reino dos Francos no 486 ata a caída do Segundo Imperio Francés en 1870. A primeira dinastía de reis foi a merovinxia, que estivo no poder ata o 751, seguida da dinastía carolinxia, que gobernou ata o 987 (con algunhas interrupcións). A terceira das dinastías gobernantes foi a capetiana, procedente dos descendentes directos por vía masculina de Hugo Capeto, que gobernou entre o 987 ata 1792 e de novo entre 1814 e 1848. As ramas desta dinastía que gobernaron desde 1328, reciben xeralmente nomes específicos, como Valois (ata 1589) e Borbón (ata 1848).

Coa Casa de Bonaparte e a Restauración dos Borbóns no século XIX, o título pasou a ser coñecido como Rei dos Franceses e Emperador dos Franceses, entre 1814 e 1870.

Ademais dos monarcas indicados máis abaixo, a lista de monarcas británicos desde 1340-60 e 1369-1801 tamén foron pretendentes ao trono de Francia.

Durante un breve período de tempo, isto tivo a súa base nos termos do Tratado de Troyes en 1420, cando Carlos VI de Francia recoñeceu ao seu xenro Henrique V de Inglaterra como rexente e herdeiro. Henrique V finou antes que Carlos VI e polo tanto, Henrique VI de Inglaterra, sucedeu ao seu avó Carlos VI como Rei de Francia. A maior parte do norte de Francia estivo en mans inglesas ata 1435, pero en 1453 os ingleses xa foran expulsados de case toda a zona salvo de Calais, que acabaría volvendo a Francia en 1558. Porén, os monarcas ingleses, e máis tarde os británicos, continuaron reclamando o seu dereito ao trono de Francia ata a creación do Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda en 1801.

Lista de raíñas e emperatrices de Francia

A continuación presentase unha lista das mulleres que foron as consortes dos reis e emperadores de Francia desde a ascensión ao trono dos Capetos.

A lei dos varóns impide a ascensión dunha muller ao trono, polo que o país galo nunca tivo unha raíña gobernante por dereito propio, mais de entre as nobres mulleres desta lista resaltan algunhas delas que foron rexentes do reino en distintas circunstancias:

Ana de Kiev: desde 1060 e ata 1066, durante a minoría de idade do seu fillo Filipe I.

Adela de Champaña: entre 1090 e 1092, durante a participación do seu fillo Filipe II Augusto na Terceira Cruzada.

Branca de Castela:

entre 1226 e 1234 pola minoría do seu fillo Luís IX.

desde 1248 e ata 1252 pola ausencia do seu fillo nas Cruzadas.

Xoana de Borgoña: durante as varias ausencias do seu esposo, Filipe VI, pola Guerra dos Cen Anos.

Isabel de Baviera-Ingolstadt: informalmente, durante a demencia do seu esposo Carlos VI (1393-1420)

Catarina de Medici:

en 1552, pois o seu esposo Henrique II encontrábase nunha Campaña Militar.

por tres anos desde 1560, pois o seu segundo fillo Carlos IX aínda era menor de idade.

por un breve período en 1574, mentres o seu fillo Henrique III chegaba desde Polonia para asumir a coroa.

María de Médici: desde 1610 e ata 1614, pola minoría de idade do seu fillo Luís XIII ao morrer Henrique IV.

Ana de Habsburgo: a partir de 1643 e ata 1651, en nome do seu fillo Luís XIV, aínda menor de idade.

Euxenia de Montijo: en tres ocasións durante as ausencias do seu esposo Napoleón III.Desde o ano 987, da voda de Hugo I de Francia, cóntanse 53 consortes dos monarcas franceses, delas 49 levaron o título de Raíña de Francia, Raíña Consorte ou Raíña dos franceses. Tres delas levaron o título de Emperatriz dos franceses e unha foi coñecida como Consorte Real.

Luís Bonaparte

Luís Napoleón Bonaparte (en francés: Louis Napoléon Bonaparte) nado o 2 de setembro de 1778 en Ajaccio, Córsega, Francia, o 25 de xullo de 1846 e finado en Livorno, Gran Ducado de Toscana, foi un príncipe francés, irmán do emperador Napoleón Bonaparte.

A partir de 1806, e grazas á influencia do seu irmán, converteuse en Rei de Holanda co nome de Luís I de Holanda (en neerlandés: Lodewijk I).

Despois da derrota de Napoleón usou o título de Conde de Saint-Leu.

Raíñas e reis consortes de España

A continuación presentase a lista de mulleres que foron consortes dos monarcas españois e que son coñecidas como Raíñas consortes de España; dentro da lista figura un home, o rei consorte Francisco de Asís, esposo de Isabel II. A lista só contén as esposas dos reis da España unificada e non dos reinos anteriores á Reconquista. Tamén recóllese a dinastía Bonaparte, a pesar de que o rei Xosé I non foi recoñecido como tal polas Cortes Xerais e que a súa dona, Julia Clary, non chegou a estar nunca en España.

Dentro da lista figuran algunhas das consortes que se encargáron da rexencia do reino por distintos motivos, estas foron:

Isabel de Borbón; durante 1640 pois o seu esposo Filipe IV encontrábase na Guerra de Cataluña.

Mariana de Austria; rexente dez anos a partir de 1665 ata 1675 por la minoría de idade do seu fillo Carlos II.

María Luísa Gabriela de Savoia; en 1702 durante a Guerra de Sucesión Española.

María Cristina de Borbón-Dúas Sicilias; desde 1833 e ata 1840 pola minoría de idade da súa filla Isabel II.

María Cristina de Habsburgo-Lorena; a partir de 1885 e ata 1902, pola minoría de idade do seu fillo Afonso XIII.

Reis de España

A lista dos reis de España comeza cos Reis Católicos porque se considera que España comezou a existir cando a Coroa de Castela e a Coroa de Aragón uniron os seus reinos a través do matrimonio de Isabel I de Castela con Fernando II de Aragón, aínda que os reinos seguiron tendo leis separadas e a denominación da Monarquía incluía varios reinos (a máis común sería Rei de Castela, Aragón, León, Granada e Toledo, aínda que variaba moito). O termo España referíase á Península Ibérica en conxunto até o recoñecemento definitivo da independencia de Portugal en 1668 e o título rei de España só se comezou a utilizar polos monarcas en 1874 (anteriormente Isabel II utilizou o de Raíña das Españas).

Xosé I de España

Xosé Bonaparte, coñecido tamén como Xosé I Bonaparte ou Xosé Napoleón I, nado o 7 de xaneiro de 1768 en Corte, Córsega, daquela na República de Xénova, e finado o 28 de xullo de 1844 en Florencia, Gran Ducado de Toscana, foi un político, diplomático e avogado francés, irmán maior de Napoleón Bonaparte, diputado por Córsega no Consello dos Cincocentos (1797-1799) e secretario do mesmo, e novamente no Corpo Lexislativo (1799-1800), ministro plenipotenciario e membro do Consello de Estado (1800-1804), Príncipe e Gran Elector do Primeiro Imperio Francés (1804-1806), rei de Nápoles e Siclia entre o 30 de marzo de 1806 e o 5 de xullo de 1808 co nome de Xosé I e rei de España e das Indias entre o 6 de xuño de 1808 e o 11 de decembro de 1813 co nome de Xosé I, e tenente xeneral do Imperio francés (1814).

En España, a súa proclamación como monarca foi precipitada polo incremento da violencia que seguiu ao episodio do Levantamento do 2 de maio e culminou nun período de convulsións e intrigas políticas instigadas pola estratexia do emperador Napoleón I para obter a abdicación do trono da dinastía reinante de Carlos IV de España asegurando a influencia e a primacía do Primeiro Imperio Francés e incrementando a dependencia española para cos intereses políticos, económicos e militares bonapartistas, en detrimento das súas nacións inimigas, principalmente Portugal e Gran Bretaña. Porén, lonxe de obter unha lexitimación ante a maioría da opinión pública e de frear a dinámica do enfrontamento armado, esta proclamación foi rexeitada polos órganos de poder autóctonos como o Consello de Castela e a Xunta Suprema Central e, máis adiante, polas Cortes reunidas en Cádiz, decidindo a xeneralización do conflito da guerra da Independencia española. Neste contexto, o goberno de Xosé I Bonaparte, que debía distinguirse polo seu carácter reformista xurdido da Carta de Baiona, só puido exercerse nas zonas baixo o control militar do Exército imperial e, aínda que a maior parte das súas accións non puideron concretarse ante a continua hostilidade, ou foron derrogadas durante o reinado de Fernando VII de España, outras perduraron, como as melloras do urbanismo en varias cidades.

Xosé Bonaparte fundou a Gran Loxia Nacional de España e foi Gran Mestre do Grande Oriente de Francia, e do Grande Oriente de Italia.[Cómpre referencia].

Foi distinguido coa Grande Aguia da Lexión de Honor.En España foi alcumado despectivamente como Pepe Botella e Pepe Plazuelas.

Xulia Clary

María Xulia Clary (en francés, Marie Julie Clary, coñecida habitualmente como Julie Clary), nada en Marsella o 26 de decembro de 1771 e finada en Florencia o 7 de abril de 1845, foi a esposa de Xosé Bonaparte e raíña consorte de Nápoles desde 1806 a 1808, ano en que pasou a ser a raíña consorte do España, até 1813. Porén, nunca chegou a vivir no país, e foi alcumada polos españois como la reina intrusa.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.