Casa de Altamira

A casa de Altamira foi unha casa nobiliaria galega, vencellada á familia dos Moscoso. Tiñan a casa matriz nas Torres de Altamira, no actual concello de Brión.

Os Moscosos eran unha familia de fidalgos composteláns do século XIV, que con Roi Sánchez de Moscoso se converten en señores de Altamira, e despois con Lope Sánchez de Moscoso (1468-1504) en condes de Altamira.

Foi á Grandeza de España o 31 de outubro de 1613 polo rei Filipe III a favor de Lope de Moscoso Osorio, V conde de Altamira.

Casa de Altamira
Corona de conde
Primeiro titularLope Sánchez de Ulloa y Moscoso
ConcesiónHenrique IV de Castela
13 de marzo de 1455
LiñaxesCasa de Altamira
Casa de Sessa
Casa de Aguilar
Actual titularGonzalo Barón y Gavito

Condes de Altamira

Titular Período
Creación por Henrique IV de Castela
I Lope Sánchez de Ullóa y Moscoso 1455 - ?
II Urraca de Moscoso y Castro ?
III Rodrigo de Moscoso y Osorio ?
IV Álvaro Lope de Moscoso Osorio y Andrade ?
V Rodrigo de Moscoso Osorio y Álvarez de Toledo ?
VI Lope de Moscoso Osorio y Castro ? - 1636
VII Gaspar de Moscoso Osorio y Sandoval 1636 - 1672
VIII Luis de Moscoso Osorio Mendoza y Rojas 1672 - 1705
IX Antonio Gaspar de Moscoso Osorio y Aragón 1705 - 1725
X Ventura Osorio de Moscoso y Guzmán Dávila y Aragón 1725 - 1734
XI Ventura Osorio de Moscoso y Fernández de Córdoba 1734 - 1776
XII Vicente Joaquín Osorio de Moscoso y Guzmán 1776 - 1816
XIII Vicente Isabel Osorio de Moscoso y Álvarez de Toledo 1816 - 1837
XIV Vicente Pío Osorio de Moscoso y Ponce de León 1837 - 1864
XV José María Osorio de Moscoso y Carvajal-Vargas 1864 - ?
XVI Francisco de Asís Osorio de Moscoso y Borbón ? - 1924
XVII Francisco de Asís Osorio de Moscoso y Jordán de Urríes 1924 - ?
XVIII Gerardo Osorio de Moscoso y Reynoso ? - 1936
XIX Leopoldo Barón y Osorio de Moscoso 1955 - 1974
XX Gonzalo Barón y Gavito 1976 - actual titular

Véxase tamén

Bibliografía

  • Vasco da Ponte (1986) Recuento de las casas antiguas del reino de Galicia. Xunta de Galicia. ISBN 8450533899
  • García, Oro, J. / Potela Silva, Mª J. (2003) La casa de Altamira durante el Renacimiento: estudio introductorio y colección diplomática. Santiago de Compostela: El Eco Franciscano.

Outros artigos

Alonso de Castro

Alonso de Castro e Ponce de León, foi un nobre galego, señor de Castroverde. Foi fillo de Alvar Peres de Castro, primeiro conde de Arraiolos (vila portuguesa no Distrito de Évora), primeiro conde de Viana da Foz do Lima e primeiro condestábel de Portugal, e da súa dona María Ponce de León. Á súa vez, era neto, por liña paterna, de Pedro Fernández de Castro, "o da guerra", señor da Casa de Lemos (finado en 1343) e da dama portuguesa Aldonça Lorenço de Valadares (nada contra o 1270). Por liña materna os seus avós foron don Pedro Ponce de León, "o vello", señor de Marchena e Bailén, e da súa dona Beatriz de Jérica e Lauria (1305-1372). Polo tanto, Alonso de Castro descendía por vía paterna, da Casa Real de Castela, sendo bisneto de Sancho IV, "o Bravo", rei de Castela e León. Por vía materna, era descendente directo de Xaime I o conquistador, rei de Aragón.

Foron irmáns de don Alonso de Castro:

-Pedro de Castro "o Vesgo", señor de Cadaval, que casou con Leonor Tellez de Meneses, cuxa descendencia deu continuidade á casa de Cadaval;

-Beatriz de Castro, casada con Pedro Núñez de Lara, conde de Mayorga, matrimonio que non tivo descendencia;

-Sabela de Castro, casada con Pedro Enríquez, conde de Lemos, cuxa descendencia deu continuidade á casa de Lemos.

Altamira

O topónimo Altamira pode referirse a:

Altamira, lugar da parroquia de Anceis, no concello de Cambre;

Altamira, lugar da parroquia de Xesteda, no concello de Cerceda;

Altamira, lugar da parroquia de Roca, no concello de Guitiriz;

Altamira, lugar da parroquia de Dena, no concello de Meaño;

Altamira, lugar da parroquia de Taboexa, no concello das Neves;

Altamira, lugar da parroquia de Devesos, no concello de Ortigueira;

Altamira, lugar da parroquia de Santa María de Salceda, no concello de Salceda de Caselas;

Altamira, lugar da parroquia de Vilalonga, no concello de Sanxenxo;

Altamira, lugar da parroquia de Cira, no concello de Silleda;

Altamira, lugar da parroquia de Campo, no concello de Trazo;

Altamira, lugar da parroquia de Distriz, no concello de Vilalba;

Altamira, lugar da parroquia de Galdo, no concello de Viveiro;

A Altamira, lugar da parroquia de Vilamourel, no concello de Paderne;

Casa (homónimos)

Casa pode referirse a:

Casa, unha construción destinada a vivenda;

Casa circular, a desta forma, característica de civilizacións antigas;

Casa de indianos, a promovida en Galicia por emigrantes en América con éxito;

Casa reitoral, a asignada pola Igrexa ao sacerdote dunha parroquia;

Casa señorial, na que residiu a persoa que lle deu nome a unha liñaxe;

Casa grande, un tipo de casa señorial;

Casa, cada un dos cadros dun taboleiro de xadrez;

Castelo de Castroverde

O castelo de Castroverde é unha fortaleza situada no concello de Castroverde. A antiga construción do século XIV, pertenceu a Alvaro Pérez Osorio, duque de Aguiar e conde de Villalobos por doazón de Henrique II de Castela. Un século máis tarde apoderouse do castelo Sancho Sánchez de Ulloa, conde de Monterrei, e trala súa morte herdouno a súa curmá Isabel de Castro. Xa no século XVI, Lope Osorio de Moscoso, da casa de Altamira, mercou o castelo, a vila e mailas terras. Actualmente é propiedade privada.

Deste antigo castelo, só quedan en pé as ruínas da antiga muralla, e a torre da homenaxe con planta rectangular de 12 por 10 metros, con 20 metros de altura en cinco andares con muros graníticos de 2 metros de espesor.

Situada no cumio dun outeiro sobre a que se levanta a vila, sobre as ruínas dun antigo castro. Destacan no lado norte, a porta de entrada con lintel semicircular, adornado coa figura en relevo dun guerreiro (gaiteiro?). Na cara oeste, ventá con arco e tímpano e escudo de seis roeles. No lateral sur, unha ventá con dobre aspilleira, en arco.

Castelo do Pico Sacro

O Castelo do Pico Sacro foi construído na Alta Idade Media no cumio do Pico Sacro, substituíndo unha pequena capela próxima ó mosteiro de San Sebastián. No século XV a fortaleza foi destruída durante as revoltas irmandiñas, e foi posteriormente reconstruída polo arcebispo Alonso de Fonseca para defenderse da casa de Altamira afincada na torre de Cira. Só se conservan restos da planta e do alxibe.

Centulle, San Xurxo de Asma, Chantada

Centulle e un lugar na parroquia de San Xurxo de Asma, no concello de Chantada, na comarca de Chantada, na provincia de Lugo. Segundo o IGE en 2011 tiña 106 habitantes, dos que 55 eran homes, e 51 eran mulleres; o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 119 habitantes.

O castro de Centulle atópase en mal estado de conservación. Pénsase que tiña unha configuración do modelo espiral, con dous corpos posuíndo tramos de tres. No recinto atopáronse restos de vaixela e de muíños de man. Diversas hipóteses defenden que aquí estaba a fortaleza dos Circa, arrasada polos normandos e máis tarde pertencente á casa de Altamira.

Nel construíuse a mediados do século XX o santuario da Nosa Señora de Fátima. Promovido polo párroco Emilio Eyré Lamas, foi o primeiro santuario dedicado en España a Virxe de Fátima. O templo foi concibido a modo de fortaleza, coroado con cruces gaélicas, dun modo semellante ao dos castelos irlandeses. O santuario recolle unha mestura de elementos arquitectónicos mozárabes, románicos e gaélicos. A talla de Nosa Señora de Fátima foi elaborada por Capa na escola de Belas Artes de Madrid, sendo consagrada na Academia de San Fernando o 12 de xuño de 1945.

Chantada

Chantada é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca de Chantada e á Ribeira Sacra. Segundo o IGE no ano 2017 tiña 8.371 habitantes (8.897 no 2011,8.951 no 2010,9.249 no 2006, 9.366 no 2005, 9.463 no 2004, 9.650 no 2003). O seu xentilicio é (véxase no Galizionario) «chantadino» ou «chantadés».

Convento de San Domingos de Bonaval

O convento de San Domingos de Bonaval é un antigo convento dominico do século XIII cunha fábrica composta de elementos góticos, barrocos e neoclásicos.

Corcubión

Corcubión é un concello galego, o máis pequeno da provincia da Coruña. Pertence á comarca de Fisterra. Formado por tan só dúas parroquias (Corcubión e Redonda) está atravesado pola estrada C-552 que o comunica cos municipios limítrofes e coa capital provincial a 94 km. A vila foi declarada Conxunto Histórico-Artístico en 1985.

Cumeiro, Vila de Cruces

San Pedro de Cumeiro é unha parroquia que se localiza no concello de Vila de Cruces. Segundo o IGE en 2011 tiña 221 habitantes (110 mulleres e 111 homes), distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 287 habitantes.

Nesta parroquia naceu o xornalista e escritor Alfredo García Ramos.

Mosteiro de Santa María de Aciveiro

Santa María de Aciveiro é un mosteiro medieval beneditino que vertebrou a vida económica e social da Terra de Montes desde a súa fundación no século XII ata a exclaustración producida pola desamortización no século XIX, concretamente no ano 1842, data da súa poxa.

Navia de Suarna

Navia de Suarna é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca dos Ancares. Segundo o IGE en 2015 tiña 1.211 habitantes (1.615 no 2006, 1.680 no 2005, 1.732 no 2004, 1.807 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «naviego».

Pazo de Trasariz

O pazo de Trasariz é un conxunto pacego da vila de Vimianzo. Atópase a escasa distancia do centro urbano e moi preto do seu principal símbolo arquitectónico: o castelo medieval.

Rodrigo de Moscoso Osorio e Álvarez de Toledo

Rodrigo de Moscoso Osorio e Álvarez de Toledo, nado en 1530 en Santiago de Compostela, foi un nobre galego, V conde de Altamira.

Torres de Altamira

As Torres de Altamira son as ruínas dun castelo medieval e que foi a casa matriz da familia dos Moscoso, poderosa familia que xogou un destacado papel na Idade Media en Galicia.

Xosé García Oro

Xosé García Oro, nado en Goiás (Lalín) o 5 de setembro de 1931 e finado en Noia o 8 de xaneiro de 2019, foi un relixioso e historiador especialista en historia da Baixa Idade Media e historia moderna do Reino de Galicia.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.