Casa das Campás

A Casa das Campás é unha das tres construcións máis antigas que se conservan da cidade de Pontevedra, e posiblemente a máis vella das civís. Localízase na rúa Don Filiberto, 11, no casco histórico.

Coordenadas: 42°25′57″N 08°38′47″O / 42.43250, -8.64639

Casa das Campás
Fachada da Casa das Campás.

Historia

Debida á falta de documentación, as súas orixes non están claras, pero suponse que pertence á Época Baixomedieval polos escudos que se atopan na fachada e o estilo das portas. Estes escudos relaciónana coa liñaxe dos García Camba ou máis probabelmente coa dos Puga, señores de Regodeigón en Ribadavia.

A primeira referencia existente das Casa das Campás é do ano 1587. Daquela, a edificación estaba preto da igrexa de San Bartolomeu o Vello, que por razóns que se descoñecen non tiña campá. Por esta razón, para chamar ós fregueses usábase o carillón da casa dos Puga, que por aquel entón xa pasara a mans dos monxes beneditinos do mosteiro de San Salvador de Lérez. Os monxes tamén empregaron a Casa das Campás como adega de viño, na que podían chegar a almacenar uns 12.000 litros.

Máis adiante, nos anos da posguerra, a casa foi coñecida como "Bar Pitillo" porque no baixo había un establecemento no que se obsequiaba ós clientes con tabaco. Na década de 1980 a edificación ficou en estado de abandono ata que foi adquirida polo concello no ano 2000 coa finalidade de restaurala. Actualmente é a sede da Vicerreitoría da Universidade de Vigo.

Lenda

Durante os séculos XIX e XX corría o rumor de que na casa estaba escondido o tesouro de Benito Soto, o pirata pontevedrés.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Basílica de Santa María a Maior de Pontevedra

A basílica de Santa María a Maior é unha das igrexas parroquiais de Pontevedra. Foi consagrada como basílica o 10 de xaneiro de 1962 por Xoán XXIII.

Campus Universitario de Pontevedra

O Campus Universitario de Pontevedra é un recinto que acolle varios centros educativos da Universidade de Vigo. Está situado na cidade de Pontevedra, á beira do Lérez, en terreos construídos con recheos sobre as xunqueiras do río, se ben tamén adoita incluír no campus tres edificios situados no centro da cidade. En 2006 o alumnado conformábano 3.452 persoas.

Capela da Virxe Peregrina de Pontevedra

A capela da Virxe Peregrina é un templo relixioso situado en Pontevedra, declarada Ben de Interese Cultural. Foi construída a partir do 18 de xuño de 1778, seguindo un proxecto de Antonio Souto costeado pola confraría da súa advocación. A primeira misa celebrouse o 2 de agosto de 1794.

Carme Adán

Carme Adán Villamarín, nada en Donostia (Guipúscoa) o 16 de decembro de 1966, é unha política e intelectual e profesora galega.

Casa dos Fonseca

A Casa dos Fonseca é unha construción situada no Paseo de Colón na cidade de Pontevedra. É un dos edificios históricos máis impactantes da cidade, que salienta pola súa arquitectura neoclásica e por dúas esfinxes de pedra e dúas altas palmeiras canarias que flanquean a súa entrada. Na actualidade é a sede do Arquivo Histórico da Provincia de Pontevedra.

Cemiterio de Santo Amaro de Pontevedra

O cemiterio municipal de Santo Amaro (tamén coñecido como San Mauro) é un camposanto da parroquia de Mourente, no concello de Pontevedra. Trátase do cemiterio máis grande de todo o municipio. Foi proxectado en 1879 polo arquitecto municipal Alejandro Rodríguez Sesmero e inaugurado o 29 de setembro de 1882. O primeiro persoeiro famoso en ser enterrado aquí foi o escritor pontevedrés Andrés Muruais, finado días despois da inauguración do recinto.En 2012 o concello puxo en marcha un programa de visitas guiadas polo camposanto.

Chévere

O Grupo Chévere (Chévere Producciones S.L.U.) é unha compañía de teatro independente e produtora audiovisual galega, con sede en Teo.

Convento de San Francisco de Pontevedra

O convento de San Francisco é un convento franciscano de Pontevedra, situado no centro da vila. Na actualidade está ocupado por catro frades.

Hospital Provincial de Pontevedra

O Hospital Provincial de Pontevedra, de titularidade pública, que entrou en servizo no ano 1897, pertence ao Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra (CHOP) e está situado no barrio da Eiriña.

Illa das Esculturas

A illa do Covo, denominada popularmente como illa das Esculturas, é unha insua situada preto da foz do río Lérez, en Pontevedra. Ten uns 70.000 m², e está conectada con ambas beiras do río por pasarelas e pontes.

Kiko da Silva

Francisco Javier da Silva Irago, coñecido artisticamente como Kiko Da Silva, nado en Vigo o 20 de xuño de 1979, é un autor de banda deseñada historietista, ilustrador e director editorial galego.

Museo Provincial de Pontevedra

O Museo Provincial de Pontevedra foi fundado pola Deputación de Pontevedra o 30 de decembro de 1927. Está rexido por un padroádego, sendo a Deputación Provincial de Pontevedra o seu titular. Dispón de cinco edificios históricos e un sexto de nova construción, con salas de exposición permanente e temporais. Os fondos do museo son pluridisciplinares, clasificados en salas de belas artes, arqueoloxía, etnografía e artes aplicadas. O edificio fundacional, o Castro Monteagudo, localízase na rúa Pasantería en Pontevedra.

Foi distinguido en 1996 coa Medalla de Ouro de Galicia.

Palacete das Mendoza

O Palacete das Mendoza é un edificio histórico situado na zona vella da vila de Pontevedra, entre a avenida de Santa María e a rúa Arcebispo Malvar. É a sede do Padroado de Turismo Rías Baixas.

Pontevedra

Pontevedra é unha cidade e concello do suroeste de Galicia, capital da provincia de Pontevedra, da comarca homónima e das rías Baixas. Está situada nas beiras do río Lérez e da ría de Pontevedra.

Praza da Ferrería

A praza da Ferrería é un enclave da cidade de Pontevedra situado no límite da zona vella da cidade. Ten unha superficie duns 2.000 m².

Ramón Nicolás

Ramón Nicolás Rodríguez, nado en Vigo o 9 de xuño de 1966, é un profesor, crítico literario, tradutor e escritor galego.

Santiago Lopo

Santiago González Lopo, coñecido como Santiago Lopo, nado en Vigo o 2 de marzo de 1974, é un escritor, profesor e tradutor galego.

Universidade de Vigo

A Universidade de Vigo é unha universidade pública inserida dentro do Sistema Universitario de Galicia con sede na cidade de Vigo. Conta con campus en tres cidades: Campus de Vigo, Campus de Pontevedra e Campus de Ourense. No 2010 a Universidade de Vigo converteuse no centro do campus de excelencia internacional interuniversitario Campus do Mar, no cal participan as tres universidades galegas e varias portuguesas do norte, así como centros CSIC e IEOs.Dende o 2018 Manuel Reigosa, fisíologo vexetal, ocupa o cargo de reitor.

Xosé Ballesteros

Xosé Ballesteros Rei, nado en Vigo o 14 de marzo de 1956, é un escritor e editor galego. Dende maio de 2016 é o presidente da Asociación Galega de Editores.

De interese en Pontevedra
Lugares senlleiros
Espazos relixiosos
Museos
Parques e espazos naturais
Artes escénicas
Outros lugares

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.