Casa da Alfóndega

A casa da Alfóndega é unha casa galega situada no concello pontevedrés de Redondela, na parroquia homónima.[1]

Preto da casa da Torre, foi construída no século XVI pola familia Prego de Montaos. Destaca polos brasóns da súa fachada. Recibe este nome da praza da Alfóndiga (lugar de venda de graos).

Coordenadas: 42°16′56.68″N 8°36′30.35″O / 42.2824111, -8.6084306

Casa da Alfóndega
Casa da Alfóndiga, Redondela
ConcelloRedondela
ProvinciaPontevedra
ComunidadeGalicia
Estilo arquitectónico
Estilo actualRenacentista (Renacentista)
Estado actualEn bo estado
Véxase tamén
Pazos de Galicia

Descrición

Escudo Casa da Alfóndiga, Redondela
O brasón da parte dereita da fachada, esculpido en pedra, representa o escudo de catro familias: os Lira, os Prego de Montaos, os Ozores e os Troncoso

A construción da casa data do século XVI pola familia Prego de Montaos, a mesma familia propietaria da casa da Torre, que se atopa ao seu carón. A orixe do topónimo reside na praza que leva o mesmo nome, debido á que no pasado era empregada coma lugar de venda de gran.

Na súa fachada conta con dous brasóns, un a cada carón da entrada. O brasón esquerdo pertence ao escudo da familia Prego de Montaos, mentres que o da dereita pertencen ás liñaxes dos Lira, Prego de Montaos, Ozores e Troncoso.

Está situado na rúa Isidoro Queimaliños, e na actualidade o seu uso é privado.

Notas

  1. Casa da Alfóndega na páxina web colaborativa Patrimoniogalego.net.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Juan Manuel López-Chavez Meléndez e Grato Enrique Amor Moreno: "Alhóndiga" en Inventario Pazos y Torres de la provincia de Pontevedra (tomo I), p. 194. Deputación de Pontevedra, 1988. ISBN 84-86845-09-2.

Outros artigos

Ligazóns externas

Camiño Portugués

Baixo a denominación de Camiño Portugués agrúpanse distintas vías do Camiño de Santiago que, con orixe en Portugal, van cara a Santiago de Compostela. Tradicionalmente, descríbense dúas rutas principais que ascenden desde o sur de Portugal, unha pola costa desde Lagos a Lisboa, Coímbra e Tui; e outra polo interior desde Faro a Évora, Chaves e Verín. Estas dúas rutas principais presentan numerosas variantes locais e comunicacións entre unha e outra formando unha rede de Camiños interconectados cara ao norte. En consecuencia, o acceso a Galicia faise por Valença do Minho a Tui ou por Braga a Ourense, sendo a primeira alternativa a máis utilizada, con diferenza, e a que, xa en Galicia, recibe oficialmente o nome de Camiño Portugués. Mesmo existe unha terceira variante que entra por Caminha á Guarda e ascende pola costa de Pontevedra, que recibe o nome de Camiño Monacal en referencia ó mosteiro de Oia, por onde pasa.

A Asociación de Amigos do Camiño Portugués comezou a sinalizar e cartografar o Camiño Portugués en 1993, desde Tui. Membros desta asociación cifraban en 500 peregrinos anuais os que seguían esta ruta nos seus inicios, experimentando desde hai anos un crecemento progresivo ata alcanzar os 52.000 do ano 2016, o que o converteu na segunda ruta Xacobea en importancia, aínda que a gran distancia do Camiño Francés. Segundo a Oficina do Peregrino, nos últimos anos accederon a Santiago polo Camiño Portugués un número crecente de peregrinos: 35.494 en 2014 (un 14,92% do total de peregrinos por tódolos camiños), 43.158 en 2015 e 52.190 en 2016., fronte ós 176.329 que chegaron polo Camiño Francés en 2016 (o 63,38% do total). Canto á nacionalidade dos peregrinos, os portugueses representan ó redor do 5% e manteñen ano tras ano un cuarto posto, por detrás de españois (ó redor do 50%), alemáns (8%) e italianos (6,5%).

Para mellorar e aumentar o atractivo desta ruta, a Deputación de Pontevedra, a Xunta de Galicia e mais os doce concellos polos que transcorre o Camiño acordaron en 2014 crear unha mesa de seguimento para analizar os problemas detectados, afrontar labores de mantemento e deseñar medidas para potencialo. En setembro dese mesmo ano comezaron os traballos de limpeza e sinalización, cun orzamento dun millón de euros.

Casa (homónimos)

Casa pode referirse a:

Casa, unha construción destinada a vivenda;

Casa circular, a desta forma, característica de civilizacións antigas;

Casa de indianos, a promovida en Galicia por emigrantes en América con éxito;

Casa reitoral, a asignada pola Igrexa ao sacerdote dunha parroquia;

Casa señorial, na que residiu a persoa que lle deu nome a unha liñaxe;

Casa grande, un tipo de casa señorial;

Casa, cada un dos cadros dun taboleiro de xadrez;

Festa da coca de Redondela

A festa da Coca é unha celebración de orixe pagá que ten lugar no concello de pontevedrés de Redondela, e que ten lugar o día do Corpus Christi. A orixe desta celebración radica na lenda mitolóxica da coca, un ser da mitoloxía galega que vive nas augas do mar ou dos ríos. Foi declarada Festa de Interese Turístico Galego en 2001.A razón da celebración é a derrota deste animal mitolóxico a mans dos mozos de Redondela. Así, para conmemorar esta vitoria, realízanse representacións tanto do propio animal coma da batalla na cal a Coca foi derrotada. Esta representación coñécese como danza das Espadas, representando aos mozos que comezaron a danzar coas súas armas arredor do animal morto após de derrotalo, e baile das Penlas, representando a celebración das doncelas liberadas das fauces do dragón.

Ademais de en Redondela, a festa da Coca segue a celebrarse en diferentes lugares do conxunto etnográfico galego-portugués, como Betanzos ou Monção. Está última localidade posúe desde o ano 2002 un irmandamento con Redondela, e desde o 2003 ambas as dúas celebracións son publicitadas baixo unha promoción turística conxunta.

Redondela

Redondela é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Vigo. O seu xentilicio é redondelán. Ten unha superficie de 52,1 km² e, segundo o IGE, a 1 de xaneiro de 2018 tiña 29.194 habitantes, dos cales 14.219 eran varóns e 14.975 eran mulleres, resultando unha densidade de poboación de 560,35 hab./km². É o cuarto concello máis poboado da provincia, por detrás de Vigo, Pontevedra e Vilagarcía de Arousa, e está situado entre as dúas primeiras, a 13 km de Vigo e a 20 km de Pontevedra.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.