Casa circular

Unha casa circular (roundhouse en inglés) é un tipo de construción, xeralmente vivenda, cunha planta circular ou arredondada, orixinalmente construídas na Europa atlántica, usando paredes feitas en pedra ou de madeira e barro, e un típico colmado cónico coma cuberta. O diámetro destas construción vai dende diámetros de menos de 5 metros até casas de máis de 15 metros. Nos últimos tempos púxose de moda nalgúns países desenvolvido a construción de eco-vivendas circualres usando técnicas con materiais ecolóxicos como colmo, arxila, madeira e palla. En Galicia as vivendas circulares foron moi abundantes nos castros, incluso trala chegada dos romanos que introduciron a planta cadrada. A herdanza deste tipo de construción mantívose nalgúns lugares até comezos do século XXI, sendo o exemplo mási claro a palloza das serras orientais. As construción prerromanas circulares foron tamén frecuentes en todo o litoral atlántico europeo, relacionándose coa cultura celta e precelta. Existen casas circulares noutras partes do mundo, como en África.

Casa en el Castro celta de Santa Trega (Galicia, España)
Fogar castrexo cisrcular reconstruído no castro de Santa Trega, A Guarda, Galicia.
O Castro de Vigo (25)
Recosntrución de vivendas no Castro de Vigo, Galicia.

Europa

Gran Bretaña

As casas circulares eran o modelo estándar de construción na Gran Bretaña dende a Idade de Bronce, en toda a Idade de Ferro e até ben entrada a romanización das illas. Para a construción das paredes empregábase cachotaría de pedra ou postes de madeira unidos con paneis feitos de ripas de madeira e barro (wattle-and-daub). As cubertas arranxábanse con colmados cónicos. En Escocia atopamos exemplos destes tipos de casas con diferentes tipoloxías: as atlantic roundhouses, brochs ou as wheelhouses. Pódense atopar aínda restos de poboados de casas circulares da Idade de Bronce espallados en uceiras abertas como na zona de Dartmoor (sur de Inglaterra), da mesma tipoloxía ca os castros galaicos.

A maior parte do que se asume acerca destas estruturas deriva da disposición dos foxos dos poste de pedra empregados na súa construción, aínda que se atoparon restos de madeira conservados nalgunhas turbeiras, que demostran a construción de casas circulares con teitos cónicos, pois son as formas máis eficientes de construción primitiva.

Peter J. Reynolds (arqueólogo británico) tamén demostrou que, aínda que unha lareira central tería existido no interior para quentar a estancia e cociñar, non existiría porén un buraco no cume para a saída do fume, pois isto causaría que se xerase unha corrente ascendente de ar con muxicas que prenderían axiña no colmo. Pola contra, o fume sairía aos poucos entre a palla coma ocorría nas pallozas e nas casas tradicionais humildes galegas, que seían carecer de cheminea.[1]

No Reino Unido téñense reconstruído moitas destas casas.

Roundhouse (dwelling) Celtic Wales.jpeg

Reconstrución de vivenda circular en Gales.

Barbury Castle - Iron Age house building

Barbury Castle, Swindon, Wiltshire, Inglaterra.

Bodrifty Reconstruction - geograph.org.uk - 974896

Bodrifty Iron Age Settlement, Cornualles.

Butser Farm view

Butser Ancient Farm, Hampshire, Inglaterra.

Cae Mabon Round House

Cae Mabon, Gales.

Castell Henllys - geograph.org.uk - 67364

Castell Henllys, Pembrokeshire, Gales

Loch Tay Crannog

Crannog escocés, Loch Tay, Perthshire, Escocia.

Nas Illas Británicas estanse a construír novos deseños de casas circulares con balas de palla e teitos verdes de xeito que sexan sustentábeis. En Gales construíuse unha vivenda chamada That Roundhouse, que é un bo exemplo de construción circular sostíbel baseada na permacultura, feita cunha estrutura de madeira de abeto de Douglas e cuberta de turba.[2].

Irlanda

Ferrycarrig, nr Wexford - the Irish National Heritage Park - geograph.org.uk - 500810
Unha réplica de cabana circular no Irish National Heritage Park, Irlanda.

Os crannógs irlandeses atópanse en Craggaunowen, no Condado de Clare; the Irish National Heritage Park, in Wexford, Ireland

Galicia e Asturias

Son as construcións que abranguen a rexión da antiga Gallaecia (cultura castrexa) e do antigo Reino de Galiza (noroeste da Península Ibérica).

Pallozas

Artigo principal: palloza.
Palloza galega
Palloza nas montañas de Galicia.

A palloza é unha vivenda tradicional con colmado que se atopa na Serra dos Ancares. Son de planta circular ou oval, e sobre 10 ou 20 metros de diámetro, construídas para aturar as duras condicións invernais da montaña galaica (altitude duns 1,200 metros). As últimas foron abandonadas na última década do século XX, polo que son o último vestixio vivo de vida en casas circulares na Europa atlántica, herdanza das vivendas prerromanas.

As paredes son de pedra, e internamente atopamos separacións para a familia e o gando. O teito é cónico, feito de colmo sobre un enlatado de madeira que apoia nunha estrutura complexa de trabes e cangos. A lareira carece de chemines, polo que o fume ten que sair entre a palla do colmado.

Ademais de ser vivenda e corte, a palloza ten o seu propio forno de pan, o tear, e incluso nela traballábase a madeira (carpintaría), o metal (ferraría) e as peles (curtidoiro). Só a parella máis vella da casa tiña o seu propio cuarto, que partillaba cos máis novos. O resto da familia durmía no chan do sollado en leitos de feo.

Castros

Artigo principal: Cultura castrexa.

Outros

Noutras zonas de Europa atópanse construcións circulares antigas, coma o trullo italiano de Apulia, ou algúns exemplos noutras zonas de España. Porén moitas destas construción non sempre son circulares ou teñen as cubertas pétreas, polo que terían unha orixe diferente ás atlánticas.

África

Nakpanduri village center
Vila de Nakpanduri, ao norte de Ghana.

En África podemos atopar casa circulares en varios países subsaharianos, dende Mauritania a Suráfrica,[3] En Suráfrica coñécense coa verba africaner de rondavel.

Oceanía

Raun Haus, Papúa Nova Guinea

As casas circulares aínda se usan en Papúa Nova Guinea e son moi semellantes ás da Europa Occidental.[4]

Galería de imaxes

Loch tay crannog 02

Crannog recosntruída no Loch Tay, Escocia. Téñense estudado poboados semellantes en Galicia existentes até ahi pouco na lagoa de Antela.

Balboa palloza 2 lou

Falloza en Balboa, no Bierzo, León.

Piornedo visto por encima de la palloza museo

Palloza e hórreo en Piornedo, Galicia.

CSIRO ScienceImage 630 Eucalypts Used in African House Construction

Construción de cabanas en Zimbabwe.

Lucy in the sky

Choza con colmado en Lesotho.

Cabazo, Orosa, Palas de Rei 02

Os primitivos cabazos galegos tamén eran de planta circular, quizais como herdanza das construcións castrexas. Foto en Palas de Rei.

DSCN2814

Chozo de cabreiro en Estremadura, España.

Tomelloso Bombo del Museo del Carro

Bombo en Tomelloso, España.

Castros do Neixón

Castro do Neixón en Galicia.

Roundhouse (dwelling) Celtic Wales.jpeg

Unha reconstrución dunha casa circular celta da Idade de Ferro británica.

Pombal no Mosteiro de Carboeiro, 04 Ene 09

Pombal no Mosteiro de Carboeiro, estas construcións son das poucas que manteñen en Galicia a planta circular.

Notas

  1. Aston, Mick (2001-10-05). "Peter Reynolds: archaeologist who showed us what the Iron Age was really like (obituary)". The Guardian (Londres).
  2. "Secret village to be pulled down". BBC News. 1998-10-23. Consultado o 2009-04-12.
  3. Eric Rosenthal (1961–1978). Encyclopaedia of Southern Africa. Londres: F. Warne. p. 35. ISBN 0-7232-1487-5.
  4. "Raun Haus / Round Haus en Papúa Nova Guinea".

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Arquitectura prehistórica de Galicia

A arquitectura prehistórica de Galicia abrangue aquelas formas de construción empregadas polos habitantes de Galicia dende hai 2 millóns de anos (Prehistoria) ata a chegada dos romanos e a conseguinte romanización de Galicia.

Casa

Unha casa (do latín casa) é unha construción destinada a vivenda, construída a fin de ser habitada polo seres humanos, polo xeral por unha unidade familiar e/ou por un grupo de persoas vencelladas por vínculos de convivencia. A casa, formada polo teito e as paredes que pechan un recinto, serve para refuxiarse da choiva, o vento, o frío e a calor ou outras inclemencias meteorolóxicas así como de posibles intrusos humanos ou animais. Unha vivenda unifamiliar, que pode ser illada ou apegada a outras casas similares compartindo as paredes medianeiras ou formando fileiras máis ou menos longas nas rúas da maior parte das cidades e pobos. Pode organizarse nunha ou varias plantas: normalmente non superando as tres alturas. Pode tamén dispoñer dun rocho ou un semirocho, e dunha cuberta superior transitable, denominada azotea. Se dispón de terreo suficiente, pode contar tamén con patio e xardín. Algunhas poden ter terraza.

É o lugar no que historicamente se desenvolveron as actividades e relacións específicas da vida social ou familiar, desde o nacemento á morte de moitos dos seus compoñentes. Ademais é o lugar onde almacenar os aparellos e propiedades dos seus habitantes.

O paradigma máis estendido da casa urbana actual, corresponde á tipoloxía de casas apegadas que proliferan nas novas promocións inmobiliarias. Componse de dous ambientes: o de día, coa sala de estar como espazo ou habitación principal a cal, habitualmente fai as funcións de comedor constituíndo unha peza polifuncional chamada comedor-estar, onde se reúnen e fan varias actividades os diferentes membros da familia. O ámbito nocturno, ou de descanso fórmano as diferentes habitacións, a principal é a dos xefes de familia e as outras son as dos fillos, que poden compartir con outros inquilinos da casa como algún avó ou outros parentes ou amigos. Este paradigma ideal que forma a casa urbana de entre 70 a 100 metros cadrados de superficie co comedor-estar, cociña e dúas, tres ou ata catro dormitorios, un baño e outro baño pequeno (chamado lavabo ou aseo) etc., nunha casa apegada ou, con maior frecuencia, nun piso dentro dun edificio plurifamiliar atopámolo na base do urbanismo actual, como un índice estatístico fundamental para a planificación do crecemento urbano.

A casa ou a vivenda familiar é o principal produto e, xa que logo, a base da industria da construción e de todo o sector económico derivado que vai desde as fábricas de materiais de construción ata as axencias inmobiliarias ou as tendas de utensilios.

Pero por encima de todo, a casa é o lugar da vida familiar, consecuentemente, na súa organización espacial e no seu deseño reflicte as formas de vida e de organización social. A casa aglutina o conxunto de significado e significantes máis amplo da vida privada. É neste sentido que moitos autores (ver bibliografía) ven a casa como o resultado histórico dun proceso cultural, o reflexo dunha sociedade determinada, por exemplo, a Uma que ilustra este artigo, é a casa comunal tradicional do pobo mentawai de Indonesia e reflicte un esquema organizativo local propio dunha cultura moi diferente da nosa, a casa xaponesa, o Yurt dos pobos siberianos, o Tippi dos indios das pradeiras dos Estados Unidos etc., reflicten as correspondentes culturas, con matices e diferenzas ata a nivel rexional.

Tamén se denomina casa a algúns edificios destinados a servizos comunitarios, como a Casa consistorial, a casa de beneficencia, a casa de empeños, a casa de maternidade, a casa de socorro; a sedes institucionais principais, como a Casa Branca ou a Casa Rosada, ou ata ás de mala reputación, como as casas de camas, casas de citas etc.

En contraposición á casa, adóitase denominar piso (apartamento ou departamento) á vivenda unifamiliar que forma parte dunha edificación maior, normalmente de varias alturas.

Casa (homónimos)

Casa pode referirse a:

Casa, unha construción destinada a vivenda;

Casa circular, a desta forma, característica de civilizacións antigas;

Casa de indianos, a promovida en Galicia por emigrantes en América con éxito;

Casa reitoral, a asignada pola Igrexa ao sacerdote dunha parroquia;

Casa señorial, na que residiu a persoa que lle deu nome a unha liñaxe;

Casa grande, un tipo de casa señorial;

Casa, cada un dos cadros dun taboleiro de xadrez;

Castro (poboado)

Un castro (do latín: castrum) é un tipo de poboado fortificado que se espallou principalmente por Europa entre a Idade de Bronce e a de Ferro, que subsistiu ata a Idade Media. Concretamente na Península Ibérica destaca este tipo de asentamento no noroeste, onde pola súa concentración é un elemento definitorio da cultura prerromana coñecéndose co nome de Cultura castrexa, aínda que os castros seguiron a ser habitados ata ben entrada a Idade Media. Existen, porén, castros (hillforts) en toda a Europa atlántica, dende Finlandia ao Norte de Portugal pasando polas Illas Británicas.

Citania e cividade son sinónimos de castro, aínda que en Portugal designan especialmente castros de maiores dimensións e cun grao de desenvolvemento urbanístico maior, en gran parte polo influxo da romanización.

Non se sabe con exactitude o número de castros que houbo en Galiza pero pode estimarse nun mínimo de 3.000, aínda que non todos estaban ocupados á vez e quizais houbo arredor de 1.500 na época de maior vitalidade, pero tan só hai uns 50 castros escavados arqueoloxicamente.

Citania de Briteiros

A citania de Briteiros é un sitio arqueolóxico da Idade de Ferro do norte de Portugal. É unha das citanias máis características da cultura castrexa do noroeste da Península Ibérica.

As ruínas foron descubertas polo arqueólogo Martins Sarmento en 1875, sendo un dos primeiros castros escavados e estudados con métodos científicos .

Colmado

O colmado (de colmo: palla escollida de centeo ou de trigo usada para cubertas, este do latín culmus, palla de centeo) ou cuberta vexetal é unha cuberta feita de palla de centeo ou trigo que se usa nos palleiros e en certas construcións rústicas. Tamén recibe os nomes de colma, colmazo e colmo.

Constrúense artesanalmente realizando unha cuberta con vexetación seca de diferentes especies vexetais dependendo o tipo, dispoñibilidade ou lugar do mundo, como colmo, palla, carrizas, xuncas, xuncos ou queiroas e colocándoas en camadas, de xeito que a auga se elimine lonxe da cuberta interna. Probabelmente sexa este o material máis antigo que se ten empregado nas cubrición das cubertas, usándose tanto en climas tropicais coma temperados. Algúns construtores de países en vías de desenvolvemento aínda empregan cubertas vexetais, construíndoas normalmente con vexetación da zona e de baixo custo. Pola contra, nalgúns países desenvolvidos (Alemaña, Reino Unido) existe unha demanda deste tipo de cuberta, por parte de cidadáns acomodados que queren dar ao seu fogar un ar rústico.

En Galicia aínda existen mostras de colmados en vivendas das montañas, o caso máis coñecido é o das pallozas, porén as cubertas vexetais foron habituais, especialmente en construcións auxiliares (cabazos, hórreos, alpendres etc) até hai poucos anos. Outra mostra galega do uso de colmados deuse nas vivendas circulares dos castros antes da introdución da tella (tellados) polos romanos. As vivendas circulares (coñecidas en inglés coma roundhouses) déronse en toda a europa atlántica, posibelmente de orixe celta.

Galería de imaxes de Punxín

Galería de imaxes do concello de Punxín na provincia de Ourense.

Galería de imaxes de San Amaro

Galería de imaxes do concello de San Amaro na provincia de Ourense.

Galería de imaxes de castros galegos

Galería de imaxes de castros galegos.

Galería de imaxes do castro de San Cibrao de Las

O castro de San Cibrao de Las foi ocupado continuadamente dende o século II a.C. ata o século II d.C.

Palloza

Unha palloza é unha construción tradicional da serra dos Ancares de planta circular ou oval, aínda que tamén existen de planta rectangular ou de bocoi.

As súas medidas poden variar moito, dependendo das necesidades da familia, van dos dez os trinta metros de diámetro. O muro é de pedra con varias portas e fiestras ou con fachinelos sinxelos. Interiormente divídense nunha parte dedicada á vivenda e outra a corte dos animais. O teito é cónico (colmado), feito dunha escolma palla de centeo chamado colmo que illa termicamente a vivenda de condicións climáticas extremas coma a neve ou o excesivo calor estival. O colmo vai atado a unha unha estrutura desmontábel de vigas de madeira.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.