Casa Consistorial de Lugo

A Casa Consistorial do Concello de Lugo é un dos máximos expoñentes do barroco civil galego. Sitúase no centro da cidade de Lugo, na cabeceira da Praza Maior.

Ayuntamiento, Lugo, España, 2015-09-19, DD 01
Fachada do concello de Lugo

Historia

Situación Previa

As primeiras orixes constadas sitúanse nun documento do século XIV do bispo don Lope, quen di que o Concello reuníase nunha casa situada na praza das Cortiñas. Porén, o primeiro documento claro en relación á súa localización data do século XVI e sitúa con claridade o lugar de celebración das sesións da autoridade civil. Sinálase que o Concello se celebraba nunha das torres da muralla chamada a Muriega. Esta construción tamén era usada para a elección do deputado do común, o de abastos e a celebración de concellos públicos.

No ano 1546 documéntase que esta construción atopábase en mal estado obrigando ao traslado de sesións a outro edificio.

Antigas Casas Consistoriais

PeinetaLugo
Peite do concello

En 1570 o Concello asinou un troco co bispado polo cal a autoridade civil cedía o lugar do Canedo e a cambio recibíase a titularidade das Casas de Feira Vella ou Casas Grandes. O concello pretendía levantar nese lugar a súa sede. Para conseguilo, o rei concedeulles a posibilidade de cobrar un imposto sobre o comercio de viño, aceite e carne principalmente. Encargouse a obra ao canteiro Pedro de Artiaga.

Situouse no mesmo solar onde se acha o actual edificio, con fachada principal de cantería labrada, de estilo manierista, influencias locais e da arquitectura palacega santiaguesa co uso de arcos sostidos por columnas. Orixinalmente constaba de cinco vans, o central e o do extremo da dereita eran portas-fiestras. Nun documento do século XVII fálase de protexer as seis fiestras do edificio do sol durante os festexos. No ano 1587 Juan de Arce Solórzano foi contratado para realizar unha serie de obras. Uns anos máis tarde, ante a ausencia dun balcón na fachada principal, construíuse unha estrutura de madeira para que a raíña Mariana de Neoburgo puidese asistir aos festexos da cidade.

A principios do século XVIII os rexedores de Lugo fixeron chegar ao real Consello de Filipe V datos sobre o estado de ruína no que estaba a sede municipal. O rei atendeu a solicitude e ordenou un estudo de gastos. Frei Gabriel das Casas encargouse de preparar un proxecto coa aprobación dos mestres de Ourense e Santiago, Francisco Castro Canseco e Fernando de Casas e Novoa.

Edificio Actual

O proxecto de restauración quedou paralizado ata que en 1735, o alcalde José Montenegro das Seijas recuperou o proxecto da necesidade de construír unha nova casa consistorial. Encargouse un informe a Lucas Ferro Caaveiro e Pedro da Silva que puxo de manifesto o mal estado da fachada, que estaba apontoada e ameazaba con derrubarse.

Encargouse o proxecto de reforma tanto exterior como interior ao primeiro deles. A prioridade que se lle deu á reforma permitiu que os planos de Ferro Caaveiro foran aprobados en febreiro de 1736 e aprobouse a demolición do edificio anterior para levantar no seu lugar o novo. Ferro Caaveiro propuxo ampliar a superficie a edificar engadindo dúas salas máis á planta, e para iso mercou unha horta que limitaba coa parte posterior e occidental do edificio anterior. A obra prolongouse ata ben avanzada a seguinte década. Aínda que na fachada aparece inscrita a data de 1738, non foi ata 1744 cando se completou.

O Palacio Municipal

A fachada principal do consistorio ten unha composición de dúas alturas. A inferior posúe un soportal con oito arcos de medio punto apoiados sobre nove alicerces. Na planta de piso as oito portas-fiestra dispostas sobre os arcos inferiores dan paso a dúas balconadas de forxa de ferro sustentadas por ménsulas decoradas.

As placas da fachada están en relación directa co barroco compostelán. A decoración da fachada é moi semellante á deseñada por Casas e Novoa na capela dos Ollos Grandes. A fachada complétase con escudos e unha cornixa moldeada con seis gárgolas sobre outros tantos pináculos. Esta composición péchase con dúas torres nas esquinas de corpo único. O peite da sección central ten unha cartela orlada que sinala a José Vaamonde, rexedor da cidade en 1738.

Ampliación e torre do reloxo

TorreRelojLugo
Torre do reloxo.

Ao rematar as obras de Ferro Caaveiro foi necesario realizar pequenas intervencións. No ano 1759 restaurouse o arco da portada do patio que estaba danado. En 1834 o arquitecto Alejo Andrade Yañez refixo a cuberta da fachada pois o seu estado ameazaba a estabilidade da fachada principal. Na primeira metade do século XIX ordenouse branquear a fachada tratando de mellorar a aparencia externa, pero os problemas de mantemento producidos pola choiva provocaron o retorno a unha fachada coa cantería a vista. A forxa orixinal dos balcóns doadas polo bispo Francisco Esquerdo e Távira foron substituídas na década dos setenta.

Pero a maior intervención sobre o conxunto tivo lugar cando por causa do aumento de labores administrativos necesitouse unha ampliación da sede. En 1862 aprobouse o proxecto da súa ampliación. Con este fin mercaron as casas do número 2 e 4 da plazuela da Nova, as que unidas ao instituto de segundo ensino proporcionaron o terreo necesario. Os planos de ampliación foron asinados polo arquitecto municipal Ángel Cosín e Martín que era tamén membro da Academia de San Fernando.

Esta construción consta de muro liso de cachotería encalada e perpiaño no recercado dos vans, zócolos, esquinais e a liña que divide as dúas plantas. Esta aparencia sobria sitúaa dentro dos gustos da corrente neoclásica.

Finalizadas as obras observouse a carencia dun elemento básico para un edificio que representaba ao poder civil dunha capital de provincia. Na sesión do 1 de xaneiro de 1865 reflíctese a necesidade de:

Nesta observación é perfectamente visible a rivalidade entre poder civil e eclesiástico por controlar á poboación. As dificultades económicas obrigaron a pospor o proxecto ata 1871 e encárgase o deseño ao delineante municipal Luís Vázquez. Antes de terminar a súa construción detectáronse fallas que fixeron necesaria a súa derriba. Ao mesmo tempo que se levaba a cabo á reedificación adquiriuse en Londres un reloxo. Curiosamente este reloxo estaba orixinalmente destinado á catedral de Málaga.

Sucesivos atrasos e escarmentados polo fracaso de 1871, encárgase ao arquitecto Nemesio Cobreros e Cuevillas un proxecto máis ambicioso co anterior impóndoselle como único requisito a altura. Este requisito fixo renunciar ao arquitecto a colocar a torre sobre a fachada. Optou por atrasar a súa localización, apoiándoa sobre catro alicerces, dous no muro posterior e dous no patio interior. As obras comezaron en 1873 e finalizaron ao ano seguinte. A entrada en funcionamento do reloxo coincidiu co paso da procesión do Corpus pola praza maior póndose de novo de relevo as rivalidades entre os dous poderes.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Casa (homónimos)

Casa pode referirse a:

Casa, unha construción destinada a vivenda;

Casa circular, a desta forma, característica de civilizacións antigas;

Casa de indianos, a promovida en Galicia por emigrantes en América con éxito;

Casa reitoral, a asignada pola Igrexa ao sacerdote dunha parroquia;

Casa señorial, na que residiu a persoa que lle deu nome a unha liñaxe;

Casa grande, un tipo de casa señorial;

Casa, cada un dos cadros dun taboleiro de xadrez;

Casa do concello

A casa do concello é unha construción da arquitectura civil destinada a sede da administración local. Este edificio alberga a alcaldía, as dependencias e servizos municipais, e nel celébranse periodicamente os plenos do concello.

Fidel Castro

Fidel Alejandro Castro Ruz ( audio), nado en Birán (Mayarí) o 13 de agosto de 1926 e finado na Habana o 25 de novembro de 2016, foi un avogado e revolucionario comunista cubano, con orixe galega, que gobernou Cuba como primeiro ministro de 1959 a 1976 e logo como presidente de 1976 a 2008.

Nacionalista e marxista-leninista, exerceu como Primeiro Secretario do Partido Comunista de Cuba dende 1965 a 2011. Baixo o seu mandato, o país transformouse nun país socialista, con gran parte da industria e da economía nacionalizadas.

Fillo dun emigrante galego acomodado, Castro adoptou as ideas antiimperialistas mentres estudaba Dereito na Universidade da Habana. Despois de participar en rebelións contra a ditadura de Rafael Trujillo na República Dominicana e o goberno dereitista colombiano, planeou o derrocamento do ditador cubano Fulgencio Batista lanzando un ataque contra o cuartel Moncada en 1953. O intento fracasou e tras pasar un ano no cárcere, viaxou a México onde formou un grupo revolucionario, o Movemento do 26 de xullo, xunto co seu irmán Raúl Castro e o Che Guevara. De volta en Cuba, Fidel liderou o Movemento nunha guerra de guerrillas contra as forzas de Batista en Sierra Maestra. Despois do derrocamento de Batista, asumiu o poder político e militar como primeiro ministro de Cuba. Os Estados Unidos opuxéronse ao goberno de Castro e tentaron derrocalo mediante intentos de asasinato, bloqueo económico e contrarrevolución, incluído o intento de invasión da illa en Baía de Cochinos. Para contrarrestar estas ameazas, aliñouse coa Unión Soviética, permitíndolle a esta instalar armas nucleares en Cuba en 1962, provocando a Crise dos mísiles, punto álxido da Guerra Fría.

Adoptando un modelo de desenvolvemento marxista-leninista, Fidel converteu Cuba nun Estado socialista de partido único baixo o liderado do Partido Comunista, o único no hemisferio occidental. Introducíronse políticas de economía planificada e expandíronse a sanidade e a educación. No plano internacional, Castro apoiou a diversos grupos revolucionarios antiimperialistas, deu apoio aos gobernos de esquerdas de Chile, Nicaragua e Granada e enviou tropas aos seus aliados nas guerras de Yom Kippur, Ogadén e a guerra civil angolana. Estas accións, xuanto ao liderado de Castro no Movemento de Países Non Aliñados, aumentaron a notoriedade internacional da illa.

Tras a disolución da URSS en 1991, o goberno cubano afrontou unha recesión económica no chamado "Período Especial" e abrazou ideas antiglobalización e a favor do medio ambiente. Na década de 2000, Castro forxou unha alianza coa chamada "marea rosa" latinoamericana (principalmente coa Venezuela de Hugo Chávez) e asinou o ingreso de Cuba na Alianza Bolivariana para as Américas. En 2006, Fidel transferiu os seus poderes ao vicepresidente Raúl Castro, que logo foi elixido presidente do Consello de Estado pola Asemblea Nacional en 2008.

O mandato de Fidel Castro foi o máis longo dun xefe de Estado dos séculos XX e XXI e polarizou a opinión mundial. Os seus partidarios veno como un paladín do socialismo e a causa antiimperialista, cuxo goberno revolucionario levou unha avanzada xustiza social e económica ao país, mentres asegurou a independencia de Cuba do imperialismo estadounidense. Pola outra banda, os seus críticos defíneno como un ditador que perpetrou abusos dos dereitos humanos, o éxodo de milleiros de cubanos e o empobrecemento da economía cubana. Fidel Castro foi condecorado cunha gran cantidade de recoñecementos internacionais e influíu significativamente a persoas e grupos de todo o mundo.

Lista de monumentos da provincia de Lugo

Esta é unha lista dos monumentos da provincia de Lugo que están declarados como BIC polo Ministerio de Cultura ou pola Xunta de Galicia.

Lugo

Lugo é unha cidade e concello de Galicia, capital da provincia de Lugo e da comarca homónima. Fundada no ano 25 a.C. por Paulo Fabio Máximo, é unha cidade de orixe romana e a máis antiga de Galicia. Construída nas proximidades dun castro, na época romana recibiu o nome de Lucus Augusti. Son testemuña dos seus primeiros anos de historia os numerosos restos romanos, moitos deles conservados no Museo Provincial, e sobre todo a Muralla Romana, única no mundo que conserva todo o seu perímetro e declarada Patrimonio da Humanidade no ano 2000.

Ao longo da súa historia ocorreron tanto épocas de abandono como importantes momentos na historia do país, dende a xuntanza no ano 842 dun grande exército galego para conquistar Oviedo e entronizar a Ramiro I como primeiro rei da dinastía galega, ata o pronunciamento do Coronel Miguel Solís, que daría comezo á Revolución Galega de 1846.

Xeograficamente, a cidade atópase situada nun outeiro, nas terras do Alto Miño, e circundada polo propio río Miño, ademais doutros máis pequenos como o Mera. O concello, incluído na Reserva da Biosfera "Terras do Miño", é o segundo máis extenso de Galicia, e no que no ano 2014 habitaban 98.560 persoas, o que supón que sexa o cuarto de Galicia en poboación despois de Vigo, A Coruña e Ourense.

O xentilicio dos habitantes é lucense ou tamén lugués. Lugo é unha cidade comercial e de servizos, cun campus universitario especializado en Ciencias Agrarias (Veterinaria, Montes...). Destacan tamén as populosas festas realizadas na cidade como o Arde Lucus, que relembra o pasado romano e castrexo da cidade, e o San Froilán, que cada ano atrae á cidade do 4 ao 12 de outubro a máis dun millón de visitantes.

Praza Maior de Lugo

A Praza Maior de Lugo é o centro vital da cidade de Lugo, e o principal lugar de encontro dos lucenses, é ademais a praza máis grande do centro histórico da cidade. Luís Pimentel chamouna "sala de visitas da miña vila". Nela pódese atopar a Casa do Concello, as estatuas adicadas aos fundadores da cidade, un pequeno paseo con placas e bustos adicados aos principais escritores do país, o "quiosco da música" e o edificio do Círculo das Artes.

Monumentos
Museos
Espazos públicos
Festas

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.