Carucedo

Carucedo é un concello da provincia de León, pertencente á comarca do Bierzo. Segundo o Instituto Nacional de Estadística (INE) en 2012 tiña unha poboación de 655 habitantes. É considerado tradicionalmente como un dos 48 concellos da Galicia estremeira.[3]

Coordenadas: 42°29′25″N 6°45′45″O / 42.49028, -6.76250

Carucedo
Escudo de Carucedo
Lago de Carucedo
Lago de Carucedo
Xeografía
Provincia Provincia de León
Comarca Bierzo
Poboación 655 hab. (2012[1])
Área 35 km²
Densidade 18,46 hab./km²
Entidades de poboación 7
Capital do concello Borrés
Política (2011)
Alcalde Clemades Rodríguez Martínez (PSOE)
Concelleiros PP: 3
PSOE: 4
Outros: 0
Uso do galego[2] ()
Galegofalantes %
Páxina web oficial
carucedo.ccbierzo.net

Xeografía

Carucedo se encontra no oeste da provincia de León, na comarca do Bierzo a 24 km de Ponferrada. Está situado a 594 metros de altitude. O concello ten unha superficie de 35,27 km² e ten unha densidade de poboación de 18,4 h/km².

No concello se encontra o lago de Carucedo, cun perímetro aproximado de 5 km e unha profundidade máxima de 9 m, que ten a súa orixe na explotación aurífera das Médulas.

Clima

Carucedo ten un clima Csb[4] (temerado con verán seco e temerado) segundo a clasificación climática de Köppen.

Política

As últimas eleccións municipais deixaron a situación de Carucedo deste xeito:

Eleccións municipais, 22 de maio de 2011[6]
Partido Votos % Concelleiros
PSOE 294 56,43 4
PP 214 41,07 3
  • Alcalde electo: Clemades Rodríguez Martínez (PSOE).

Historia

Os primeiros datos documentados de Carucedo se remontan ao foro outorgado polo rei galaico-leonés Afonso IX en 1213, polo cal cada habitante debería pagar catro soldos nas calendas de marzo, polo que a cambio quedaba exento de calquera outra exacción fiscal.

Parte de la trama de la novela romántica El Señor de Bembibre, del escritor berciano Enrique Gil y Carrasco, se desarrolla en este lago. Los lugareños nos pueden contar alguna leyenda, cuyo protagonista es el lago.

Patrimonio

  • Lago de Carucedo: a súa orixe é consecuencia da explotación aurífera romana nas Médulas. Ten un gran valor ecolóxico pola súa fauna e flora.
  • As Médulas: paraxe formado pola antiga explotación mineira romana que extraía ouro na zona. En 1997 foi declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO.
  • Carucedo conta cunha igrexa románica que contén unha das pezas de pratería máis importantes do Bierzo datada no século XVIII.

Economía

Actualmente, a agricultura e o turismo son as principais actividades económicas do concello.

Parroquias

As parroquias que compoñen Carucedo son:

  • A Barosa
  • A Campañá
  • O Carril
  • Carucedo
  • Forcadas
  • Lago de Carucedo
  • As Médulas
  • Penarrubia
  • A Valouta
  • Vilarrando

Notas

  1. "Datos de poboación do INE". Arquivado dende o orixinal o 11 de febreiro de 2010. Consultado o 02 de decembro de 2013.
  2. Datos de 2001 publicados en 2004.
  3. El plurilingüismo en España. María Teresa Turell, 2007. p 154
  4. aemet.es, Atlas climático ibérico.
  5. "Promedios mensuales - Carucedo, ESP". Arquivado dende o orixinal o 09 de xullo de 2012. Consultado o 02 de decembro de 2013.
  6. Resultados das eleccións municipais do 2011 en Carucedo
Arganza

Arganza é un concello da provincia de León que cobre unha superficie de 39,99 km², na que vivían 850 habitantes no ano 2012, cunha densidade de poboación de 21,26 h/km².

As Médulas

As Médulas foi unha antiga explotación romana de ouro a ceo aberto, e forma hoxe unha paisaxe espectacular no que antano fora o monte Medilianum, con areas encarnadas, castiñeiros e carballos verdes. Está situada preto da aldea homónima, no concello de Carucedo, comarca do Bierzo.

Barxas, León

Barxas (en castelán e oficialmente Barjas) é un concello español da comarca do Bierzo, na provincia de León, Castela e León, que cobre unha superficie de 62,6 km², na que vivían 261 habitantes no ano 2010, cunha densidade de poboación de 4,17 hab/km². É considerado tradicionalmente como un dos 48 concellos da Galicia estremeira.

Borrés

Borrés (en castelán e oficialmente Borrenes) é un concello galegofalante da comarca do Bierzo, na provincia de León. Cobre unha superficie de 36,3 km², na que vivían 436 habitantes no ano 2008, cunha densidade de poboación de 11,98 h/km². É considerado tradicionalmente como un dos 48 concellos da Galicia estremeira.

Cacabelos, León

Cacabelos é un concello da provincia de León, pertencente á comarca do Bierzo. Cobre unha superficie de 32,82 km², na que vivían 5.132 habitantes no ano 2018, cunha densidade de poboación de 157,13 hab./km². É considerado tradicionalmente como un dos 48 concellos da Galicia estremeira.

Camponaraia

Camponaraia (en castelán e oficialmente: Camponaraya) é un concello da comarca do Bierzo (provincia de León, comunidade autónoma de Castela e León) que cobre unha superficie de 29,13 km², na que vivían 4.230 habitantes no ano 2010, cunha densidade de poboación de 145,21 h/km². Está composto de cinco aldeas: Camponaraia, Erbededo, Magaz de Abaixo, Naraiola e A Válgoma. Por este concello pasa o río Naraia, o cal permite deducir que o topónimo debe dividirse en dous (Campo+Naraia) e non en tres (Campo+na+raia). Esta dedución ven avalada pola ortografía e pola existencia do topónimo Naraiola, diminutivo do hidrónimo.

Candín

Candín é un concello da provincia de León que cobre unha superficie de 140,90 km², na que vivían 333 habitantes no ano 2012, cunha densidade de poboación de 2,36 hab./km². É considerado tradicionalmente como un dos 48 concellos da Galicia estremeira.

Carracedelo

Carracedelo é un concello da provincia de León, na comarca do Bierzo, que cobre unha superficie de 32,32 km², na que viven 3.680 habitantes (INE 2012), cunha densidade de poboación de 113,86 h/km². É considerado tradicionalmente como un dos 48 concellos da Galicia estremeira.

Congosto

Congosto é un concello español da provincia de León, na comarca do Bierzo. A súa poboación é de 1.692 habitantes (INE 2011).

Corullón

Corullón é un concello da provincia de León que cobre unha superficie de 78,5 km², na que vivían 1.151 habitantes no ano 2004, cunha densidade de poboación de 14,66 h/km². É considerado tradicionalmente como un dos 48 concellos da Galicia estremeira.

Fabeiro, León

Fabeiro (en leonés El Fabeiru e en castelán e oficialmente: Fabero) é un concello da comarca do Bierzo (provincia de León, Castela e León que cobre unha superficie de 54,47 km², na que vivían 5106 habitantes no ano 2012, cunha densidade de poboación de 93,74 h/km².

O núcleo de Fontoira é o único do concello de fala galega, o resto do concello é de fala tradicional leonesa.

Oencia

Oencia é un concello da provincia de León que cobre unha superficie de 98,33 km², na que vivían 349 habitantes no ano 2012, cunha densidade de poboación de 3,55 hab./km². É considerado tradicionalmente como un dos 48 concellos da Galicia estremeira.

Peranzais

Peranzais (en castelán e oficialmente: Peranzanes) é un concello da provincia de León que cobre unha superficie de 117,54 km², na que vivían 332 habitantes no ano 2012, cunha densidade de poboación de 2,82 h/km².

Actualmente o núcleo de Guímara fala un galego de transición cara ao leonés, aínda que no resto dos núcleos do concello a influencia do galego é notable (sen ir máis lonxe, o nome da comarca á que pertence o concello é Fornela).

Priaranza

Priaranza (oficialmente e en castelán, Priaranza del Bierzo) é un concello da provincia de León que cobre unha superficie de 33,69 km², na que vivían 828 habitantes no ano 2012, cunha densidade de poboación de 24,58 hab./km².

Sancedo

Sancedo é un concello español da provincia de León, na comarca do Bierzo. A súa poboación é de 560 habitantes (INE 2011).

Sobrado, León

Sobrado é un concello da provincia de León que cobre unha superficie de 36,03 km², na que vivían 363 habitantes no ano 2012, cunha densidade de poboación de 10,07 h/km². É considerado tradicionalmente como un dos 48 concellos da Galicia estremeira.

Toural dos Vaos

Toural dos Vaos (en castelán e oficialmente Toral de los Vados), anteriormente chamado Viladecais-Toural dos Vaos, é un concello da comarca do Bierzo, na provincia de León. Ten unha superficie de 24,27 km², e en 2013 tiña 2108 habitantes. É considerado tradicionalmente como un dos 48 concellos da Galicia estremeira.

Trabadelo

Trabadelo é un concello da provincia de León que cobre unha superficie de 64,73 km², na que vivían 430 habitantes no ano 2012, cunha densidade de poboación de 6,64 h/km². É considerado tradicionalmente como un dos 48 concellos da Galicia estremeira. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «trabadelés» .

Valboa, León

Valboa (en castelán e oficialmente Balboa) é un concello da provincia de León que cobre unha superficie de 51,04 km², na que vivían 371 habitantes no ano 2011, cunha densidade de poboación de 7,27 h/km². É considerado tradicionalmente como un dos 48 concellos da Galicia estremeira.

Nuvola apps kweather.png Valores promedio en Carballo
Mes Xan Feb Mar Abr Mai Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Ano
Temperatura media (°C) 4,5 6,1 9,1 10,6 14,0 17,7 20,4 20,3 17,3 12,7 8,2 5,2
12,2
Precipitacións (mm) 85,8 62,5 50,7 59,4 59,7 29,4 20,9 21,5 48,5 76,8 91,1 97,1
708,6
Fonte: Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente. Datos de precipitación para o período 1983-2003 e de temperatura para o período 1983-2003 en Carucedo[5]
Parcialmente galegofalantes
Concellos da comarca do Bierzo
100 000+
50 000+
10 000+
5000+
Menos de
5000
habitantes

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.