Cartelle

Cartelle é un concello da provincia de Ourense, pertencente á Comarca da Terra de Celanova. Segundo o padrón municipal en 2014 tiña 2.944 habitantes (3.641 en 2003).

Coordenadas: 42°14′57″N 8°4′8″O / 42.24917, -8.06889

Cartelle
Escudo de Cartelle
Casa do Concello de Cartelle
Casa do Concello de Cartelle.
Situacion Cartelle
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia de Ourense
ComarcaComarca da Terra de Celanova
Poboación2.643 hab. (2018)
Área94,3 km²
Densidade28,03 hab./km²
Entidades de poboación12 parroquias
Capital do concelloOutomuro
Política (2019[2])
AlcaldeJaime Sousa (PPdeG[3])
ConcelleirosBNG: 1
PPdeG: 9
PSdeG-PSOE: 2
Eleccións municipais en Cartelle
Uso do galego[4] (2011)
Galegofalantes83,70%
Na rede
http://www.cartelle.es

Demografía

Censo total 2.944 (2014)
Menores de 15 anos 145 (4,92 %)
Entre 15 e 64 anos 1.474 (50,07 %)
Maiores de 65 anos 1.325 (45,01 %)
Evolución da poboación de Cartelle   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018
7.136 7.485 8.756 5.512 3.565 {{{13}}} {{{14}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Xeografía

O concello, de 93,94 km², abrangue 12 parroquias. Está situado na cunca do río Arnoia, afluente do Miño. Está comunicado con Ourense e Celanova a través da estrada N-540. A capital está na aldea de Outomuro.

Historia

Durante o feudalismo e o antigo réxime estivo baixo influencia do mosteiro de Celanova. O castelo de Sande foi doado no século XII ao mosteiro por Afonso VII, e o abade do mosteiro acumulou os títulos de conde de Bande, marqués da Torre de Sande e capelán da Casa Real. Os monxes estimularon o cultivo do viñedo.

Patrimonio

A torre de Sande é unha fortaleza medieval próxima xa ás terras do Ribeiro, declarada Ben de Interese Cultural. Próxima a ela está a Casa de Outeiro, do século XVIII.

A igrexa de Santa Baia de Anfeoz é barroca, cun grande campanario. No seu muro hai un peto de ánimas do mesmo estilo, así como os templos de Cartelle, As Marabillas, Espiñoso e Mundil, onde foi soterrado o Padre Feijóo.

A ponte romana de Freixo (Penela) está declarada monumento histórico-artístico, e puido ser un dos ramais secundarios da Vía Nova do itinerario de Antonino. A Ponte Nova sobre o Arnoia é dos séculos XVI e XVII.

Economía

O concello viviu un forte retroceso demográfico na segunda metade do século XX. Actualmente a sangría aminorou, e moita xente vai a diario a traballar a Ourense no sector servizos.

Cartelle é un dos concellos da comarca con maior superficie de concentración parcelaria, o que permitiu a creación de explotacións gandeiras de maior tamaño e máis evolucionadas. Existen varias empresas da construción e aproveitamento de recursos forestais. Hai moito terreo de monte comunal.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Cartelle.
Ponte Freixo, Cartelle

Ponte romana de Freixo, en Penela.

Torre de Sande. Porta de acceso

Porta de acceso da Torre de Sande

Lugares de Cartelle

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Cartelle vexa: Lugares de Cartelle.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Goberno de España, Ministerio do Interior (ed.). "Elecciones 2019". resultados.eleccioneslocaleseuropeas19.es. Consultado o 27 de maio de 2019.
  3. Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). "Cartelle". www.fegamp.gal. Consultado o 15 de setembro de 2019.
  4. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.

Véxase tamén

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
Anfeoz, Cartelle

Santa Baia de Anfeoz é unha parroquia do concello de Cartelle, na comarca da Terra de Celanova, provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 292 habitantes, dos cales 141 eran homes e 151 mulleres.

As Marabillas, Cartelle

Nosa Señora das Marabillas é unha parroquia do concello de Cartelle, na comarca da Terra de Celanova, provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 346 habitantes, dos cales 164 eran homes e 182 mulleres.

As Seixadas, Cartelle

San Xoán das Seixadas é unha parroquia do concello de Cartelle, na comarca da Terra de Celanova, provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 305 habitantes, dos cales 154 eran homes e 151 mulleres.

Carmen Leyte

María del Carmen Leyte Coello, nada en Vigo o 3 de decembro de 1953, é unha médica e política galega vinculada ao PPdeG.

Cartelle, Cartelle

Santa María de Cartelle é unha parroquia do concello de Cartelle, na comarca da Terra de Celanova, provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 612 habitantes, dos cales 285 eran homes e 327 mulleres.

Cetáceos

Os cetáceos (Cetacea) son unha orde de mamíferos completamente adaptados á vida acuática. O nome destes animais procede do latín cetus (balea, grande animal mariño), e este do grego antigo κήτος kétos (peixe grande).

En 1988, Rice recoñecía 83 especies e 42 subespecies. Posteriormente houbo un consenso ao considerar tres, e non unha, especies de balea franca, pasando a ser consideradas un total de 85 especies, reducíndose o número de subespecies a 41. Case todas as especies son animais mariños, que inclúen baleas, cachalotes, candorcas, golfiños, arroaces, toniñas etc., agás 7 especies de golfiños de auga doce, se ben un destes últimos, o baiji, está declarado formalmente extinto. Todas estas especies agrúpanse en dúas subordes, o dos misticetos e o dos odontocetos. Unha terceira suborde extinta, os arqueocetos, son os antepasados das modernas baleas.

Entre os misticetos están os animais vulgarmente chamados baleas, os máis grandes do mundo. Aínda que o termo balea debe reservarse ós integrantes da familia Balaenidae, úsase tamén para referirse a outras especies non pertencentes á familia dos balénidos e incluso tamén para cetáceos con dentes, como é o caso da denominación de balea asasina para a candorca (que nin é balea nin é asasina), de balea de esperma para o cachalote ou de balea piloto para o caldeirón.

Na suborde dos odontocetos están os golfiños e as candorcas, con frecuencia criados en catividade e adestrados para serviren de espectáculo, práctica non exenta de polémica que moita xente reclama sexa erradicada, como se fixo en Francia.

Morfoloxicamente, presentan un corpo fusiforme, semellante ós dos peixes, que os fai máis hidrodinámicos. As patas anteriores transformáronse en aletas, mentres que as posteriores desapareceron como tales, aínda que quedan algúns ósos vestixiais non unidos á pelve e ocultos dentro do corpo. A aleta caudal é horizontal e divídese en dous lóbulos. Xeralmente carecen de pelo e teñen unha capa de tecido adiposo debaixo da pel para manter a calor corporal en augas frías. O tamaño dos cetáceo vai desde 1 m e 50 kg do golfiño de Maui aos 29,9 m e 173 toneladas da balea azul, que é o animal máis grande que xamais existiu na Terra, mesmo maior cos renomeados dinosaurios. Algunhas especies mostran dimorfismo sexual. Aínda que non son tan flexibles ou áxiles coma as focas, os cetáceos poden nadar moi rápido, así a candorca é capaz de trasladarse a 35 km/h en períodos curtos de tempo, e o rorcual común pode manter unha velocidade de 30 km/h. Os golfiños poden facer xiros moi axustados mentres nadan a gran velocidade. Os misticetos teñen vibrisas na súa boca, a diferenza das baleas dentadas. Os cetáceos teñen uns sentidos moi desenvolvidos: a vista e o oído están adaptados tanto para a auga como para o aire, e as baleas teñen un sistema táctil nas súas vibrisas. Algunhas especies están ben adaptadas para mergullarse a grandes profundidades.

Os grandes cetáceos foron obxecto da caza comercial durante séculos, como un recurso mariño máis, ata poñelos en perigo de extinción. Aínda hoxe algúns países coma o Xapón, Noruega ou Islandia seguen cazando baleas para comer a súa carne, escudándose no argumento da caza científica. Puntualmente tamén se cazaron os golfiños, tanto para aproveitar a carne como por consideralos inimigos dos pescadores e aínda hoxe o fan no Xapón, os inuit (esquimós) do Canadá ou nas illas Feroe en Dinamarca.

A rama da bioloxía que estuda estes animais é a cetoloxía.

Comarca da Terra de Celanova

A comarca da Terra de Celanova é unha comarca galega situada na provincia de Ourense e a súa capital é Celanova. A cal pertencen os concellos de A Bola, Cartelle, Celanova, Gomesende, A Merca, Padrenda, Pontedeva, Quintela de Leirado, Ramirás e Verea.

Couxil, Cartelle

Santa María de Couxil é unha parroquia do concello de Cartelle, na comarca da Terra de Celanova, provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 91 habitantes, dos cales 48 eran homes e 48 mulleres.

Espiñoso, Cartelle

San Miguel de Espiñoso é unha parroquia do concello de Cartelle, na comarca da Terra de Celanova, provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 225 habitantes, dos cales 107 eran homes e 118 mulleres.

Lugares de Cartelle

Galicia → Parroquias de Galicia → Lugares de Galicia → Lugares de Cartelle

O Mundil, Cartelle

Santa María do Mundil é unha parroquia do concello de Cartelle, na comarca da Terra de Celanova, provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 608 habitantes, dos cales 310 eran homes e 298 mulleres.

A finais do século XX experimentou un envellecemento demográfico e un profundo cambio nas actividades socioeconómicas. Amais do sector primario (gandaría e agricultura), hai industria forestal.

As festas parroquiais celébranse a finais de agosto en Outomuro.

Os Pereiros, Cartelle, Cartelle

Os Pereiros é un lugar da parroquia de Cartelle, no concello ourensán de Cartelle, na comarca da Terra de Celanova.

Tiña 41 habitantes no ano 2011 segundo datos do INE e do IGE, dos cales 19 eran homes e 22 mulleres. Iso supón unha diminución da poboación respecto a 2010, cando tiña 42 habitantes (20 homes e 22 mulleres).

Segundo o IGE, no 2008 tiña 43 habitantes (20 homes e 23 mulleres), o que supón unha diminución de 7 habitantes con respecto ao ano 1999.

Nesta aldea naceu en 1909 o cineasta Carlos Velo.

Penela, Cartelle

Santiago de Penela é unha parroquia do concello de Cartelle, na comarca da Terra de Celanova, provincia de Ourense. Segundo o IGE en 2013 tiña 39 habitantes (25 mulleres e 14 homes), o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 85 habitantes.

Sabucedo de Montes, Cartelle

San Pedro de Sabucedo de Montes é unha parroquia do concello de Cartelle, na comarca da Terra de Celanova, provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 335 habitantes, dos cales 169 eran homes e 166 mulleres.

San Tomé, Cartelle

San Tomé das Olas é unha parroquia do concello ourensán de Cartelle, na comarca da Terra de Celanova. No ano 2007 tiña 154 habitantes, dos cales 74 eran homes e 80 mulleres.

Sande, Cartelle

San Salvador de Sande é unha parroquia do concello de Cartelle, na comarca da Terra de Celanova, provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 304 habitantes, dos cales 144 eran homes e 160 mulleres.

Torre de Sande

A torre de Sande ou fortaleza de Sande, é unha fortificación medieval situada na parroquia de Sande, no concello ourensán de Cartelle.

Vilar de Vacas, Cartelle

Santa María de Vilar de Vacas é unha parroquia do concello de Cartelle, na comarca da Terra de Celanova, provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 160 habitantes, dos cales 74 eran homes e 86 mulleres.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.