Cartas paulinas

As cartas paulinas, son unha división dos libros do Novo Testamento que abrangue todas as cartas que, ao longo da súa predicación, Paulo de Tarso foi enviando a distintas comunidades cristiás.

Autor e datas de composición

O autor deste grupo de escritos é o apóstolo Paulo de Tarso, aínda que algúns expertos consideran que nalgunhas cartas como Colosenses ou as chamadas cartas pastorais, puido haber un traballo posterior de edición ou refundición. Foron compostas nun prazo de tempo que vai desde o ano 37, data da I Carta aos Tesalonicenses, ata os anos sesenta, xa na catividade en Roma.

As cartas

Tal como as atopamos hoxe nas versións modernas da Biblia, as cartas ordénanse por tamaño, da máis longa á máis breve:

  • Carta aos Romanos: única de todas as cartas que vai dirixida a unha comunidade cristiá non fundada por el.
  • I Carta aos Corintios e II Carta aos Corintios: cartas nas que reflexiona sobre o que é ser cristián. Ofrecen moita información sobre os problemas que xurdían nas primeiras comunidades e sobre a organización interna das mesmas.
  • Carta aos Gálatas: interesante pola información autobiográfica que aporta.
  • Carta aos Efesios
  • Carta aos Filipenses: xunto coa Carta aos Colosenses, coa que está moi ligada, é considerada por algúns expertos como unha circular que ía pasando de comunidade en comunidade.
  • Carta aos Colosenses
  • I Carta aos Tesalonicenses: o primeiro escrito do Novo Testamento, trata o tema da nova chegada do Mesías.
  • II Carta aos Tesalonicenses
  • I Carta a Timoteo: primeira das cartas pastorais, ofrecen moita información sobre a organización das comunidades cristiás.
  • II Carta a Timoteo
  • Carta a Tito: cunha temática similar a das Cartas a Timoteo.
  • Carta a Filemón: carta persoal dirixida a un cristián en concreto, interesante por ver como aborda o tema da escravitude.

Cartas pastorais

As cartas a Timoteo e a Tito, adoitan agruparse nunha categoría específica dentro do corpus paulino que se coñece como Cartas pastorais. Debe o nome ao seu contido, centrado na organización da Igrexa, deixando de lado cuestións teolóxicas propias das outras cartas.

Biblia

A Biblia é o libro que o cristianismo trata como inspirado directamente por Deus. A palabra vén do grego (lingua en que foi escrito o Novo Testamento) «τα βιβλία» tà biblía, ou sexa, os libros. O plural xustifícase, xa que a Biblia non é un libro soamente, senón unha biblioteca composta de 66 libros, sendo 39 pertencentes ao Antigo Testamento e 27 ao Novo Testamento.

Biblia dos Setenta

A Biblia dos Setenta, ou Biblia dos Setenta e Dous, citada comunmente como LXX, é o nome co que se coñece a versión grega da Biblia xudía, o que os cristiáns chaman Antigo Testamento.

Carta a Filemón

A carta a Filemón, a máis curta das cartas paulinas, é un breve escrito, pouco máis que unha nota, que o apóstolo Paulo lle dirixe a un cristián chamado Filemón.

Cartas Católicas

As Cartas católicas é unha división dos libros do Novo Testamento que abrangue os escritos en forma epistolar que se atribúen a distintos apóstolos. O adxectivo católico hai que tomalo no seu sentido etimolóxico de universal.

Corpus Xoánico

O Corpus Xoánico é o nome co que se coñece aos libros do Novo Testamento que teñen como autor, ou que se atribúe como autor, a Xoán o Evanxelista.

Deuteronomio

O Deuteronomio é un dos libros da Biblia.

O seu título significa segunda Lei. Recolle, basicamente, as leis polas que se rexe o pobo de Israel.

Década de 60

A década de 60 abrangue o período que empeza o 1 de xaneiro de 60 e remata o 31 de decembro de 69.

Epifanía

A Epifanía (do grego ἐπιφάνεια que significa 'manifestación, fenómeno milagroso') é unha festa relixiosa cristiá segundo a cal Xesús toma unha presenza humana na terra, é dicir Xesús dáse a coñecer.

Feitos dos Apóstolos

O libro dos Feitos dos Apóstolos narra a vida do grupo dos primeiros discípulos de Cristo e a súa expansión por Oriente Medio e o Mediterráneo.

I Samuel

I Samuel é un dos libros do Antigo Testamento, xunto con II Samuel constitúe o oitavo libro da Tanakh que os cristiáns dividiron en dous. O libro está consagrado á vida do profeta Samuel, consagrado a Deus pola súa nai Hannah. Cronoloxicamente cobre un período de cen anos correspondentes á vida de Samuel e contén a historia de Elí e da súa muller Ana (1-4), a historia de Samuel (5-12) e a historia de Xaúl e de David no exilio(13-31)

Levítico

O Levítico, en hebreo vaiiqrá, é o terceiro libro da Biblia. Forma parte do Pentateuco, ou Torá para os xudeus. Contén normas relixiosas polas que debía rexirse o pobo de Israel.

Libro de Rut

O Libro de Rut ou Libro de Ruth é un libro da Biblia, dos chamados episódicos.

Narra, de xeito sinxelo, a historia dunha viúva xudía, Noemí, que volta á súa terra en compaña da xentil Rut, súa nora, viúva ela tamén dun dos fillos de Noemí. A determinación de Rut e os seus esforzos por coidar da súa sogra, lograranlle un matrimonio con Boaz, home rico e parente distante do seu sogro, o que lle permite saía da pobreza, fundar unha familia e obter o recoñecemento da súa sogra e de toda a comunidade.

Libro de Xonás

O Libro de Xonás é un breve libro da Biblia que relata as andanzas e predicacións de Xonás, encargado por Iavé de chamar á conversión aos habitantes de Nínive. O ton anecdótico e case humorístico do libro garda unha mensaxe universalista e unha imaxe dun Iavé clemente, que o converten en case unha excepción no conxunto da Biblia.

Libro de Xudit

O Libro de Xudit é un libro deuterocanónico bíblico do Antigo Testamento. Non forma parte da Biblia hebrea e polo tal os protestantes considérano apócrifo mentres os católicos recoñecérono como canónico no sínodo do ano 382 e os ortodoxos no concilio do ano 692. Escrito orixinalmente en hebreo, non se conserva a versión orixinal, o texto máis antigo conservado está en grego pero a versión máis difundida foi a latina da Vulgata. O libro conta a historia de Xudit, unha viúva hebrea de gran beleza, que no transcurso da guerra de Israel contra os asirios descobre que o xeneral invasor, Holofernes, está namorado dela. Acompañada da súa criada, a viúva entra na tenda do xeneral e engánao para que que confíe nela. Cando Holofernes dorme por efecto do alcohol, Xudit córtalle a cabeza, confundindo ao exército asirio e obtendo a vitoria para Israel.

Libros episódicos

Clasificación que os estudosos cristián da Biblia aplican a unha serie de libros históricos que teñen en común ser relatos breves, cun protagonista individual, e cun fin didáctico e moralizante.

Libros históricos

Os Libros históricos son unha división do Antigo Testamento propia das Biblias cristiás. Recolle os libros que percorren a historia de Israel dende a chegada a Canaán ata os tempos de Xesús.

O obxectivo dos autores destes libros é, sobre todo, facer unha reflexión teolóxica sobre a presenza de Deus na súa historia.

Novo Testamento

Novo Testamento (do grego: Διαθήκη Καινή, Diathéke Kainé) é o nome dado á colección de libros que compoñen a segunda parte da Biblia ou libro sagrado do cristianismo. Esta parte corresponde aos Evanxeos canónicos, segundo a tradición escritos por Mateo, Marcos, Lucas e Xoán, que relatan a vida de Xesús, xunto con diversos libros que describen os primeiros tempos do cristianismo e unha Apocalipse, a de Xoán.

O termo é unha tradución do latín, Novum Testamentum, á súa vez tradución do grego Ἡ Καινὴ Διαθήκη, Hê Kainê Diathêkê, significando "A Nova Alianza" ou Testamento. Foi orixinalmente usado polos primeiros cristiáns para describir as súas relacións con Deus (ver II Corintios 3:6-15; Hebreos 9:15-20) e posteriormente para designar o canon de escritos cristiáns, estabelecido progresivamente.

Os 27 libros do Novo Testamento foron escritos por varios autores en varias épocas e lugares. Ao contrario do Vello Testamento, o Novo foi escrito nun curto espazo de tempo, durante un século ou un pouco máis.

Números

Números é o cuarto libro da Biblia e da Torá, contén narracións sobre o tempo de peregrinación do pobo de Israel polo deserto. O seu nome vén das numeracións das tribos de Israel coas que se inicia.

Libros da Biblia
Divisións maiores
Canon
Máis divisións
Versións e Manuscritos
Véxase tamén

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.