Carriarico

Segundo Gregorio de Tours na súa Historia Francorum, Carriarico foi un rei suevo de Galiza entre os anos 550 e 559, responsable da conversión dos suevos ao catolicismo. Sucedeuno Teodomiro.

Carriarico
Falecemento559

Historia Francorum

Gregorio de Tours narra a miragrosa curación do seu fillo e herdeiro, enfermo dunha terrible lepra que azotaba o reino, grazas a unhas reliquias de San Martiño de Tours levadas por mar de Tours a Braga por unha delegación sueva enviada a tal fin e como Carriarico, como agradecemento, convértese ao catolicismo no ano 550 xunto coa súa familia.

Dúbidas sobre a súa historicidade

A pesar de que os frecuentes contactos entre as cortes sueva e merovinxia e a posición de Tours coma enclave nos movementos comerciais entre Galiza e a Galia puideron outorgar a Gregorio de Tours abundante información sobre a Galiza de finais do século VI, dubídase sobre a existencia real deste rei Carriarico[1], cuxo nome é o xermánico *Harjareikaz[2].

O seu nome coincide curiosamente co doutro rei citado por Gregorio de Tours. Este Carriarico, que tamén tiña un fillo home, foi un rei alamán, rival de Clodoveo, que tamén morrería coma católico ao ser feito tonsurar xunto ao seu fillo e ser ordenados presbítero el e diácono o seu fillo por Clodoveo logo da súa vitoria.

Talvez corresponda co rei Ariamiro ( < *Harjameraz, os seus nomes comparten o mesmo primeiro elemento), quen ordenou e confirmou o primeiro concilio de Braga, celebrado para combater o priscilianismo.

Harjareikas [Haryari:kas] “Rei do Exército” é nome común da documentación medieval galega, na súa forma Argericus [Aryeri:kus], con perda da aspiración xermana. Tamén existe unha toponimia asociada:

  • Arxeriz (O Saviñao) < *(villa) *Harjerici = “Vila de Arxerico”.
  • Argeriz (Valpaços, VR) < *(villa) *Harjerici = “Vila de Argerico".

Notas

  1. Antonino González Blanco, 2006, Espacio y tiempo en la percepción de la antigüedad tardía, Editum
  2. Gregorio de Tours representa en xeral o son aspirado xermánico [h] mediante o dígrafo ‘ch’.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Carriarico
Descoñecida
Nacemento: ? Falecemento: 559
Títulos Reais
Precedido por
Teodemundo
Último coñecido
Rei de Galicia
550–559
Sucedido  por
Teodomiro
Aguiúlfo

Aguiúlfo, falecido en 457 no Castro do Porto, foi un rei hérulo que gobernou efimeramente o reino de Galicia tras a morte de Requiario no ano 456. Reinou sobre a parte sur do reino, mentres que Frantán o facía na parte norte.

De orixe escandinava e lugartenente do rei visigodo Teodorico II, asasinou a Censorio en Sevilla (448), o que deu lugar á sublevación de suevos e hispanorromanos. Despois foi situado en Mérida cun exército para vixiar as incursións suevas, tras a derrota dos suevos na batalla do Órbigo. Teodorico III apoiouno na loita contra Frantán polo trono suevo. Morreu a mans de Maldras en xuño do 457

Andeca

Andeca ou Audeca gobernou o reino de Galicia entre os anos 584 e 585, sendo o derradeiro monarca suevo que tivo Galicia. Tras o seu destronamento, o monarca visigodo Leovixildo logrou anexionarase o Galliciense Regnum.

Diocese de Dumio

A Diocese de Dumio foi unha antiga diocese do reino de Galicia, sita no norte de Portugal, sendo actualmente unha sé titular.

Década de 550

A década de 550 abrangue o período que empeza o 1 de xaneiro de 550 e remata o 31 de decembro de 559.

Eborico

Eborico ou Eurico (583-584) foi un rei suevo de Galicia. Sucedeu ao seu pai Miro trala súa morte. Forzado polo acoso militar viuse obrigado a asinar un pacto no que recoñecía a superioridade política do rei visigodo Leovixildo, provocando a sublevación de parte da aristocracia galaico-sueva encabezada polo nobre Andeca que non debeu aceptar submisión algunha a Toledo. Por este motivo, Eborico foi apresado e encarcerado nun mosteiro. Derrocado, Andeca casou pola forza coa raíña (talvez a viúva de Miro ou a esposa de Eborico) proclamándose novo rei de Galiza.

Frantán

Frantán ou Franta foi un rei suevo que entre os anos 456 e 457 gobernou o norte do reino de Galicia, trala morte de Aguiúlfo a mans de Maldras.

Frumario

Frumario foi un xefe militar suevo que destronou a Remismundo ó pouco de se converter rei, en 459, e gobernou o sur do reino suevo, mentres Requimundo facíao no norte. Mantivo unha guerra civil contra Requimundo, morrendo os dous en 463, facendo de novo a Remismundo monarca de todo o Reino Suevo.

Hermenerico

Hermenerico (con anterioridade ao ano 485), foi un rei suevo documentado polo Padre Yepes, que presumibelmente tería gobernado o reino de Galiza durante o período escuro que proseguiu trala morte do historiador Hidacio de Chaves (469), pero tamén previo ao ano 485 cando xa documentalmente se coñece o reinado de Veremundo. A falta de diversidade de fontes fai dubidar da cronoloxía do reinado deste monarca suevo e incluso da súa real existencia.

Lista de reis suevos

A primeira persoa en asumir o título de rei en Galicia foi o monarca suevo Hermerico, quen conseguiu do Imperio Romano de Occidente no ano 409 o goberno da provincia romana de Gallaecia, facendo dela o seu novo reino. A súa dinastía instaura primeiramente un reino suevo en canto que a monarquía e a elite detentadora do poder eran suevas. Porén, durante o século V d.C., o entendemento cos máis dos numerosos aristócratas galaicos e a adopción do catolicismo romano, consolidan finalmente un reino de Galicia, como porá de relevo Gregorio de Tours, sendo o primeiro erudito que o denomine Galliciense Regnum, a finais do século VI, e aos seus reis coma "reis de Galicia".

Maldras

Maldras foi un monarca suevo no reino de Galiza no período que atinxe dende o 457 até o 459. Gobernou tras asasinar a Aguiúlfo, colocándose á cabeza da parte sur do reino. Pouco despois produciuse a morte de Frantán, rei da parte norte, deixando a Maldras como único rei suevo de Galiza. Durante o seu curto reinado producíronse fortes conflitos sociais entre os nativos galaicos e os dirixentes xermánicos. Morreu asasinado en 459, sucedéndoo o seu fillo Remismundo.

Ourense

Ourense é unha cidade e concello de Galicia, capital da provincia de Ourense e da súa comarca homónima. É a terceira cidade máis poboada de Galicia despois de Vigo e A Coruña. Segundo o IGE, en 2016 a poboación foi de 105.893 habitantes (107.597 en 2012).

Está atravesada polos ríos Miño, Barbaña e Lonia. É coñecida como A cidade das Burgas debido á sona das súas famosas fontes de augas termais (a auga sae a 60-68 °C). Tamén se lle coñece como Auria.

Destacan como monumentos a catedral de Ourense (século XII) co seu Pórtico do Paraíso e o Santo Cristo, a ponte Maior, o claustro de San Francisco, a igrexa da Trindade e a de San Domingo, e o conxunto da súa zona vella, en proceso de recuperación.

Cidade termal por excelencia, ademais das Burgas hai augas termais no balneario da Chavasqueira (de inspiración xaponesa), O Tinteiro, Muíño da Veiga e Outariz. Están moi próximos á capital os centros balnearios da Arnoia, Baños de Molgas, Laias e O Carballiño.

Requiario

Requiario ou Rechiarius (e tamén pode escribirse Reckiario), finado en decembro de 456, foi o terceiro monarca suevo que gobernou o Reino de Galicia, desde o ano 448 (ano no que ascendeu o trono trala morte do seu pai Requila) ata a súa morte. Foi o primeiro rei xermánico de toda Europa que adoptou o catolicismo, e un dos máis innovadores e belixerantes de entre os monarcas suevos.

Requimundo

Requimundo foi un líder suevo, que gobernou no norte do Reino Suevo entre o 459 e o 463, mentres mantiña unha guerra civil contra Frumario e Remismundo. Non se identificou como rex, aínda que Idacio escribiu: inter Frumarium et Rechimundum oritur de regni potestate dissensio (entre Frumario e Requimundo xurdiu unha disensión sobre o poder do reino). A súa morte e a de Frumario no ano 463, abriu o camiño á unificación do reino baixo o goberno de Remismundo.

Suevos

Os suevos foron un grupo de pobos xermánicos mencionados por vez primeira por Xulio César en relación coa campaña de Ariovisto na Galia, c. 58 a. C. Mentres que César os considerou como unha única tribo xermánica, numerosa e belicosa, autores posteriores como Tácito, Plinio e Estrabón especifican que os suevos "non constitúen, como os Chatti ou Tencteri, unha soa nación. Actualmente ocupan máis da metade de Xermania, e están divididos en varias tribos con distintos nomes, malia que todos son chamados de xeito xeral como suevos".Outrora, a etnografía clásica aplicou o termo "suevo" a tantas tribos xermánicas que se cre que nos primeiros séculos despois de Cristo ben puidera ser un substituto de "xermanos". Os autores clásicos consideraron que os suevos, en comparanza con outras tribos xermánicas, eran moi móbiles e non moi dependentes da agricultura.Varios grupos de suevos trasladáronse dende o Mar Báltico e o río Elba, converténdose nunha ameaza ó Imperio Romano nas fronteiras dos ríos Rin e Danubio. Cara a fin do imperio, os alamáns, un grupo de tribos suevas, asentáronse nos Campos Decumanos e posteriormente cruzaron o Rin e ocuparon a rexión de Alsacia. Un reduto deles ficou na rexión hoxe chamada Schwaben, unha área do suroeste de Alemaña cuxo nome moderno procede dos suevos. Outros movéronse cara a Gallaecia e estableceron o Reino Suevo de Galicia, que durou 170 anos antes de ser integrado no Reino visigodo.

Teodemundo

Crese que Teodemundo foi[Cómpre referencia] un dos reis suevos que gobernou a Gallaecia durante o Período Escuro que abrangue dende a morte de Remismundo en 469 até a coroación de Carriarico en 550. Sábese pouco sobre os gobernantes desta época.

Teodomiro dos Suevos

Teodomiro foi un monarca do Reino Suevo de Galicia (559-570). Gobernou o reino dotándoo de institucións, administración e cohesión social buscando a lexitimidade do seu poder na Igrexa católica. Durante o seu reinado realízase o I Concilio de Braga (561), onde o reino suevo volta adoptar o catolicismo.

Gregorio de Tours fálanos do fillo do rei Carriarico que salvou a súa vida por mor da virtude milagreira das reliquias de San Martiño de Tours. Se cadra esteamos ante a primeira referencia a Teodomiro que sucedeu a Carriarico no trono do Reino Suevo da Gallaecia.

Baixo a influencia de Martiño de Dumio, o seu labor de goberno baseouse nos seguintes eixos:

Consolidación da expansión sueva coa incorporación das áreas de influencia de Astorga e Coimbra

A convocatoria dos Concilios de Braga a modo de asembleas de goberno non só en asuntos relixiosos senón especificamente temporais.

A organización territorial a través da estruturación da dependencia das entidades de poboación (parroquias) aos diferentes bispados (concretado na Divisio Theodemiri, a "división de Teodomiro", ou Parochiale suevorum).

A cristianización das masas de labregos aínda ancoradas nun paganismo ancestral de claro sabor céltico.

A busca da cohesión social mediante o combate da herexía ariana que profesaba o reino visigodo de Hispania e o priscilianismo seguido por importantes capas da poboación que non recoñecían a autoridade dos bispos de obediencia romana.

A lexitimación da monarquía perante as elites de orixe galaico-romana mediante o seu papel de protector da Igrexa desempeñando un rol con ecos propios de Bizancio, con quen probablemente mantivo contactos amigables.

A difusión da cultura a través do impulso de escolas dependentes dos mosteiros e focos de formación como o cenobio de Dumio fundado por Martiño de Dumio.

Unha política exterior pacífica sen enfrontamento co reino visigodo veciño e dentro da órbita da nova orde emanada do Imperio bizantino de Xustiniano.O seu reinado marcou un fito de estabilidade e esplendor do Galliciense regnum, do que nos quedaron testemuños nas propias fontes históricas galaicas e hispánicas e nas crónicas francas.

Veremundo

Veremundo (cara ao ano 485) (en latín: Veremund ou Veremundus) foi un rei suevo do reino de Galicia documentado cara ao ano 485, durante o período escuro que proseguiu trala morte do historiador Hidacio de Chaves (469), e a conversión dos suevos ao arianismo (466). A falta de fontes fai dubidar da cronoloxía do reinado deste monarca suevo, que tería impulsado a construción de igrexas.

Reis suevos
Reis visigodos
Señores territoriais
Reis desde Oviedo
Reis desde León
Reis de Galicia e León
Primeira liñaxe real (409-456)
Guerra Civil Sueva (456-469)
Período Escuro (469-550)
Período final (550-585)

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.