Carrión de los Condes

Carrión de los Condes é unha localidade e municipio español da comarca de Tierra de Campos na provincia de Palencia, en Castela e León. O municipio está formado polo núcleo principal, Carrión de los Condes, e inclúe tamén a pedanía de Torre de los Molinos. Ten unha poboación de 2.328 habitantes (2008).

Dista 40 km da cidade de Palencia, 80 km de Burgos, 95 km de Valladolid, 95 km de León e 275 km de Madrid.

Situado no Camiño de Santiago, o municipio é coñecido polos seus monumentos románicos e góticos, entre os que destaca o Pantocrátor da igrexa de Santiago, unha dos cumes da escultura románica.

Coordenadas: 42°20′20″N 4°36′7″O / 42.33889, -4.60194

Carrión de los Condes
Bandera Carrión Condes
Escudo de Carrión de los Condes Nuevo
Imagen Carrion de los Condes
Vista de Carrión de los Condes
Localización
PaísEspaña España
Com. AutónomaCastela e León
ProvinciaPalencia
ComarcaTerra de Campos
Xeografía
Altitude830 msnm
Superficie63,37 km²
Demografía
Poboación2.221 hab. (2011)
Densidade35,05 hab./km²
Xentiliciocarrionés/sa
Outros datos
Código postal34120
AlcaldeFrancisco Javier Villafruela Fierro (PP)
www.carriondeloscondes.es

Historia

Escudo de Carrión de los Condes
Escudo ata 2012.

Diversos achados arqueolóxicos mostran que o lugar xa estaba poboado en tempos prerromanos. En concreto parece ser que a parte alta da cidade, onde actualmente se atopa a Igrexa da nosa Señora de Belén, corresponderíase coa cidade vaccea de Lacobriga, posteriormente romanizada e parada importante na vía romana Aquitania que ía desde de Bordeos a Astorga.

Tradicionalmente afírmase que o nome de los Condes refírese aos condes Gómez Díaz, da liñaxe dos Banu Gómez, e a súa muller Teresa Peláez, quen construíron en 1047 o convento beneditino de San Zoilo, a ponte sobre o río Carrión e un hospital de peregrinos. Con todo, non consta o nome completo Carrión de los Condes ata o ano 1522, no testamento de Aldonza Manrique. Tiveron grande importancia para Carrión os marqueses de Aguilar de Campoo condes de Castañeda, descendentes da liñaxe real de Castela polo conde Tello de Castela e das liñaxes de la Vega, Girón e Cisneros. Da primeira condesa de Castañeda, Aldonza de Castela e do seu esposo Garci Fernández Manrique, que fundaron e dotaron o hospital da Trinidad, foron fillos Juan Fernández Manrique, marqués de Aguilar e conde de Castañeda, e Gabriel Manrique, conde de Osorno, quen fundaron unha irmandade co conde de Treviño e duque de Nájera, o seu curmán, para evitar que a vila de Carrión saíse do patrimonio da Coroa real (reguengo) e puidese chegar a poder do conde de Benavente, Rodrigo Alonso Pimentel (1419-1474), que a pretendía. O Concello de Carrión renovou este pacto en 1462. A esta irmandade débese o apelido dos Condes que leva a cidade, e non aos renomeados condes Gómez Díaz e Teresa Pelaéz, como equivocamente crese.

Durante a Alta Idade Media, Carrión de los Condes foi unha das cidades máis importantes dos reinos cristiáns e nela celebráronse cortes e sínodos.

O autor do Codex Calixtinus di de Carrión que é «rica en pan e viño». A portada da igrexa románica de Santiago mostra a vinte e dúas artesáns, a quen non faltaba o traballo pola abundancia de peregrinos. Consta que na época en que se escribiu este texto a metade da vila estaba en mans de Gutierre Fernández de Castro xuntamente coa fortaleza veciña de Castrojeriz. Nos anos sucesivos, a tenencia sería compartida con outras familias (especialmente os Girón). En 1165 posuíaa Diego Girón e dous anos máis tarde o poderoso Nuño Pérez de Lara.[1]

A igrexa románica de Santa María mostra o milagre das doncelas, lenda segundo a cal uns touros liberaron ás doncelas carrionesas de ser entregadas como tributo aos reis mouros.

En 1209 Gonzalo Rodríguez Girón e a súa esposa fundaron o Hospital da Herrada que prestaba asistencia aos peregrinos xacobeos.

Na época dos Austrias e dos primeiros Borbóns, pertence á extinguida provincia de Toro.

Demografía

Evolución demográfica de Carrión de los Condes
1900 1910 1920 1930 1940 1950 1960 1970 1981 1991 2001 2010
3.318 3.288 3.069 3.331 3.326 3.516 3.414 2.588 3.016 2.519 2.425 2.300

Lugares de interese

Carrión de los Condes, iglesia de Santa María del Camino-PM 34893
Portada da igrexa de Santa María del Camino
  • Hospital da Herrada
  • Igrexa de Santa María del Camino, románica do século XI.
  • Igrexa de Santa María de las Victorias, románica do século XII.
  • Igrexa de Santiago el Mayor, románica do século XIII.
  • Mosteiro de Santa Clara, século XIII.
  • Mosteiro de San Zoilo (século XI-XVI), cun magnífico claustro plateresco.
  • Igrexa de Nuestra Señora de Belén (séculos XVI-XVII).
  • Igrexa de San Andrés Apóstol.
  • Igrexa de San Julián.

Notas

  1. VV.AA. Palencia en los Siglos del Románico (Aguilar de Campoo - Palencia, 2002) Fundación de Santa María la Real (p.185)

Véxase tamén

Ligazóns externas

Afonso VIII de Castela

Afonso VIII de Castela, nado en Soria o 11 de novembro de 1155 e finado en Gutierre-Muñoz (Ávila) o 5 de outubro de 1214, foi un nobre castelán, rei de Castela dende 1158. Chamado tamén Afonso VIII de Borgoña, Afonso o das Navas e Afonso o Nobre.

Arturo Rivas Castro

Arturo Rivas Castro, nado en Sabucedo (A Estrada) o 17 de maio de 1898 e finado en 1974, foi un sacerdote, físico e químico galego.

Beatriz de Suabia

Beatriz de Suabia (bautizada como Isabel), nada en 1205 e finada en Toro o 5 de novembro de 1235, foi unha nobre alemá que foi raíña consorte de Castela e de León entre 1220 e 1235 polo seu matrimonio con Fernando III de Castela.

Foi filla de Filipe, duque de Suabia e rei de romanos, e de Irene Anxo, filla de Isaac II Anxo, emperador de Constantinopla.

Camiño Francés

O Camiño Francés ou Camiño Real é a ruta principal entre as distintas variantes que ofrecen os Camiños de Santiago. Recolle os peregrinos procedentes de Europa e percorre o norte da península desde Roncesvalles (Navarra) ou Somport (Huesca) ata Santiago de Compostela. No seu percorrido vai acollendo outras vías que conflúen nesta en diferentes puntos; esta imaxe de diferentes camiños confluíndo nun mesmo destino final quérese ver representada na figura da vieira como símbolo do Camiño.

Pode considerarse como o Camiño de Santiago por antonomasia por ser, con diferenza, a vía máis frecuentada dos diferentes Camiños: en 2016 foi a vía escollida por 176.329 peregrinos rexistrados pola Oficina do Peregrino (un 63,38% do total); en segundo lugar, moi lonxe, estaría o Camiño Portugués, cunhas porcentaxes do 16-18%.. Tamén é a vía mellor sinalizada e a que conta cun maior número de albergues ó longo do seu percorrido.

Como o resto dos Camiños, tivo numerosas ramificacións e rutas alternativas polas que os peregrinos buscaban achegarse ós distintos santuarios que existían ou se foron construíndo ó longo do Camiño ou, simplemente, optar por rutas máis seguras ou máis cómodas.

A Historia Compostelá, escrita pola contorna do bispo Diego Xelmírez a partir do ano 1109 recolle a primeira referencia documentada sobre o número de peregrinos que ían cara a Santiago. Relata o asombro do emir Alí ibn Yúsuf (1083-1143) cando, na súa viaxe a Galicia para falar coa raíña Urraca, observou a marea de peregrinos e preguntou:

O Camiño de Santiago Francés foi declarado pola UNESCO Patrimonio da Humanidade en 1993, ampliado ás rutas francesas en 1998. Tamén fora declarado o 23 de o utubro de 1987 "Primeiro Itinerario Cultural Europeo" polo Consello de Europa e está recoñecido como a Rúa Maior de Europa.

Década de 1070

A década de 1070 abrangue o período que empeza o 1 de xaneiro de 1070 e remata o 31 de decembro de 1079.

Enrique Fuentes Quintana

Enrique Fuentes Quintana, nado en Carrión de los Condes (Palencia), o 13 de decembro de 1924 e falecido en Madrid o 6 de xuño de 2007, foi un político e economista español, de grande influencia académica e social na segunda metade do século XX.

Manuel Cabada Castro

Manuel Cabada Castro, nado en Sabucedo (A Estrada) o 21 de outubro de 1935, é un filósofo e escritor galego.

N-120

A N-120 é unha estrada nacional española que une as cidades de Logroño e Vigo, acabando no porto desta última. A nomenclatura actual desta vía, así como do resto das estradas nacionais de España, estableceuse no cuarto plan xeral de estradas de 1939-41 (Plan Peña).

Ten un percorrido de 662 km, e pasa polas comunidades autónomas da Rioxa, Castela e León e Galicia, unindo grandes cidades e vilas como Burgos, Sahagún, León, Astorga e Ponferrada fóra de Galicia; e como O Barco de Valdeorras, A Rúa, Quiroga, Monforte de Lemos, Ourense, Ribadavia, A Cañiza, Ponteareas e O Porriño, xa en Galicia.

Na actualidade hai varias autovías ou autoestradas que van paralelas, con tramos en construción. Entre Logroño e Burgos (ligazón coa BU-30), está en construción a A-12, Autovía do Camiño de Santiago. Burgos circunválase mediante a BU-30. Entre a BU-30 e Onzonilla o corredor correspóndese coa Autovía Autonómica do Camiño de Santiago A-231, en servizo. Entre Onzonilla e León o corredor correspóndese coa Autovía da Ruta da Prata A-66, en servizo. Entre León e Astorga o corredor correspóndese coa autoestrada AP-71 de peaxe, en servizo. Entre Astorga e Vilamartín da Abadía o corredor correspóndese coa Autovía do Noroeste A-6, en servizo.

Entre Vilamartín da Abadía e Ourense o corredor correspóndese coa Autovía Ponferrada-Ourense A-76, en proxecto. Até a década de 1980 o tramo entre A Rúa e Ourense discorría ao sur do río Sil pola actual OU-536 , atravesando a ponte Bibei e Castro Caldelas. Desde entón vai por Quiroga, Monforte de Lemos e Os Peares. Entre A Rúa e Monforte de Lemos, pasando por Quiroga e A Estación (A Pobra de Brollón), vai en paralelo á LU-933, tramo da antiga C-533 A Gudiña-Lalín. Entre Monforte de Lemos e Os Peares, pasando polo Castro de Ferreira, existe o tramo N-120a, que se corresponde coa vella estrada C-546 Ourense-Lugo.

Entre Ourense e Vigo correspóndese coa vella estrada Villacastín-Vigo. Entre Ourense e O Porriño vai en paralelo á Autovía das Rías Baixas A-52. Entre O Porriño e a ligazón coa AP-9 (Autoestrada do Atlántico) na Portela de Puxeiros, a estrada correspóndese coa Autovía do Atlántico A-55, que a solapa en diversos tramos. Tamén se solapan desde A Portela de Puxeiros até a entrada en Vigo pola avenida de Madrid. Entre a avenida de Madrid e o porto de Vigo a estrada correspóndese coa circunvalación VG-20.

Provincia de Palencia

A provincia de Palencia é unha das que conforman a Comunidade Autónoma de Castela e León, e está situada ao norte da submeseta setentrional, entre Cantabria ao norte, a provincia de Burgos ao leste, a de Valladolid ao sur e León ao oeste. Ten unha extensión territorial de 8.029 Km2.

A súa poboación é de 173.409 habitantes segundo o censo de 2005, en enorme regresión, se temos en conta que en 1960 contaba con 237.426.

Ramón Pérez de Ayala

Ramón Pérez de Ayala, nado en Oviedo o 9 de agosto de 1881 e finado en Madrid o 5 de agosto de 1962, foi un escritor e xornalista español.

Río Carrión

O Carrión é un río de España, que discorre integramente pola provincia de Palencia. É afluente do río Pisuerga, que á súa vez flúe pola marxe esquerda ao río Douro, e que discorre pola comunidade autónoma de Castela e León. Nace en Fontes Carrionas, pertencente á rede de Espazos Naturais dentro do Parque Natural das Fontes Carrionas e Fonte Cobre-Montaña Palentina e pasa por Velilla del Río Carrión, Guardo, Saldaña, La Serna, Carrión de los Condes, Monzón de Campos, Palencia, e Villamuriel de Cerrato. Ao final da súa traxectoria únese co río Pisuerga no termo municipal de Dueñas.

Na súa conca construíronse o encoro de Camporredondo e o encoro de Compuerto. A súa principal curiosidade é que a pesar dos seus 179 km de lonxitude todo o seu percorrido forma parte da provincia de Palencia.

Sancho VI de Navarra

Sancho VI de Navarra, o Sabio, nado cara ao 1133 e finado o 27 de xuño de 1194, foi rei de Pamplona e Navarra dende 1150 ata a súa morte. Foi o primeiro en abandonar definitivamente o título de Rei de Pamplona para adoptar o de Rei de Navarra.

Santiago o Maior

Xacobe (en arameo Yaqob bar Zibhdi, en hebreo עֲקֹב Yahăqōb ben Zebdi e en grego Iάκωβος Iàkovos), máis coñecido como Santiago o Maior, morto en 44, era fillo de Zebedeo e Salomé. Discípulo de Xesús, foi un dos Doce Apóstolos ou principais seguidores de Cristo. Chámaselle o Maior para distinguilo de Santiago o Menor, tamén discípulo de Xesús. Era irmán de san Xoán o Evanxelista.

O nome de Santiago en latín era Iacobus, unha derivación a través do grego do nome hebreo do patriarca Xacob. É a forma do primeiro romance occidental que daría lugar ao galego e que, debido á súa relevancia relixiosa e política, sería adoptado en todas as linguas romances hispanas. Deste xurdirían os nomes de Iago, Xacobe e Xaime, o inglés James e o francés Jacques; e de Sant Iacobus virían Santiago e o portugués Tiago.

Tierra de Campos

Tierra de Campos (Terra de Campos) é unha bisbarra natural localizada na Comunidade Autónoma de Castela e León, que se estende polas provincias de Palencia, Valladolid, Zamora e León.

A súa orixe está no chamado "Campo de Galiza" (Campus Gallaeciae) do Baixo Imperio Romano, que co tempo recibirá o nome de "Campos Góticos" (Campi Gothici ou Campi Gothorum), tendo a súa capital histórica en Palencia.

Voto de Santiago

Voto de Santiago é o nome do compromiso que supostamente se adquiriu polos monarcas da Galicia alto-medieval coa igrexa compostelá debido á vitoria na mítica batalla de Clavijo, na que o propio apóstolo Santiago interviría fisicamente no seu favor nun momento de particular perigo, cambiando a sorte que parecía decidida a favor dos exercitos enviados pola España musulmá.

Xosé María Alonso Cortón

Xosé María Alonso Cortón, nado en Lugo 19 de marzo de 1874 e finado na Habana o 29 de novembro de 1923, foi un sacerdote e profesor galego.

50.000+
5.000+
1.000+
Menos de
1.000

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.