Carral

Carral é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca homónima. Segundo o IGE a súa poboación en 2014 era de 6.118 habitantes (5.770 no 2009, 5.647 no 2007, 5.579 no 2006, 5.527 no 2005, 5.453 no 2004). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é carralés[5].

Coordenadas: 43°13′51″N 08°21′19″O / 43.23083, -8.35528

Carral
Escudo de Carral
Casa do Concello de Carral
Casa do Concello
Situacion Carral
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia da Coruña
ComarcaComarca da Coruña
Poboación6.294 hab. (2018)
Área48,0 km²
Densidade131,13 hab./km²
Entidades de poboación8 parroquias
Capital do concelloCarral
Política (2019[2][3])
AlcaldeJavier Gestal (AV)
Concelleiros
PPdeG: 5
PSdeG-PSOE: 3
Outros: Alternativa dos Veciños 5
Eleccións municipais en Carral
Uso do galego[4] (2011)
Galegofalantes65,54%
Na rede
www.concellocarral.com
concello@carralconcello.info

Xeografía

Concello de carral
Parroquias de Carral.

O concello atópase a 17 km da Coruña, limitando con Cambre polo norte, con Ordes e Mesía polo sur, con Abegondo polo leste, con Cerceda ao oeste e con Culleredo ao noroeste. Ocupa 48 km².

Está definido polos vales dos ríos Barcés e Brexa, afluentes do río Mero pola beira esquerda. O río Brexa atravesa o concello en dirección noroeste-nordeste, formando o val entre Tabeaio e o núcleo urbano de Carral. O río Barcés transcorre diagonalmente polo municipio, servindo nalgúns traxectos como límite con Abegondo. Forma o val de Barcia, de gran riqueza agrícola. Os cumios principais do concello son o monte Xalo (459 m), San Bartolomé (nas Travesas, de 458 m) e o monte Castro de Ameás (210 m).

Poboación

Censo total 2014 6.118 habitantes
Menores de 15 anos 828 (13.53 %)
Entre 15 e 64 anos 3.877 (63.37 %)
Maiores de 65 anos 1.413 (23.09 %)
Evolución da poboación de Carral   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018
5.082 5.661 6.067 6.001 5.453 6.130 6.118 {{{13}}} {{{14}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Historia

O Concello de Carral naceu como tal en 1836, sendo gobernador civil Pío Pita Pizarro.

Monumento aos Mártires de Carral
Monumento aos Mártires de Carral.

Hai restos prehistóricos desde a época do paleolítico, como dolmens, medoñas e mámoas no monte Xalo e en Paleo, zonas onde tamén se atoparon machados, puntas de frecha, elementos de cociña ou muíños. Hai restos castrexos en Paleo, Paiolante, Gosende, Balbén, Ameás, Herves e a Eira dos Mouros.

Na Idade Media o terreo estaba baixo a xurisdición do Conde de Altamira. Carral era lugar de paso dos peregrinos que percorrían o camiño inglés, vía que contaba con tres variantes. Unha delas ía paralela á actual estrada N-550. As outras dúas transcorría polas beiras do río Barcés.

Fernando III concedeu ao pobo de Carral o título de "Moi Leal" como recoñecemento á afouteza con que o 29 de novembro de 1227 se defendeu o castelo de Baeza fronte ao asedio musulmán. O propio rei III concedeu o privilexio de colocar no escudo unha bordadura de goles con oito aspas de ouro, unha por cada parroquia, en conmemoración daquela fazaña. Despois os Reis Católicos, en 1497, concederon á vila de Carral a Carta de Puebla Real, quedando libre do señorío de Santiago e podendo colocar no seu escudo a coroa real.

En abril de 1846, tralo levantamento contra o presidente do goberno español Narváez, Miguel Solís, Coronel do Estado Maior da Capitanía Xeneral de Galicia proclamou unha Xunta de Goberno de Galicia en contra do goberno de Isabel II. O 23 de abril Solís foi capturado, sendo previsto que fosen xulgados na Coruña. Porén, el e os seus homes foron fusilados tras un falso xuízo en Carral o día 26.

A Liga Galega da Coruña toma a iniciativa de levantar un monumento en memoria dos Mártires de Carral, colocándose a primeira pedra o 23 de abril de 1899, inaugurándose o monumento o 22 de maio de 1904 co lema "Aos mártires da liberdade mortos o 26 de abril de 1846. Liga Gallega na Cruña" e cunha placa cos nomes dos oficiais executados.

Cultura

Toponimia

O topónimo procede do núcleo de poboación que serve de capital, situado no camiño entre Santiago de Compostela e A Coruña, polo que circulaba a Carrilana.

Patrimonio

Patrimonio arquitectónico

O pazo de Abrigosa, de estilo barroco, sitúase no lugar de Abrigoso, na parroquia de Vigo. Ten peche de pedra e dous accesos á leira. O edificio, de dúas alturas, ten planta en forma T cun balcón sobresaíndo no alzado orientado o leste. Está cuberto con tellado a dúas aguas. Ten un escudo no alzado sur, e a leira ten dous alpendres.

O pazo de Vilasuso, de estilo barroco, sitúase no lugar de Vilasuso, na parroquia de Sumio, no val do Barcia. De planta angular, ten amplas proporcións, con dous corpos da fachada principal en escuadra. Nun lateral en ángulo recto, situase a capela. Na parte superior está a cociña destacando a cheminea. Entre as altas torres da fachada principal ten un escudo que reprenda ós Vilardefracos, Bermudez de Castro, Salgado, Santiso, Lobera e Mariño.

O pazo da Ribeira sitúase no lugar da Ribeira, na parroquia de Quembre, á beira do río Barcés e preto de Ponte Lago. Destacan os xardíns, con labirintos de buxos e tres fontes de pedra. A vivenda é un casarío de planta rectangular cuberta de tella a catro augas, realizada en cachotería con cantería en xambas, linteis e esquinas. Na fachada situada cara ao xardín ten un escudo coas armas Salazar e dos Alvarado. A capela esta adicada a San Xoán Bautista.

O pazo de Reboredo sitúase no lugar de Reboredo, na parroquia de Paleo, a carón da estrada N-550. O edificio ten planta paralelepípeda, en forma de escuadra, cunha torre de tres alturas ameada integrada nun dos lados. Presenta unha galería engadida construída a mediados do século XX. As esquinas, ocos e cornixas son de cantería. O escudo dos Figueroa é do século XVIII e procede do desaparecido pazo de Tabeaio.

O pazo de Esperante está no lugar de Esperante, na parroquia de Quembre, separado de Cerceda polo Monte Xalo. Ten planta paralelepípeda, con dúas alturas.

O pazo das Cadeas é unha construción do século XVII, situada na aldea de Herves, fronte ao val de Barcia. En abril de 1690 pasou nel unha noite a raíña Mariana de Neoburgo, esposa de Carlos II de España. Diante del pasa a ruta de sendeirismo dos muíños de batán.

Economía

No concello de Carral está o polígono Os Capelos de 439.616 m2. O concello ten unha importante base no agro sendo o pan de Carral o seu produto máis coñecido.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Carral.

Vídeo atravesando Carral pola N-550.

Placa altimétrica Carral, Coruña

Placa altimétrica na casa do concello.

Lugares de Carral

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Carral vexa: Lugares de Carral.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Resultados eleccións 2019
  3. Javier Gestal, nuevo alcalde de Carral
  4. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.
  5. Costas González, X.-H. (2016): Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega, páx. 44. Universidade de Vigo. ISBN 978-84-8158-706-7
26 de abril

O 26 de abril é o 116º día do ano do calendario gregoriano (117º nos anos bisestos). Quedan 249 días para finalizar o ano.

Beira, Carral

Santa Mariña de Beira é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Carral. Segundo o IGE no 2016 tiña 466 habitantes (237 homes e 229 mulleres), distribuídos en 16 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 613 habitantes.

Carral, Begonte

San Martiño de Carral é unha parroquia que se localiza no concello de Begonte. Segundo o padrón municipal (INE 2016) tiña 179 habitantes (95 homes e 84 mulleres), distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 218 habitantes.

Cañás, Carral

Santa Baia de Cañás é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Carral. Segundo o IGE en 2017 tiña 377 habitantes (188 mulleres e 189 homes), distribuídos en 15 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 2006 cando tiña 353 habitantes.

Comarca da Coruña

A comarca da Coruña é unha comarca galega situada na provincia da Coruña e a súa capital é A Coruña. Limita ao norte co océano Atlántico, ao sur coa comarca de Ordes, ao leste coa comarca de Betanzos e ao oeste coa comarca de Bergantiños.

Abarca unha superficie de 469,6 km², e no 2014 tiña 397.254 habitantes distribuídos en nove concellos: Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, A Coruña, Culleredo, Oleiros e Sada.

Edificio El Moderno

O Edificio El Moderno é unha construción civil da cidade de Vigo, situada na número 1 da rúa Policarpo Sanz, facendo esquina coa rúa de Carral. É un dos edificios históricos máis significativos da cidade.

Illa Carral

A illa da Carral[Cómpre referencia], comunmente A Carral[Cómpre referencia], é unha illa situada en cabo Silleiro, na parroquia de Baredo no concello pontevedrés de Baiona. Atópase no espazo da Costa de Baiona-A Guarda.

Monte Xalo

O monte Xalo é un dos cumios máis altos da zona litoral coruñesa, cunha altitude de 514 metros sobre o nivel do mar, que está no leste e aliñado coa meseta de Santa Comba.

Montouto, Abegondo

Santa Cristina de Montouto é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Abegondo na comarca da Coruña. Linda ao norte coas parroquias de Figueroa e Sarandós, Cabanas, ao sur con Folgoso e con Beira, Carral ao leste. Segundo o IGE en 2016 tiña 312 habitantes (156 homes e 156 mulleres) distribuídos en 11 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 391 habitantes.

Mártires de Carral

Coñécense como Mártires de Carral os militares sublevados en varios lugares de Galicia en 1846 contra o presidente Narváez que foron executados o 26 de abril na vila coruñesa de Carral.

O Carral, Goiriz, Vilalba

O Carral é un lugar da parroquia de Goiriz, no concello lugués de Vilalba, na comarca da Terra Chá. Segundo o IGE, en 2010 tiña 24 habitantes (10 homes e 14 mulleres).

Paleo, Carral

Santo Estevo de Paleo é unha parroquia que se localiza no centro do concello de Carral e contén a súa capital administrativa. Segundo o IGE en 2012 tiña 2.937 habitantes (1.508 mulleres e 1.429 mulleres), distribuídos en 20 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 2.002 habitantes. Ten unha área de 8,17 km².

Quembre, Carral

San Pedro de Quembre é unha parroquia que se localiza no centro do concello de Carral. Segundo o IGE en 2016 tiña 335 habitantes (173 mulleres e 162 homes), distribuídos en 16 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 381 habitantes.

Sabadelle, Chantada

Santa María de Sabadelle é unha parroquia do concello de Chantada na provincia de Lugo. No ano 2011 tiña 177 habitantes distribuídos en 5,67 km², segundo datos do INE e do IGE, deles 83 eran homes e 94 eran mulleres. Iso supón unha diminución con respecto o ano 2007 que tiña 192 habitantes, deles 88 eran homes e 104 eran mulleres.

Sergude, Carral

San Xián de Sergude é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Carral. Segundo o IGE en 2016 tiña 157 habitantes (79 homes e 78 mulleres), distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 147 habitantes.

Sumio, Carral

Santiago de Sumio é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Carral. Segundo o IGE en 2016 tiña 380 habitantes (192 homes e 188 mulleres), distribuídos en 20 entidades de poboación, o que supón unha diminución respecto do ano 1999 cando tiña 521 habitantes.

Tabeaio, Carral

San Martiño de Tabeaio é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Carral. Segundo o IGE en 2016 tiña 834 habitantes (408 mulleres e 426 homes), distribuídos en 19 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 866 habitantes.

Vigo, Carral

San Vicente de Vigo é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Carral. Segundo o IGE en 2016 tiña 464 habitantes (230 mulleres e 234 homes), distribuídos en 13 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 450 habitantes.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.