Carracci

Hai varios persoeiros que levan o apelido Carracci:

  • Agostino Carracci
  • Annibale Carracci, irmán de Agostino Carracci
  • Lodovico Carracci, curmán de Agostino Carracci
  • Antonio Marziale Carracci, fillo de Agostino Carracci
  • Francesco Carracci, sobriño de Agostino Carracci
Alessandro Algardi

Alessandro Algardi, nado en Boloña o 27 de novembro de 1598 e finado en Roma o 10 de xuño de 1654, foi un escultor italiano.

Arte

A arte (do latín ars, artis, a través do seu acusativo singular artem) é entendida xeralmente como calquera actividade ou produto realizado polo ser humano cunha finalidade estética ou comunicativa, a través do que se expresan ideas, emocións ou, en xeral, unha visión do mundo, mediante diversos recursos, como as plásticos, lingüísticos, sonoros ou mixtos. A arte é un compoñente da cultura, reflectindo na súa concepción os substratos económicos e sociais, e a transmisión de ideas e valores, inherentes a calquera cultura humana ó longo do espazo e do tempo. Adoita considerarse que coa aparición do Homo sapiens a arte tivo en principio unha función ritual, máxica ou relixiosa, pero esa función cambiou coa evolución do ser humano, adquirindo un compoñente estético e unha función social, pedagóxica, mercantil ou simplemente ornamental. A arte é unha actividade exclusiva do ser humano.

A noción de arte continúa hoxe en día suxeita a profundas polémicas, posto que a súa definición está aberta a múltiples interpretacións, que varían segundo a cultura, a época, o movemento, ou a sociedade para a cal o termo ten un determinado sentido. O vocábulo arte ten unha extensa acepción, podendo designar calquera actividade humana feita con xeito e dedicación, ou calquera conxunto de regras necesarias para desenvolver de forma óptima unha actividade: fálase así de arte culinaria, arte médica, artes marciais, artes de arrastre na pesca etc. Nese sentido, arte é sinónimo de capacidade, habilidade, talento, experiencia. Porén, máis comunmente adoita ser considerada a arte como unha actividade creadora do ser humano, pola que produce unha serie de obxectos (obras de arte) que son singulares, e cuxa finalidade é principalmente estética. Nese contexto, arte sería a xeneralización dun concepto expresado desde antano como “belas artes”, actualmente algo en desuso e reducido a ámbitos académicos e administrativos. De igual forma, o emprego da palabra arte para designar a realización doutras actividades veu sendo substituído por termos como técnica ou oficio. Neste artigo trátase de arte entendida como un medio de expresión humana de carácter creativo.

Arte de paisaxes

Paisaxe ou país é o nome que a historiografía da arte dá ao xénero pictórico que representa escenas da natureza, tales como montañas, vales, árbores, ríos e bosques. Case sempre se inclúe o ceo e as condicións atmosféricas, que poden ser un elemento importante da composición. Ademais da paisaxe natural, tamén se trata, como un xénero específico, a paisaxe urbana. Tradicionalmente, a arte de paisaxes plasma de forma realista algunha paisaxe real, mais pode haber outros tipos de paisaxes, como os que se inspiran nos soños (paisaxe onírica, moi empregada no surrealismo).

Na historia da pintura, a paisaxe foi adquirindo paseniñamente cada vez máis relevancia, dende a súa aparición como fondo de escenas doutros xéneros (como a pintura de historia ou o retrato) até constituírse como xénero autónomo na pintura holandesa do século XVII. Tamén é un motivo esencial para a pintura xaponesa.

Dentro da xerarquía dos xéneros, a paisaxe ocupaba un lugar moi baixo, superior só ao bodegón.

Barroco

O Barroco é un movemento cultural e artístico que tivo lugar principalmente durante o século XVII. O termo provén do francés baroque, de barocco, figura de siloxismo que os renacentistas aplicaban aos razoamentos absurdos, cruzado co portugués barroco, perla irregular ou, por extensión, xoia falsa.A cultura barroca nace dunha situación histórica concreta, que é a crise económica e social que as monarquías absolutistas e a Contrarreforma non puideron ocultar. Por esa razón, o home desa época refuxiouse nos avances da ciencia e na expresión artística e literaria. O Barroco caracterízase tanto polo esplendor artístico e cultural como pola decadencia social e económica.

O Barroco é unha reacción fronte ao manierismo, movemento elitista, complicado e intelectual e, en xeral, á orde estética renacentista, de beleza equilibrada e razoable. O Barroco non cifra o seu ideal na proporción bela, máis ben procura a realidade cotiá, con frecuencia tratada con extrema crueza. Á vez mostra gusto polo aparatoso e monumental, empregado como instrumento propagandístico tanto da monarquía como da Igrexa católica.

Carnizaría

Unha carnizaría, carnicería, cortadoría ou antigamente buxaría é un establecemento onde se comercializan diferentes tipos de carnes crúas dedicadas ó consumo humano. Xeralmente, na carnizaría realízanse as tarefas de procesado finais tales como despezamento e o picado das carnes. O equipamento mínimo dunha carnicería consta dun refrixerador industrial, un soporte para o despezamento, un conxunto de coitelos e un mostrador refrixerado.

Demócrito de Abdera

Demócrito de Abdera (en grego antigo , Δημόκριτος, Demókritos, "o escollido polo pobo"), nado no 460 a.C. en Abdera, Tracia, Grecia, e finado no 370 a.C., foi un filósofo grego.

Juan Bautista Maíno

Frei Juan Bautista Maíno, Maino ou Mayno, nado en Pastrana, Guadalaxara, bautizado o 15 de outubro de 1581 e finado en Madrid o 1 de abril de 1649, foi un pintor español do Barroco.

Lavinia Fontana

Lavinia Fontana, nada en Boloña, bautizada o 24 de agosto de 1552 e finada en Roma o 11 de agosto de 1614, foi unha pintora italiana do primeiro barroco. Foi unha das pintoras máis importantes da súa época e mesmo chegou a ser pintora oficial da corte do papa Clemente VIII. O catálogo da súa obra é bastante extenso, tense constancia de 135 obras súas, aínda que só se conservan 32 datadas e asinadas.

Marco Antonio

Marco Antonio, en latín Marcus Antonius, foi un militar e político romano da época final da República (Roma, circa 83 a.C. - Alexandría, 30 a.C.). Foi un importante colaborador de Xulio César, como comandante militar e administrador. Tralo asasinato de César, coligouse con Octavio e Lépido para formar o Segundo Triunvirato (43 - 33 a.C.). O triunvirato disolveuse no ano 33 a.C. e, apartado Lépido da escena, as disensións entre Octaviano e Marco Antonio mudaron en aberta guerra civil no ano 31 a.C.; Marco Antonio, aliado coa raíña Cleopatra VII de Exipto, foi finalmente derrotado na batalla de Accio no ano 30 a.C., trala cal, ao seu regreso a Alexandría, suicidouse.

Mesalina

Mesalina (en latín: Valeria Messalina), nada c. 17/20, e finada no 48, foi a muller do emperador romano Claudio. Era curmá paterna do emperador Nerón, curmá segunda do emperador Calígula, e sobriña neta do emperador Augusto. Unha muller poderosa e influente, difamada cunha reputación de promiscuidade, conspirou presuntamente contra o seu marido e foi executada cando se descubriu o seu complot.

Museo Municipal Quiñones de León

O museo municipal Quiñones de León é un conxunto museístico localizado no pazo de Castrelos, na parroquia de Castrelos de Vigo.

Natureza morta

A natureza morta, tamén coñecida como bodegón, é unha obra de arte que representa obxectos inanimados, xeralmente obxectos cotiáns que poden ser naturais (animais de caza, froitas, flores, comida, plantas, rochas ou cunchas) ou feitos polo ser humano (utensilios de cociña, de mesa ou de casa, antigüidades, libros, xoias, moedas, pipas etc.) nun espazo artifical determinado. Esta póla da pintura sérvese dun exquisito arranxo, encanto colorístico e dunha iluminación fina para producir un efecto de serenidade, benestar e harmonía. Con orixes na antigüidade e moi popular na arte occidental dende o século XVII, a natureza morta da ao artista máis liberdade de acción na colocación de elementos de deseño dentro dunha composición que outros xéneros pictóricos como a paisaxe ou os retratos. Os bodegóns, particularmente antes de 1700, a miúdo contiñan un simbolismo relixioso e alegórico en relación cos obxectos que representaban. Algunhas naturezas mortas rompen a barreira bidimensional e empregan técnicas mixtas tridimensionais, e usan obxectos atopados, fotografía, gráficas xeradas por ordenador, así como son e vídeo.

Nicolai Abraham Abildgaard

Nicolai Abraham Abildgaard, nado en Copenhaguen en 1743 e finado na mesma cidade en 1809, foi un pintor danés.

Pintura

A pintura é a arte da representación gráfica utilizando pigmentos mesturados con outras substancias aglutinantes orgánicas ou sintéticas, en forma líquida a unha superficie bidimensional, co fin de coloreala, atribuíndolle matices, tons e texturas. Nesta arte empréganse técnicas de pintura, coñecementos de teoría da cor e de composición pictórica, e o debuxo. Nun sentido máis específico, a práctica da arte de pintar, consiste en aplicar, nunha superficie determinada -unha folla de papel, un lenzo, un muro (pintura mural ou de frescos), unha madeira, un fragmento de tecido etc.- unha técnica determinada, para obter unha composición de formas, cor, texturas, debuxos etc. dando lugar a unha obra de arte segundo algúns principios estéticos.

O arquitecto e teórico do clasicismo André Félibien, no século XVII, nun prólogo das Conferencias da Academia francesa fixo unha xerarquía dos xéneros da pintura clásica: «a historia, o retrato, a paisaxe, os mares, as flores e os froitos».

A pintura é unha das expresións artísticas máis antigas e unha das sete Belas Artes, e está incluída como materia na maior parte das licenciaturas nesta disciplina. En estética ou teoría da arte modernos a pintura está considerada como unha categoría universal que comprende todas as creacións artísticas feitas sobre superficies. Unha categoría aplicable a calquera técnica ou tipo de soporte físico ou material, incluíndo os soportes ou as técnicas efémeras así como os soportes ou as técnicas dixitais.

A pintura é considerada por moitos como un dos soportes artísticos tradicionais máis importantes; moitas das obras de arte máis importantes do mundo, tales como a Mona Lisa, son pinturas.

Diferénciase do deseño polo uso dos pigmentos líquidos e do uso constante da cor, mentres aquel apropiase principalmente de materiais secos.

Pintura barroca

A pintura barroca é a pintura relacionada co movemento cultural barroco. Este movemento, a miúdo, é identificado co absolutismo, a Contrarreforma e o renacemento católico, mais a existencia dunha importante arte e arquitectura barroca en países non absolutistas e protestantes por toda Europa Occidental evidencian a súa ampla popularidade. A pintura adquiriu un papel prioritario dentro das manifestacións artísticas, e chegou a ser a expresión máis característica do peso da relixión nos países católicos e do gusto burgués nos países protestantes.

De xeito xenérico, a arte barroca caracterízase polo realismo superficial, as cores ricas e intensas, e os fortes contrastes de luces e sombras. En oposición á arte renacentista, que normalmente mostraba o momento anterior a ocorrer calquera acontecemento, os artistas barrocos elixían o punto máis dramático, o momento en que a acción estaba a ocorrer: Miguel Anxo, que traballou durante o Alto Renacemento, mostra o seu David composto e quieto antes de loitar contra Goliat; en troques, o David barroco de Bernini foi captado no acto de lanzar a pedra contra o soldado. Como valores principais, a arte barroca pretendía evocar a emoción e a paixón en lugar da tranquila racionalidade que fora apreciada durante o Renacemento.

A pintura barroca abrangue un amplo períodos que comeza ao redor do ano 1600 e continúa ao longo de todo o século XVII, e a principios do século XVIII. Entre os máis grandes pintores do período barroco atópanse Caravaggio, Rembrandt, Rubens, Velázquez, Poussin e Vermeer. Caravaggio foi herdeiro da pintura humanista do Alto Renacemento. O seu enfoque realista da figura humana, pintada directamente do natural e iluminada dramaticamente contra un fondo escuro, sorprendeu aos seus contemporáneos e abriu un novo capítulo na historia da pintura. A pintura barroca a miúdo dramatiza as escenas usando os efectos lumínicos do claroscuro; isto pode verse en obras de Rembrandt, Vermeer, Le Nain e La Tour. O pintor flamengo Anton Van Dyck desenvolveu un estilo de retrato cortesán, con graza, que influíu moito, especialmente en Inglaterra.

A prosperidade da Holanda do século XVII levou a unha enorme produción artística cun gran número de pintores con gran destreza que se especializaron en xéneros determinados: obras de xénero, paisaxes, bodegóns, retratos ou pintura de historia. Os estándares técnicos eran moi altos, e a Idade de Ouro holandesa estableceu un novo repertorio de temas que foron moi influentes até a chegada do Modernismo.

Plutón (deus)

Plutón  foi o deus do inframundo na mitoloxía romana. O seu equivalente na mitoloxía grega era Hades, aínda que Plutón era máis benigno. En canto á etimoloxía do nome confúndeselle coa de Pluto, o deus grego das riquezas.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.