Carpe

O carpe europeo, tamén coñecido simplemente coma carpe[1] Carpinus betulus é un Carpinus nativo do oeste, centro e sur de Europa, estendéndose dende o oeste de Rusia e Ucraína. Require dun clima temperado para un bo crecemento, só medrando por riba dos 600 msnm. Crece mesturándose con carballos, e nalgunhas áreas con faias. É unha árbore común en bosques degradados. En Galiza non é común.

Carpe
C. betulus nunha fraga

C. betulus nunha fraga
Estado de conservación
Non ameazado
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Fanerógama / Magnoliophyta
Clase: Dicotiledónea / Magnoliopsida
Orde: Fagales
Familia: Betulaceae
Xénero: Carpinus
Especie: C. betulus
Nome binomial
Carpinus betulus
L.

Descrición

É unha arboriña miúda ou mediana que adoita acadar os 15–25 m, raramente 30 m, cun toro torto. A casca é grosa, averdada cinsenta, aínda que nos vellos (véxase na foto): aseméllase á da faia, mais ten a miúdo costelas. Os gomos, a diferenza dos Fagus, non teñen máis dun cm de lonxitude, e presionados cara as ás. As follas son alternas, de 4–9 cm longo, con prominentes veas dando un engurrado distintivo, e marxes serrados; aseméllanse ás do umeiro mediterráneo (Ulmus minor), mais son simétricas (véxase na foto). As xemas son alternas e afusadas (véxase na foto), porén menos cás da faia. As flores aparecen en candeas aló polo mes de maio trala saída das follas. O froito é unha pequena e longa noz de 7–8 mm lonxitude, parcialmente envolta por trifoliolos, o invólucro de 3–4 cm lonxitude; madura polo outono. As sementes frecuentemente non xermolan até a primavera do segundo ano logo da sementeira. É un prolífico sementeiro e ten unha vizosa rexeneración natural.

A madeira é mesta e dura, empregada para trebellos e material de construción.

Ecoloxía

Gosta dos terreos sombrizos, e prefire moderada fertilidade do solo e de humidade. Ten un sistema radicular escaso en profundidade mais moi espallado superficialmente, e produce moitos fillos cando se talla baixo. Ten unha follaxe mesta.

Hai un número de notábeis bosques onde esta especie é a dominante:

Haagbeukvrucht
Froito
Carpinus betulus charme tronc
A casca é cinsenta e lisa, semella a da faia, mais pode ter costelas
Carpinus foliage
As follas aseméllanse ás do ulmeiro mediterráneo (Ulmus minor), porén son simétricas. As xemas son alternas e afusadas, mais menos que as da faia.

Propiedades

Principios activos: Tanino, sales, resina.[2]

Indicacións: Estíptico, adstrinxente, vulnerario, pectoral, expectorante, antitusivo. A auga destilada, preparada a partir das follas, úsanse coma colirio.[2]

Úsanse especialmente as follas e a casca. Apáñase en agosto. Decocción de casca(expectorante): 10-15 g. por cunca.

Outros usos: Ornamental. A madeira, branca e mesta, tense usado para a fabricación de pasta de papel, pezas de pianos, parqués, tacos de billar etc.[2]

Sinonimia

  • Carpinus carpinizza Kill.
  • Carpinus caucasica Grossh.
  • Carpinus compressus Gilib.
  • Carpinus intermedia Wierzb. ex Rchb.
  • Carpinus nervata Dulac
  • Carpinus quercifolia Desf. ex Steud.
  • Carpinus sepium Lam.
  • Carpinus ulmifolia Salisb.
  • Carpinus ulmifolia St.-Lag.
  • Carpinus ulmoides Gray
  • Carpinus vulgaris Mill.[3]

Notas

  1. Nome vulgar preferido en galego Termos Esenciais de Botánica Comisión de Normalización Lingüística da Escola Politécnica Superior de Lugo - Universidade de Santiago de Compostela, 2002
  2. 2,0 2,1 2,2 "Carpinus betulus". Plantas útiles: Linneo. Arquivado dende o orixinal o 01 de decembro de 2009. Consultado o 23 de novembro de 2009.
  3. Sinónimos en Catalogue of life

Véxase tamén

Alsacia

Alsacia (en alsaciano e alemán: Elsass; en francés: Alsace) é unha rexión cultural e histórica de Francia, localízase ao leste do país, xunto ás fronteiras alemá e suíza. A súa capital e maior cidade é Estrasburgo.

Dende 1982 até 2016, Alsacia era a rexión administrativa máis pequena de Francia, formada polos departamentos de Baixo Rin e Alto Rin. A reforma territorial aprobada na lexislatura de 2014 provou a fusión da rexión de Alsacia con Champaña-Ardenas e Lorena para formar o Gran Leste.

A rexión foi obxecto de conflitos e disputas continuos entre Francia e as diferentes entidades de Alemaña, cambiando sucesivamente de soberanía a partir dos períodos que seguiron aos enfrontamentos armados entre ambas as nacións e que finalizaron en 1871, 1918 e 1945. O proceso de reconciliación franco-alemá xurdido tras o desastre humano, material e moral provocado pola segunda guerra mundial e que impulsou o nacemento e desenvolvemento dende a segunda metade do século XX da Unión Europea, converteu á rexión nun símbolo da paz e a unión política do continente, acollendo na súa capital a sede de importantes institucións e organismos internacionais de Europa.

Betuláceas

Betulaceae, as Betuláceas, son unha familia da orde das fagais. Está composta por árbores ou arbustos dicotiledóneos caducifolios e monoicos que se atopan en rexións temperadas e zonas de montaña nos trópicos. A ela pertencen os amieiros e os bidueiros.

No pasado, esta familia estaba dividida en dúas, Betulaceae (Alnus e Betula) e Corylaceae (o resto); porén, estudos recentes no Angiosperms Phylogeny Group, levaron a incluír a antiga familia Corylaceae dentro das Betulaceae.

Carpe diem

A frase latina carpe diem significa literalmente "atrapa o día" e aparece na oda I-XI de Horacio:

Dum loquimur, fugerit invida

Aetas: carpe diem, quam minimu credula postero.(Pois mentres falamos, fuxiu o envexoso

Tempo: atrapa o día, confiando o menos posíbel no mañá)O sentido da expresión é "divírtete encanto poidas", "goza do momento". Horacio volve sobre o tema na oda III-XXIX. O motivo atópase na poesía grega e na latina e aparece repetidamente en moitas literaturas, orixinándose na conciencia da brevidade da vida e da inevitabilidade da morte. Tense descrito como lema dos epicúreos.

No século IV, o poeta romano Ausonio introduciu o símbolo da rosa, que representa a beleza e transitoriedade da vida (como aparece en De Rosis Nascentibus). Esta simboloxía continuou durante a Idade Media e aparece relacionada co motivo do carpe diem entre os goliardos e na poesía francesa e inglesa. En certa altura, a rosa acabou por representar a virxindade e a súa morte a perda da virxindade. Os poetas dos séculos XV a XVII incorporaron frecuentemente o tema e a simboloxía nas chamadas ás súas amadas para que non os desdeñasen, como no poema de Herrick "Ás virxes, que aproveiten o tempo" ("To the Virgins, to Make Much of Time"), que comeza "Gather ye Rose-buds, while ye may" ("Recollede os casulos de rosa, encanto poidades").

O motivo do carpe diem aparece tamén nos sermóns e na literatura devota da Idade Media e máis tarde, se ben cun ton admonitorio: a vida é curta, prepárate para enfrontarte ao teu sino. Porén, o espírito máis pagán e epicúreo do motivo é o que ten resultado máis atractivo, tanto aos escritores como aos lectores.

Carpinus

Carpinus é un xénero de plantas con flor pertencentes á familia betulaceae. Son arboriñas que acostuman recibir o nome de carpes.

É orixinario de Eurasia com dúas especies europeas e unha única especie na América do Norte. Na Península Ibérica atópase o carpe común tan só nunha extensión moi reducida do Pireneo no País Vasco porén os estudos polínicos evidencian a súa presenza moito máis extensa durante o paleolítico.

Conta cunhas 30 ou 40 especies moitas delas na China.

As especies do xénero Carpinus son árbores caducifolias de talle mediano. As follas teñen unha disposición alternada e son simples cos marxes dentados de até 10 cm de longo. As flores son en candeas cos sexos separados na mesma planta. O froito é unha núcula miúda con diversas sementes.

A madeira do carpe é máis dura ca do carballo e moi apreciada en ebanistaría.

Clunia Jazz

A Clunia Jazz foi unha banda de Jazz galega-internacional fundada nos anos 80 formada por Nani García (piano), Baldo Martínez (contrabaixo) e Fernando Llorca (batería).

Dead Poets Society

Dead Poets Society é un filme estadounidense dirixido por Peter Weir que foi estreado en 1989.

Enter (álbum de Russian Circles)

Enter é o álbum de estrea da banda estadounidense de rock instrumental Russian Circles, publicado o 16 de maio de 2006 a través do selo Flameshovel Records. Todos os temas apareceron anteriormente no seu EP autotitulado, agás "Micah" e "Enter."

Everybody Loves Sausages

Everybody Loves Sausages é un álbum de versións da banda estadounidense de sludge metal Melvins, publicado o 30 de abril de 2013 a través do selo Ipecac Recordings. De xeito semellante a The Crybaby, conta con convidados na meirande parte das cancións e incluso aparece os Melvins Lite en tres temas. Aínda que é un álbum de versións, "Heathen Earth" non o é realmente, é unha interpretación ao estilo de Throbbing Gristle xa que on existe ningunha canción do grupo con ese nome, aínda que Heathen Earth é o título dun dos seus álbums.

Tres das cancións foron editadas anteriormente en discos compartidos. "Black Betty" apareceu nun 7" compartido con Jon Spencer Blues Explosion, versionando o mesmo tema. "Female Trouble" e "Carpe Diem" están un 12" compartido con Redd Kross.

Harry Potter e o preso de Azkaban (videoxogo)

Harry Potter e o preso de Azkaban é o nome do terceiro videoxogo da serie de Harry Potter, que foi lanzado á venda no 2004, simultaneamente coa estrea do filme co esmo nome, Harry Potter e o preso de Azkaban. Ámbalas dous cousas, o xogo e o filme, están baseados na terceira novela da saga Harry Potter, de J. K. Rowling. O xogo foi creado para PC (Windows), Game Boy Advance, Xbox, GameCube e PlayStation 2.

Head Not Found

Head Not Found é un selo discográfico noruegués, pertencente á discográfica Voices Music & Entertainment, especializado en subxéneros musicais do heavy metal.

Horacio

Horacio (Quintus Horatius Flaccus en latín) naceu en Venosa o 8 de decembro do 65 a. C. e morreu en Tívoli o 27 de novembro do 8 a. C. Cóntase entre os máis ilustres poetas de todos os tempos. A súa obra ten un dobre nivel de escritura, obxecto de malentendidos e de contrasentidos fáciles, como o testemuña por exemplo a famosa divisa carpe diem, ou a non menos célebre fórmula aurea mediocritas, tiradas respectivamente das Odas, I, 11 e II, 10.

Locución latina

Unha locución latina é unha expresión latina utilizada en galego cun significado próximo ao orixinal. O latín foi a lingua da cultura e da ciencia até o século XVIII o que mantivo mantivo vivas moitas expresións na linguaxe legal, filosófica, técnica, relixiosa, médica e científica.

ReLoad

ReLoad é o sétimo álbum da banda estadounidense de thrash metal Metallica, publicado o día 18 de novembro de 1997 a través do selo Elektra Records. O disco estreouse no número 1 da lista Billboard 200, vendendo 417.000 copias na súa primeira semana.

Reloxo de sol

Un reloxo de sol é un dispositivo que permite medir o paso do tempo a partir do movemento aparente do Sol. Expresa a posición diúrna do Sol a través da sombra guindada por un gnomon ou estilo sobre unha superficie escalada.

Renacemento

O concepto Renacemento aplícase á época artística que dá comezo á Idade Moderna en Europa (finais do século XV e todo o século XVI).

Chamouse "Renacemento" en virtude da redescuberta e revalorización das referencias culturais da antigüidade clásica, que orientaron as mudanzas deste período en dirección a un ideal humanista e naturalista. O termo foi rexistrado por primeira vez por Giorgio Vasari xa no século XVI, mais a noción de Renacemento tal e como hoxe o entendemos xurdiu a partir da publicación do libro de Jacob Burckhardt A cultura do Renacemento en Italia (1867), onde el definía o período como unha época de "descubrimento do mundo e do home"..

De feito o Renacemento racha, conscientemente, coa tradición artística da Idade Media, á que cualifica, con desprezo, como un estilo de bárbaros ou de godos. E coa mesma consciencia oponse á arte contemporánea da Europa do norte.

O Renacemento cultural manifestouse primeiro na rexión italiana da Toscana, tendo como principais centros as cidades de Florencia e Siena, de onde se espallou cara ó resto de Italia e despois cara a practicamente todos os países da Europa occidental. Italia permaneceu sempre como o lugar onde o movemento presentou un maior apoxeo, porén manifestacións renacentistas de grande importancia tamén terían lugar en Inglaterra, Alemaña, Países Baixos e, menos intensamente, en Portugal e España, e nas súas colonias americanas.

Dende unha perspectiva da evolución artística xeral de Europa, o Renacemento significa unha separación da unidade estilística que ata ese momento fora supranacional.

(Á dereita, O home de Vitruvio de Leonardo da Vinci. Aprox. 1492.)

Teognis

Teognis de Megara (en grego: Θέογνις ὁ Μεγαρεύς, Théognis ho Megareús) foi un poeta do século -VI partidario do código de valores individualista e aristocrático. Ante as inminentes guerras médicas, propoñía o carpe diem: non consideraba a guerra como un asunto patriótico, senón como unha fastidiosa interrupción da vida cotiá.

Tópico literario

Tópico literario, en literatura, é un tema ou motivo común xa prefixado que utilizan, como recurso, os escritores e poetas. Trátase dunha serie de constantes temáticas repetidas ao longo da literatura que, na súa maioría, teñen a súa orixe na cultua clásica greco-latina ou na tradición bíblica. Moitos destes temas ou tópicos vense mantendo dende a antigüidade.

YOLO

YOLO é un acrónimo de orixe inglesa, que significa "you only live once" ("só vives unha vez"). Foi popularizada a raíz de ser empregado polo rapeiro Drake en 2011, aínda que historicamente semella atribuída a Mae West.Na década dos 2010 converteuse nunha expresión amplamente empregada pola mocidade, sobre todo en países anglófonos e na internet, e sendo habitualmente empregada coma sinónimo da expresión "carpe diem". O actor Zac Efron ten unha tatuaxe con este lema.

¡Uno!

¡Uno! é o noveno álbum da banda estadounidense de punk rock Green Day, publicado o 21 de setembro do 2012 a través do selo Reprise Records. Trátase do primeiro dos tres álbums que conforman a triloxía ¡Uno!, ¡Dos!, ¡Tré!, unha serie de álbums de estudio lanzados entre setembro e decembro do 2012. Green Day gravou o disco dende febreiro ata xuño dese ano nos Jingletown Studios en Oakland (California).

Tras o seu lanzamento, ¡Uno! tivo polo xeral recensións positivas dos críticos musicais. Estreouse no número 2 da lista estadounidense Billboard 200, e vendeu na primeira semana 139.000 copias. O álbum tamén acadou o top 10 nas listas de varios países.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.