Carpa vermella

A carpa vermella[3], Carassius auratus L., 1758, coñecido tamén cos nomes de peixe xaponés, peixiño dourado ou peixe vermello, é unha especie de pequenos peixes de auga doce pertencente á familia dos ciprínidos (Cyprinidae), á que pertencen todas as carpas. Foi unha das primeiras especies de peixes en ser domesticada e é aínda un dos peixes de acuario máis comúns no mundo enteiro. É unha variedade domesticada dunha carpa cinsenta escura nativa de Asia oriental. Foi domesticada, por vez primeira na China, e foi introducida en Europa a finais do século XVII.

Ten moitas variedades de tamaño, forma, configuración e cor (varias combinacións de branco, amarelo, alaranxado, vermello, marrón e negro). Pode crecer até aos 59 cm e un máximo de 3 kg, aínda que tales valores sexan moi raros: a maior parte dos espécimes non atinxe a metade destas medidas. É ovíparo.

Existen argumentos que defenden que o peixe vermello pode chegar a recoñecer o seu dono (aquel que lle dá comida).

Carpa vermella
Goldfish3

Estado de conservación
Non avaliado
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Actinopterygii
Orde: Cypriniformes
Familia: Cyprinidae
Xénero: Carassius
Especie: 'C. auratus[1]
Subespecie: C. a. auratus
Nome trinomial
Carassius auratus auratus[2]
(Linnaeus, 1758)
Domesticcometgoldfish
Un cola de cometa.
Frai de poissons rouges anim
Apareamento.

Cría en acuario

Aínda que é unha especie moi popular a súa manutención é menosprezada e adoitan criarse en recipientes moi pequenos, por baratos. Cómpre un acuario cun volume mínimo de 120 litros, con 30 litros máis para cada novo peixiño introducido. O peixe pode atinxir até 20 anos de vida se é ben tratado. O pH debe ser moderadamente alcalino, arredor de 7,2 a 7,6.

O acuario ideal para unha carpa vermella debe posuír un sistema de flitraxe máis eficente do normal, cerca de dez veces o volume do acuario por hora, nunca utilizando o filtro biolóxico de fondo, que non supre as altas esixencias de filtraxe desta especie, que produce moita sucidade. Prefírense os modelos de filtraxe externos, independentemente do tipo, sexa "hang-on", "canister", "sump" etc, desde que se observe a eficiencia en litros/hora.

A compaña ideal para este peixe é ningunha. Por seren moi lentos, e teren aletas delicadas, poden sufrir co asedio doutros peixes. Ademais son dos poucos peixes de auga fría dispoñíbeis para acuarismo, aínda que o ideal é sempre utilizar un quentador con termóstato, pois nun acuario poden ocorrer cambios moi bruscos de temperatura, que son prexudiciais para calquera peixe.

Non son aconsellábeis grandes enfeites de acuario, pois xeralmente as carpiñas baten con eles e necesita bastante espazo para nadaren. É esencial ter area grosa ou brita coma substrato, pois adoitan remexer no fondo e poden afogar cos cascallos pequenos.

Potencial invasor

Por mor do seu potencial invasor ou a susceptibilidade de se converter nunha ameaza grave por competir coas especies bravas autóctonas, alterar a súa pureza xenética ou os equilibrios ecolóxicos, esta especie foi incluída no Listado Español de Especies exóticas Invasoras, aprobado polo Real Decreto 1628/2011, do 14 de novembro, estando prohibida en España, e polo tanto en Galicia, a súa introdución no medio natural en todo o territorio nacional e nas zonas mariñas xurisidicionais, agás mediante autorización administrativa en recintos illados do medio natural vinculados á actividade humana.

Notas

  1. "Gulf States Marine Fisheries Commission: Fact Sheet. Carassius auratus (Linnaeus, 1758)". Arquivado dende o orixinal o 24 de marzo de 2008. Consultado o 05 de setembro de 2014.
  2. Fishbase: Carassius auratus (Linnaeus, 1758)
  3. Nome vulgar galego en Listado de denominaciones comerciales de especies pesqueras y de acuicultura admitidas en España. Boletín Oficial del Estado, 2006 e Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos, Santiago de Compostela, Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades,
Acuario (recipiente)

Un acuario é un recipiente, xeralmente de vidro ou doutros materiais transparentes, como o metacrilato, e os máis sofisticados dotados de compoñentes mecánicos que fan posible a recreación dun ambiente subacuático de auga doce, mariña ou salobre e albergar vida correspondente a eses ambientes, como peixes, invertebrados, plantas etc.

No acuario as condicións ambientais son estables e controladas, e están adecuadas para a vida dos organismos que van vivir nel. Os acuarios máis sofisticados poden acobillar un auténtico arrecife mariño, estando dotados de sistemas de iluminación especiais, bombas, xeradores de ondas, filtros físicos, biolóxicos e químicos, control de temperatura, bombas dosificadoras de elementos, reactores, medidores de parámetros etc.

Acuariofilia

Chámase acuariofilia á afección pola cría de peixes e pola reprodución fiel dun ecosistema natural acuático. Parece ser que se orixinou en China sobre o ano 950, aínda que xa os romanos criaban carpas en grandes viveiros, pero estes non trataban de imitar a contorna natural e non perseguían fins estéticos. Sobre o ano 1750 introduciuse en Europa.

Ata principios do século XX a acuariofilia fundamentalmente tiña un propósito científico, e é entón cando aparecen os primeiros acuarios e a afección ós mesmos como pasatempo e entretemento.

Perfeccionouse a técnica e resolvéronse os problemas de temperatura en acuarios tropicais e nos de oxigenación e filtración. Sobre os anos 1930 o acuario xa era obxecto de decoración nalgúns fogares e lugares públicos.

Desde os seus comezos, o número de especies comercializadas foi en aumento, e hoxe en día ata se desenvolveron modificacións xenéticas en certos individuos para facelos máis atractivos visualmente.

O principio básico da acuariofilia é a recreación dunha contorna natural real, con especies autóctonas e augas con similares propiedades físicas e químicas.

Brema

A brema (Abramis brama) é unha especie de peixe de auga doce pertencente á familia dos ciprínidos (Cyprinidae) que habita nos ríos e lagos de Irlanda, Reino Unido, centro e norte de Europa, e Rusia.

Carassius

Carassius é un xénero de peixes cipriniformes da familia Cyprinidae. Son peixes de auga doce distribuídos orixinalmente no leste de Asia pero que foron introducidos en gran parte de Europa.

Pelecanus conspicillatus

Pelecanus conspicillatus, xeralmente coñecido como pelicano australiano ou pelicano de anteollos, é unha especie de aves acuáticas grandes da familia Pelecanidae, que viven principalmente nas augas continentais e costeiras de Australia e Nova Guinea, pero tamén en Fixi, e partes de Indonesia e como ave errante en Nova Zelandia. É unha ave predominantemente branca con ás negras e un peteiro rosa. Considérase a ave viva co peteiro máis longo. Come principalmente peixes, pero tamén pode comer aves e desperdicios.

Río Miño

O Miño (en portugués: Minho) é o río máis longo de Galicia, cunha lonxitude de 307,5 km . Pasa polas cidades de Lugo e Ourense e polas vilas de Rábade, Portomarín, Ribadavia, Melgaço, Monção, Tui e Valença do Minho.

Vigozoo

Vigozoo é o nome oficial do parque zoolóxico de Vigo, chamado popularmente A Madroa (lugar da parroquia de Candeán onde se atopa). Ostenta a categoría xurídica de organismo autónomo municipal.[Cómpre referencia]

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.