Caroi, Cerdedo-Cotobade

Santiago de Caroi é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE en 2016 tiña 128 habitantes (61 homes e 67 mulleres), 29 menos ca en 2006. Dos 12 lugares da parroquia, están habitados 11.

Coordenadas: 42°29′10″N 08°25′01″O / 42.48611, -8.41694

Caroi
Caroi, Cotobade
Caroi.
ConcelloCerdedo-Cotobade
Área12,5 km²
Poboación128 hab. (2016)
Densidade10,24 hab./km²
Entidades de poboación12

Historia

O topónimo posiblemente teña a súa orixe na raíz preindoeuropea kar (pedra), polo rochoso da zona. A parroquia pertenceu até 1904 ao veciño concello da Lama.

Poboación

Caroi presenta un modelo poboacional típico do rural galego, cunha perda pequena e constante de veciños. No ano 2000, vivían no lugar (INE) 179 habitantes (82 homes e 97 mulleres). En 2001 tivo 184 habitantes, e desde entón a poboación comezou a decrecer.

Patrimonio

Nesta parroquia, ademais da igrexa parroquial, están a capela do Neno Xesús e a capela de Santa Mariña, onde se celebra a romaría o 18 de xullo. En 1917 construíuse a escola de nenos, e en 1931 a escola de nenas, rehabilitada en 2013[1].

Hai tempo había na ladeira do monte Seixo nunha zona de neves perpetuas unha neveira de xeo usada para levar ao porto de Marín para conservar o peixe.

Lugares e parroquias

Parroquias de Cerdedo-Cotobade

Notas

  1. "Cotobade inaugura a remodelación da Casa Escola de Nenas de Caroi" Arquivado 21 de xuño de 2013 en Wayback Machine., artigo de Carlos Fernández no Diario de Pontevedra, 8 de xuño de 2013.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Fortes Bouzán, X.: Caroianos. Unha viaxe pola nosa historia rural. Xunta de Galicia, 2008.

Outros artigos

A Bouza do Home, Caroi, Cerdedo-Cotobade

A Bouza do Home é un lugar da parroquia de Caroi, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade.

Segundo o IGE no ano 2007 tiña 8 habitantes (4 homes e 4 mulleres), un menos que no 2006.

O topónimo posiblemente refírese a que o lugar era unha bouza (terreo a monte) propiedade de alguén.

A Cima de Vila, Caroi, Cerdedo-Cotobade

A Cima de Vila é un lugar da parroquia de Caroi, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade.

Segundo o IGE no ano 2007 tiña 25 habitantes (10 homes e 15 mulleres), un máis que no 2006.

Neste lugar hai dúas mámoas, a das Zacoteiras e a de Chan do Caveiro, dous túmulos megalíticos datados no neolítico.

Tamén se atopa o muíño da Cima de Vila, no río Almofrei, e a Neveira, xa no monte do Seixo, onde se aprisionaba a neve que, transportada en cabalerías, se vendía no porto de Marín.

O nome débese a que é o lugar situado a maior altitude da parroquia, a uns 650 metros de altitude. Así mesmo, é o lugar habitado máis oriental do concello.

A Costa, Caroi, Cerdedo-Cotobade

A Costa é un lugar da parroquia de Caroi, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE en 2016 tiña 5 habitantes (dous homes e tres mulleres), un menos ca en 2006.

Ao igual que outros lugares co mesmo topónimo, debe o seu nome a estar situado ao pé dun outeiro.

A Eirexe, Caroi, Cerdedo-Cotobade

A Eirexe é un lugar da parroquia de Caroi, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade.

Segundo o IGE no ano 2007 tiña 10 habitantes (7 homes e 3 mulleres), un menos que no 2006.

Neste lugar está a igrexa parroquial de Santiago de Caroi, dando nome ó lugar. Tamén hai un muíño, no río Almofrei, e dous cruceiros.

A Graña, Caroi, Cerdedo-Cotobade

A Graña é un lugar da parroquia de Caroi, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade.

Segundo o IGE no ano 2007 tiña 15 habitantes (7 homes e 8 mulleres), dous menos que no 2006.

Neste lugar está o muíño das Bouzas, no río Almofrei.

O topónimo, ó igual que noutros lugares co nome da Graña, posiblemente fai mención a unha antiga explotación gandeira ou agrícola rexida por un monxe labrego ou mestre.

A Laxa, Caroi, Cerdedo-Cotobade

A Laxa é un lugar da parroquia de Caroi, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE en 2007 tiña 7 habitantes (tres homes e catro mulleres), tres menos ca en 2006.

Neste lugar está o cruceiro da Laxe. O seu topónimo posiblemente débase á existencia dunha laxa ou laxe, pedra alongada de grandes dimensións.

Bouzas, Caroi, Cerdedo-Cotobade

Bouzas é un lugar da parroquia de Caroi, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE en 2016 tiña 18 habitantes (8 homes e 10 mulleres), dous máis ca en 2006.

Neste lugar está o muíño das Bouzas, no río Almofrei.

Fraguas, Caroi, Cerdedo-Cotobade

Fraguas é un lugar da parroquia de Caroi, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE en 2016 tiña 17 habitantes (6 homes e 11 mulleres), dez menos ca en 2006.

Neste lugar hai dous muíños, ámbolos dous no río Barbeira. Neste lugar nace o río Almofrei.

Medelo, Caroi, Cerdedo-Cotobade

Medelo é un lugar da parroquia de Caroi, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade.

Segundo o IGE no ano 2007 tiña 15 habitantes (9 homes e 6 mulleres), o mesmo número que no 2006.

Debe o seu topónimo a que está situado ó pé da pequena meda (elevación de forma cónica) da Penancha (713 metros).

O Coto, Caroi, Cerdedo-Cotobade

O Coto é un lugar da parroquia de Caroi, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE no ano 2007 tiña 21 habitantes (9 homes e 12 mulleres), o mesmo número que no 2006.

Neste lugar está a capela do Neno Xesús.

O topónimo débese a que está nun cumio, próximo ó lugar da Eirexe.

O Porto, Caroi, Cerdedo-Cotobade

O Porto é un lugar da parroquia de Caroi, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE en 2016 tiña oito habitantes (cinco homes e tres mulleres), sete máis ca en 2006.

Neste lugar está o muíño das Bouzas, no río Almofrei.

Ríos de Galicia

Os ríos de Galicia son parte da densa hidrografía de Galicia. A súa gran densidade fai que Galicia sexa cualificada decote como a terra dos mil ríos, en palabras de Otero Pedrayo. A maioría dos cursos, por mor do seu escaso caudal, non son navegables, agás o río Miño na súa desembocadura, nos numerosos encoros, e nos cursos baixos dalgúns ríos, nos que se celebran regatas.

Os ríos de Galicia son moi curtos na vertente cantábrica e algo máis longos na atlántica, coas excepcións novamente do Miño e o Sil, que teñen unha lonxitude de varios centos de quilómetros. Porén, os altos desniveis provocan a existencia de numerosas fervenzas.

Amais da pesca fluvial, existe aproveitamento industrial dos ríos mediante os muíños e os encoros para a produción de enerxía eléctrica e o abastecemento de auga.

Vilarchán, Tourón, Ponte Caldelas

Vilarchán é unha aldea da parroquia de Santa María de Tourón, no concello pontevedrés de Ponte Caldelas. Segundo o IGE, no ano 2007 tiña 292 habitantes (135 homes e 157 mulleres), o mesmo número que no ano anterior. Localízase a carón do alto do Pé da Moa (595 m).

Entre os seus edificios destaca a capela románica de San Miguel, do ano 1160. Ten un espazo de terreo que facía antigamente de camposanto utilizado mesmo polos veciños de Caroi (Cerdedo-Cotobade).

As súas festas celébranse na derradeira fin de semana do mes de xullo, na honra da súa patroa, a Virxe dos Remedios de Vilarchán.

Conta tamén cunha antiga e restaurada Casa da Sociedadade, construída polos habitantes de Vilarchán, e tamén das aldeas dos arredores (Contixe, Mirón e A Reigosa). Despois da guerra civil foi requisada polas autoridades franquistas e convertida en Casa-Escola de ensino primario. Na transición, xa en estado ruinoso, foi devolta á poboación. Foi reconstruída polos lugares e aldeas da parroquia que participaran na súa construción (agás A Reigosa, que renunciou), e na actualidade funciona como Casa do Pobo de Vilarchán, Mirón e Contixe.

Xosé Fortes

Xosé Fortes Bouzán, nado en Caroi (Cerdedo-Cotobade) o 28 de decembro de 1934, é un militar e historiador galego.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.