Carnota

Carnota é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Muros. Segundo o IGE no ano 2014 tiña 4.376 habitantes (4.938 no 2009, 5.017 no 2007, 5.112 no 2006, 5.244 no 2005, 5.285 no 2004, 5.421 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é carnotán[4].

Coordenadas: 42°49′16″N 09°05′16″O / 42.82111, -9.08778

Carnota
Bandeira de Carnota
---
Escudo de Carnota
Casa consistorial de Carnota
Casa do concello.
Situacion Carnota
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia da Coruña
ComarcaComarca de Muros
Poboación4.031 hab. (2018)
Área70,9 km²
Densidade56,85 hab./km²
Entidades de poboación5 parroquias
Capital do concelloCarnota
Política (2019[2])
AlcaldeRamón Noceda Caamaño (BNG)
ConcelleirosBNG: 3
PPdeG: 3
PSdeG-PSOE: 5
Eleccións municipais en Carnota
Uso do galego[3] (2011)
Galegofalantes88,88%
Na rede
concellodecarnota.com
info@concellocarnota.com

Demografía

Censo Total (Habitantes) 4.376 (2014)
Menores de 15 anos 348 (7.95 %)
Entre 15 e 64 anos 2.492 (56.95 %)
Maiores de 65 anos 1.536 (35.10 %)
Evolución da poboación de Carnota   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018
5.507 6.594 7.196 7.213 5.285 4.605 {{{13}}} {{{14}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Xeografía

Carnota 004
Praia de Carnota. Lira está na península, Carnota, a capital, á esquerda de todo.

O concello ten 70,9 km2, e abrangue 5 parroquias. Ocupa unha estreita faixa costeira entre os montes da serra de Outes ao leste (límite co concello de Mazaricos) e a costa do océano Atlántico ao oeste. Limita ao norte co concello de Dumbría a través da desembocadura do río Xallas e o monte Pindo, e ao sur co concello de Muros a través da punta Lens, nas inmediacións do Ancoradoiro. O seu centro administrativo e a casa do concello atópanse no núcleo de Carnota, dentro da parroquia de Santa Comba de Carnota.

Desde a súa creación, a estrada C-550 (de Fisterra a Tui) é a principal rota de comunicación. Na actualidade, coa mellora da estrada de Santa Comba a Muros, esta última converterase na vía principal con Santiago de Compostela.

Carnota 003eue
Praia de Carnota, co lugar de Parada en primeiro plano, logo Boca do Río e Caldebarcos no fondo.

O concello marca a transición entre as rías Altas e as rías Baixas e é, segundo algúns, o derradeiro polo sur da costa da Morte.

A parte norte, a partir de Caldebarcos, é pedregosa e vai subindo cara O Pindo, que no extremo norte cae sobre o mar desde unha grande altura. Os montes do Pindo esténdense entre a desembocadura do Xallas e o Valdebois. Este macizo montañoso atinxe a súa maior altura na monte Pindo (627 m), desde a que se poden albiscar as torres da catedral de Santiago. Existen numerosas lendas relacionadas con estes montes, chamados "O Olimpo Celta". Ao sur predominan as praias. A praia de Carnota pasa, cos seus case sete quilómetros, por ser a máis longa de Galiza. Parte deste espazo natural está protexido dentro da Rede Natura 2000 e conta con dunas móbeis, semi-móbeis e fixas. O relevo érguese rapidamente cara o interior, chegando aos 503 m no lugar de Adraño.

O clima é oceánico húmido, con temperaturas suaves de 14-15 °C anuais e precipitacións abondosas entre 1.500 e 2.000 mm anuais.

Historia

Castelo de San Xurxo, O Pindo, Galicia
Castelo de San Xurxo, no monte Pindo.

Existen mámoas e castros que indican que a zona foi poboada desde antigo. O castro de Mallou é unha acrópole fortificada da idade de ferro. O castro de Miñarzos está na actual vila de Lira, polo que está moi alterado.

Na Idade Media pertenceu aos condes de Trastámara e de Lemos e formou parte do antigo condado de Cornatum. Coa Gran Guerra Irmandiña de 1467 desapareceron as fortalezas. Hai restos de catro fortificacións:
O castelo de Penafiel, situado sobre o monte e a fervenza do Ézaro, foi derrubado durante a Gran Guerra Irmandiña. Era un castelo roqueiro, cunha serie de construcións e aterrazamentos nun penedo de difícil acceso. Na súa base hai unha inscrición de excomuñón, o que podería remontar a súa existencia cando menos ao século XII
O castelo de Pindo Central é unha gran fortificación na zona máis alta do Monte Pindo. Nela había unha capela.
O castelo de San Xurxo está nunha penichaira do monte Pindo, no camiño natural entre o arco de Carnota e as aldeas do Ézaro e o Pindo. Foi construído no século X polos prelados da Catedral de Santiago de Compostela, e pertenceu á Mitra de Santiago, á monarquía e a nobres feudais.
O castelo de Canedo (Canetum, ou Bico do Santo) é outra fortificación episcopal do século X. Tamén tiña unha capela, destruída segundo a tradición oral polo exército francés.

O lugar da capital, Carnota, naceu no século XVII. No século XIX foi saqueada polos franceses na Guerra de Independencia española.

Monumentos e turismo

Carnota 084
Hórreo de Carnota.

Carnota é coñecida sobre todo polos hórreos ("cabaceiras") de Carnota (Monumento Nacional) e Lira, que compiten por seren os máis grandes de Galiza.

A igrexa de Carnota (Santa Comba) é barroca, ten planta de cruz latina e tres naves lonxitudinais. A de San Mamede é neoclásica, e conta cun retablo do século XVIII, obra do escultor J. Ferreiro.

O bico do Santo, situado no lugar de Pedrafigueira, é un picacho en cuxo cumio houbo unha ermida dedicada a San Sebastián.

Na praia de Carnota o areal mide sete quilómetros. As dunas son o produto do insistente vento do noroeste. A zona de marismas divídese en dúas partes: Caldebarcos, ao norte e A Lagoa ao sur. Sepáranas Punta Larada, que tamén divide as praias de Carnota estrita e a de San Mamede (A Berberecheira).

A praia de Boca do Río, onde desemboca o río Valdebois, é moi popular entre os veraneantes. De feito, a revista alemá Traum Strände considéraa unha das praias máis fermosas do mundo.

Festas

  • O 1 de xaneiro celebrase a festa popular de San Gregorio con gran prestixio na comarca.
  • A comezos de agosto, celébrase a Festa de San Mamede, en honor ó patrón municipal.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Carnota.
Enerxía eólica - O Pindo - Galicia

Aeroxeradores nos montes do Pindo.

Hórreo de Carnota

Hórreo de Carnota.

Horreo de Lira

Hórreo de Lira.

Porta da Igrexa de San Mamede

Vista da Igrexa de San Mamede de Carnota dende a porta do adro.

Praia de Carnota. 01 Maio 09 2

Solpor na praia de Carnota.

Marismas carnota e caldebarcos

Vista das marismas de Carnota e Caldebarcos no inverno de 2018.

Lugares de Carnota

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Carnota vexa: Lugares de Carnota.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Resultados eleccións 2019
  3. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.
  4. Costas González, X.-H. (2016): Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega, páx. 44. Universidade de Vigo. ISBN 978-84-8158-706-7

Véxase tamén

Ligazóns externas

1920

1920 foi Ano Santo Xacobeo.

Canedo, San Mamede de Carnota, Carnota

Canedo é un lugar da parroquia de San Mamede de Carnota no concello de Carnota. Segundo datos do IGE do 2009 ten 97 habitantes (43 homes e 54 mulleres).

Canedo ten unha extensa área de ocio na que hai unha pista de baloncesto e un parque infantil. Entre os seus atractivos turísticos atópase a praia de Boca do Río.

Comarca de Muros

A comarca de Muros é unha comarca galega situada na provincia da Coruña cuxa capital é Muros. A esta comarca pertencen os concellos de Carnota e Muros. Limita, polo norte, coa comarca do Xallas, polo leste, coa comarca de Noia e polo sur e o oeste co Océano Atlántico.

César Cambeiro

César Cambeiro Quintela, nado en Carnota en 1958, é un actor e actor de dobraxe galego.

Illa dos Forcados

A Illa dos Forcados é unha illa galega da provincia da Coruña, situada na parroquia de Lira, concello de Carnota. É unha illa baixa e completamente pedregosa. A pesar da súa extensión relativamente grande (5 hectáreas) carece e careceu de calquera tipo de construción ou actividade humana (fóra da pesca somera), debido a ser completamente pétrea e imposible de abordar.

Illas Lobeiras

As Illas Lobeiras son un pequeno arquipélago galego pertencente á provincia da Coruña, en fronte da costa de Carnota, en plena ría de Corcubión. Está formado por dous grupos de illas separadas entre elas por un quilómetro e medio.

Lariño, Carnota

San Martiño de Lariño é unha parroquia situada ao sur do concello de Carnota. Segundo o IGE en 2013 tiña 501 habitantes (259 homes e 242 mulleres), distribuídos en 2 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 646 habitantes. Nos últimos anos, a natalidade está a baixar mentres que a poboación componse principalmente por persoas da terceira idade.

Lira, Carnota

Santa María de Lira é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Carnota. Segundo o IGE en 2011 tiña 952 habitantes (478 homes e 474 mulleres), distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 1.115 habitantes.

Mar Llinares García

María del Mar Llinares García, nada no Pindo (Carnota) o 15 de decembro de 1961, é profesora titular de Historia na Universidade de Santiago de Compostela.

Miguel de Lira

Miguel Domingo García Martínez, coñecido como Miguel de Lira, nado en Lira (Carnota) en 1964, é un actor galego.

Monte Pindo

O monte Pindo é un macizo granítico de 627 metros de altura que se atopa no concello coruñés de Carnota.O monte Pindo xunto con outros ecosistemas como as praias de Carnota, forma parte da zona especial de conservación (ZEC) de Carnota - Monte Pindo dentro da Rede Natura 2000. Ese ZEC de Carnota - Monte Pindo ten unha superficie de 4 629 ha e abrangue os concellos de Carnota, Mazaricos, Cee e Dumbría, entre as rías de Corcubión e a de Muros e Noia.

O Pindo, Carnota

San Clemente do Pindo é unha parroquia do concello de Carnota. Segundo o IGE, no ano 2008 tiña 967 habitantes (462 homes e 505 mulleres), 23 menos que o ano anterior. Está situada entre San Mamede de Carnota e O Ézaro (pertencente ao concello de Dumbría).

A súa parte máis destacada é o monte Pindo, de 635 m. Outros lugares da parroquia son O Cancelo, onde está o camposanto, A Capela, onde está a praia de San Pedro e a igrexa parroquial, A Solaina, núcleo principal da parroquia en onde se celebran as festas e o mercado, e O Sinal, a zona marítima onde está o peirao.

Panchés, San Mamede de Carnota, Carnota

Panchés é unha aldea da parroquia de San Mamede de Carnota no concello coruñés de Carnota.Segundo datos do IGE do 2009 ten 118 habitantes (51 homes e 67 mulleres). Limita ao norte co lugar da Curra e ao sur co lugar de Caldebarcos.

Praia de Carnota

A praia de Carnota é un areal localizado no litoral do concello coruñés de Carnota. Cos seus máis de sete quilómetros de lonxitude, está considerada como a máis grande de Galicia. Con baixamar o areal supera os 500 metros de longo nalgúns tramos.

A súa lagoa interior e zona de marismas e dunas dálle acubillo a unha grande variedade de aves migratorias, o que fai especialmente perigoso a deterioración ecolóxica á que vén sendo sometida nos últimos anos -foi unha das afectadas pola marea negra do Prestige-.

A praia de Carnota forma un espazo natural xunto co Monte Pindo o espazo natural Carnota-Monte Pindo catalogado coma Lugar de Importancia Comunitaria e que se atopa incluído na Rede Natura 2000. O espazo ten unha superficie de 4.629 ha. e abrangue aos concellos de Carnota, Mazaricos, Cee e Dumbría, entre as rías de Corcubión e a de Muros e Noia.

Pola súa riqueza e variedade de ecosistemas, así como pola súa inestimable beleza, a praia de Carnota foi considerada pola revista xermana Traum Sträde unha das cen mellores do mundo. Así mesmo o boletín de novas rentalia.com, nunha sondaxe na que contaron máis de dúas mil opinións, sitúaa entre as tres mellores de Galicia.

San Mamede de Carnota, Carnota

San Mamede de Carnota é unha parroquia do concello coruñés de Carnota, situado entre Santa Comba e O Pindo. En 2010 tiña 1.320 habitantes (600 homes e 720 mulleres).

Santa Comba de Carnota, Carnota

Santa Comba de Carnota é unha parroquia que se localiza no centro do concello de Carnota. Segundo o IGE en 2013 tiña 1.018 habitantes (542 mulleres e 476 homes), distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 1.299 habitantes.

Teixoeira, Lira, Carnota

Teixoeira é un lugar da parroquia de Lira, no concello de Carnota.

Segundo o IGE en 2011 tiña 33 habitantes (17 mulleres e 16 homes), o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 36 habitantes.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.