Carnívoros

Os carnívoros (Carnivora) son unha orde dos mamíferos, caracterizados pola forma dos seus molares. Toma o seu nome do feito de que a maioría dos seus membros están adaptados á inxesta e consumo de carne; porén, varios son omnívoros.

Carnívoros
Carnivora
Donicela (Mustela nivalis)

Donicela (Mustela nivalis)
Clasificación científica
Dominio: Eukarya
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Mammalia
Subclase: Theria
Infraclase: Eutheria
Orde: Carnivora
Bowdich, 1821
Familias
Véxase o texto

Clasificación

Cladograma

   Carnivora   
Feliformia

?Viverravidae†



Nimravidae†



Nandiniidae





Prionodontidae




Barbourofelidae†



Felidae






Viverridae




Hyaenidae




Herpestidae



Eupleridae







   Caniformia   

?Miacidae†



Amphicyonidae†



Canidae


   Arctoidea   
   

Hemicyonidae†



Ursidae




Pinnipedia

Enaliarctidae†



   

Phocidae



   

Otariidae



Odobenidae





   Musteloidea   
   

Ailuridae



   

Mephitidae



   

Procyonidae



Mustelidae









Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre zooloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
Armiño

O armiño ou doniña branca (Mustela erminea) é unha especie de mustélido moi espallado por Europa. É un dos carnívoros máis pequenos do mundo; viven nos bosques e nas estepas; atópase xeralmente en campo aberto. Adoita establecer o seu fogar baixo unha morea de pedras ou nun tobo coidadosamente agochado no corazón dunha matogueira espiñenta. Parece ser que as sebes son o seu lugar favorito. O armiño aliméntase principalmente de roedores, que axexa ata dentro das seus tobos.

Malia ser un dos carnívoros máis pequenos do mundo, é tamén un dos máis sanguinarios. O armiño ten o corpo alongado e extraordinariamente flexible.

No verán, a súa pelaxe tórnase parda no lombo e branca ou branca amarelenta en todo el ou soamente en parte. Mais sempre conserva o extremo da súa longa cola de cor negra, o que é en toda época un bo trazo para a súa identificación.

O seu peso varía entre os 100 e os 300 gramos.

Nunca se puido afirmar que o armiño sexa nocturno, ou pola contra diúrno, xa que é imposible observalo en todo momento do día ou da noite. Pasa o día en varias fases de actividade entrecurtada por períodos de sono máis ou menos prolongados. O armiño é terrestre e non rube, aínda que está dotado dunha grande axilidade. Nas chairas e nas rexións meridionais, conserva a súa pelaxe marrón co bandullo branco durante todo o ano. Na montaña e nas rexións máis frías muda de cor logo da súa muda de outono, tornándose enteiramente branco. Soamente o pincel de pelos que adorna o remate da súa cola permanece sempre negro.

Antigamente cazábase o armiño pola súa suave pel, dunha gran calidade, e da que se confeccionaban abrigos. Actualmente, existe a tendencia de substituír a pel do armiño pola de visón americano, igualmente fermoso mais non tan custoso.

Caniformes

Os caniformes (Caniformia) son unha suborde da orde dos carnívoros. Típicalmente posúen un longo fociño e unllas non retráctiles (en contraste cos outros carnívoros coma os feliformes). Os pinípedes (focas, leóns mariños e morsas) evolucionaron cos ancestros caniformes e por conseguinte están asignados a este grupo.

Carnívoro

Os animais carnívoros son os que teñen en común o feito de que se alimentan de carne, e que se sitúan no máis alto da cadea trófica.

Estes animais predan outras especies pero non son comidos (exceptuando os ataques que poidan sufrir doutro carnívoro).

A súa principal fonte de alimento en terra provén dos herbívoros e no mar procede de peixes, mamíferos, crustáceos etc.

Ademais da denominación anterior, en función do seu réxime alimentario e que carece de valor taxonómico, co nome de carnívoros (ou Carnivora) desígnase unha orde de mamíferos.

Un caso particular é o dos animais que se alimentan de pequenos invertebrados, que adoitan recibir a cualificación de insectívoros.

Por outra parte, tamén existen algúns vexetais que se alimentan de animais, as denominadas plantas carnívoras.

Caroteno

Os carotenos (do latín carota, cenoria) son un grupo de terpenos coa fórmula C40Hx, que sintetizan as plantas pero non os animais. Os carotenos funcionan como pigmentos fotosintéticos. Os carotenos son xeralmente de cor laranxa e danlle cor ás cenorias e a moitas froitas e vexetais (batatas e variedades de melón de carne amarela-alaranxada, e nas follas secas). En baixas concentracións danlle unha cor amarela á nata e manteiga cando está presente no alimento das vacas. As especies omnívoras, que transforman en pequena cantidade os carotenoides da dieta en retinoides incoloros, teñen graxas amarelas como resultado da retención dos carotenoides, como sucede coas graxas dos polos.

Os carotenos contribúen á fotosíntese transmitindo a enerxía da luz que absorben ás clorofilas. Tamén protexen os tecidos das plantas axudando a absorber a enerxía do osíxeno singulete, unha forma excitada do osíxeno molecular O2, que se forma durante a fotosíntese.

O β-caroteno componse de dous grupos retinil cíclicos, e degrádase na mucosa do intestino delgado humano pola β-caroteno 15,15'-monooxixenase a retinal, unha forma de vitamina A. O β-caroteno pode almacenarse no fígado e nas graxas do tecido adiposo e convértese en retinal (unha forma da vitamina A para humanos) segundo as necesidades. Os carotenos α-caroteno e γ-caroteno, debido a que teñen só un grupo retinil (anel de beta-ionona), tamén teñen algunha actividade de vitamina A (pero menor ca do β-caroteno), como tamén a xantofila β-criptoxantina. Todos os demais carotenoides, incluído o licopeno, non teñen o anel beta e por iso non teñen actividade de vitamina A (aínda que poden ter actividade antioxidante).

As especies animais difiren moito na súa capacidade de converter o grupo retinil (beta-ionona) contido nos carotenoides a retinal. Os carnívoros en xeral apenas converten os carotenoides da dieta. Os carnívoros puros como os furóns non teñen β-caroteno 15,15'-monooxixenase e non poden converter ningún carotenoide a retinal, polo que os carotenos non son unha fonte de vitamina A para eles; entanto que os gatos poden converter trazas de β-caroteno a retinol, aínda que esas cantidades son insuficientes para as súas necesidades de retinol.O caroteno utilízase tamén como un aditivo alimentario, que funciona como colorante en zumes, pasteis, sobremesas, manteiga e margarina. Está aprobado o seu uso como aditivo tanto na Unión Europea (co número de código E160a) coma en Australia e Nova Celanda (código 160a) e nos EEUU.

Cobras

As cobras son réptiles carnívoros poiquilotérmicos, é dicir, de sangue frío, e sen patas pertencentes á suborde Serpentes. Pódense distinguir dos lagartos sen patas pola súa falta de pálpebras e oídos externos. Como tódolos escamados, as cobras son vertebrados ectotermos e Amniotas cubertos por escamas. Moitas especies de cobras teñen cranios con máis xuntas que os seus predecesores lagartos, o que lles permite inxerir presas meirandes que a súa testa grazas ás mandíbulas móbiles. Para acomodar os seus estreitos corpos, os órganos pares das cobras (como os riles) están situados un despois do outro, no canto de estar ó carón, e a maioría só ten un pulmón funcional. Alguhas especies conservan a pelve e un par de poutas vestixiais a ámbolos lados da cloaca.

As cobras atópanse en tódolos continentes agás na Antártida, os Océanos Pacífico e Índico, algunhas illas grandes, coma Irlanda e Nova Zelandia, e nas pequenas illas do Atlántico e o Pacífico central. Actualmente recoñécense unhas 20 familias de cobras, arredor de 500 xéneros e unhas 3.400 especies. En canto ó seu tamaño, abrangue dende a máis pequena Leptotyphlops carlae de 10 cm ata o pitón reticulado de 8,7m de longo. A especie fósil Titanoboa cerrejonensis medía 15 metros. Pénsase que as cobras evolucionaron dos lagartos acuáticos durante o período Cretáceo, e o fósil máis antigo atopado ten 112 millóns de anos. A diversidade das cobras modernas produciuse durante Paleoceno (c 66 a 56 millóns de anos). A descrición de cobra preservada máis antiga é o Papiro de Brooklyn.

A maioría das especies non son velenosas, e as que teñen veleno úsano principalmente para matar e subxugar ás presas e non para autodefensa. Algunhas posúen un veleno potente abondo para causar lesións ou morte para os seres humanos. As non velenosas engolen a presa viva ou mátana por constrición.

A atracción polas cobras coñécese como ofiofilia, a repulsión ofiofobia. O estudo dos réptiles chámase herpetoloxía (da palabra grega usada para serpente).

Feliformes

A dos feliformes, tamén chamados feloideos (Feliformia vel Feloidea), e unha das dúas subordes na que se adoita dividir a orde dos carnívoros que comprende os carnívoros con aspecto "felino", incluíndo os gatos (grandes e pequenos), as hienas, as mangostas, as civetas e outros taxons relacionados.On membros da suborde dos feliformes contrasta cos da outra suborde de carnívoros, a dos caniformia (Caniformia), que reúne aos carnívoros con aparencia de "cans".

Ambas as subordes comparten unha característica que distingue aos carnívoros do resto dos mamíferos: a presenza de catro dentes carniceiros, un en cada hemimandíbula, que é un molar ou un premolar modificado e que se utiliza para esgazar carne e triturar ósos.

A separación dos carnívoros nos dous grandes grupos de feliforms e caniforms é hoxe amplamente aceptada, así como o é a cateforización de ambos os grupos como subordes (aínda que algún autores os consideran ás veces como superfamilias). Con todo, a clasificación dos feliformes como parte da suborde Feliformia ou baixo outras distintas agrupacións segue evolucionando.

As clasificacións sistemáticas que se ocupan só dos taxa actualmente vivos inclúen a todos do feliformes na suborde dos Feliformia.Aínda que existen variacións na definición e na agrupación de familias e xéneros, as filoxenias moleculares suxiren, de feito, que todos os feliformes existentes son monofiléticos.As familias existentes na actualidade son as que aparecen na cadro de clasificación científica á dereita, e as opinións sustentadas neste artigo reflicten os puntos de vista máis contemporáneos e ben fundamentados no momento en que se escribiu.

As clasificacións sistemáticas que tratan tanto os taxa existentes como os extintos varían máis amplamente, segundo os autores, Algúns autores separan certos feliformes (existentes e extintos) en grupos distintos, como por exemplo, a superfamilia dos Aeluroidea da suborde dos Feliformia. Outros inclúen todos os feliformes (existentes, extintos e "posíbeis antepasados") na suborde

dos Feliformia, Porén, estudos recentes suxiren que esta inclusión de "posíbeis antepasados" en Feliformia (ou mesmo en Carnivora) pode ser falsa (Wesley-Hunt e Flynn 2005).

Felinos

A dos felinos (Felinae) é unha subfamilia de mamíferos carnívoros, a máis importante das dúas que integran a familia dos félidos, xa que inclúe 13 dos 18 xéneros desta.

Félidos

A dos félidos (Felidae) é unha familia de mamíferos da orde dos carnívoros, e suborde dos feliformes.

Gato bravo

O gato bravo, ou gato montés (Felis silvestris) é un mamífero placentario da orde dos carnívoros e familia dos félidos moi parecido ao gato doméstico. Recibe tamén os nomes de gato do monte e gato fero.

A subespecie Felis silvestris silvestris é a que habita en case toda Europa; Felis silvestris cretica está restrixida á illa de Creta, e Felis silvestris libyca é a propia de África.

Hiénidos

A dos hiénidos (Hyaenidae) é unha familia de mamíferos carnívoros pertencente á suborde dos feliformes, que son coñecidos co nome de hienas. Na actualidade inclúe tres xéneros: Hyaena, Crocuta e Proteles, con tan só catro especies en total. É, con moita diferenza, a familia menos numerosa da súa orde, e unha das máis pequenas dentro dos mamíferos. Porén, a pesar da súa baixa diversidade, as hienas son únicas e constitúen un compoñente vital para os ecosistemas das zonas onde viven (África e o suroeste de Asia).Aínda que filoxeneticamente as hienas son próximas aos félidos e aos vivérridos, a súa morfoloxía e a súa forma de ser son similares ás dos cánidos en moitos aspectos: ambos os grupos —hienas e cánidos— non teñen locomoción arbórea (habilidade de gabear polas árbores), e son cazadores á carreira que atrapan as súas presas cos seus dentes en vez de coas garras. Trátase, polo tanto, dun proceso de converxencia evolutiva.

As hienas son grandes carnívoros do Vello Mundo, perfectamente adaptados á necrofaxia, caracterizados polas súas longas patas, as anterores máis longas que as posteriores —o que lles dá o seu aspecto caracterísrico, co lombo descendente— e a súa gran cabeza con poderosas queixadas e dentes que as capacitan para triturar e inxerir con facilidade os maiores ósos.Aínda que son preeiros e que practican o cleptoparasitismo (é ben sabido que espantan a leopardos e leóns para que abandonen as súas presas mortas), as hienas, especialmente a hiena pinta, ocasionalmente cazan por si mesmas. As trabadas das hienas son as máis fortes entre as dos mamíferos. Son principalmente animais nocturnos, pero tamén se aventuran fóra dos seus tobos ás primeiras horas da mañá. Coa excepción da moi sociábel hiena pinta, non son animais gregarios, aínda que viven en grupos familiares e se congregan para cazaren.Unha característica típica das hienas son os seus ouveos-ladridos, xeralmente nocturnos, que semellan un macabro riso humano. Con estes gritos manteñen a cohesión da manda e moi presumibelmente espantan a outros animais competidores.

Os hiénidos apareceron por primeira vez en Eurasia durante o mioceno, e derivan de antepasados semellantes aos vivérridos. Diversificáronse en dúas ramas distintas: hienas parecidas a cans, con estrutura lixeira, e hienas robustas trituradoras de ósos. Aínda que as "hienas parecidas a cans" prosperaron hai 15 millóns de anos (cun taxon que colonizou Norteamérica), desapareceron despois do cambio climático xunto coa chegada dos cánidos a Eurasia; desta liñaxe só sobreviviu o insectívoro lobo de terra ou proteles (Proteles cristata), mentres que as "hienas trituradoras de ósos", cuxos membros existentes hoxe son a hiena pinta (Crocuta crocuta), a hiena riscada ou listada (Hyaena hyaena) e a hiena parda (H. brunea), convertéronse nos principais preeiros de Eurasia e África.

Lagarto

O grupo dos lagartos caracterízase pola presenza de catro patas (o que o distingue da suborde Serpentes), pálpebras nos ollos e oídos externos. As familias Anniellidae e Anguidae corresponden a réptiles sen patas que parecen cobras mais son lagartos tendo en conta a estrutura do esqueleto.

Os lagartos aparecen en todos os continentes, excepto na Antártida. Presentan diversos tamaños, desde algúns centímetros como algúns guecos até tres metros como o dragón de Komodo. Son xeralmente carnívoros, alimentándose de insectos ou pequenos mamíferos, mais tamén hai lagartos omnívoros ou herbívoros, como as iguanas. O monstro de Xila, nativo do sur dos Estados Unidos, é a única especie que é velenosa. Algúns tipos de lagarto son capaces de rexenerar patas perdidas.

Os lagartos presentes en Galiza son dous:

Lagarto arnal (Lacerta lepida; tamén chamado lagarto ferreño no Courel)

Lagarto das silvas (Lacerta schreiberi)

Leopardo

O leopardo (Panthera pardus) é unha especie de mamífero da orde dos carnívoros e da familia dos felinos. Coma os outros tres grandes felinos do xénero Panthera (o león, o tigre e o xaguar), presenta unha modificación no óso hioide que lle permite ruxir. O leopardo é denominado comunmente pantera ou pantera negra cando a súa pelaxe presenta unha cor completamente escura por mor do melanismo. Este fenómeno tamén se da entre os xaguares americanos, coa diferenza de que nos leopardos débese a un alelo recesivo e nos xaguares a un alelo dominante.

Libélula

As libélulas son uns insectos carnívoros que pertencen á orde dos odonatos (Odonata). Esta orde inclúe, entre outras especies, as libélulas e cabalos do demo.O grupo apareceu na Terra durante o Triásico.

Oso

A dos úrsidos (Ursidae) é unha familia de mamíferos da orde dos carnívoros que inclúe animais de grandes dimensións coñecidos como osos, incluíndo o oso panda.

Pinnípedes

Os pinnípedes (Pinnipedia) son unha superfamilia de mamíferos carnívoros da suborde dos caniformes.

Xunto cos cetáceos e os sirenios, son os únicos mamíferos adaptados á vida acuática, e adoitan vivir preto das costas, que utilizan para descansar, reproducirse e parir, estratexia reprodutora que recordan dos seus antepasados terrestres. Diferéncianse doutras especies de mamíferos mariños por teren pelo en todo o corpo e, con el e sobre todo coa grosa capa de graxa subepidérmica, conseguen o illamento térmico que precisan para a súa vida no mar.O seu corpo é alongado, coas patas curtas e as mans e os pés palmados en forma de aleta.

Están presentes en todos os océanos e mares do mundo, menos no mar Caribe, onde abundaba unha especie, Neomonachus tropicalis, que se extinguiu probabelmente a mediados do século XX.

Adoitan seren gregarios, e se alimentan de peixes, moluscos e crustáceos.

Divídense en tres familias, as dos otaríidos (osos, lobos e leóns mariños), a dos fócidos (focas) e a dos odobénidos (cunha soa especie, a morsa).

O maior pinnípede é o elefante mariño, da familia dos fócidos, que pode medir ata 7 m de lonxitude.

Pleuronectinos

A dos pleuronectinos (Pleuronectinae) é unha subfamilia de peixes teleósteos da orde dos pleuronectiformes e familia dos pleuronéctidos.Está composta por 26 xéneros que comprenden unhas 62 especies actualmente existentes (tamén se coñecen especies fósiles).

Como todos os peixes da familia dos pleuronéctidos, os da subfamilia dos pleuronectino teñen un corpo aplanado, asimétrico, e os seus ollos están no mesmo lado do corpo.

Os pleuronectinos forman parte das especies que producen proteínas para a adaptarse ao frío.Os membros da subfamilia son demersais carnívoros que viven nos mares do Ártico e no mar do Norte.

Polbo

Os polbos son moluscos mariños cefalópodos, formando a orde Octopoda, que significa "oito pés". Son animais mariños e carnívoros. Carecen de cuncha e a súa característica principal é unha coroa de oito tentáculos ou raxos na cabeza, arredor da boca, provistos de fortes ventosas. Como o resto dos cefalópodos, o polbo ten un corpo mol mais non ten esqueleto interno (como as luras) nin externo (como o náutilo). Como medio de defensa, o polbo posúe a capacidade de botar tinta (conseguida a través dos cromatóforos) e a autonomía dos seus tentáculos.

Polisacárido

Os polisacáridos son hidratos de carbono formados por combinación dun número variable de monosacáridos (entre dez e varios miles). Polo seu interese na alimentación cómpre destaca-los seguintes:

Amidón: constitúe a principal reserva de hidratos de carbono nos alimentos de orixe vexetal. O amidón almacénase en forma de gránulos de forma e tamaño diversos, propios de cada especie vexetal. O amidón é insoluble en auga, polo que non se pode dixerir sen un tratamento térmico adecuado previo: a cocción dos alimentos ricos en amidón (como a pataca ou a fariña) faino dixerible.

Glicóxeno: unicamente presente en alimentos de orixe animal, nos que constitúe unha forma de reserva de glicosa equivalente á do amidón nos vexetais. O glicóxeno localízase no músculo e no fígado.

Celulosa: formada por miles de moléculas de glicosa, atópase na membrana das células vexetais. Resulta indixerible para o home e os animais carnívoros mentres que os herbívoros contan cunha flora intestinal capaz de degradala e asimilala.

Fibra alimentaria: constituída pola combinación de diversos polisacáridos (como a celulosa, pectina e outros) xunto á lignina, que non é un hidrato de carbono. A fibra alimentaria dá a estrutura fibrosa característica das verduras, froitas ou cereais. Non é asimilable pero resulta imprescindible para un correcto funcionamento do aparato dixestivo.Outros polisacáridos presentes nos alimentos son os que constitúen as gomas hidrocoloidais, de diversa composición e características.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.