Carlos de Borbón-Dúas Sicilias

Carlos de Borbón-Dúas Sicilias e Borbón-Parma, nado en Lausana o 16 de xaneiro de 1938 e finado en Retuerta del Bullaque (Cidade Real) o 5 de outubro de 2015, foi un infante de España, príncipe das Dúas Sicilias, duque de Calabria, conde de Caserta e xefe da Casa Real de Borbón-Dúas Sicilias.

Carlos de Borbón-Dúas Sicilias
Duque de Calabria, Conde de Caserta e Infanta de España.

Nome completoCarlos María Alfonso Marcel de Borbón-Dos Sicilias y Borbón-Parma
Nacemento16 de xaneiro de 1938
Lausana, Suíza Suíza
Falecemento5 de outubro de 2015
Retuerta del Bullaque, Cidade Real, España España
SepulturaPanteón de Infantes, Mosteiro de El Escorial[1]
PredecesorAfonso de Borbón-Dúas Sicilias e Borbón
ConsorteAna de Orleans
(1965 - actual)
Descendencia
    • Cristina de Borbón-Dúas Sicilias
    • María de Borbón-Dúas Sicilias
    • Pedro de Borbón-Dúas Sicilias, duque de Noto
    • Inés de Borbón-Dúas Sicilias
    • Vitoria de Borbón-Dúas Sicilias
  • Casa realCasa de Borbón-Dúas Sicilias
    ProxenitoresAfonso de Borbón-Dúas Sicilias e Borbón
    Alicia de Borbón-Parma

    Traxectoria

    Era fillo do infante Afonso de Borbón-Dúas Sicilias e Borbón (1901-1964) e da princesa Alicia de Borbón-Parma (1917-2017). Neto por vía paterna da princesa de Asturias Mercedes de Borbón e Habsburgo-Lorena (1880-1904), irmá de Afonso XIII, e do infante Carlos Tancredo de Borbón-Dúas Sicilias (1870-1949).

    O seu curmán, o rei Xoán Carlos I, concedeulle o título de infante de España o 16 de decembro de 1994. Tamén foi presidente do Real Consello das Ordes Militares de Santiago, Calatrava, Alcántara e Montesa. Foi un dos dous pretendentes ao desaparecido trono das Dúas Sicilias.

    O infante Carlos ocuparía o primeiro posto na liña de sucesión á coroa española logo dos descendentes do rei Xoán Carlos I se se considerase oficialmente que as irmás do rei, as infantas Pilar e Margarita, quedaron excluídas da sucesión ao contraer matrimonio con persoas que non pertencían a algunha familia real, como prescribía a pragmática sanción do rei Carlos III que regulaba os matrimonios da Casa Real Española. A Pragmática Sanción quedou derrogada de facto pola Constitución española de 1978 pero a aprobación do texto constitucional foi posterior aos matrimonios das infantas. Actualmente non se determinou con carácter oficial se as infantas Pilar e Margarita quedaron ou non apartadas da sucesión.

    Descendencia

    Carlos de Borbón-Dúas Sicilias contraeu matrimonio o 12 de maio de 1965 na capela Real de Dreux coa princesa Ana de Orleans (n. 4 de decembro de 1938). Ana de Orleans é filla do príncipe Henrique de Orleans, conde de París (1908-1999) e a princesa Isabel de Orleans-Bragança (1911-2003). O matrimonio tivo cinco fillos:

    • Cristina de Borbón-Dúas Sicilias, n. 1966, casada con Pedro López-Quesada y Fernández-Urrutia e nai dunha filla, Victoria, e dun fillo, Pedro.
    • María de Borbón-Dúas Sicilias, n. 1967, casada coa súa Alteza Imperial e Real o Archiduque Simeón de Austria e nai de tres fillos: Johannes, Ludwig e Philipp; e de dúas fillas, Isabel e Carlota.
    • Pedro de Borbón-Dúas Sicilias, duque de Noto, n. 1968, casado con Sofía Landaluce y Melgarejo e pai de seis fillos (Jaime, Juan, Pablo, Pedro, Sofía, e unha filla recentemente nacida en abril de 2011).
    • Inés de Borbón-Dúas Sicilias, n. 1971, casada co Nobre napolitano Michele Carelli Palombi di Marchesi di Raiano e nai de dúas fillas, Teresa e Branca.
    • Vitoria de Borbón-Dúas Sicilias, n. 1976, casada con Markos Nomikos e nai de dous fillos, Anastasios e Carlos; e dunha filla, Ana.

    Ascendencia

     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
    16. Rei Fernando II das Dúas Sicilias
     
     
     
     
     
     
     
    8. Príncipe Afonso de Borbón-Dúas Sicilias, Conde de Caserta
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
    17. Arquiduquesa María Teresa de Austria
     
     
     
     
     
     
     
    4. Príncipe Carlos Tancredo de Borbón-Dúas Sicilias
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
    18. Príncipe Francisco de Paula das Dúas Sicilias
     
     
     
     
     
     
     
    9. Princesa María Antonieta das Dúas Sicilias
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
    19. Arquiduquesa María Isabel de Toscana
     
     
     
     
     
     
     
    2. Infante Afonso, Duque de Calabria
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
    20. Francisco de Asís, Rei consorte de España
     
     
     
     
     
     
     
    10. Rei Afonso XII de España
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
    21. Raíña Isabel II de España
     
     
     
     
     
     
     
    5. Mercedes, Princesa de Asturias
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
    22. Arquiduque Carlos Fernando de Austria
     
     
     
     
     
     
     
    11. Arquiduquesa María Cristina de Austria
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
    23. Arquiduquesa Isabel Francisca de Austria
     
     
     
     
     
     
     
    1. Infante Carlos, Duque de Calabria
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
    24. Carlos III, Duque de Parma
     
     
     
     
     
     
     
    12. Roberto I, Duque de Parma
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
    25. Princesa Luisa María Teresa de Francia
     
     
     
     
     
     
     
    6. Elías I, Duque de Parma
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
    26. Rei Fernando II das Dúas Sicilias (= 16)
     
     
     
     
     
     
     
    13. Princesa María Pía das Dúas Sicilias
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
    27. Arquiduquesa María Teresa de Austria (= 17)
     
     
     
     
     
     
     
    3. Infanta Alicia de Borbón-Parma
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
    28. Arquiduque Carlos Fernando de Austria (= 22)
     
     
     
     
     
     
     
    14. Arquiduque Federico de Austria, Duque de Teschen
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
    29. Arquiduquesa Isabel Francisca de Austria (= 23)
     
     
     
     
     
     
     
    7. Arquiduquesa María Ana de Austria
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
    30. Duque Rodolfo de Croÿ
     
     
     
     
     
     
     
    15. Princesa Isabel de Croÿ
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
    31. Princesa Natalia de Ligne
     
     
     
     
     
     

    Véxase tamén

    Outros artigos

    Ligazóns externas

    1. http://www.abc.es/casa-del-rey/20151005/abci-muere-infante-carlos-201510052055.html
    Alfonso de Borbón e Borbón-Dúas Sicilias

    Alfonso de Borbón e Borbón-Dúas Sicilias, nado en Roma o 3 de outubro de 1941 e finado en Estoril, Portugal, o 29 de marzo de 1956, infante de España, foi fillo do infante e Conde de Barcelona Juan de Borbón, Xefe da Casa Real de España naquel momento, e a Princesa María de las Mercedes de Borbón-Dúas Sicilias.

    Alicia de Borbón-Parma

    Alicia de Borbón-Parma e Habsburgo-Lorena, nada en Viena o 12 de novembro de 1917 e finada en Madrid o 28 de marzo de 2017, foi unha nobre española que recibiu o tratamento de infanta de España. Ostentou os títulos de Princesa de Borbón-Parma, princesa das Dúas Sicilias, duquesa viúva de Calabria e condesa viúva de Caserta.

    Ana de Orleans

    Ana de Orleans, nada en Woluwe-Saint-Pierre, Bélxica, o 4 de decembro de 1938, é unha princesa real de Francia da casa de Orleans e Duquesa de Calabria por matrimonio; recibe o tratamento de Alteza Real.

    Casa de Borbón

    A casa de Borbón (en francés: Bourbon, en italiano: Borbone) é unha casa real de orixe francesa (aínda que a primeira coroa á que accedeu foi a do Reino de Navarra), actual casa reinante en España e no Gran Ducado de Luxemburgo. Gobernaron primeiro en Navarra e Francia, pero para o século XVIII os membros da casa de Borbón chegaron aos tronos de España e sur de Italia, destacando o Reino das Dúas Sicilias, ademais de varios pequenos ducados e condados.

    Cristina de Borbón e Grecia

    Cristina Federica Victoria Antonia de la Santísima Trinidad de Borbón y Grecia, nada en Madrid o 13 de xuño de 1965, é infanta de España e foi duquesa de Palma, é a segunda dos fillos dos reis de España Xoán Carlos I e Sofía. É a sexta na liña de sucesión logo das fillas do seu irmán Filipe, actual rei de España, e da súa irmá Elena e os seus fillos.

    Eleccións xerais de España de 1901

    As Eleccións Xerais de 19 de maio de 1901 en España foron convocadas na minoría de idade de Afonso XIII, sendo rexente a súa nai María Cristina de Habsburgo-Lorena. A súa base legal foi a Constitución española de 1876, vixente ata 1931 na coñecida como Restauración borbónica en España.

    Elena de Borbón e Grecia

    Elena María Isabel Dominica de Silos de Borbón y Grecia, nada en Madrid o 20 de decembro de 1963, é a infanta de España e duquesa de Lugo, é a filla máis vella dos reis de España, Xoán Carlos I e Sofía, e irmá do actual rei Filipe VI. É a terceira na liña de sucesión despois das súas sobriñas Leonor de Borbón e Sofía de Borbón.

    Filipe VI de España

    Filipe VI de España, de nome completo Felipe Juan Pablo Alfonso de Todos los Santos de Borbón y Grecia, nado en Madrid o 30 de xaneiro de 1968, é o actual rei de España, título polo que ostenta a xefatura do Estado e o mando supremo das Forzas Armadas.

    É o fillo menor de Xoán Carlos I de España e Sofía de Grecia. Logo da abdicación do seu pai o 2 de xuño de 2014, ascendeu ao trono o 19 do mesmo mes e ano co nome de Filipe VI.

    Está casado con Letizia Ortiz, raíña consorte de España, coa que ten dúas fillas, a princesa Leonor e a infanta Sofía.

    Finados en 2015

    Esta é unha listaxe de persoas de sona que finaron ao longo de 2015. Primeiro lístanse as personalidades internacionais, e a continuación as personalidades galegas, ordenadas por data de falecemento. A lista recolle, por esta orde, data de falecemento, nome, idade ao falecer, profesión ou motivo de sona, nacionalidade de orixe e causa da morte.

    Para unha listaxe non ordenada, véxase a categoría "Finados en 2015".

    Infante

    Infante é un título de nobreza, situado por debaixo do de príncipe. Este título recíbeno todos os fillos lexítimos do rei ou a raíña de Portugal e España (e doutras monarquías peninsulares como Aragón, León ou Navarra), que non son herdeiros da coroa. O feminino de infante é infanta.

    Margarita de Borbón e Borbón-Dúas Sicilias

    Margarita de Borbón e Borbón-Dúas Sicilias, cuxo nome completo é Margarita María de la Victoria Esperanza Jacoba Felicidad Perpetua de Todos los Santos de Borbón y Borbón-Dos Sicilias nada en Roma o 6 de marzo de 1939, é unha nobre española, nomeada Infanta de España polo Real Decreto 1368/1987, de 6 de novembro. Filla de Xoán de Borbón, conde de Barcelona e de María das Mercedes de Borbón-Dúas Sicilias, é irmá do anterior rei de España, Xoán Carlos I e da infanta Pilar. Ten o tratamento de Alteza Real, e é ademais, Duquesa de Soria e de Duquesa de Hernani. A infanta Margarita é invidente desde o seu nacemento.

    Pilar de Borbón e Borbón-Dúas Sicilias

    Pilar de Borbón e Borbón-Dúas Sicilias, nada en Cannes, Francia, o 30 de xullo de 1936, é Infanta de España polo Real Decreto 1368/1987, de 6 de novembro. Filla de Xoán de Borbón, conde de Barcelona e de María das Mercedes de Borbón-Dúas Sicilias, é irmá do actual rei de España, Xoán Carlos I e da infanta Margarita. Ten o tratamento de Alteza Real, e é ademais, Duquesa de Badaxoz por Decreto 758/1967, de 13 de abril.

    Xoán Carlos I de España

    Xoán Carlos I de España, nado en Roma o 5 de xaneiro de 1938, foi Rei de España entre 1975 e 2014, mantendo tras a súa abdicación o título de rei só con carácter honorífico.

    Foi proclamado o 22 de novembro de 1975, trala morte de Francisco Franco, de acordo coa Lei de Sucesión na Xefatura do Estado de 1947. A Constitución española, ratificada por referendo popular o 6 de decembro de 1978 e promulgada o 27 de decembro do mesmo ano, recoñéceo expresamente como rei de España e lexítimo herdeiro da dinastía histórica de Borbón, outorgándolle a xefatura do Estado. A Carta Magna confire á súa dignidade o rango de símbolo da unidade nacional. Anteriormente ao seu proclamación, desempeñara funcións interinas na xefatura do Estado durante a enfermidade de Franco.

    Ao longo do seu reinado, o rei gozou dun elevado apoio popular tanto en España como en Iberoamérica. Con todo, en 2012 esta tendencia cambiou de forma drástica e o apoio reduciuse ata o punto de que, en abril de 2013, un 53% da poboación desaprobaba a forma en que desempeñaba as súas funcións, aínda que mantendo unha valoración positiva superior con respecto ás diferentes partes do organigrama político español.

    O papel do rei durante a Transición española e a súa intervención para frear o intento de Golpe de Estado de 1981, o seu apoio á unidade europea e a súa contribución á hora de estreitar relacións diplomáticas, foron obxecto de diversas homenaxes, recoñecementos, premios e galardóns internacionais como o Premio Carlomagno (1982), o Premio Félix Houphouët-Boigny para a Procura da Paz da Unesco (1995), a «Medalla da Democracia» da Universidade Yeshiva (1997), o Premio «Estadista Mundial» da Fundación Appeal of Conscience (1997) ou o Premio Estatal da Federación Rusa (2011), entre outros. Sobre o seu papel durante os primeiros anos do seu reinado, a revista Estafe publicaría que o rei Xoán Carlos xurdiu «como un dos heroes máis improbables e inspiradores da liberdade do século XX, desafiando un intento de vez militar que buscaba subverter á nova democracia posfranquista de España».O 2 de xuño de 2014, anunciou a súa abdicación á coroa de España. Sucedeuno o seu fillo Filipe VI tras a aprobación por parte das Cortes Xerais da Lei de Abdicación, que se fixo efectiva o 19 de xuño de 2014.

    Outras linguas

    This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
    Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
    Images, videos and audio are available under their respective licenses.