Carlos Pérez Rial

Carlos Pérez Rial tamén coñecido como Perucho, nado o 12 de abril de 1979 en Cangas, é un piragüista galego que foi campión do mundo e de Europa en 2005. A súa especialidade é a velocidade sobre caiac.

Carlos Pérez Rial
CarlosPerucho
Información persoal
NacionalidadeGalicia Galicia
Nacemento12 de abril de 1979 (40 anos)
Cangas, Galicia Galicia
Altura1,82 m
Peso84 kg
Webcarlosperezrial.com
Deporte
PaísEspaña
DeportePiragüismo
ClubClub de Piragüismo Aldán
Cadro de medallas
Competindo para España España:
Xogos Olímpicos
Ouro Beijing 2008 K2-500

Traxectoria deportiva

Carlos Pérez Rial foi internacional por primeira vez en 1999. Foi quinto clasificado no europeo de Zagreb ese mesmo ano, e no de Szeged en 2002, na categoría K2200m. Tamén quedara quinto clasificado no europeo de Milano de 2001 en K2 500m. O seu primeiro título de importancia foi a medalla de bronce obtida na distancia olímpica de K1 500 m nos Mundiais de Gainesville, nos Estados Unidos (1"37'961). A súa primeira participación olímpica produciuse nos Xogos de Atenas, en 2004, onde quedou sorprendentemente fóra da final malia traer un dos mellores tempos das series. Nese ano xa fora nesa distancia bronce nos europeos de Poznań.

En 2005 proclamouse campión do mundo na distancia non olímpica de K1 200 m, nos Mundiais de Zagreb, cun tempo de 35"289; así como nos europeos tamén celebrados en Poznań, cun tempo de 36"098. Porén, ao ano seguinte non puido revalidar ningún deses dous títulos, perdendo nas dúas ocasións diante do alemán Ronald Rauhe e obtendo a prata do mundo en Szeged cun tempo de 35"396 e a de Europa en Račice con só 34"644.

En 2007 participa nos Mundiais de Duisburgo, clasificatorios para os Xogos de Beixín. Na distancia olímpica dos K1 500 m pasou a semifinais, mais nesta proba non se puido clasificar máis ca para a final B, e moi axustadamente, ao pasar co peor dos tempos (1'45"923). Na final B foi sétimo (16º en xeral), cun crono de 1' 38,975".

Nos Xogos Olímpicos de Beijing 2008 obtivo ouro na categoría de K2-500 xunto a Saúl Craviotto Rivero[1]. No campionato europeo de piragüismo de 2009 logrou o ouro en K2-200 (tamén xunto a Saúl Craviotto) e en K1-100 por relevos (xunto a Francisco Llera, Saúl Craviotto e Ekaitz Saies).

Datos persoais

Pertence ao club de piragüismo Ría de Aldán. Mide 1,82 m e pesa 84 kg.

Ten a medalla de bronce da Real Orde do Mérito Deportivo.

Predecesor:
Ronald Rauhe
 Med 1.png Campión do mundo de piragüismo
K1 200m
 
2005 en Zagreb
Sucesor:
Ronald Rauhe

Notas

  1. O galego Carlos Pérez Rial e Saúl Craviotto conseguen o ouro no K-2[Ligazón morta]

Véxase tamén

Ligazóns externas

Aldán, Cangas

San Cibrán de Aldán é unha parroquia que se localiza no norte do concello pontevedrés de Cangas, na comarca do Morrazo. Segundo o padrón municipal de 2013 tiña 2.533 habitantes distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 2.685 habitantes.

Está ligada ao mar, tanto polo seu porto e actividade pesqueira, do que depende a súa actividade económica, de longa tradición. Este recurso natural tamén se aproveita desde a década dos 80 para actividade hostaleira e turística, polas súas praias e clima excepcional.

Campionato do mundo de piragüismo 2007

Os campionatos do mundo de piragüismo en augas tranquilas celebráronse do 8 ao 12 de agosto de 2007 na vila alemá de Duisburgo.

Celébranse nos campionatos dezaoito probas masculinas e nove femininas. As masculinas son en canoa canadense e en caiac, mentres que as femininas só son en caiac. As distancias cubertas, tanto para homes como para mulleres son 200 m, 500 m e 1.000 m, en categoría individual, por parellas e de a catro.

Nestes campionatos David Cal obtivo unha medalla de ouro (C1 500m) e unha de bronce (C1 1000m). Os grandes triunfadores foron a selección anfitrioa (Alemaña) e mais a húngara, con nove ouros cada unha delas.

Cangas

Cangas, ou Cangas do Morrazo, é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Morrazo, da que é capital histórica. Segundo o IGE, en 2017 tiña 26.490 habitantes, co que é o municipio máis poboado da comarca. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é cangués, aínda que tamén é común na zona a forma cangueiro.

Carlos Pérez

Carlos Pérez pode referirse a:

Carlos Pérez Alonso, atleta galego (n. 1935);

Carlos Pérez Álvarez, futbolista galego (1971-2006);

Carlos Pérez Rial, Perucho, piragüísta galego (n. 1979);

Carlos Andrés Pérez, ex-presidente de Venezuela (1922-2010);

Carlos Pérez Siquier, fotógrafo andaluz (1930-);

Galicia

Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal.

Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.

Santiago de Compostela é a capital, cun estatuto especial dentro da provincia da Coruña. Galicia posúe 2 718 525 habitantes (2016), cunha distribución poboacional que aglomera a meirande parte na franxa entre Ferrol e Vigo. En Galicia, os núcleos urbanos con rango de cidade son sete, que segundo criterios poboacionais son os seguintes: Vigo, A Coruña, Ourense, Lugo, Santiago de Compostela, Pontevedra e Ferrol. Ten unha superficie de 29 574,4 km².

O concello máis poboado é o de Vigo con 292 817 habitantes e o menos poboado o de Negueira de Muñiz con 215 habitantes no 2016. O concello máis extenso é o da Fonsagrada cunha superficie de 438,4 km² e o máis pequeno o de Mondariz-Balneario con 2,3 km². A Coruña é o concello con maior densidade de poboación con 6449,32 hab./km² e Vilariño de Conso é o que ten menor densidade de poboación con 2,92 hab./km² no 2016.

Lista de medallistas olímpicos galegos

Estes son os deportistas galegos que gañaron unha medalla nos Xogos Olímpicos de verán.

Rodrigo Germade

Rodrigo Germade Barreiro, nado en Cangas o 23 de agosto de 1990, é un piragüista galego.

Xogos Olímpicos de 2008

Os Xogos Olímpicos de Pequín 2008 (oficialmente denominados Xogos da XXIX Olimpíada) tiveron lugar na cidade de Pequín, capital da República Popular China, entre o 8 e o 24 de agosto de 2008, aínda que o torneo de fútbol comenzou dous días antes, o 6 de agosto. Ao concluír o evento, leváronse a cabo na mesma cidade os XIII Xogos Paralímpicos, entre o 6 e o 17 de setembro.

O evento deportivo contou con 302 probas en 28 deportes nas que, segundo estimacións, participaron uns 10.500 atletas de 204 países. Ademais de Pequín, algunhas das probas deportivas tiveron lugar noutras cidades de China. O torneo de fútbol tivo lugar nas cidades cidades de Qinhuangdao, Tianjin, Shenyang e Shanghai, namentres as regatas de vela e as probas de hípica efectuáronse no porto de Qingdao e no de Hong Kong, respectivamente.

Os Xogos Olímpicos de Pequín 2008 tiveron un custo que podería superar os 41.000 millóns de dólares, case triplicando o orzamento final do seu antecesor, os Xogos Olímpicos de Atenas 2004, converténdose no evento máis custoso da historia olímpica. A organización deste evento enfrontou diversos problemas dende a súa elección, o 13 de xullo de 2001, especialmente polos problemas de contaminación atmosférica que enfronta a cidade sede e polas acusacións de violacións aos dereitos humanos que recibiu o réxime chinés por parte importante da comunidade internacional, xerando diversas protestas que afectaron o percorrido do facho olímpico. O goberno da China promocionou os xogos co obxectivo de destacar a importancia e influencias do país no resto do mundo.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.