Carlos Núñez

Carlos Núñez Muñoz, nado en Vigo o 16 de xullo de 1971, é un músico galego recoñecido como intérprete de gaita galega, frauta galega, ocarina, frauta irlandesa,[1] whistle[2] e low whistle.

Carlos Núñez
Medalla Castelao Icona vectorial.svg
Carlos nunez
Nome completoCarlos Núñez Muñoz
Nacemento16 de xullo de 1971 e 18 de xullo de 1971
OrixeVigo
Ocupaciónmúsico
XéneroMúsica celta, folk
Instrumento(s)Gaita
Selo(s) discográfico(s)BMG, Sony Music
Tempo en activodende 1989
Na rede
www.carlos-nunez.com

Traxectoria

Naceu en Vigo en 1971 nunha familia comunista (o seu pai, Carlos Núñez, era un dos líderes do PCG), e comezou a tocar a gaita galega aos oito anos. Aos doce, era invitado para tocar na Orquestra Sinfónica de Lorient e en 1989 gravou xunto ao grupo irlandés The Chieftains a banda sonora da película A illa do tesouro, cos que seguiría colaborando até ser coñecido como o sétimo Chieftain. Núñez ademais completou a súa formación no ensino académico obtendo a cualificación de Matrícula de Honra e Premio Extraordinario Fin de Carreira no instrumento frauta de pico polo Real Conservatorio Superior de Música de Madrid.

Carlos Núñez é un estudoso incansábel da música celta e no panorama internacional está considerado como un erudito do tema. As súas investigacións seguen basicamente dúas liñas relacionadas entre si: a orixe da música celta e a súa fusión coas músicas do mundo actuais. O seu interese polo tema levouno a percorrer o globo e a relacionarse con músicos e artistas dos países que visitou, para logo plasmar os seus coñecementos e experiencias na súa prolífica discografía.

En 2011 recibe o Premio Cultura Galega á Promoción Cultural de Galicia outorgado pola Xunta de Galicia. En 2013 foille concedida a Medalla Castelao.

Carlos Nuñez
Carlos Núñez en Madrid en 2005.

Obra discográfica

En 1996 publica o seu primeiro disco, A Irmandade das Estrelas que supuxo o boom da música celta en España. Neste disco, Núñez centrase sobre todo na exploración da súa Galiza natal con influencias irlandeses.

No seu seguinte disco, Os amores libres, Carlos Núñez presenta unha reflexión en torno ao concepto celta explorando, entre outras, as conexións existentes entre a música tradicional galega e o flamenco. Os textos que acompañan as cancións deste disco están redactados polo escritor Manuel Rivas.

Xa en 2000 e coa publicación de Mayo longo, con Núñez xa consagrado como músico de renome e proxección internacional, o gaiteiro compuxo unha canción co ex-Supertramp Roger Hodgson. Este disco é un retorno á tradición galaica e á sinxeleza e destacou principalmente por introducirse nas radiofórmulas do momento.

O seu último álbum de estudio é Almas de Fisterra publicado en 2003 en España e en Francia como Un Galicien en Bretagne cunha lista de cortes lixeiramente diferente. Este disco é o resultado dunha longa permanencia do músico en Bretaña, Francia, e nel móstranse músicas tradicionais bretoas gravadas xunto a músicos famosos da Bretaña francesa.

Carlos Núñez tamén editou un álbum recompilatorio de grandes éxitos con varios cortes novos chamado Todos os mundos e en 2004 editou un CD+DVD que contén un concerto gravado en Vigo co título de Carlos Núñez & Amigos coas súas cancións máis emblemáticas. Núñez tamén participa na banda sonora da película de Alejandro Amenábar Mar adentro.

A banda sonora do filme xaponés Gedo Senki, composta e dirixida por Tamiya Terashima, contou con Carlos Núñez como colaborador clave, contribuíndo coa súa ocarina, frauta e gaita galega en 11 das 21 pistas. Un álbum máis, "Melodies from Gedo Senki", foi estreado o 17 de xaneiro de 2007, incluíndo novo material da banda sonora e temas inéditos de Núñez.[3][4]

Colaboracións

Unha característica fundamental de Carlos Núñez e a súa música é a de colaborar con todo tipo de músicos de calquera nacionalidade tanto na gravación dos seus discos como nas súas actuacións en directo. A Carlos Núñez banda coa que toca en directo componse de reputados músicos como o seu irmán Xurxo Núñez -percusionista-, Pancho Álvarez -guitarrista e violinista- e Begoña Riobó -violinista-.

Así, Núñez colaborou con destacados artistas españois como Vicente Amigo, Carles Benavente, Luz Casal, Cristian Silva, Kepa Junkera ou Carmen Linares. De entre os moitos músicos internacionais cos que tocou ou gravou destacan The Chieftains e os seus integrantes Paddy Moloney, Sean O'Ríada e o defunto Derek Bell. Ademais deles, cabe destacar a Dan Ar Braz, Jackson Browne, Phil Cunningham, Ry Cooder, Ronnie Drew, Frankie Gavin, Roger Hodgson, Paddy Keenan, Noa, Máirtin O'Connor, Liam O`Flynn, Dulce Pontes, Teresa Salgueiro, Sharon Shannon, Donald Shaw e La Vieja Trova Santiaguera.

Discografía

Galería de imaxes

En 2009.
En 2009. 
En Madrid en 2010.
En Madrid en 2010. 

Notas

  1. FolkWorld, FolkWorld Article: Interview with Carlos Núñez, maio de 1997
  2. Denselow, Robin. Carlos Núñez, Philip Pickett and Musicians of the Globe – review, 3 de febreiro de 2013
  3. Ghibliworld, MEMORIES FROM GEDO SENKI WITH CARLOS NUNEZ Arquivado 03 de marzo de 2016 en Wayback Machine., 19 de decembro de 2006
  4. (en xaponés) Studio Ghibli, カルロス・ヌニェスのニューアルバムの発売決定! Arquivado 30 de decembro de 2016 en Wayback Machine., 11 de decembro de 2006

Véxase tamén

Ligazóns externas

16 de xullo

O 16 de xullo é o 197º día do ano do calendario gregoriano e o 198º nos anos bisestos. Quedan 168 días para finalizar o ano.

1971

1971 foi Ano Santo Xacobeo.

Berrogüetto

Berrogüetto foi un grupo galego, de música folk moderno, activo entre 1996 e 2014. Algúns dos compoñentes de Berrogüeto formaron parte anteriormente do grupo Matto Congrio, xunto a outros artistas como Carlos Núñez. O seu primeiro disco, Navicularia, supuxo unha gran revolución no panorama da música folk, polo seu innovador estilo partindo de melodías tradicionais.

No ano 2002 foron nomeados aos premios musicais Grammy Latino 2002 na categoría de "Mellor álbum folk".

Carlos Núñez

Carlos Núñez Muñoz, nado en Vigo o 16 de xullo de 1971, é un músico galego recoñecido como intérprete de gaita galega, frauta galega, ocarina, frauta irlandesa, whistle e low whistle.

Luz Casal

María Luz Casal Paz, coñecida como Luz Casal, nada en Andavao, Boimorto o 11 de novembro de 1958, aínda que viviu en Asturias xa dende a súa infancia, é unha cantante galega de pop-rock.

Durante a súa carreira discográfica vendeu xa máis de 5 millóns de discos. No ano 2010 foille concedida a Medalla Castelao.

Manuel Núñez Singala

Manuel Carlos Núñez Singala, nado en Lugo o 23 de setembro de 1963, é un escritor galego.

Música celta

Música celta é un termo popular que fai referencia á música tradicional dos pobos do Atlántico Europeo: Irlanda (Éire), Escocia (Alba), Gales (Cymru), Cornualles (Kernow), Illa de Mann, Bretaña (Breizh), Asturias e Galiza; mesturada en ocasións con patróns de música medieval.

Os instrumentos musicais que a caracterizan son o acordeón, a concertina a arpa, a guitarra acústica, o bouzouki irlandés a frauta traveseira irlandesa o violino, o bodhrán os whistles a bombarda bretoa e especialmente a sempre protagonista gaita de fol.

Existen diversos sub-tipos de "música celta".

O termo "música celta" pode referirse ás composicións musicais baseadas en patróns medievais dos pobos da fachada atlántica europea (dentro da música folk galega destacaría neste sub-tipo o gaiteiro Carlos Núñez ou Luar na Lubre), tamén pode referirse á música popular e aos cánticos populares deses pobos (no caso galego a mellor representante é Mercedes Peón), ou pode referirse a música espiritual (a irlandesa Enya é a representante deste estilo que goza do máis recoñecemento internacional).

The Chieftains

The Chieftains é unha banda irlandesa de música tradicional, fundada en 1963, ano da gravación do seu primeiro LP titulado simplemente The Chieftains. O grupo rexistrou numerosos álbums de música tradicional tanto instrumental como cantada. Máis aló dos ritmos de danzas, toman inspiración de compositores antigos como Turlough O'Carolan, e producen unha música variada, de sonoridade particular. O seu directorio esténdese da canción de bar (os pubs irlandeses) á música sinfónica composta polo cine.

Os seus compoñentes: Seán Keane, Martín Fay, Derek Bell, Matt Molloy, Kevin Conneff e Paddy Moloney realizaron no grupo trinta e tres gravacións, a parte das realizadas por cada un por separado. O grupo tamén realizou proxectos para revitalizar o folclore irlandés aínda que ultimamente o grupo intentou levar a súa música cara a unha fusión coa música doutros artistas como poden ser The Corrs, Mark Knopfler, Mick Jagger, Sting, Carlos Núñez, Sinéad O'Connor, Kepa Junkera ou Ry Cooder. En 2013 foille concedida a Medalla Castelao.

Galardoados coa Medalla Castelao
1984
1985
1986
1987
1988
1989
1990
1991
1992
1993
1994
1995
1996
1997
1998
1999
2000
2001
2002
2003
2004
2005
2006
2007
2008
2009
2010
2011
2012
2013
2014
2015
2016
2017
2018
2019

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.