Carlos Moyá

Carlos Moyà Llompart, nado en Palma o 27 de agosto de 1976, é un ex-xogador profesional de tenis español.

Carlos Moyà
Carlos Moya Australian Open 2006
OrixeEspaña España
ResidenciaEspaña España
Data de nacemento27 de agosto de 1976 (43 anos)
Lugar de nacementoPalma
Altura1,90
Peso86
Profesional desde1995
Retiro2010
Brazo hábilDestro (revés a dúas mans)
Ganancias13 443 970 US$
Individuais
Plusmarca575 - 319
Títulos20
Máx. Pos. Clasificación (15 de marzo de 1999)
Posto actual(Xullo 2012)
Grand Slam - Individuais
AustraliaF (1997)
Roland GarrosG (1998)
Wimbledon4r (2004)
US OpenSF (1998)
Dobres
Plusmarca22 - 47
Títulos0
Máx. Pos. Clasificación108 (29 de outubro de 2001)
Grand Slam - Dobres
AustraliaCF (2001)
Roland Garros-
Wimbledon-
US Open-
actualizaciónXullo 2012

Biografía

Comezou a xogar á idade de seis anos. En 1996, entrou no top 20 da ATP por primeira vez. Acabou 1997 como mellor español e no top 10 por primeira vez na súa carreira. Ademais, converteuse no primeiro español en alcanzar a final do Aberto de Australia desde Andrés Gimeno en 1969. En 1998 gañou o seu primeiro título de Grand Slam derrotando a Álex Corretja na final de Roland Garros. En 1999, converteuse no primeiro español en situarse como número 1 do ranking da ATP desde que se instaurara en 1973, onde se mantivo dúas semanas.

Formou parte do equipo español que gañou a Copa Davis do 2004, final que se disputou no Estadio Olímpico da Cartuja (Sevilla), na que tivo un papel destacado, obtendo dous dos tres puntos para España, gañando o primeiro punto ante Mardy Fish e conseguindo a vitoria decisiva contra Andy Roddick, logrando así a segunda Ensaladeira de Prata na historia do tenis español.

En 2005, doou o premio obtido por gañar o torneo de Chennai, ás vítimas do Terremoto do Océano Índico de 2004.

Retirouse oficialmente o 17 de novembro de 2010.

Vida persoal

Na súa vida sentimental, estivo unido a modelos e presentadoras como Patricia Conde así como á xogadora de tenis italiana Flavia Pennetta. Actualmente a súa parella é Carolina Cerezuela coa que iniciou unha relación a mediados de 2007. A parella ten unha filla, Carla, que naceu o 18 de agosto de 2010 na clínica USP Palmaplanas de Palma.

Torneos de Grand Slam

Campión Individuais (1)

Ano Campionato Opoñente na final Resultado en final
1998 Roland Garros Flag of Spain.svg Álex Corretja 6-3 7-5 6-3

Finalista en Individuais (1)

Ano Campionato Opoñente na final Resultado en final
1997 Open de Australia Flag of the United States.svg Pete Sampras 2-6 3-6 3-6

Títulos (20)

Individuais (20)

Lenda
Grand Slam (1)
Tennis Masters Cup (0)
ATP Masters Series (3)
ATP Tour (16)
Data Torneo Superficie Opoñente na final Resultado
1. 6 de novembro de 1995 Bos Aires, Arxentina Terra batida Félix Mantilla (España) 6-0 6-3
2. 12 de agosto de 1996 Umag, Croacia Terra batida Félix Mantilla (España) 6-0 7-6(4)
3. 18 de agosto de 1997 Long Island, Estados Unidos Dura Patrick Rafter (Australia) 6-4 7-6(1)
4. 20 de abril de 1998 Monte Carlo TMS, Mónaco Terra batida Cédric Pioline (Francia) 6-3 6-0 7-5
5. 25 de maio de 1998 Roland Garros, París, Francia Terra batida Álex Corretja (España) 6-3 7-5 6-3
6. 10 de abril de 2000 Estoril, Portugal Terra batida Francisco Clavet (España) 6-3 6-2
7. 16 de xullo de 2001 Umag, Croacia Terra batida Jerome Golmard (Francia) 6-4 3-6 7-6(2)
8. 25 de febreiro de 2002 Acapulco, México Terra batida Fernando Meligeni (Brasil) 7-6(4) 7-6(4)
9. 8 de xullo de 2002 Bastad, Suecia Terra batida Younes O Aynaoui (Marruecos) 6-3 2-6 7-5
10. 15 de xullo de 2002 Umag, Croacia Terra batida David Ferrer (España) 6-2 6-3
11. 5 de agosto de 2002 Cincinnati TMS, Estados Unidos Dura Lleyton Hewitt (Australia) 7-5, 7-6(5)
12. 17 de febreiro de 2003 Bos Aires, Arxentina Terra batida Guillermo Coria (Arxentina) 6-3 4-6 6-4
13. 21 de abril de 2003 Barcelona, España Terra batida Marat Safin (Rusia) 5-7 6-2 6-2 3-0
14. 21 de xullo de 2003 Umag, Croacia Terra batida Filippo Volandri (Italia) 6-4 3-6 7-5
15. 5 de xaneiro de 2004 Chennai, India Dura Paradorn Srichaphan (Tailandia) 6-4 3-6 7-6(5)
16. 1 de marzo de 2004 Acapulco, México Terra batida Fernando Verdasco (España) 6-3 6-0
17. 3 de maio de 2004 Roma TMS, Italia Terra batida David Nalbandian (Arxentina) 6-3 6-3 6-1
18. 9 de xaneiro de 2005 Chennai, India Dura Paradorn Srichaphan (Tailandia) 3-6 6-4 7-6(5)
19. 13 de febreiro de 2006 Bos Aires, Arxentina Terra batida Filippo Volandri (Italia) 7-6(6) 6-4
20. 29 de xullo de 2007 Umag, Croacia Terra batida Andrei Pavel (Romanía) 6-4 6-2

Finalista en individuais (24)

  • 1996: Munich (perde ante Slava Dosedel).
  • 1996: Bucarest (perde ante Alberto Berasategui)
  • 1997: Sydney (perde ante Tim Henman).
  • 1997: Australian Open (perde ante Pete Sampras).
  • 1997: Amsterdam (perde ante Slava Dosedel).
  • 1997: Indianápolis (perde ante Jonas Bjorkman).
  • 1997: Bournemouth (perde ante Félix Mantilla).
  • 1998: Mallorca (perde ante Gustavo Kuerten).
  • 1998: Tennis Masters Cup (perde ante Alex Corretja).
  • 1999: Indian Wells TMS (perde ante Mark Philippoussis).
  • 2000: Toulouse (perde ante Alex Corretja).
  • 2001: Barcelona (perde ante Juan Carlos Ferrero).
  • 2002: Monte Carlo TMS (perde ante Juan Carlos Ferrero).
  • 2002: Hong Kong (perde ante Juan Carlos Ferrero).
  • 2003: Miami TMS (perde ante Andre Agassi).
  • 2003: Viena (perde ante Roger Federer).
  • 2004: Sydney (perde ante Lleyton Hewitt).
  • 2004: Bos Aires (perde ante Guillermo Coria).
  • 2005: Umag (perde ante Guillermo Coria).
  • 2006: Chennai (perde ante Ivan Ljubicic).
  • 2007: Sydney (perde ante James Blake).
  • 2007: Acapulco (perde ante Juan Ignacio Chela).
  • 2008: Costa do Sauipe (perde ante Nicolás Almagro).
  • 2008: Bucarest (perde ante Gilles Simon).

Clasificación en torneos do Grand Slam

Torneo 2010 2009 2008 2007 2006 2005 2004 2003 2002 2001 2000 1999 1998 1997 1996 Títulos
Australian Open 1r 1r 1r 1r 1r 1r - 2r 2r QF - 1r 2r F 1r 0
Roland Garros - - 1r QF 3r 4r QF QF 3r 2r 1r 4r W 2r 2r 1
Wimbledon - - - 1r - - 4r - - 2r 1r 2r 2r 2r 1r 0
US Open - - 2r QF 3r 2r 3r 4r 2r 3r 4r 2r SF 1r 2r 0

Clasificación na Masters Cup

Torneo 2010 2009 2008 2007 2006 2005 2004 2003 2002 2001 2000 1999 1998 1997 1996 Títulos
Tennis Masters Cup - - - - - - RR RR SF - - - F SF - 0

Véxase tamén

Ligazóns externas

27 de agosto

O 27 de agosto e o 239º día do ano do calendario gregoriano e o 239º nos anos bisestos. Quedan 126 días para finalizar o ano.

Asociación de Tenistas Profesionais

A Asociación de Tenistas Profesionais (ATP; en inglés: Association of Tennis Professionals) é unha organización creada en 1972 coa intención primeira de protexer e velar polos intereses de todos aqueles xogadores masculinos de tenis.

Barcelona Open

O Barcelona Open, coñecido tamén como Trofeo Conde de Godó e por razóns de patrocinio como Barcelona Open Banc Sabadell, é un torneo de tenis profesional que se disputa anualmente sobre terra batida na cidade de Barcelona, nas instalacións do Reial Club de Tennis Barcelona. Pertence ás series ATP World Tour 500 do circuíto ATP masculino.

O tenista mallorquino Rafael Nadal ten o récord individual con once títulos, cinco deles consecutivos, e o australiano Roy Emerson conseguíu sete títulos de dobres con cinco parellas distintas.

Campións de Roland Garros (individual homes)

O torneo individual de homes de Roland Garros dispútase desde 1891, se ben ata 1924 só estaba aberto á participación de tenistas franceses e chamábase Campionato internacional de tenis de Francia. En 1925 abriuse á participación de tenistas afeccionados estranxeiros, mudando o nome do torneo a Internacionais de Francia. Finalmente, en 1968 permitiuse a participación de tenistas profesionais, pasando a seren os Internacionais de Francia open, que adoptan oficialmente o nome de Roland Garros en 1971.

Campións do Aberto de Australia (individual homes)

Relación de campións na categoría de Individual masculina do Aberto de Australia de Tenis.

Carolina Cerezuela

Carolina Cerezuela Gil, nada en Elx (Alacant) o 14 de xaneiro de 1980, é unha actriz e presentadora española.

Fenómenos (serie de televisión)

Fenómenos é unha serie de televisión española emitida por Antena 3 entre o 27 de novembro de 2012 e o 6 de febreiro de 2013.

Gaspar Sánchez Salas

Gaspar Sánchez Salas, nado o 5 de marzo de 1970 en Campillo del Río, no concello de Torreblascopedro (Xaén), é un escritor, profesor de lingua e literatura castelás, crítico literario e dictadólogo. Está considerado oficialmente discípulo do escritor e premio Nobel de Literatura Camilo José Cela.

Gastón Gaudio

Gastón Norberto Gaudio, nado en Adrogué, Arxentina o 9 de decembro de 1978, é un ex tenista profesional arxentino de orixe galega.

Converteuse en profesional da man do capitán de capitáns Juan Andrushow no club ECA en 1996. Ao gañar o torneo de Roland Garros en 2004, ante o seu compatriota Guillermo Coria, transformouse no terceiro tenista arxentino en obter un Grand Slam individual, despois de Guillermo Vilas e Gabriela Sabatini. Ademais gañou outros 7 torneos ATP, dous deles ATP 500, todos en terra batida, superficie na cal era un especialista. A súa mellor posición no ranking foi o número 5, en abril de 2005. Retirouse oficialmente en agosto de 2011 aínda que a súa actividade foi moi escasa no tour ATP desde mediados de 2007 en diante.

Marat Safin

Marat Mubinovich Safin (en ruso: Марат Мубинович Сафин; en tártaro: Марат Мөбин улы Сафин), nado en Moscova o 27 de xaneiro de 1980, é un ex-tenista tártaro de nacionalidade rusa. Safin comezou a súa carreira profesional en 1997 e alcanzou a primeira posición do ránking mundial no ano 2000 tras vencer a Pete Sampras na final do US Open. Safin era un xogador moi forte fisicamente, e na pista un xogador moi agresivo. Considerado un dos xogadores máis talentosos do circuíto, tamén é coñecido polas súas continuas perrenchas e desconcentracións dentro da pista. Marat posuía un dos mellores servizos do circuíto, capaz de acadar os 230 km/h.

Retirouse do tenis profesional en novembro de 2009.

Pete Sampras

Peter "Pete" Sampras, nado na cidade de Washington o 12 de agosto de 1971, é un ex-xogador profesional de tenis estadounidense. Os seus duelos co seu compatriota Andre Agassi axudaron na súa época a levantar o interese do público polo tenis e sementaron unha das rivalidades máis apaixonantes da historia do tenis.

Rafael Nadal

Rafael Nadal Parera, nado o 3 de xuño de 1986 en Manacor (Mallorca), é un tenista español, actual número 2 do mundo na clasificación ATP.

Gañador en 19 ocasións dun torneo de Grand Slam, só superado por Roger Federer (20). Campión de Roland Garros en 12 ocasións (2005, 2006, 2007, 2008, 2010, 2011, 2012, 2013, 2014, 2017, 2018 e 2019), gañador do Torneo de Wimbledon en 2008 e 2010 e onde foi outras tres veces finalista (2006, 2007 e 2011), do Aberto de Estados Unidos en 2010, 2013, 2017 e 2019 (finalista en 2011) e do Aberto de Australia en 2009 (finalista en 2012, 2014, 2017 e 2019).

Foi medalla de ouro nos Xogos Olímpicos de Pequín 2008 en individuais e nos Xogos Olímpicos de Río de 2016 en dobres formando parella con Marc López. Forma parte do Equipo de Copa Davis de España desde 2004, co cal obtivo o triunfo en catro ocasións (2004, 2008, 2009 e 2011).

É o tenista con máis títulos de Masters 1000 (con 35), de maneira que supera a deportistas ilustres como Novak Djokovic (33), Roger Federer (28), Ivan Lendl (22) ou John McEnroe (19). Posúe o récord de vitorias consecutivas sobre unha mesma superficie, 81 (en terra batida).

É o tenista español con maior número de títulos individuais, 84 (superando a Manuel Orantes e a Conchita Martínez, con 33), máis títulos de Grand Slam, 18 (superando a Manolo Santana e a Arantxa Sánchez Vicario, con 4), máis títulos de Masters 1000, 35 (superando a Conchita Martínez, con 9), o que máis semanas pasou como número 1 da clasificación mundial da ATP (194 semanas, delas 56 consecutivas) e o único que gañou o Aberto de Australia e a medalla de ouro nos Xogos Olímpicos.

En 2006 recibiu a Medalla de Ouro da Real Orde do Mérito Deportivo e o Premio Laureus World Sports á mellor promesa mundial do ano. En 2008 recibiu o Premio Príncipe de Asturias dos Deportes e o Marca Leyenda. En 2009 recibiu o Gran Premio da Academia Francesa do Deporte á maior xesta deportiva do mundo no ano 2008. En 2010 foi galardoado co Premio As do Deporte. En 2011 recibe por segunda vez o galardón do Laureus World Sports, desta volta na súa máxima expresión, como o mellor deportista masculino do ano. En 2013 recibiu o premio La Leyenda ao Mellor Deportista Español da Historia, no 75 Aniversario de Marca e o galardón Comeback Player of The Year ATP, trala súa lesión e recuperación. En 2014 o diario Mundo Deportivo nomeouno Mellor Deportista Español e recibiu por terceira vez o recoñecemento do Laureus World Sports, nesta ocasión como a mellor reaparición do ano anterior. Neste mesmo ano de 2014 foille concedida a Medalla de Ouro ao Mérito no Traballo, que lle impuxo o Primeiro de maio de 2015 o presidente do goberno español, Mariano Rajoy. O 4 de maio de 2015 foi investido doctor honoris causa pola Universidade Europea de Villaviciosa de Odón. Aínda recibe un recoñecemento máis en maio de 2015: nos días previos ao comezo de Roland Garros recibe a máxima distinción do concello de París, a "Grand Vermeil", de mans da alcaldesa de orixe español Anne Hidalgo.

En abril de 2017, durante o transcurso do 65º Torneo Conde de Godó, o Real Club de Tenis Barcelona toma a decisión de renomear a súa pista central co nome de "pista Rafa Nadal", e o 26 de abril, trala disputa dun partido no que vence Nadal, preséntaselle a placa co novo nome da pista. Durante a celebración do torneo de Roland Garros deste ano, no que Nadal vence por décima vez, o presidente da Federación Francesa de Tenis anuncia que Rafa Nadal contará cunha estatua nas instalacións do Aberto de Francia aínda que se quede en nove títulos, porque di é un monstro do tenis.

O 10 de xuño de 2018 gana por undécima vez o torneo Roland Garros, igualando a marca de 11 títulos num mesmo torneo de Grand Slam de Margaret Court, acadados no Aberto de Australia. Nas semifinais do US Open ten que abandonar por unha lesión, perdéndose os torneos restantes dese ano e descendendo ao segundo posto da clasificación ATP.

Reial Club de Tennis Barcelona

O Reial Club de Tennis Barcelona 1899 (RCTB) é un club deportivo de tenis de Barcelona, Cataluña. Foi fundado o 13 de abril de 1899 e está situado no barrio de Pedralbes, ao norte da Avenida Diagonal.

O RCTB está considerado o club de tenis máis prestixioso de España. Nas súas pistas formáronse tenistas como Arantxa Sánchez Vicario, Conchita Martínez, Carlos Moyá, Carlos Costa Masferrer ou Rafael Nadal. Sede de gran número de eventos tenísticos, o RCTB organiza desde 1953 o Trofeo Conde de Godó, de categoría ATP 500 e disputado sobre terra batida, que é xunto ao Masters de Madrid, o torneo máis importante disputado en España.

Roger Federer

Roger Federer, nado o 8 de agosto de 1981 en Basilea, é un xogador de tenis profesional suízo. Está catalogado como un dos mellores e máis completos na historia deste deporte. Reside en Bottmingen (Suíza), mide 1,85 metros, pesa 85 quilos, é destro, e uníuse ao Tour ATP en 1998. Emprega roupa Nike, Inc. á hora de xogar e a súa raqueta é unha Wilson Pro Staff 6.1 90 BLX.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.