Carlos IV de España

Carlos IV de Borbón, nado no Palacio Real de Portici (Reino de Nápoles) o 11 de novembro de 1748 e finado en Roma (Estados Pontificios) o 20 de xaneiro de 1819, foi rei de España desde o 14 de decembro de 1788 até o 19 de marzo de 1808 cando, como consecuencia do golpe de Estado que pasou á historia como o motín de Aranjuez, abdicou en favor do seu fillo Fernando, príncipe de Asturias.

Era fillo e sucesor de Carlos III e da súa esposa María Amalia de Saxonia.

Carlos IV de España
Rei de España
Carlos IV de rojo
Retrato de Carlos IV, por Francisco de Goya
Museo do Prado (Madrid)

Reinado14 de decembro de 1788
19 de marzo de 1808
Nacemento11 de novembro de 1748
Flag of the Kingdom of the Two Sicilies (1816).svg Portici, Reino de Nápoles
Falecemento20 de xaneiro de 1819
Flag of the Papal States (1808-1870).svg Roma, Estados Pontificios
PredecesorCarlos III
SucesorFernando VII
ConsorteMaría Luísa de Parma
Descendenciavéxase Matrimonio e fillos
Casa realCasa de Borbón
ProxenitoresCarlos III
María Amalia de Saxonia

Escudo de Carlos IV de España
FirmaCarlosIV

Primeiros anos

Cando naceu, seu pai era o rei das Dúas Sicilias. Foi bautizado co nome de Carlos Antonio Pascual Francisco Javier Juan Nepomuceno José Januario Serafin Diego.

No verán de 1765 foi chamado polo seu pai, sendo xa rei de España, para informalo do noivado que lle fora decidido, como Príncipe de Asturias, coa súa prima irmá a princesa María Luísa de Parma.

Acceso ao trono

Sucedeu ao seu pai, Carlos III, ao morrer este o 14 de decembro de 1788.

Accedeu ao trono cunha ampla experiencia nos asuntos de Estado, aínda que o seu reinado foi desastroso, porque se viu superado pola repercusión dos sucesos acaecidos en Francia en 1789 e tamén pola súa falta de enerxía persoal, que fixo que deixara o goberno en mans da súa esposa María Luísa de Parma e do seu valido, Manuel Godoy, de quen se dicía que era amante da raíña. Porén, hoxe en día esas afirmacións foron desmentidas por varios historiadores.[1][2]

Anton Raphael Mengs, Prince of Asturias, Future Charles IV of Spain (са 1765) - 02
Carlos IV, mozo.

Estes acontecementos frustraron as expectativas coas que iniciou o seu reinado. Á morte de Carlos III, o empeoramento da economía e a desorde da administración revelaban os límites do reformismo, mentres que a Revolución francesa poñóa enriba da mesa unha alternativa ao Antigo Réxime.

Pode dicirse, por tanto, que coa morte de Carlos III rematou a historia do reformismo ilustrado en España, pois o estalido case inmediato da Revolución francesa ao ano seguinte provocou unha reacción de terror que converteu o reinado do seu fillo e sucesor, Carlos IV, nun período moito máis conservador.

Ao final do reinado deste último, a invasión francesa arrastraría ao país a un ciclo de revolución e reacción que marcaría todo o século XIX, sen deixar espazo para continuar un reformismo sereno como o que desenvolvera Carlos III.[3]

Reinado

Goberno do conde de Floridablanca

The Count of Floridablanca by Francisco Goya
Retrato do Conde de Floridablanca por Francisco de Goya.
Pedro Pablo Abarca de Bolea, Count of Aranda
Retrato do Conde de Aranda por Xosé María Galván.

As primeiras decisións de Carlos IV mostraron uns propósitos reformistas. Confirmou no seu posto (por consello do seu pai) como primeiro Secretario de Estado e de Despacho a Xosé Moñino e Redondo, conde de Floridablanca, un ilustrado que iniciou a súa xestión con medidas como a condonación do atraso das contribucións, a limitación do prezo do pan, a restrición da acumulación de bens das mans mortas, a supresión de vinculeiros e morgados e o impulso do desenvlvemento económico. O propio monarca tomou a iniciativa de derrogar a lei sálica imposta polo seu antecesor Filipe V, medida ratificada polas Cortes de 1789, pero que non se chegou a promulgar (esta falta da promulgación foi un dos motivos alegados polos tradicionalistas que emprenderon, á morte de Fernando VII, as guerras carlistas).

O estalido da Revolución francesa en 1789 cambiou radicalmente a política española. Conforme ían chegando as noticias de Francia, o nerviosismo da Corona crece e acaba por pechar as Cortes que, controladas por Floridablanca, se reuniran para recoñecer ao príncipe de Asturias.

O illamento parece ser a receita para evitar a propagación das ideas revolucionarias a España. Floridablanca, ante a gravidade dos feitos deixou en suspenso os Pactos de Familia, establecieu controus na fronteira para impedir a expansión revolucionaria e efectuo unha forte presión diplomática en apoio a Luís XVI.

Tamén puxo fin aos proxectos reformistas do reinado anterior e substituínos polo conservadorismo e a represión (fundamentalmente a cargo da Inquisición, que detivo a Cabarrús, desterrou a Jovellanos e despoxou dos seus cargos a Campomanes).

Goberno do conde de Aranda

En 1792, Floridablanca foi substituído polo conde de Aranda, amigo de Voltaire e doutros revolucionarios franceses. O Rei encoméndalle a tarefa de salvarlle-la vida ao rei Luis XVI tra-lo fracaso da fuga de Varennes e a aceptación da Constitución francesa de 1791.

Porén, a radicalización revolucionaria a partir de 1792 e a saída do trono de Luis XVI coa proclamación da Primeira República Francesa provocou a caída do conde de Aranda e a chegada ao poder de Manuel Godoy o 15 de novembro de 1792.

Primeiro goberno de Manuel Godoy

Manuel de Godoy, por Antonio Carnicero (Real Academia de Bellas Artes de San Fernando)
Godoy en 1790. Retratado por Antonio Carnicero. Academia de San Fernando, Madrid.
Francisco de Goya - Godoy como general - Google Art Project
Manuel Godoy como "Príncipe da Paz". Francisco de Goya, 1801.
Real Academia de San Fernando, Madrid.

Manuel Godoy era un guardia de corps que ascendeu rapidamente na Corte grazas á amizade e confianza que lle otuorgaron os reis. En poucos anos pasou de ser un fidalgo a converterse en duque de Alcudia e de Sueca, capitán xeneral e, desde finais de 1792, en «ministro universal» de Carlos IV, cun enorme poder.

De pensamento ilustrado impulsou medidas reformistas como as disposicións para favorecer a ensinanza das ciencias aplicadas, a protección das Sociedades Económicas de Amigos do País e a chamada desamortización de Godoy de bens pertencentes a hospitais, casas de misericordia e hospicios rexentados por comunidades relixiosas.

Pero a Revolución francesa condicionou a súa actuación na política española. As sías primeiras medidas encamiñáronse a salvar a vida de Luís XVI, procesado e condenado a morte. Pese aos esforzos de todas as Cortes europeas, o monarca francés foi guillotinado en xaneiro de 1793, o que xeralizou unha guerra das potencias europeas contra a Francia revolucionaria coñecida como a guerra da Convención, na que España participou e foi derrotada pola Francia republicana, froito do desastroso abastecemento, a pésima preparación do exército e a escasa moral da tropa fronte aos enardecidos sans culottes franceses.

Un exército de 25.000 homes[Cómpre referencia] dirixido polo xeneral Ricardos entrou no Rosellón e logrou algúns éxitos (como a toma de Perpiñán). Pero a partir de 1794 as tropas españolas víronse forzadas á retirada. Os franceses, pola súa parte, ocuparon Figueres, Irún, San Sebastián, Bilbao, Vitoria e Miranda de Ebro.

Godoy subscribiu entón con Francia a Paz de Basilea, en 1795. A República francesa devolveu a España as prazas ocupadas, a cambio do territorio español da illa A Española —colonia de Santo Domingo—. En agradecemento, o rei Carlos IV concedeulle a Godoy o título de príncipe da Paz.

En 1796, concluída a fase máis radical da Revolución, Godoy asinou o Tratado de San Ildefonso, polo que España se converteu en aliada de Francia. Este cambio de postura buscaba o enfrontamento con Gran Bretaña, principal adversario da Francia revolucionaria e tradicional inimiga de España, coa que disputaba a hexemonía marítima e, concretamente, o comercio con América.

La escuadra española sufriu unha severa derrota fronte ao cabo de San Vicente en 1797, pero Cádiz e Santa Cruz de Tenerife resistiron os ataques do almirante Nelson. En América, os británicos ocuparon a illa Trinidad, e sufriron unha derrota en Puerto Rico. Isto provocou a caída de Godoy, en maio de 1798.

Gobernos de Saavedra e Urquijo

Tras isto, dous ilustrados, Francisco de Saavedra e Mariano Luís de Urquijo, sucedéronse á fronte do goberno entre 1798 e 1800.

Segundo goberno de Manuel Godoy

Estatua equestre Carlos IV
Estatua de Carlos IV en Ciudad de México.[4]
Turner, The Battle of Trafalgar (1806)
A Batalla de Trafalgar, por Turner.

A chegada ao poder de Napoleón en 1799 e a súa proclamación como emperador en 1804 alterou as relacións internacionais, e España renovou a alianza con Francia. Napoleón necesitaba, na súa loita contra os británicos, contar coa colaboración de España, sobre todo da súa escuadra. Por iso, premeu a Carlos IV para que restablecera a súa confianza en Godoy. Este asumiu de novo o poder en 1800 asinou o Convenio de Aranjuez de 1801 polo que poñía a disposición de Napoleón a escuadra española, o que implicaba de novo a guerra contra Gran Bretaña.

Godoy declarou en 1801 a guerra a Portugal, principal aliado británico no continente, antes de que o fixera Francia. Este conflito, coñecido como a guerra das Laranxas, significou a ocupación de Olivenza por España que, ademais obtivo o compromiso de Portugal de impedir o atraque de buques británicos nos seus portos.

Pero en 1805 a derrota da escuadra franco-española na batalla de Trafalgar pola armada británica modificou a situación radicalmente. Fronte á hexemonía de Gran Bretaña nos mares, Napoleón decretou o bloqueo continental, medida á que se sumou España. E en 1807 foi subscrito o Tratado de Fontainebleau que establecía a repartición de Portugal entre Francia, España e o propio Godoy, ademais de conceder o dereito de paso por España das tropas francesas encargadas da ocupación dese país.

Crise final

Con tal sucesión de guerras agravpise até o extremo a crise da facenda, e os ministros de Carlos IV mostráronse incapaces de solucionala; entre outras cousas, porque o temor á revolución lles impedía introducir as necesarias reformas, que lesionarían os intereses dos estamentos privilexiados, alterando a orde tradicional.[5]

A presenza de soldados franceses en territorio español (moitos máis dos permitidos polo tratado de Fontainebleau, e que, ademais, en lugar de ir cara a Portugal ocuparan numerosas prazas) aumentou a oposición cara a Godoy, enfrontado cos sectores máis tradicionais pola súa política reformista e entreguista cara a Bonaparte.

A finais de 1807 produciuse a conxura de El Escorial, conspiración encabezada por Fernando, príncipe de Asturias, que pretendía a substitución de Godoy e o destronamento do rei. Pero, frustrado o intento, o propio Fernando, no chamado proceso de El Escorial, delatou aos seus colaboradores.

En marzo de 1808, ante a evidencia da ocupación francesa, Godoy aconsellou aos reis que, imitando á Familia Real portuguesa, abadoaran España. Pero produciuse o Motín de Aranjuez, levantamento popular (instigado, unha vez máis, polo príncipe Fernando e a súa camariliia) en contra dos reis, aproveitando a súa presenza no Palacio Real de Aranjuez. Godoy fue apresado polos amotinados. Carlos IV, ante o cariz dos acontecementos, abdicou no seu fillo Fernando, que se convertía así en Fernando VI.

Napoleón, receoso ante o cambio de monarca, e vendo o comportamento e debilidade da Famlia Real, convocou a toos os seus membros a un encontro na localidade francesa de Baiona.

Fernando VII, baixo a presión do emperador e dos seus paies, devolveu a Corona a Carlos IV o día 6 de maio, sen saber que a víspera Carlos IV pactara a cesión dos seus dereitos en favor de Napoleón quen, finalmente, designou como novo rei de España ao seu irmán Xosé.

Final

Carlos permaneceu prisioneiro de Napoleón, residindo en Marsella, até a derrota final do emperador en 1814. Nese mesmo ano Fernando VII foi reposto no trono español pola Xunta Central. Pero Fenando mantivo ao seu pai desterrado por temor a que lle disputara o poder. Carlos e a súa esposa continuaron o exilio na Coprte papal, residindo no palazzo Borghese.[5]

Carlos IV morreu en Roma o 20 de xaneiro de 1819, poucos días despois de que falecera a súa esposa María Luísa. Posteriormente os restos mortais da parella foron trasladados á Cripta Real do mosteiro do Escorial.

Mecenado

PalacioReal Stradivarius1
Un dos violíns do Quinteto palatino.

Carlos interesouse desde a súa xuventude pola arte.

Violinista afeccionado, en 1775 comprou para a Corte o quinteto de instrumentos Stradivarius conservado no Palacio Real de Madrid (os chamados Stradivarius Palatinos) rodeándose dun grupo de notábeis músicos dirixido polo violinista e compositor Gaetano Brunetti.

Tamén se interesou pola pintura, encargando obras a Luis Meléndez, Claude Joseph Vernet e Luis Paret, e nomeando a Francisco de Goya pintor de cámara en 1789.

Matrimonio e fillos

Carlos IV contraeu matrimonio en 1765 coa súa prima María Luísa de Borbón-Parma (era filla de Filipe I, duque de Parma, fillo de Filipe V).

Tiveron 14 fillos das vinte e catro veces que María Luísa estivo embarazada, pero só sete chegaron á idade adulta:

Don Francisco de Paula of Bourbon, Infante of Spain (1794-1865) by Vicente Lopez y Portaña
O infante Francisco de Paula, fillo máis pequeno de Carlos IV. Retrato por Vicente López.

Xenealoxía

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
16. Luís XIV de Francia
 
 
 
 
 
 
 
8. Delfín Luís de Francia
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
17. María Teresa de Austria
 
 
 
 
 
 
 
4. Filipe V de España
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
18. Fernando María de Baviera
 
 
 
 
 
 
 
9. María Ana de Baviera
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
19. Henriqueta Adelaida de Savoia
 
 
 
 
 
 
 
2. Carlos III de España
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
20. Renato II Farnesio
 
 
 
 
 
 
 
10. Eduardo II Farnesio
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
21. Isabel de Este
 
 
 
 
 
 
 
5. Isabel de Farnesio
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
22. Filipe Guillerme I, elector palatino
 
 
 
 
 
 
 
11. Dorotea Sofía de Neoburgo
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
23. Isabel Amalia de Hesse-Darmstadt
 
 
 
 
 
 
 
1. Carlos IV de España
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
24. Xoán Xurxo III de Saxonia
 
 
 
 
 
 
 
12. Augusto II de Polonia
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
25. Ana Sofía de Dinamarca
 
 
 
 
 
 
 
6. Augusto III de Polonia
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
26. Cristián Ernesto, nargrave de Brandeburgo-Bayreuth
 
 
 
 
 
 
 
13. Cristiana Eberardina de Brandeburgo-Bayreuth
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
27. Sofía Luísa de Württemberg
 
 
 
 
 
 
 
3. María Amalia de Saxonia
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
28. Leopoldo I de Habsburgo
 
 
 
 
 
 
 
14. Xosé I de Habsburgo
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
29. Leonor Magdalena do Palatinado-Neoburgo
 
 
 
 
 
 
 
7. María Xosefa de Austria
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
30. Xoán Federico, duque de Brunswick-Luneburgo
 
 
 
 
 
 
 
15. Guillermina Amalia de Brunswick-Luneburgo
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
31. Benedita Henriqueta de Simmern
 
 
 
 
 
 

Filmografía

Notas

  1. Parra (2002).
  2. Rúspoli (2004).
  3. Biografias y Vidas. "Carlos III de España". Consultado o 24 de xuño de 2004.
  4. Coñecida popularmente como El Caballito
  5. 5,0 5,1 Biografías y Vidas. "Carlos IV de España". Consultado o 24 de xuño de 2014.

Véxase tamén

Bibliografía

Libros de historia

  • Anes, Gonzalo (1975): El Antiguo Régimen: los Borbones. Historia de España Alfaguara. IV. Madrid: Alienza Editorial / Alfaguara. ISBN 978-84-206-2044-0.
  • Artola, Miguel (1973): La burguesía revolucionaria (1808-1869). Historia de España Alfaguara. V. Madrid: Alianza Editorial / Alfaguara. ISBN 978-84-2062-046-7.
  • Lynch, John (1999): La España del siglo XVIII. 2ª ed. Barcelona: Crítica. ISBN 978-84-74-23-961-3.
  • Parra López, E. La (2002): Manuel Godoy: la aventura del poder. Barcelona: Tusquets. ISBN 978-84-8310-405-7.Crítica en "El Cultural" do diario El Mundo (España), 03/10/2002.
  • Rúspoli, E. (2004): Godoy: La lealtad de un gobernante ilustrado. ISBN 978-84-8460-387-0. Barcelona: Temas de Hoy (Grupo Planeta). Crítica[Ligazón morta] en Forum Libertas.com

Novelas históricas

  • Pérez Galdós, Benito (1983): Trafalgar. Episodios Nacionales, 1ª Serie, nº 1. Madrid: Alianza Editorial / Librería y Casa Editorial Hernando. ISBN 978-84-206-5001-3.
  • Pérez Galdós, Benito (1983): La Corte de Carlos IV. Episodios Nacionales, 1ª Serie, nº 2. Madrid: Alianza Editorial / Librería y Casa Editorial Hernando. ISBN 978-84-206-5002-1.
  • Pérez Galdós, Benito (1983): El 19 de Marzo y el 2 de Mayo. Episodios Nacionales, 1ª Serie, nº 3. Madrid: Alianza Editorial / Librería y Casa Editorial Hernando. ISBN 978-84-2065-003-X.

Outros artigos

Ligazóns externas

Predecesor:
Rei Carlos VII das Dúas Sicilias (Futuro Carlos III de España)
Coat of Arms of Asturias.svg

Príncipe de Asturias
1760-1788

Sucesor:
Fernando de Borbón
e de Borbón-Parma
Predecesor:
Carlos III
Escudo de Carlos III de España Toisón y su Orden variante leones de gules.svg
Rei de España

1788-1808
Sucesor:
Fernando VII
5 de maio

O 5 de maio é o 125º día do ano do calendario gregoriano e o 126º nos anos bisestos. Quedan 240 días para finalizar o ano.

Antonio Pascual de Borbón

Antonio Pascual de Borbón e Saxonia nado en Caserta, Reino de Nápoles, o 31 de decembro de 1755 e finado en San Lorenzo de El Escorial (Madrid), o 20 de abril de 1817), foi un infante de España, fillo de Carlos III e a súa esposa María Amalia de Saxonia, e irmán menor, por tanto, de Carlos IV de España e Fernando I de Borbón rei das Dúas Sicilias (e despois Fernando IV, rei de Nápoles).

Carlos III de España

Carlos III (Carlos Sebastián de Borbón y Farnesio), nado en Madrid o 20 de xaneiro de 1716 e finado o 14 de decembro de 1788, foi rei de Nápoles e Sicilia entre 1734 e 1759 e de España entre 1759 e 1788, pertencente á Casa de Borbón.

Era o terceiro fillo home de Felipe V, o primeiro que tivo coa súa segunda muller, Isabel de Farnesio, polo que foi o seu irmán paterno Fernando VI quen sucedeu ao seu pai no trono español. Carlos serviu á política familiar como unha peza na loita por recuperar a influencia española en Italia: herdou inicialmente da súa nai os ducados de Parma, Piacenza e Toscana (1731); pero máis tarde, ao conquistar Filipe V o Reino de Nápoles e Sicilia no curso da Guerra de Sucesión de Polonia (1733-1735), pasou a ser rei daqueles territorios co nome de Carlos VII. Contraeu matrimonio en 1729 con María Amalia de Saxonia, filla do Rei de Polonia.

Carlos María Isidro de Borbón

Carlos María Isidro Benito de Borbón, Infante de España, nado en Madrid o 29 de marzo de 1788 e finado en Trieste o 10 de marzo de 1855, foi o segundo fillo do rei Carlos IV de España e de María Luísa de Parma, e irmán de Fernando VII. Tamén foi coñecido como Don Carlos. Foi o primeiro pretendente carlista ao trono de España co nome de Carlos V de España.

Carlota Xoaquina de Borbón

Carlota Xoaquina Teresa Caetana de Borbón e Borbón-Parma (en portugués Carlota Joaquina Caetana de Bourbon e Bourbon), nada en Aranjuez o 25 de abril de 1775 e finada en Sintra o 7 de xaneiro de 1830, foi unha infanta española, raíña consorte de Portugal e emperatriz consorte de iure de Brasil.

Casa de Borbón

A casa de Borbón (en francés: Bourbon, en italiano: Borbone) é unha casa real de orixe francesa (aínda que a primeira coroa á que accedeu foi a do Reino de Navarra), actual casa reinante en España e no Gran Ducado de Luxemburgo. Gobernaron primeiro en Navarra e Francia, pero para o século XVIII os membros da casa de Borbón chegaron aos tronos de España e sur de Italia, destacando o Reino das Dúas Sicilias, ademais de varios pequenos ducados e condados.

Cazatesouros

Cazatesouros (na versión orixinal Relic Hunter) é unha serie de televisión protagonizada por Tia Carrere e Christien Anholt. A actriz Lindy Booth tamén é protagonista nas dúas primeiras tempadas e Tanja Reichert substitúe o seu papel na terceira. A serie está inspirada na saga de videoxogos Tomb Raider. O actor galego Tacho González aparece no episodio número 62 titulado "Faux Fox", interpretando ó Rei Carlos IV de España.

Dinastía dos Capetos

Este artigo trata sobre a dinastía dos Capetos. Para a súa rama principal, que gobernou Francia entre os anos 987 e 1328, véxase Casa dos Capetos.

A dinastía dos Capetos (en francés: Capétiens) é unha das máis importantes dinastías reais de Europa e, segundo algúns estudosos, a máis antiga, remontándose a súa orixe ao século VII, aínda que con algunha dificultade.

Os Capetos costitúen a terceira dinastía dos reis de Francia, despois dos Merovinxios e os Carolinxios.Inclúe todos os descendentes de Hugo Capeto (938-993), duque de París, rei de Francia e fundador da liñaxe.

Na súa liña directa, a dinastía reinou en Francia desde 987 a 1328, ano da morte de Carlos IV. O trono francés pasou daquela as rama colaterais: a Casa de Valois, a Casa de Borbón e, finalmente, á rama máis nova desta última, a Casa de Orleáns. Outras ramas da familia foron, en ocasións, condes e duques de Borgoña, duques de Bretañaa, de Parma, reis de Navarra, de Sicilia, de Nápoles, das Dúas Sicilias, de Hungría, de Portugal, emperadores latinos de Constantinopla e emperadores do Brasil;así mesmo algúns dos seus membros foron gobernantes do ducado de Lucca e dos reinos de Etruria e de Polonia.

O actual rei de España Filipe VI, así como o gran duque de Luxemburgo Henrique, son os únicos monarcas europeos que pertecen agnaticamente á dinastía, ambos os dous a través da rama borbónica. Todos os demais monarcas europeos reinantes tamén descenden de Hugo Capeto, pero por vía cognaticia.

Fernando VII

Fernando VII de España, alcumado o "desexado" e tamén "o felón" nado en San Lorenzo de El Escorial o 14 de outubro de 1784 e finado en Madrid o 29 de setembro de 1833, foi rei de España, fillo de Carlos IV e de María Luísa de Parma.

O seu reinado, como sucedeu en boa parte de Europa, estivo marcado pola tensión entre o absolutismo herdado e defendido por el e as novas ideas liberais. De feito herdou un país dividido pola guerra da independencia e o fin do seu reinado deu paso a unha guerra civil, as chamadas guerras carlistas.

En política exterior, o seu reinado caracterizouse polo inicio do proceso descolonizador en América latina, que rematará a finais do século XIX.

Filipe I de Parma

Filipe I de Parma (Madrid, 15 de marzo de 1720 - Alessandria 18 de xullo de 1765), foi duque de Parma (1748-1765), o primeiro da dinastía Borbón.

Era fillo de Filipe V, rei de España e da súa segunda muller Isabel de Farnesio e como tal infante de España, foi tamén conde de Chincón, con grandeza de España entre 1738 e 1754. En 1739 casou en Alcalá de Henares con Luísa Isabel de Francia (1727-1759), princesa de Francia, filla do rei Luís XV e María Leszczyńska.

Gabriel de Borbón

Gabriel de Borbón e Saxonia, nado en Portici o 12 de maio de 1752 e finado en San Lorenzo de El Escorial o 23 de novembro de 1788, infante de España, fillo de Carlos III e irmán de Carlos IV de España e Fernando IV de Nápoles.

Llagostera

Llagostera é un municipio da comarca do Gironès, na provincia de Xirona, Comunidade Autónoma de Cataluña, España.

Portici

Portici é unha comuna italiana da rexión da Campania, provincia de Nápoles. Segundo o censo de 2010 tiña unha poboación de 58.905 habitantes. Esténdese por unha supreficie de 4 km², polo que tiña, na data citada, unha densidade de poboación de 14.726 hab/km², o que fai dela unha das cidades de maior densidade de poboación do mundo.

Desde o ano 2002 ostenta o título de Cidade. Portici limita coas comunas de Ercolano, Nápoles e San Giorgio a Cremano.

Portici é a sede da Facultade de Agronomía da Universidade Federico II, instalada no antigo Palacio Real de Portici construído polo rei Carlos VII de Nápoles (futuro Carlos III de España) como residencia para a familia Borbón. O edificio máis tarde caeu en desuso debido á construción do Palacio Real de Caserta e, posteriormente, foi a seda da Escola Superior de Agricultura (Scuola superiore di agricoltura), máis tarde o Instituto Superior Agrario (Istituto superiore agrario) e, finalmente, coa reforma entrada en vigor no curso académico 1935-1936, pasou a ter as funcións de sede da Facultade de Agronomía.

En Portici está o Museo Nacional Ferroviario de Pietrarsa (Museo nazionale ferroviario di Pietrarsa), no que se exhibe a primeira locomotora fabricada en Italia, que funcionaba na primeira liña férrea do país, a Napoli-Portici, inaugurada o 3 de outubro de 1839.

Na cidade naceron personalidades como o rei Carlos IV de España, Ettore Sannino, escultor e pintor, e Guglielmo Ferrero (1871-1943), estudoso do pensamento político.

Tacho González

César González Somoza, nado en Vilagarcía de Arousa en 1961, é un actor galego máis coñecido como Tacho González.

Xosé II de Habsburgo

Xosé II (nome completo Joseph Benedikt Anton Michael Adam), nado o 13 de marzo de 1741 no Pazo de Schönbrunn (Austria) e finado o 20 de febreiro de 1790 en Viena (Austria), foi Emperador do Sacro Imperio Romano entre 1765 e 1790 e rexente das posesións dos Habsburgo entre 1780 e 1790.

Xosé I de España

Xosé Bonaparte, coñecido tamén como Xosé I Bonaparte ou Xosé Napoleón I, nado o 7 de xaneiro de 1768 en Corte, Córsega, daquela na República de Xénova, e finado o 28 de xullo de 1844 en Florencia, Gran Ducado de Toscana, foi un político, diplomático e avogado francés, irmán maior de Napoleón Bonaparte, diputado por Córsega no Consello dos Cincocentos (1797-1799) e secretario do mesmo, e novamente no Corpo Lexislativo (1799-1800), ministro plenipotenciario e membro do Consello de Estado (1800-1804), Príncipe e Gran Elector do Primeiro Imperio Francés (1804-1806), rei de Nápoles e Siclia entre o 30 de marzo de 1806 e o 5 de xullo de 1808 co nome de Xosé I e rei de España e das Indias entre o 6 de xuño de 1808 e o 11 de decembro de 1813 co nome de Xosé I, e tenente xeneral do Imperio francés (1814).

En España, a súa proclamación como monarca foi precipitada polo incremento da violencia que seguiu ao episodio do Levantamento do 2 de maio e culminou nun período de convulsións e intrigas políticas instigadas pola estratexia do emperador Napoleón I para obter a abdicación do trono da dinastía reinante de Carlos IV de España asegurando a influencia e a primacía do Primeiro Imperio Francés e incrementando a dependencia española para cos intereses políticos, económicos e militares bonapartistas, en detrimento das súas nacións inimigas, principalmente Portugal e Gran Bretaña. Porén, lonxe de obter unha lexitimación ante a maioría da opinión pública e de frear a dinámica do enfrontamento armado, esta proclamación foi rexeitada polos órganos de poder autóctonos como o Consello de Castela e a Xunta Suprema Central e, máis adiante, polas Cortes reunidas en Cádiz, decidindo a xeneralización do conflito da guerra da Independencia española. Neste contexto, o goberno de Xosé I Bonaparte, que debía distinguirse polo seu carácter reformista xurdido da Carta de Baiona, só puido exercerse nas zonas baixo o control militar do Exército imperial e, aínda que a maior parte das súas accións non puideron concretarse ante a continua hostilidade, ou foron derrogadas durante o reinado de Fernando VII de España, outras perduraron, como as melloras do urbanismo en varias cidades.

Xosé Bonaparte fundou a Gran Loxia Nacional de España e foi Gran Mestre do Grande Oriente de Francia, e do Grande Oriente de Italia.[Cómpre referencia].

Foi distinguido coa Grande Aguia da Lexión de Honor.En España foi alcumado despectivamente como Pepe Botella e Pepe Plazuelas.

Xunta Suprema do Reino de Sevilla

A comezos do século XIX un clima revolucionario reina en Europa despois da Revolución francesa.

En 1807, Napoleón e Manuel Godoy, valido do rei Carlos IV de España, asinan o Tratado de Fontainebleau, mediante o cal se permitía que as tropas francesas pasaran por España para invadir Portugal. Pero unha vez instalado o exército francés en terras peninsulares, todo o mundo, até Godoy, foi consciente de que se trataba dunha invasión.

Ante a crise da Coroa de España, o 27 de maio de 1808 créase en Sevilla a Xunta Suprema do Reino de Sevilla, que se autocualificou a si mesma como Xunta Suprema de España e Indias.

Esta cualificación causou noutras Xuntas provinciais do Reino que se foron creando en días sucesivos un certo malestar polo presuntuoso nome. Porén, este nome deu unha imaxe de unidade e de Sevilla como a capital da España libre dos franceses.

A Xunta sevillana tiña un periódico, a Gaceta Ministerial de Sevilla, onde daba conta da formación da Xunta e das súas actividades.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.