Carl Schmitt

Carl Schmitt, nado en Plettenberg, Prusia, Imperio Alemán o 11 de xullo de 1888 e finado na mesma cidade o 7 de abril de 1985, foi un xurista alemán.

Carl Schmitt
Nacemento11 de xullo de 1888
 Plettenberg
Falecemento7 de abril de 1985
 Plettenberg
NacionalidadeAlemaña
EtniaPobo alemán
Relixióncatolicismo
Alma máterUniversidade de Múnic, University of Berlin e University of Strasbourg
OcupaciónXurista, xeopolítico, político, filósofo, científico político e catedrático de universidade.
FillosAnima Schmitt de Otero
Coñecido/a porThe Concept of the Political e Land und Meer
Carl Schmitt 1904 Schulklasse
Carl Schmitt nunha fotografía de grupo con compañeiros de clase (1904).

Traxectoria

Schmitt foi un dos principais ideólogos do Movemento Revolucionario Conservador de Alemaña. Adscrito á escola do Realismo político e á teoría da orde xurídica, escribiu centrado no conflito social como obxecto de estudo da ciencia política, e máis concretamente a guerra. A súa obra atravesa os avatares políticos do seu país e de Europa no século XX. Militou no Partido Nazi, pero as ameazas das SS, que o consideraban un arribista, apartárono do primeiro plano da vida pública.

Pensamento

Schmitt distingue entre política e Estado: Toda vida en sociedade (con ou sen Estado, que é un fenómeno histórico) implica o político. Separa rigorosamente a política da economía, o dereito, do social e do moral. O criterio distintivo do político é a discriminación entre o amigo e o inimigo; esta non é unha definición, senón unha relación existencial, un signo de identificación. O inimigo político é sempre público e defínese como unha comunidade de intereses e de acción que se enfronta (polo menos virtualmente) con outro grupo da mesma natureza. Un pobo ten existencia política cando pode designar ao inimigo.

O ámbito político onde se revela a lóxica que opón o amigo ao inimigo é a guerra. A política está no momento decisivo en que se designa ao inimigo. A decisión política, que é a acción da autoridade soberana, consiste nesa designación. O soberano é aquel que decide politicamente, fora de toda norma, e dispón da vida física dos homes.

O decisionismo de Carl Schmitt é unha das teorías máis importantes do século XX. Oposto ao normativismo de Hans Kelsen, inspirou aos teóricos René Capitant e Julien Feund.

Obras

Grabstein Carl Schmitts.jpeg
Lápida de Carl Schmitt.
  • Gesetz und Urteil. Eine Untersuchung zum Problem der Rechtspraxis. 1912.
  • Der Wert des Staates und die Bedeutung des Einzelnen. Tübingen, 1914.
  • Theodor Däublers „Nordlicht“. München 1916.
  • Politische Romantik. Duncker & Humblot, Berlín, 1919.
  • Die Diktatur. Von der Anfängen des modernen Souveränitätsgedankens bis zum proletarischen Klassenkampf. Berlín, 1921.
  • Politische Theologie. Vier Kapitel zur Lehre von der Souveränität. Berlín, 1922.
  • Römischer Katholizismus und politische Form. Hellerau, 1923.
  • Positionen und Begriffe im Kampf mit Weimar–Genf–Versailles 1923–1939. Hanseatische Verlagsanstalt. Hamburgo 1940.
  • Verfassungslehre. Berlin, 1928.
  • Der Hüter der Verfassung, Duncker & Humblot, 1931.
  • Legalität und Legitimität. Duncker & Humblot. Berlín, 1932.
  • Der Begriff des Politischen. Duncker & Humblot. Berlín, 1932.
  • Über die drei Arten des rechtswissenschaftlichen Denkens. Duncker & Humblot. Berlín, 1934.
  • Der Leviathan in der Staatslehre des Thomas Hobbes. Sinn und Fehlschlag eines politischen Symbols. Colonia, 1938.
  • Land und Meer. Eine weltgeschichtliche Betrachtung. Leipzig, 1942.
  • Glossarium. Aufzeichnungen der Jahre 1947–1951. Berlín, 1991.
  • Donoso Cortés in gesamteuropäischer Interpretation. Colonia, 1950.
  • Der Nomos der Erde im Völkerrecht des Jus Publicum Europaeum. Colonia, 1950.
  • Ex Captivitate Salus. Erfahrungen der Zeit 1945/47. Colonia, 1950.
  • Theorie des Partisanen. Zwischenbemerkung zum Begriff des Politischen. Berlín, 1963.
  • Politische Theologie II. Die Legende von der Erledigung jeder Politischen Theologie. Berlín, 1970.
  • Carl Schmitt und Álvaro d'Ors. Briefwechsel. Berlín, 2004.
  • Tagebücher vom Oktober 1912 bis Februar 1915, Akademie Verlag, 2005.
  • Carl Schmitt. Die Militärzeit 1915 bis 1919, Akademie Verlag, 2005.
  • Tagebücher 1930 bis 1934, Akademie Verlag, 2010.

Relación con Galicia

A súa filla Anima Schmitt casou en 1957 co profesor de dereito compostelán Alfonso Otero Valera.

En 1962 Manuel Fraga nomeouno "Membro de Honra" do Instituto de Estudios Políticos de España.

Véxase tamén

Ligazóns externas

11 de xullo

O 11 de xullo é o 192º día do ano do calendario gregoriano e o 193º nos anos bisestos. Quedan 173 días para finalizar o ano.

7 de abril

O 7 de abril é o 97º día do ano do calendario gregoriano e o 98º nos anos bisestos. Quedan 268 días para finalizar o ano.

Alfonso Otero Valera

Alfonso Otero Varela, nado en Santiago de Compostela en 1925 e finado ibídem o 20 de setembro de 2001, foi un avogado e profesor galego.

Daniele Ganser

Daniele Ganser, nado o 29 de agosto de 1972 en Lugano, é un historiador suízo, coñecido pola súa obra Nato's Secret Armies: Operation Gladio and Terrorism in Western Europe (2005), adaptación da súa tese de doutoramento, Operation Gladio in Western Europe and the United States (2001).

Ernst Jünger

Ernst Jünger, nado en Heidelberg o 29 de marzo de 1895 e finado en Riedlingen o 17 de febreiro de 1998, foi un escritor, filósofo, novelista e historiador alemán. Os nazis tachárono de "anarcomarxista", e os comunistas de "protonazi", promovendo un descoñecemento da súa obra que só comezou a solucionarse co tempo. Realmente a súa filosofía política e a súa obra encádranse nunha corrente de pensamento conservadora cuxo elemento principal é un nacionalismo radical, moi influído por Nietzsche, que rexeita o liberalismo, o igualitarismo, a Revolución Francesa e o comunismo. O seu pensamento e figura foron enormemente populares entre a mocidade alemá, a clase media-alta e a aristocracia durante a República de Weimar. Durante a Alemaña Nazi, Jünger situouse entre o grupo de intelectuais nacionalistas que non apoiaron a Adolf Hitler, a pesar de que o propio Joseph Goebbels pretendeu convencelo persoalmente para ingresar no Partido Nazi. Despois da segunda guerra mundial e a pesar de recoñecer a súa oposición ao réxime nazi, os seus críticos reprocháronlle conferir atractivo ao nazismo de maneira indirecta, polos seus relatos da primeira guerra mundial e a súa exaltación da nación.

Ademais de ser un dos máis eminentes prosistas do século XX, tamén asombra a súa profundidade filosófica e científica, que o levou a compartir amizade e recoñecemento de pensadores tan ilustres como Martin Heidegger ou Borges. Cultivou a crónica, o ensaio, a novela, foi soldado nas dúas grandes guerras, viaxeiro, entomólogo, psiconauta e recibiu numerosas honras académicas e científicos ao longo da súa vida, principalmente en Europa.

Euxenesia

A euxenesia é unha filosofía social que defende a mellora dos trazos hereditarios humanos mediante varias formas de intervención.O termo foi cuñado en 1883 por Francis Galton (1822-1911), curmán de Charles Darwin e considerado como o pai da euxenesia moderna, co significando de 'ben nacido' (do grego εύ, 'ben', e γένεσις, 'nacemento').Galton definiu a euxenesia como o estudo dos axentes que actúan sobre o control social e que poden mellorar ou empobrecer as calidades raciais das futuras xeracións, sexa física ou mentalmente. Noutras palabras, o melloramento xenético.

As metas perseguidas pola euxenesia variaron entre a creación de persoas máis sas e intelixentes, o aforro dos recursos da sociedade e o alivio do sufrimento humano. Os medios que se propuxeron antigamente para alcanzar estes obxectivos baseábanse na selección artificial, mentres que os modernos empregan o diagnóstico prenatal e a exploración fetal, a orientación xenética, o control de natalidade, a fecundación in vitro e a enxeñaría xenética.

A euxenesia é un asunto moi controvertido, particularmente despois do xurdimento da euxenesia nazi, que foi unha parte fundamental da ideoloxía da pureza racial, e que culminou no Holocausto. Pero xa desde o seu nacemento, e até os nosos días, diversos filósofos, sociólogos e científicos argumentaron que a euxenesia expuña serios problemas éticos, como a discriminación de persoas segundo categorías, xa que acaba por etiquetar ás persoas como "aptas" ou "non aptas" para a reprodución.

Mesmo coa cada vez maior utilización de técnicas de melloramento xenético empregadas actualmente en plantas e animais, aínda existen cuestionamentos éticos en canto ao seu uso en seres humanos, chegando até o punto de que algúns científicos declararon que é de feito imposíbel cambiar a natureza humana.

Os seus opoñentes aducen que a euxenesia é inmoral e está fundamentada en, ou é en si mesma, unha pseudociencia. Historicamente, a euxenesia usouse como xustificación para discriminacións coercitivas e violacións dos dereitos humanos promovidas polo Estado, como a esterilización forzosa de persoas con defectos xenéticos, o asasinato institucional e, nalgúns casos, o xenocidio de razas consideradas inferiores.

Hans Kelsen

Hans Kelsen, nado en Praga (República Checa) o 11 de outubro de 1881 e finado en Orinda (California) o 19 de abril de 1973, foi un xurista estadounidense de orixe austríaca. Creou a «teoría pura do Dereito», o normativismo e o principio da pirámide das normas.

Kelsen pertenceu ao movemento do positivismo xurídico, que é unha corrente do positivismo xeral, fundada por Augusto Comte. Ensinou no Juridicum de Viena entre 1911 e 1929. Veuse obrigado a fuxir de Austria logo do Anschluss a causa da súa ascendencia xudía, exiliándose aos Estados Unidos onde se inclinou polo dereito teórico.

Hans Morgenthau

Hans Joachim Morgenthau, nado en Coburg o 17 de febreiro de 1904 e finado en Nova York o 19 de xullo de 1980, foi unha das grandes figuras do século XX no estudo da política internacional. A obra de Morgenthau pertence á tradición do realismo na teoría das relacións internacionais, e adoita ser considerado con George F. Kennan e Reinhold Niebuhr, un dos tres líderes realistas estadounidenses do período posterior á segunda guerra mundial. Morgenthau fixo importantes contribucións á teoría das relacións internacionais e ao estudo do dereito internacional. A súa obra Politics Among Nations, publicada por primeira vez en 1948, tivo cinco edicións durante a súa vida.

Morgenthau tamén escribiu amplamente sobre a política internacional e a política exterior dos Estados Unidos para publicacións como The New Leader, Commentary, Worldview, The New York Review of Books e The New Republic. Coñecía e mantiña correspondencia con moitos dos líderes intelectuais e escritores da súa época, como Reinhold Niebuhr, George F. Kennan, Carl Schmitt e Hannah Arendt. Nun punto a comezos da guerra fría, Morgenthau era conselleiro do Departamento de Estado dos Estados Unidos cando Kennan dirixía a Policy Planning Staff, e por segunda vez durante as administracións de Kennedy e Johnson ata que foi cesado por Johnson cando comezou a criticar publicamente a política estadounidense na guerra de Vietnam. Durante a maior parte da súa carreira, non obstante, Morgenthau foi estimado como intérprete da política exterior dos Estados Unidos.

Jesús Neira Rodríguez

Jesús Neira Rodríguez, nado en Granada o 16 de abril de 1953 e falecido en Majadahonda (Madrid) o 29 de agosto de 2015, foi un profesor universitario e político español de orixe galega, que tivo unha especial relevancia social en España a principios do século XXI.

Max Weber

Maximilian Weber, nado o 21 de abril de 1864 en Erfurt e finado o 14 de xuño de 1920 en Múnic, foi un economista e sociólogo alemán, considerado un dos fundadores do estudo moderno antipositivista, da socioloxía e da administración pública.

A pesar de ser recoñecido como un dos pais da socioloxía, xunto con Karl Marx, Auguste Comte e Émile Durkheim, Weber nunca se viu a si mesmo como sociólogo, senón como historiador; para el, a socioloxía e a historia eran dúas empresas converxentes. Con todo, sobre o final da súa vida en 1920, escribiu nunha carta ao economista Robert Liefmann: "Se me convertín finalmente en sociólogo (porque tal é oficialmente a miña profesión), é sobre todo para exorcizar a pantasma aínda viva dos conceptos colectivos (...)".Os seus traballos máis importantes relaciónanse coa socioloxía da relixión e o goberno, pero tamén escribiu moito no campo da economía. A súa obra máis recoñecida é o ensaio Die protestantische Ethik und der 'Geist' des Kapitalismus (en galego, A ética protestante e o espírito do capitalismo), que foi o inicio dun traballo sobre a socioloxía da relixión. Pero a recompilación Wirtschaft und Gesellschaft (en galego, Economía e sociedade), publicada postumamente entre 1921 e 1922, é a suma máis completa e sistemática das súas ideas e conceptos.

Weber argumentou que a relixión foi un dos aspectos máis importantes que influíron no desenvolvemento das culturas occidental e oriental. Noutras das súas obras famosas, Wissenschaft als Beruf (en galego, A ciencia como vocación), e Politik als Beruf (en galego, A política como vocación), Weber definiu o Estado como unha entidade que ostenta o monopolio da violencia e os medios de coacción, unha definición que foi fundamental no estudo da ciencia política moderna en Occidente.

Norberto Bobbio

Norberto Bobbio, nado en Turín o 18 de outubro de 1909 e finado o 9 de xaneiro de 2004, foi un xurista, filósofo e politicólogo italiano.

Nouvelle Droite

Nouvelle Droite ou Nova Dereita é unha escola de pensamento político baseada na súa maior parte nas obras de Alain de Benoist e no seu desenvolvemento polo Groupement de Recherche et d'Études pour la Civilisation Européene (GRECE). O termo empregouse por vez primeira en 1979 nunha campaña dos medios contra GRECE.

Os libros arden mal

Os libros arden mal é unha novela en lingua galega de Manuel Rivas, publicada por Edicións Xerais en xuño de 2006.

Podemos

Podemos é un partido político español fundado en xaneiro de 2014, cuxo secretario xeral é Pablo Iglesias Turrión.Catro meses despois da súa formación, Podemos participou nas eleccións europeas de 2014, logrando cinco escanos (de 54) co 7,98 % dos votos, o que o converteu no cuarto partido máis votado de España. No primeiros vinte días que permitiu a inscrición, reuniu máis de 100 000 membros, converténdose no terceiro partido en número de afiliados. En outubro ostentaba xa o segundo lugar, con máis de 200 000. Tamén chegou a aparecer como o primeiro partido do país en intención directa de voto, segundo as enquisas.

Política

Política (do latín politĭcus, e este do grego antigo πολιτικός politikós, masculino de πολιτική politikḗ, que significa «de, para o relacionado cos cidadáns») é a teoría, arte ou doutrina referente ao goberno dunha comunidade, o cal implica un proceso ou actividade de toma de decisións que se aplican a todos os membros dun grupo para a consecución duns obxectivos orientados ao ben común. A ciencia política constitúe unha rama das ciencias sociais que se ocupa da actividade dunha sociedade, composta por cidadáns libres, para resolver os problemas que lle plantea a súa convivencia colectiva

Porto y Cía. Editores

Porto y Cía. Editores foi unha editorial galega fundada por Ángel Porto Anido.

Schmitt

Schmitt é un apelido alemán amplamente espallado, lévano entre outros:

Adalbert Schmitt (1932–2005), deutscher Unternehmer und Gastronom

Alexandra Schmitt (1861-1935), actriz alemá

Alfred Schmitt (1907-1973), astrónomo francés

Aloys Schmitt (1788–1866), compositor alemán

Éric-Emmanuel Schmitt *(1960), escritor franco-belga

Florent Schmitt (1870-1958), compositor francés

Carl Schmitt (1888-1985), xurista alemán

Harrison Schmitt (*1935), cosmonauta estadounidense

Martin Schmitt (*1978), esquiador alemán

Thorsten Schmitt (1975), esquiador alemán

Waldo Schmitt (1887-1977), biólogo estadounidense

Werner Sombart

Werner Sombart (/ v ɜr n ər z ɒ m b ɑr t / ; alemán: [zɔmbaɐ̯t]) nado en Ermsleben, Harz (Alemaña), o 19 xaneiro de 1863 e finado en Berlín, o 18 de maio de 1941, foi un economista e sociólogo alemán, cabeza da “Escola Histórica” e un dos principais científicos sociais da Europa continental do primeiro cuarto do século XX. Tamén foi considerada unha figura importante da "revolución conservadora" alemá (xunto con escritores como Thomas Mann e Ernst Jünger, filósofos Martin Heidegger e Spengler, o pai da xeopolítica Karl Haushofer, os avogados Carl Schmitt e Friedrich Hielscher entre outros) .

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.