Cariño

Cariño é un concello da provincia da Coruña, pertence á comarca do Ortegal. Segundo o IGE en 2014 tiña 4.241 habitantes (4.590 no 2009, 4.700 no 2006, 4.788 no 2005, 4.798 no 2004, 4.812 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é cariñés[4].

Coordenadas: 43°44′29″N 07°52′09″O / 43.74139, -7.86917

Cariño
Bandeira de Cariño
---
Escudo de Cariño
Casa do Concello de Cariño
Casa do Concello de Cariño
Situacion Cariño
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia da Coruña
ComarcaComarca do Ortegal
Poboación3.945 hab. (2018)
Área46,8 km²
Densidade84,29 hab./km²
Entidades de poboación5 parroquias
Capital do concelloCariño
Política (2019[2])
AlcaldeJosé Miguel Alonso Pumar (PSdeG-PSOE)
ConcelleirosBNG: 1
PPdeG: 3
PSdeG-PSOE: 7
Eleccións municipais en Cariño
Uso do galego[3] (2011)
Galegofalantes39,47%
Na rede
www.concellodecarino.gal
concello@concellodecarino.com

Xeografía

Cariño Galicia
Cariño.

O punto xeográfico máis importante do Concello é a Punta dos Aguillóns (Cabo Ortegal).

A serra da Capelada elévase na parte occidental do Concello e descende cara ó Océano Atlántico con elevados cantís, un dos cales, o de Herbeira, xa no concello de Cedeira, é considerado o máis alto da Europa continental. Os montes máis destacados da Capelada son o monte Herbeira (613 m), monte Limo (558 m) e Monte Miranda.

A zona oriental do Concello está formada polo descenso dos montes, de forma suave, cara á Ría de Ortigueira. Nesta zona sitúanse todos os núcleos de poboación do Concello, a maior parte dos cales preto da ría.

Os cinco ríos máis importantes do concello son o río Soutullo, Maguleiro, Sagrón, Lourido, Seixo e río de Barreiros. Todos eles nacen na Serra da Capelada e descenden cara ó leste. Trátase de ríos de augas polo xeral rápidas, e moi curtos.

Demografía

Censo total 2014 4.241 habitantes
Menores de 15 anos 393 (9.27 %)
Entre 15 e 64 anos 2.502 (59 %)
Maiores de 65 anos 1.346 (31.74 %)

Clima

Dentro do concello, hai dúas áreas ben diferenciadas. Na cima dos montes da Serra da Capelada, as precipitacións son elevadas todo o ano (2000 mm); debido á protección destes mesmos montes, as chuvias redúcense lixeiramente na zona oriental do Concello (aproximadamente uns 1000 mm). A temperatura media anual sitúase entre os 13º e os 14º.

Comunicacións

A principal estrada de Cariño (CP-6121) conéctao con Ponte de Mera, en Ortigueira, e transcorre case a carón da costa, a través das parroquias de Feás, Landoi, Sismundi, A Pedra e, finalmente, Cariño. Dende aquí, pódese continuar cara ó Cabo Ortegal por unha estrada local; de igual forma pódese subir á Serra da Capelada mediante dous ramais, un que parte de Feás e o outro, de A Pedra.

Historia

Os restos atopados na Serra da Capelada evidencian que o concello estaba xa poboado na época prehistórica: no monte do Limo acháronse lascas de sílex, e hai cinco dolmens (no Coto de Lodeiro, na Cova da Fornela, no Coto da Zarza e dous no monte de Herbeira).

O concello continuou a ser poboado varios milenios máis tarde, a xulgar polos castros da Moura, da Punta do Castro e da Cancela. En San Xiao de Trebo, un pequeno núcleo de poboación situado ó norte de Cariño, atopáronse restos dunha vila romana baixo unha capela.

Da Alta Idade Media coñécense varias construcións, entre elas A Pena do Castelo de Cariño (na parroquia da Pedra), do que só se conservan algúns restos.

Xa máis adiante, Cariño foise convertendo nunha vila pesqueira. No ano 1584, o padrón rexistra "39 veciños e 124 almas". A partir do século XVII, Cariño converteuse en parte do condado de Santa Marta de Ortigueira.

O papel pesqueiro de Cariño reforzouse entre o último cuarto do século XIX e o principio do XX coa implantación de fábricas de conserva por parte de inmigrantes procedentes de Cataluña, unha nova burguesía local á que se sumaron familias da comarca e doutros puntos de Galicia.

Especialmente traumáticos para o porto foron a galerna de 1887, que ocasionou a desfeita de varias fábricas e barcos, e unha revolta popular acontecida en 1897 con tráxicas consecuencias ao cargar a Garda Civil contra os manifestantes, a práctica totalidade da poboación.

As mudanzas económicas proletarizaron o sector mariñeiro, supuxeron o acceso das mulleres ao traballo asalariado e propiciaron o medre dunha pequena burguesía local. O nome de Cariño non tardou en sumarse, baixo as siglas da CNT e outras, á emerxencia do sindicalismo mariñeiro ao ritmo dos outros enclaves pesqueiros do país.

A represión fascista (asasinatos, prisión, exilio...) foi especialmente dura na comarca do Ortegal tras o golpe de Estado do 36.[Cómpre referencia]

A industria pesqueira e conserveira conseguiron recuperarse unha vez pasada a posguerra e as fortes correntes migratorias entre os anos 40-60. Unha nova xeración de mariñeiros con vocación empresarial explorou novos caladoiros. A frota medrou e modernizouse e o rendemento vinculado ás especies de altura (pescada, bonito etc.) permitiu notorios avances sociais. A pesar de todas as conserveiras iren pechando paulatinamente, nesa mesma época chegou un período de prosperidade para Cariño que se acentuou coa extracción e exportación de dunita a partir da década dos oitenta.

Xurdiron tamén daquela iniciativas culturais e incrementouse o asociacionismo. Organizouse o Festival de Teatro de Cariño -que acabou sendo dos de maior renome no circuíto nacional- e logrouse o consenso social e político para conseguir dous centros de ensino oficiais e, máis tarde, a proclamación do Concello independente o 21 de xaneiro de 1988 tras aprobarse oficialmente a súa segregación de Ortigueira. Cariño é o Concello número 313 de Galicia.

Economía

O Concello de Cariño é economicamente activo. O sector de maior importancia é o da pesca, se ben na actualidade baixou a súa actividade. As industrias conserveiras eran outra fonte de emprego e de riqueza no concello, que nos anos 60 contabilizaba dúas ducias de empresas.[5] Desde os anos 70 foron cerrando case todas, na actualidade apenas permanecen abertas dúas. Na parroquia de Landoi hai unha mina de dunita.

Cultura

Cariño, como outras vilas, ten posto o foco nalgunha manifestación cultural. Neste caso, é o teatro, sen dúbida, o evento anual máis destacado. En 1978 ponse en marcha a primeira edición do Festival de teatro Galego-Portugués, levada a cabo pola Agrupación Cultural Malveira, fundada en 1975 para dinamizar a vida cultural do porto. Dentro desta agruupación naceu o grupo de teatro malveira, que durou ata 1983,e que organizou o festival ata 1990. Posteriromente foi asumido polo recén creado concello de Cariño, cambiando a denominación a Mostra de Teatro, que en 2018 celebrou a súa XL edición[6].

Goberno municipal

Trala segregación de Ortigueira das parroquias que constituirían o concello de Cariño, en 1988, o socialista José Luis Armada pasou a ser o seu alcalde, unha condición que revalidaría nos comicios locais de 1991. Abriríanse despois dous mandados (de 1995 a 2003) con Fernando Tallón (PPdG) como novo alcalde.

Porén, en 2003 e 2007 Armada volvería ser alcalde, nunha corporación que, en ámbalas dúas citas, estivo composta por 5 edís do PSdeG-PSOE, 4 do PP e 2 do BNG. Situación que abocou a senllos gobernos de coalición entre socialistas e nacionalistas.

En 2011 é elixida alcaldesa Mª Purificación Seixido Gómez, do Bloque Nacionalista Galego (BNG). A corporación municipal completábase con 3 concelleiros do BNG,4 do PP e 3 do PSdeG-PSOE.

En 2015, José Miguel Alonso Pumar (PSdeG-PSOE), é elixido novo alcalde, ao contar os socialistas con 4 concelleiros por 3 do PP, outros 3 de BNG, e 1 de AECA.

Cariño na literatura popular

  • Meu señor San Andresiño/ póñano-lo vento en popa/ que somo-los de Cariño,/ traémo-la vela rota [7].

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Cariño.
Cabo Ortegal

Punta do Limo

A Vacariza, Cariño

Vista dende san Xiao

Faro. A Vacariza, Cariño, Cariño, Galiza

Faro

Cariño, Ortegal, ría de Ortigueira, Galiza

Vista panorámica de Cariño

Placa altimétrica de Cariño, Coruña

Placa altimétrica na casa do concello.

Lugares de Cariño

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Cariño vexa: Lugares de Cariño.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Resultados eleccións 2019
  3. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.
  4. Costas González, X.-H. (2016): Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega, páx. 44. Universidade de Vigo. ISBN 978-84-8158-706-7
  5. Armada Castro, José Luis (2015). "Unha mirada persoal sobre a segregación de Cariño". TERRAS DO ORTEGAL, revista de Estudios Locais, Nº 2.
  6. Soneira Do Canto, Rafael (2018). "O teatro e o Porto de Cariño". Revista Terras do Ortegal (Ortigueira-A Coruña) 5: 35–49.
  7. Lino Lema Bouzas (compilador): Ditos e cantigas mariñeiras. I Encontro de embarcacións tradicionais, Galicia 1993, 13. Santo André de Teixido é unha parroquia do concello de Cedeira, concello que linda ó leste co de Cariño.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

56ª edición dos Óscar

A 56.ª entrega dos premios Óscar tivo lugar o día 9 de abril de 1984 no Dorothy Chandler Pavilion dos Ánxeles (Estados Unidos). O mestre de cerimonias foi Johnny Carson.

A Basanta, A Pedra, Cariño

A Basanta é un lugar da parroquia da Pedra no concello Coruñés de Cariño na comarca do Ortegal. Tiña 1 habitante no ano 2008 segundo datos do Instituto Galego de Estatística que era 1 home, o que non supón ningún cambio con relación ao ano 1999 cando contaba cos mesmos habitantes.

A Boca da Leira, A Pedra, Cariño

A Boca da Leira é un lugar da parroquia da Pedra no concello Coruñés de Cariño na comarca do Ortegal. Tiña 41 habitantes no ano 2008 segundo datos do Instituto Galego de Estatística dos cales eran 19 homes e 22 mulleres, o que supón unha diminución con relación ao ano 1999 cando tiña 44 habitantes.

A Pedra, Cariño

Santa María da Pedra é unha parroquia do concello de Cariño. Segundo o IGE en 2010 tiña 914 habitantes (463 mulleres e 451 homes), distribuídos en 30 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 990 habitantes.

A forza do cariño

A forza do cariño (en versión orixinal inglesa Terms of Endearment) é un filme estadounidense dirixido, producido e escrito por James L. Brooks que foi estreado en 1983. É unha adaptación da novela de Larry McMurtry, e está protagonizada por Shirley MacLaine, Debra Winger, Jack Nicholson, Danny DeVito, Jeff Daniels e John Lithgow. A historia abrangue 30 anos da relación entre Aurora Greenway (MacLaine) e a súa filla Emma (Winger).

O filme recibiu 11 nomeamentos ós Premios Oscar e gañou cinco. Brooks gañou o premio polo mellor filme, mellor director e mellor guión adaptado, mentres que MacLaine gañou o Oscar á mellor actriz e Nicholson gañou o Oscar ó mellor actor secundario. Ademais, gañou catro Globos de Ouro.

As Maciñeiras, A Pedra, Cariño

As Maciñeiras é un lugar da parroquia da Pedra no concello Coruñés de Cariño na comarca do Ortegal. Non ten habitantes desde hai máis dunha década segundo datos do Instituto Galego de Estatística.

Cariño, Cariño

San Bartolomeu de Cariño é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Cariño. Segundo o IGE en 2010 tiña 3.127 habitantes (1.593 mulleres e 1.534 homes), distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 3.514 habitantes.

Comarca de Ortegal

A comarca de Ortegal é unha comarca galega situada no norte da provincia da Coruña. Abrangue os concellos de Cariño, Cerdido, Mañón e Ortigueira. A comarca non conta con capital oficial, se ben é Ortigueira onde se sitúan determinadas estruturas administrativas (Xulgado de Instrución, Delegación de Facenda, Oficina do INSS, Notaría, Rexistro da Propiedade...), que sumado á súa posición xeográfica central e a de ser o concello máis poboado e máis extenso, lle confiren esa condición oficiosa de capital.

Limita ao norte co océano Atlántico, ao sur co concello das Pontes de García Rodríguez (comarca do Eume), ao leste coa comarca da Mariña Occidental -xa na provincia de Lugo- e ao oeste coa comarca de Ferrol, onde se integra o concello de Cedeira, tradicionalmente integrado na comarca do Ortegal por razóns históricas e xeográficas, condición que abandonou nos anos 90 ao producirse a división comarcal de Galicia, por consideralo mellor para os seus intereses.

Feás, Cariño

San Pedro de Feás é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Cariño. Segundo o IGE en 2010 tiña 201 habitantes (102 mulleres e 99 homes), distribuídos en 14 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 264 habitantes.

Landoi, Cariño

Santiago de Landoi é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Cariño. Segundo o IGE en 2010 tiña 169 habitantes (84 mulleres e 85 homes), distribuídos en 15 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 218 habitantes.

O Airado, A Pedra, Cariño

O Airado é un lugar da parroquia da Pedra no concello Coruñés de Cariño na comarca do Ortegal. Non ten habitantes desde hai máis dunha década segundo datos do Instituto Galego de Estatística.

O Cabaneiro, A Pedra, Cariño

O Cabaneiro é un lugar da parroquia da Pedra no concello Coruñés de Cariño na comarca do Ortegal. Non ten habitantes desde hai máis dunha década segundo datos do Instituto Galego de Estatística.

O Cadro, A Pedra, Cariño

O Cadro é un lugar da parroquia da Pedra no concello Coruñés de Cariño na comarca do Ortegal. Tiña 71 habitantes no ano 2008 segundo datos do Instituto Galego de Estatística dos cales eran 36 homes e 35 mulleres, o que supón un aumento con relación ao ano 1999 cando tiña 70 habitantes.

O Castelo, A Pedra, Cariño

O Castelo é un lugar da parroquia da Pedra no concello Coruñés de Cariño na comarca do Ortegal. Non tiña habitantes no ano 2008 segundo datos do Instituto Galego de Estatística, o que supón unha diminución con relación ao ano 1999 cando tiña 1 habitante.

Ría de Ortigueira

A ría de Ortigueira, tamén coñecida como ría de Ortigueira e Ladrido e como ría de Santa Marta de Ortigueira, é unha ría galega situada ao norte da provincia da Coruña, en Galicia, España.

Está formada pola desembocadura do río Mera, as súas augas bañan os concellos de Cariño e Ortigueira. Debe o seu nome á vila de Ortigueira, e conta con dous portos pesqueiros, o de Espasante, actualmente sen apenas actividade pesqueira, e o de Cariño, moito máis importante.

Está catalogada como unha zona especial de conservación (ZEC) e unha zona de especial protección para as aves (ZEPA). Ademais, por ser un importante lugar de paso e invernada de aves acuáticas está dentro do Convenio de Ramsar como zona húmida protexida.

Serra da Capelada

A serra da Capelada é unha serra galega localizada na provincia da Coruña, concretamente nos concellos de Cedeira e Ortigueira e sobre todo na parte occidental do concello de Cariño, a rentes do océano Atlántico con elevados cantís, un dos cales é considerado o acantilado máis alto da Europa continental, con máis de 600 metros de caída. A serra remata no cabo Ortegal. Tres son os montes principais desta serra: o monte Herbeira (613 m), o monte Limo (558 m) e mais o monte Miranda.

Está considerada unha serra de enorme importancia para o estudo xeolóxico.

Sismundi, Cariño

Santo Estevo de Sismundi é unha parroquia do concello de Cariño. Segundo o IGE en 2010 tiña 119 habitantes (65 mulleres e 54 homes), distribuídos en 14 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 124 habitantes.

Veiga, Ortigueira

Santo Adrao de Veiga é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Ortigueira. Segundo o IGE en 2013 tiña 299 habitantes (141 mulleres e 158 homes) distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 455 habitantes.

Vilanova, A Pedra, Cariño

Vilanova é un lugar da parroquia da Pedra no concello Coruñés de Cariño na comarca do Ortegal. Non ten habitantes desde hai máis dunha década segundo datos do Instituto Galego de Estatística.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.