Carbonato

Os carbonatos son os sales do ácido carbónico ou ésteres co grupo R-O-C(=O)-O-R'. Os sales teñen en común o anión CO32- e derívanse do hipotético ácido carbónico H2CO3. Segundo o pH (a acidez da disolución) están en equilibrio co bicarbonato e o dióxido de carbono.

Carbonate-3D-balls
Modelo de ión de carbonato, CO32−

Características

A maioría dos carbonatos, á parte dos carbonatos dos metais alcalinos, son pouco solubles en auga. Debido a esta característica son importantes en xeoquímica e forman parte de moitos minerais e rocas.

O carbonato máis abundante é o carbonato cálcico (CaCO3) que se atopa en diferentes formas como calcita, aragonita (unha modificación formada a altas temperaturas), na forma maciza como calcario, como mineral metamórfico en forma de mármore é é xeralmente o cemento natural das arenitass.

Substituíndo unha parte do calcio por magnesio obtense a dolomita CaMg(CO3)2 que recibe o seu nome por unha formación rocosa nos alpes onde abunda.

Moitos carbonatos son inestábeis a altas temperaturas e perden dióxido de carbono mentres se transforman en óxidos.

Bicarbonato

Os bicarbonatos, tamén chamados carbonatos ácidos e hidroxenocarbonatos, son os sales derivados do ácido carbónico, H2CO3, que conteñen o anión HCO3-.

Aínda que o nome bicarbonato está moi estendido en case todos os idiomas, non está recomendado pola IUPAC, que prefire o nome antigo, anión carbonato ácido, para o anión, ou, para os sales, carbonato ácido do metal correspondente, ou mellor aínda, o nome sistemático, anión hidroxenotrioxocarbonato (IV) ou, para os sales, hidroxenotrioxocarbonato (IV) do metal correspondente.

O bicarbonato máis importante é o bicarbonato de sodio. Debido á súa relativamente baixa solubilidade é un intermediario clave no proceso de obtención do carbonato de sodio segundo o método Solvay.

Os bicarbonatos encóntranse en equilibrio cos carbonatos, auga e anhídrido carbónico (CO2). Este equilibrio intervén nunha multitude de procesos naturais e artificiais. O corpo emprega catalizadores de zinc para que se produza máis rapidamente e facilitar así a respiración.

O feito de que o bicarbonato de calcio, Ca(HCO3)2, sexa máis solúbel que o carbonato de calcio, CaCO3, (que integra as rochas calcarias) é moi importante en xeoquímica e conduce á formación dos sistemas cársicos nas rochas calcarias.

Bicarbonato de sodio

O bicarbonato de sodio (tamén chamado bicarbonato sódico, hidroxenocarbonato de sodio ou carbonato ácido de sodio) é un composto sólido cristalino de cor branca moi solúbel en auga, cun lixeiro sabor alcalino parecido ao do carbonato de sodio, de fórmula NaHCO3.

Pódese encontrar como mineral na natureza ou producirse artificialmente.Cando se expón a un ácido moderadamente forte descomponse en dióxido de carbono e auga. A reacción é a seguinte:

NaHCO3 + HCl → NaCl + H2O + CO2 (gas)

NaHCO3 + CH3COOH → CH3COONa + H2O + CO2 (gas)Debido á capacidade do bicarbonato de sodio de liberar dióxido de carbono úsase, canda outros compostos acídicos, como aditivo levadante en panadaría e na produción de gasosas. Algúns lévedos para a fabricación do pan conteñen bicarbonato de sodio. Antigamente usábase como fonte de dióxido de carbono para a bebida gasosa Coca Cola.

É o compoñente fundamental dos pos extintores de incendios.

Calcaria

A calcaria (do latín calx, calcis , "cal") é unha rocha sedimentaria composta principalmente por carbonato cálcico (CaCO3), adoitando presentarse en forma de calcita, aínda que pode ser dolomita, aragonita. A súa natureza intrínseca xeralmente é heteroxénea, polo que este tipo de rocha contén a miúdo cantidades variables de silicio, así como de hematita, siderita, arxila, limo ou area.

Carbonato de calcio

O carbonato de calcio é un composto químico, de fórmula CaCO3. É unha substancia moi abundante na natureza, formando rochas, como compoñente principal, en todas partes do mundo, e é o principal compoñente de cunchas e esqueletos de moitos organismos (p.ex. moluscos, corais) ou das cascas de ovo. É a causa principal da auga dura. En medicina utilízase habitualmente como suplemento de calcio, como antiácido e axente adsorbente. É fundamental na produción de vidro e cemento, entre outros produtos.

É compoñente dos seguintes minerais e rochas:

Calcita

Aragonita

Calcaria

Travertino

Mármore

Carso

Para o significado xeográfico da rexión italo-eslovena do mesmo nome véxase Carso (xeografía).

Co nome de carso, carst ou karst (en italiano carso, en esloveno kras, en friulano cjars, en croata krš, en alemán Karst), coñécese unha forma de relevo orixinada por meteorización química de determinadas rochas, como a calcaria, a dolomía etc., compostas por minerais solúbeis en auga, fundamentalmente carbonato cálcico.

Coral (animal)

Corais ou antozoarios son animais cnidarios e unha das marabillas do mundo submarino. Os corais constitúen colonias coloridas que crecen nos mares e poden formar recifes de grandes dimensións que albergan un ecosistema cunha biodiversidade e produtividade extraordinarias.

O maior arrecife de coral vivo atópase na Gran Barreira de Coral, na costa da Queensland, Australia. A maioría dos corais desenvólvense en augas tropicais e subtropicais, mais poden atoparse pequenas colonias de coral ata en augas frías, como ao longo da Noruega.

De feito, os corais son rochas vivas moi procuradas no comercio acuarista, unha das razóns de que estean ameazados. O coral é o exoesqueleto de colonias de cnidarios.

Cuncha

Este artigo trata sobre a estrutura animal, para o elemento arquitectónico véxase Pendente (arquitectura).A cuncha é unha estrutura dura, de natureza calcárea, que cobre externamente o corpo dos moluscos para protexelo dos predadores e servir de elemento de inserción dos músculos e órganos internos. Constitúe, nestes animais, o exoesqueleto ou esqueleto externo propio dos animais invertebrados. Noutros casos, coma nos crustáceos, fálase de casca.

Adopta formas e características moi variables segundo o grupo ó que pertenzan na clasificación taxonómica e, nalgún caso, é interna ou chega a faltar. Pode estar formada por unha peza única ou por dúas ou máis pezas, móbiles entre si, chamadas valvas.

A cuncha é segregado polo manto, tegumento que recobre a masa visceral.

Dolomita

A dolomita é un mineral composto de carbonato de calcio e magnesio [CaMg(CO3)2]. Recibe o seu nome na honra do xeólogo francés Déodat Gratiet de Dolomieu.

Estalactita

Unha estalactita (do grego σταλακτίτης stalaktítēs, de στάλαγμα stálagma "gota", de σταλάσσω stalásso, "gotexar"), é un tipo de espeleotema (depósito de minerais que se forman por precipitación química) que se forma no teito dunha cova nunha zona calcaria debido á decantación de solucións e a deposición de carbonato cálcico. Por veces poden unirse coas estalagmitas do solo e formaren columnas ou piares.

As tres formas principais de estalactitas son:

vertical: cando é relativamente simétrica respecto a calquera plano vertical;

bandeira: cando se deforma a causa dun vento de dirección e sentido constantes, deixando unha sorte de membrana a sotavento;

excéntrica: cando a dirección ou sentido do ar na cova é variable e polo tanto o eixo lonxitudinal da estalactita é aleatorio (cf. helictita);Igual que as covas, poden ter orixes variadas, pero principalmente son a orixe dos materiais disoltos ou en suspensión son tres:

disolución de carbonato de calcio das rochas calcarias;

disolución de materiais orgánicos no pseudokarst;

disolución do hidróxido sódico do cemento (artificial);As estalactitas poden ser macizas ou ter unha canle interior que alimenta a auga. Debido á súa beleza (normalmente o carbonato presenta iridisacións ante a iluminación exterior), ás veces córtanse vandalicamente para pretender desfrutalas na casa, pero é unha alternativa va: a estrutura de cada estalactita é estable unicamente nas condicións de humidade e temperatura nas que se formou.

Estroncio

O estroncio é un elemento químico da táboa periódica cuxo símbolo é Sr e o seu número atómico é 38.

Fósil

Os fósiles (do latín: fossus, "desenterrado") son os restos ou sinais da actividade de organismos pretéritos. Devanditos restos, conservados nas rocas sedimentarias, poden sufrir transformacións na súa composición (por diaxénese) ou deformacións (por metamorfismo dinámico) máis ou menos intensas. A ciencia que se ocupa do estudo dos fósiles é a Paleontoloxía. Dentro da paleontoloxía están a paleobioloxía, que estuda os organismos das pasado —entidades paleobiolóxicas, que coñecemos só polos seus restos fósiles—, a biocronoloxía, que estuda cando viviron devanditos organismos e a tafonomía, que se ocupa dos procesos de fosilización.

Mármore

O mármore é un tipo de rocha compacta formada a partir de rochas calcarias que, sometidas a elevadas temperaturas e presións, acadan un alto grao de cristalización. O compoñente básico do mármore é o carbonato cálcico, cuxo contido supera o 90%; os demais compoñentes son considerados impurezas, sendo estas as que nos dan a grande variedade de cores nos mármores, e definen as súas características físicas. Tras un proceso de pulido por abrasión o mármore acada un alto nivel de brillo natural, é dicir sen ceras nin compoñentes químicos. O mármore emprégase principalmente na construción, decoración e escultura. Ás veces é translúcido, ou de diferentes cores, entre as que son máis frecuentes atópanse o branco, o marrón, o vermello, o verde, o negro, o gris, o azul e o amarelo. Tamén pode presentar unha coloración uniforme, xaspeada (a salpicaduras), veteada (tramado de liñas) e diversas configuracións ou mesturas entre elas.

Números E

Esta lista contén todos os aditivos para os alimentos permitidos pola UE. Dentro da lista menciónase o número E que os identifica.

Potasio

O potasio é un elemento químico da táboa periódica cuxo símbolo é K (do latín Kalium) e cuxo número atómico é 19. É un metal alcalino, branco-prateado que abunda na natureza, nos elementos relacionados coa auga salgada e outros minerais. Oxídase rapidamente no aire, é moi reactivo, especialmente en auga, e parécese quimicamente ao sodio. É un elemento químico esencial.

Siderurxia

A siderurxia é a técnica do tratamento do mineral de ferro para obter diferentes tipos deste ou das súas aliaxes. O proceso de transformación do mineral de ferro comeza na extracción nas minas. O ferro atópase na natureza en forma de óxidos, hidróxidos, carbonatos, silicatos e sulfuros. Os máis usados pola siderurxia son os óxidos, hidróxidos e carbonatos.

Óxidos -> Hematites (Fe2O3) e a magnetita (Fe3O4)

Hidróxidos -> Limonita

Carbonatos -> Siderita ou carbonato de ferro (FeCO3)

Os primeiros altos fornos privados xurdiron en Lugo.[Cómpre referencia] Concretamente en 1794 en Sargadelos.

Sodio

O sodio é un elemento químico de símbolo Na e número atómico 11, pertencente ao grupo dos metais alcalinos.

Substancia química

Unha substancia química é calquera material cunha composición química definida, sen importar a súa procedencia. Por exemplo, unha mostra de auga ten as mesmas propiedades e a mesma proporción de hidróxeno e osíxeno sen importar se a mostra íllase dun río ou créase nun laboratorio.

Unha substancia pura non pode separarse noutras substancias por ningún medio mecánico. Estas substancias poden clasificarse en dous grupos; elementos e compostos. Os elementos están formados por átomos dun mesmo número atómico e os compostos puros son combinacións de dúas ou máis elementos nunha proporción definida. Substancias químicas típicas que se poden atopar no fogar son auga, sal (cloruro de sodio) e azucre (sacarosa). En xeral, as substancias existen como sólidos, líquidos, ou gases, e poden transformarse entre estes estados da materia mediante cambios na temperatura ou presión.

O concepto de substancia química estableceuse a finais do século XVIII cos traballos do químico Joseph Proust sobre a composición dalgúns compostos químicos puros tales como o carbonato cúprico. Proust deduciu que:

todas as mostras dun composto teñen a mesma composición; isto é, todas as mostras teñen as mesmas proporcións, por masa, dos elementos presentes no compostoIsto coñécese como a lei das proporcións definidas, e é unha das bases da química moderna.

Vidro

Na súa forma pura, vidro é un material transparente, relativamente forte, resistente, esencialmente inerte e bioloxicamente inactivo, que pode ter superficies moi lisas e impermeables. Estas propiedades desexables conducen a un gran número de usos. O vidro é fráxil e quebra en anacos afiados. Estas propiedades poden modificarse, ou mesmo mudar enteiramente, coa adición doutros compostos ou con tratamento de calor.

O vidro é un material duro, fráxil e transparente. A pesar de comportarse como sólido, é un líquido arrefecido, amorfo (sen estrutura cristalina). O vidro común obtense por fusión, arredor dos 1.250 ºC, de dióxido de silicio , (SiO2), carbonato de sodio (Na2CO3) e carbonato de calcio (CaCO3). A súa manipulación só é posible mentres está fundido, quente e maleable.

Álcali

En xeral álcali (do árabe: Al-Qaly القلي ,القالي, 'cinsa') é un óxido, hidróxido ou carbonato (os carbonatos non son bases fortes, xa que son a base conxugada dun ácido feble e non dun ácido neutro coma a auga) dun metal do grupo dos alcalinos ou, por extensión, calquera composto que reacciona cun comportamento básico.

Actúan como bases fortes e son moi hidrosolúbeis. De tacto xabonoso, poden ser corrosivos dabondo como para queimar a pel, o mesmo ca os ácidos fortes.

Exemplos son o hidróxido e óxido de calcio, o hidróxido e óxido de potasio, e o hidróxido, carbonato, peróxido e silicatos sódicos e fosfato trisódico.

Os álcalis, xa sexa en sólido, ou en solucións concentradas, son máis destrutivos para os tecidos humanos que a maioría dos ácidos. Provocan destrucións profundas e dolorosas, ao disolveren a graxa cutánea. Os pos, néboeiros e vapores provocan irritación respiratoria, de pel, ollos, e lesións do tabique do nariz.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.