Carballeira de Santa Susana

A carballeira de Santa Susana é un outeiro de Santiago de Compostela que forma parte do Parque da Alameda de Santiago de Compostela, canda o Paseo da Alameda e o Paseo da Ferradura.[1][2]

Foi coñecido antigamente como outeiro de Poldros, no que houbo un castro.[Cómpre referencia]

Coordenadas: 42°52′36″N 8°32′50″O / 42.87667, -8.54722

Santiago Santa Susana GDFL
Carballeira de Santa Susana.

Historia

No século XII, o arcebispo Xelmírez mandou construír unha igrexa para albergar as reliquias de Santa Susana, templo que foi remodelado nos séculos XVII e XVIII, e que está hoxe rodeado por máis de 300 carballos centenarios que forman unha magnífica carballeira.[2]

Características

No alto do outeiro existe unha capela, a capela de Santa Susana, que data de fins do século XVII e comezos do XVIII, reconstrución da capela medieval na que o arcebispo Xelmírez levou os restos de Santa Susana que trouxera de Braga.

No adro da igrexa xuntábanse, na época de Xelmírez, os representantes dos veciños cada venres, o que deu orixe ao concello de Santiago.[Cómpre referencia]

A carballeira de Santa Susana está bordeada totalmente polo Paseo da Ferradura.[2]

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes da carballeira de Santa Susana.
Monumento a Castelao en Santa Susana

Monumento a Castelao (1995).

Carballeira de Santa Susana1

Vista da Carballeira coa cidade ao fondo.

Santiago Santa Susana 3

Capela de Santa Susana.

Santiago Santa Susana 4

Capela de Santa Susana, vista frontal.

Iglesia de Santa Susana, Parque Alameda, Santiago de Compostela, España, 2015-09-23, DD 61

Vista lateral.

Notas

  1. Parque de la Alameda en Turismo de Santiago (en castelán).
  2. 2,0 2,1 2,2 Alameda de Santiago de Compostela en SEC (Sociedad Española de la Camelia (en castelán).

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Alameda de Santiago de Compostela

A Alameda de Santiago de Compostela, ou o Parque da Alameda de Santiago de Compostela constitúe o parque urbano máis destacado da cidade de Santiago de Compostela.

As Orfas

O convento, igrexa e colexio das Orfas é un conxunto de edificios de estilo barroco situados en Santiago de Compostela.

Carballeira de San Lourenzo

A carballeira de San Lourenzo é unha carballeira compostelá cunha extensión de 8.000 metros cadrados. Está situada á beira do río Sarela, xusto ao pé do convento franciscano de San Lourenzo de Trasouto, que foi fundado no século XIII.

Por medio desta zona arborada transcorre o Camiño de Santiago, en dirección a Fisterra. No interior da carballeira hai dispostos unha fonte e dous cruceiros de interese.

Trátase dun lugar de reunión ao que Rosalía de Castro cantou na súa obra Follas Novas.

Casa da Conga

A casa da Conga é un edificio de principios do século XVIII sito na praza da Quintana de Santiago de Compostela.

Trátase dun edificio barroco construído para vivenda dos cóengos da catedral. As trazas iniciais débense a Domingo de Andrade, pero quen rematou a construción en 1730 foi Casas e Novoa. Está situada pechando a parte sur da praza da Quintana. Estrutúrase como un bloque de catro casas cun vistoso pórtico corrido que une as catro edificacións. É de estilo moi clasicista en contraste coa Casa da Parra situada na parte superior da praza. Na actualidade a casa da dereita é sede do Colexio de Arquitectos de Galicia e sala de exposicións. O resto está ocupado por comercios, restaurantes, bares e cafeterías.

Casa da Parra

A casa da Parra é un edificio de finais do século XVII situado na praza da Quintana de Santiago de Compostela. Foi deseñado por Domingo de Andrade

Casa do Cabido

A Casa do Cabido é un edificio situado na Praza de Praterías de Santiago de Compostela, construído no século XVIII e concibido para o embelecemento urbano con obxecto de adornar a praza.

Centro Comercial Compostela

O Centro Comercial Compostela é un edificio de tendas de El Corte Inglés, sito en Santiago de Compostela, na saída da cidade cara a Ourense. Inaugurado en 1998, foi o segundo centro comercial que se construíu na capital de Galicia.

Colexio de San Clemente

O Colexio de San Clemente de Pasantes é un edificio civil de inicios do século XVII, localizado en Santiago de Compostela (Galiza, España), nas inmediacións da Porta Faxeira e do lado norte do Parque da Ferradura.

El Correo Gallego

El Correo Gallego é un xornal galego que se edita en Santiago de Compostela. Fundouno José Mariano Abizanda na cidade de Ferrol en 1878.

Galería de imaxes da alameda de Santiago de Compostela

Na alameda de Santiago de Compostela está o paseo da Ferradura.

Galería de imaxes da carballeira de Santa Susana

Imaxes da carballeira de Santa Susana no concello de Santiago de Compostela, provincia da Coruña

Monte do Gozo

O monte do Gozo é unha elevación do terreo próxima á cidade de Santiago de Compostela, no lugar de San Marcos en Bando, chamada así polo sentimento de gozo que desperta nos peregrinos, xa que este monte é o primeiro punto dende o cal a xente que fai o Camiño de Santiago ve as torres da catedral.

Museo Pedagóxico de Galicia

O Museo Pedagóxico de Galicia (MUPEGA) é un centro dedicado á recuperación, coidado, estudo e mostra do legado pedagóxico de Galiza. Está situado en Santiago de Compostela.

Paseo da Alameda de Santiago de Compostela

O Paseo da Alameda de Santiago de Compostela, coñecido polos composteláns simplemente como Paseo da Alameda, é unha das tres partes que comprende o Parque da Alameda de Santiago de Compostela, canda a Carballeira de Santa Susana e o Paseo da Ferradura (ou Paseo dos Leóns).

Paseo da Ferradura

O Paseo da Ferradura, tamén coñecido como o Paseo dos Leóns, é unha das tres partes que comprende o Parque da Alameda de Santiago de Compostela, canda o Paseo da Alameda e a Carballeira de Santa Susana.

Área Central

Área Central é un complexo cívico comercial de Santiago de Compostela, sito no barrio de Fontiñas. Inaugurado o 20 de outubro de 1993, foi o primeiro centro comercial da capital de Galicia.

Artigos sobre a cidade de Santiago de Compostela
Edificios institucionais
Edificios relixiosos
Teatros
Museos
Outros edificios
Parques
Centros comerciais
Rueiro
Transporte
Medios de comunicación
Clubs deportivos
Recintos deportivos
Outros recintos
Centros de saúde
Empresas locais
Restos arqueolóxicos
Accidentes xeográficos
Educación
Outros

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.