Carballeira

Unha carballeira ou touza é un lugar poboado de carballos (especies do xénero ‘’Quercus sp.’’).

Carballeira de Barcia, Lalín 2
Carballeira de Barcia, Lalín.

Etimoloxía

Carballeira: formación de carballos, termo de orixe incerta, celta, ou máis probábel preindoeuropea, da raíz ‘’kar-‘’ (rocha, pedra, duro). En galego tamén existe o termo touza.

En inglés chámase oak groves, oak woods or oakland. En francés chênaie; en portugués: carvalhal. En castelán chámase ‘’robledal’’, aínda que se acepta o galeguismo carvallar para designar as formacións onde domina o Quercus robur ou carballo común.

Características

Unha carballeira pode ser un bosque natural onde o carballo é a árbore dominante (en Galicia a especie principal sería o carballo común); ou un arboredo de carballos de orixe antrópica para favorecer o crecemento desta especie en detrimento doutras especies que son reducidas a anecdóticas, ben co obxectivo de produción madeireira, ou simplemente para actividades comerciais ou de lecer: dar sombra no verán (típico nos campos da feira de Galicia), fins ornamentais e paisaxísticos. Moitos destes arboredos adoitan estar plantados en marcos de plantación e carecen de matogueira, estando o chan só cuberto por unha tona de follas secas e algunha herba. A madeira de carballo é moi apreciada; foi o principal combustíbel de Galicia, e segue a ser importante no rural polo que as árbores adoitaban derramarse no outono. Outro exemplo de arboredo artificial para aproveitamento de madeira e froito sería o souto de castiñeiros.

A diferenza cunha fraga é que a carballeira é monoespecífica ou o carballo predomina claramente sobre outras especies arbóreas. Ademais a fraga ten un grao de naturalidade maior, é dicir, achégase máis a un bosque virxe, bosque clímax ou primario. Moitas fragas rematan sendo carballeiras cando perden biodiversidade, con todo, é unha formación de alto valor ecolóxico.

Constitúe o principal representante da vexetación autóctona de Galicia. Ocupaba na antigüidade, xunta as fragas e soutos, unha grande extensión, especialmente as chairas e partes baixas, xa que as matogueiras e uceiras ocupaban montes e outeiros. A acción do home para ampliar zonas agrícolas e pastos, e posteriormente os cortes masivos principalmente para a construción naval na idade moderna cando o Reino de Galicia entra a formar parte da Coroa de Castela, déixaos case relegados ás zonas pouco aptas para o cultivo agrícola e máis inaccesíbeis.

No século XIX comezan as reforestacións con especies foráneas, principalmente piñeiros, que se intensifican ao longo do século XX, especialmente durante o franquismo cos programas de repoboación. As carballeiras vanse substituíndo, especialmente na faixa costeira, por piñeirais e eucaliptais, ficando hoxe en pequenas manchas, sebes ou nas ribeiras. A mala ordenación do territorio, o aumento de poboación na costa, os incendios forestais, a actual Lei de Montes e a falta de concienciación social non favorecen a recuperación deste ecosistema.

Nas zonas rurais do interior (Lugo e Ourense) atopamos aínda boas carballeiras. Os lumes e especies alóctonas como a mimosa son os principais inimigos, con todo a superficie de carballeira aumentou nos últimos anos, en parte polo abandono de terreo agrícola causado polo despoboamento.

Atopamos carballeiras semellantes ás galegas en toda a Europa atlántica, dende o sur de Escandinavia até Portugal. Tamén atopamos carballeiras na Europa continental, Alemaña, Polonia até Rusia. Noutras zonas do mundo (Norteamérica, Nova Zelandia etc.) as carballeiras están formadas por outras especies de carballos.

Especies

A carballeira plantada polo ser humano non pode considerarse un bosque, senón un simple arboredo monoespecífico de carballo común, por tanto carece de toda complexidade ecolóxica. Aínda así, por ser o carballo unha especie autóctona, ten asociada unha gran variedade de insectos, aves e mamíferos, de aí a súa importancia ecolóxica.

No caso das carballeiras bravas, aínda que na maioría das veces estean bastante afastadas da complexidade dun bosque primario, evolucionado ou fraga, adoitan distinguirse por comportar un ecosistema de considerábel biodiversidade. A árbore dominante é un Quercus (carballo), na meirande parte dos casos o carballo común. Outra árbore dominante é o castiñeiro, moi ben adaptada, crese que foi introducida polos romanos. Adoita roubarlle terreo ao carballo grazas a medrar máis rapidamente e prover froitos de consumo humano. O bidueiro é outra especie maioritaria nas carballeiras, especialmente no norte de Galicia, e ocupa dous tipos de espazos: áreas tradicionais de bosque de ribeira, e zonas marxinais onde os carballos foron perdendo distribución, e onde medran rapidamente. Nun estrato arbustivo atopamos moitas veces o acivro, o estripeiro, a pereira brava, a cerdeira brava e o abruñeiro. Árbores menos comúns son o teixo, especie que, pola acción do home, é xa moi rara Galicia, agás nas montañas orientais; e a maceira brava, xa moi pouco común.

Nas carballeiras altas do interior, de máis de 700 m. coma no Courel ou nos Ancares, atopamos o capudre, o carballo albar e a faia, no estrato arbustivo tamén atopamos arandeiras, ademais de silvas, fentos etc.

Nas zonas termófilas (sur e sueste de Galicia), onde acostuma dominar a sobreira, atopamos carballo cerquiño, érbedo, incluso aciñeiras nas zonas de maior influencia mediterránea.

Nas ribeiras a árbore dominante é o amieiro (tamén chamado ameneiro), que soporta ben as situacións de asolagamento, xa que suxeitan as marxes das canles impedindo o seu arrastre polas cheas. Tamén son comúns os salgueiros, o freixo, o freixo de folla estreita e o pradairo. Nalgúns casos atopamos umeiros ou lamigueiros, como nas Fragas do Eume. Formando un segundo estrato atopamos a abeleira, principalmente nas proximidades dos cursos de auga; o loureiro (especie mediterránea que adoita abundar nos ríos galegos), e o sabugueiro.

As especies foráneas ou alóctonas tamén forman hoxe parte das carballeiras. A robinia (Robinia pseudoacacia L.), caducifolia e invasora de orixe norteamericana, convive ben coas outras especies de folla ancha. O eucalipto (Eucalyptus globulus); tamén adoita aparecer nas carballeiras, igualmente a acacia negra (Acacia melanoxylon) e o piñeiro bravo (Pinus pinaster). Máis recentemente é acomún a árbore do ceo (Ailanthus altissima), de orixe chinesa, invasiva e moi resistente. Ademais danse gran cantidade de herbas, liques, fungos, musgos e fentos,

Etnoloxía

Para máis información ver artigo carballo común.

As carballeiras, ao igual que as fragas son o escenario de milleiros de contos, e lendas galegos. Carballos sagrados, mouros, lobishomes, trasnos, fadas, espíritos e a Santa Compaña aparecen e moran nestes bosques.

A novela El Bosque Animado de Wenceslao Fernández Flórez, transcorre na carballeira de Cecebre. Ten unha adaptación ao cinema dirixida por José Luis Cuerda nos anos 80 (El bosque animado) e unha de animación no ano 2001 (O bosque animado).

O termo Carballeira é un topónimo moi común na xeografía galega, e é ademais un apelido.

Carballeiras galegas de sona

Carballeiras senlleiras de Galiza

As seguintes formacións de carballos figuran no Catálogo de Árbores Senlleiras de Galicia, na categoría de Formacións senlleiras:

Véxase tamén

Outros artigos

A Carballeira, Goiriz, Vilalba

A Carballeira é un lugar da parroquia de Goiriz, no concello lugués de Vilalba, na comarca da Terra Chá.

A Carballeira, Mourentán, Arbo

A Carballeira é un lugar da parroquia de Mourentán, no concello pontevedrés de Arbo, na comarca da Paradanta. Segundo o IGE, en 2015 tiña 5 habitantes (2 homes e 3 mulleres).

A Carballeira, San Fiz de Monfero, Monfero

A Carballeira é un lugar da parroquia de San Fiz de Monfero no concello coruñés de Monfero na comarca do Eume. Tiña 1 habitante (muller) no ano 2010 segundo datos do INE.

A Cova, Carballedo

San Xoán da Cova é unha parroquia que se localiza no concello de Carballedo, na comarca de Chantada. Segundo o IGE en 2011 tiña 39 habitantes (18 mulleres e 21 homes), distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 68 habitantes. En 2016 tiña 35 habitantes, 16 mulleres e 19 homes segundo o INE.

Ningún dos lugares da parroquia leva o nome de A Cova.

As entidades de poboación (Nomenclátor) Cima de Vila, Fondo de Vila, A Vila, O Mallo, San Cristovo, A Carballeira son todas elas casas arredor de Papelle.

A Riba, A Baña

San Xoán da Riba é unha parroquia que se localiza no oeste do concello coruñés da Baña na comarca da Barcala. Segundo o IGE de 2016 tiña 266 habitantes (141 mulleres e 125 homes) distribuídos en 12 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 445 habitantes.

Alameda de Santiago de Compostela

A Alameda de Santiago de Compostela, ou o Parque da Alameda de Santiago de Compostela constitúe o parque urbano máis destacado da cidade de Santiago de Compostela.

Amoroce, Celanova

Santiago de Amoroce é unha das 19 parroquias do concello ourensán de Celanova, formada polos lugares de Amoroce, Barreiros, Carballeira, Casal, Casbasco, Casiña, Goterre, A Granxa, Mociños, Outeiro, Quintairos, Rial e Sampli. En 2011 segundo o IGE tiña 157 habitantes (83 homes e 74 mulleres).

Barcia, Lalín

Santo Estevo de Barcia é unha parroquia que se localiza no concello de Lalín. Segundo o IGE en 2011 tiña 261 habitantes (141 mulleres e 120 homes), distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 323 habitantes.

Nesta parroquia naceu o bispo de Lugo e arcebispo de Compostela Cayetano Gil Taboada.

Carballeira Moura, Santaballa, Vilalba

Carballeira Moura é un lugar da parroquia de Santaballa, no concello lugués de Vilalba, na comarca da Terra Chá.

Carballeira de San Lourenzo

A carballeira de San Lourenzo é unha carballeira compostelá cunha extensión de 8.000 metros cadrados. Está situada á beira do río Sarela, xusto ao pé do convento franciscano de San Lourenzo de Trasouto, que foi fundado no século XIII.

Por medio desta zona arborada transcorre o Camiño de Santiago, en dirección a Fisterra. No interior da carballeira hai dispostos unha fonte e dous cruceiros de interese.

Trátase dun lugar de reunión ao que Rosalía de Castro cantou na súa obra Follas Novas.

Carballeira de Santa Susana

A carballeira de Santa Susana é un outeiro de Santiago de Compostela que forma parte do Parque da Alameda de Santiago de Compostela, canda o Paseo da Alameda e o Paseo da Ferradura.Foi coñecido antigamente como outeiro de Poldros, no que houbo un castro.[Cómpre referencia]

Cercio, Lalín

Santiago de Cercio é unha parroquia que se localiza no concello de Lalín. Segundo o IGE en 2011 tiña 246 habitantes (126 mulleres e 120 homes), distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 285 habitantes.

Nesta parroquia fundouse a Banda de música de Mato.

El Correo Gallego

El Correo Gallego é un xornal galego que se edita en Santiago de Compostela. Fundouno José Mariano Abizanda na cidade de Ferrol en 1878.

Fraga de Catasós

A fraga de Catasós é unha fraga declarada monumento natural no ano 2000, situada no lugar de Quintela, Catasós, no concello pontevedrés de Lalín. Tamén se coñece co nome de carballeira de Quiroga, xa que a maior parte dos exemplares dominantes son carballos, aínda que salienta polos seus senlleiros castiñeiros (tamén se lle chamaba souto), algúns de varios centos de anos, 5 metros de circunferencia e máis de 30 metros de altura (os máis altos de Europa).

Johán Carballeira

José Francisco Gómez de la Cueva, coñecido polo seu pseudónimo Johán Carballeira, nado en Vigo o 13 de febreiro de 1902 e fusilado na Caeira (Poio) o 17 de abril de 1937, foi un xornalista e político galego.

O Mato, Chantada

San Xillao do Mato é unha parroquia do concello de Chantada na provincia de Lugo. Tiña 88 habitantes en 2016, segundo datos do Instituto Galego de Estatística, 42 homes e 46 mulleres. O que supón unha diminución de 12 habitantes respecto ao ano 2007 cando tiña 100 habitantes (51 homes e 49 mulleres).

O carballo na cultura popular galega

O carballo é a árbore símbolo de Galicia, e tamén a máis sagrada de todas, o mesmo que ocorre noutras culturas atlánticas e celtas. Arredor de toda Europa occidental o carballo considérase árbore sagrada: é a árbore por excelencia de Inglaterra, de Alemaña e do País Vasco. Ademais, as carballeiras tiñan unha importante función social, nelas reuníase a xente, celebrábanse festas, feiras e magostos. (Ver artigo: carballo (simbolismo).

Símbolo de forza e pureza, de sombra proveitosa, libran de doenzas contaxiosas (por exemplo rañándose contra del para sandar a sarna ou raña) a quen as padece e posúen numerosas propiedades salutíferas; teñen pois a capacidade de sandar os doentes, especialmente aos cativos, aos que se lles fai pasar a través dunha fenda que as carballas vellas, despois de perder a cerna poden ter no tronco, xa que no seu interior agochan as "pedras do raio", xa que os carballos agochan o raio no seu seo. Outra opción é que o doente pase por entre dúas gallas que fagan forquita ou por dúas partes dunha póla que se fende adrede e se ata despois para ver se liga ou non, que será sinal de que cure ou non cure.

Na Bretaña, de xeito semellante á tradición galega dicíase que carballos e aciñeiras tiñan a propiedade de sandar as persoas faltas de saúde que deixaban as roupas penduradas das pólas.

Os carballos, en xeral, curan ademais os meigallos e o arangaño.

Paseo da Ferradura

O Paseo da Ferradura, tamén coñecido como o Paseo dos Leóns, é unha das tres partes que comprende o Parque da Alameda de Santiago de Compostela, canda o Paseo da Alameda e a Carballeira de Santa Susana.

San Xurxo de Sacos, Cerdedo-Cotobade

San Xurxo de Sacos é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE, en 2015 tiña 519 habitantes (262 homes e 257 mulleres), distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón un descenso en relación co ano 2006, cando tiña 610 habitantes.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.