Carballedo, Cerdedo-Cotobade

San Miguel de Carballedo é unha parroquia que se localiza no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE en 2011 tiña 329 habitantes (143 homes e 186 mulleres), o que supón unha diminución respecto do ano 1999 cando tiña 350 habitantes. Dos 14 lugares da parroquia, 11 están habitados.

O topónimo fai referencia á abundancia de carballos na zona.

Coordenadas: 42°28′19″N 08°28′55″O / 42.47194, -8.48194

Carballedo
MiguelCarballedo
Igrexa de San Miguel de Carballedo.
ConcelloCerdedo-Cotobade
Área10,6 km²
Poboación329 hab. (2011)
Densidade31,04 hab./km²
Entidades de poboación14

Patrimonio

No Castro da Cruz atopouse un pendente de ouro[1], e preto do poboado atopáronse restos dunha vila romana[2]. No lugar da Braña está situado o pazo da Braña, do século XVIII. No lugar do Campo da Poza, ao pé do monte Coirego, está o Observatorio astronómico de Cotobade.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Carballedo, Cerdedo-Cotobade.
Pazodabraña

Pazo da Braña.

Cruceirodabraña

Cruceiro da Braña.

Ruta dos Tres Vales (5410648968)

Petróglifo dos Carreiros.

Ruta dos Tres Vales (5410653582)

Petróglifo da Chan do Muíño.

Lugares e parroquias

Parroquias de Cerdedo-Cotobade

Notas

  1. Casal García, R., Concheiro Coello, A. e Reboreda Carreira, A. (2010): "O pendente de ouro da Cruz do Castro de Carballedo (Cotobade, Pontevedra) e o seu contexto arqueolóxico", en Gallaecia nº 29.
  2. Concheiro Coello, A. (2010): "Sondaxes arqueolóxicas na Cruz do Castro, Carballedo, Cotobade (Pontevedra)", en Actuacións arqueolóxicas ano 2008. Xunta de Galicia.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Fraguas, Antón (1955). "Petroglifos del monte Pedreira, en Carballedo", III Congreso Nacional de Arqueología, 1953, Zaragoza, pp. 411-412.

Outros artigos

A Asperiña, Carballedo, Cerdedo-Cotobade

A Asperiña é un lugar da parroquia de Carballedo, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE en 2007 tiña 23 habitantes (10 homes e 13 mulleres), dous menos ca en 2006.

A Braña, Carballedo, Cerdedo-Cotobade

A Braña é un lugar da parroquia de Carballedo, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE en 2016 tiña 5 habitantes (3 homes e 2 mulleres), un máis ca en 2006.

O topónimo fai referencia a que está situado nunha braña, na desembocadura do rego de Chan das Latas no río Almofrei. Neste lugar atópase o pazo da Braña, así como dous cruceiros. Un deles está feito por Alejandro de Covelo, e o outro foi instalado en 1977.

A Chan, Carballedo, Cerdedo-Cotobade

A Chan é un lugar da parroquia de Carballedo, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE en 2016 tiña 59 habitantes (25 homes e 34 mulleres), 5 máis ca en 2005.

Debe o seu topónimo a que está localizado nun territorio plano, á beira do río Almofrei. É a capital do concello, como tamén o foi do extinto concello de Cotobade ata 2016, e nel sitúanse a casa consistorial e diversos edificios de servizos.

Neste lugar atópase a capela de San Roque, cun cruceiro adxacente. Hai outros dous cruceiros, un deles feito en 1988 por Alfonso González Arís.

A Igrexa, Carballedo, Cerdedo-Cotobade

A Igrexa é un lugar da parroquia de Carballedo, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE en 2016 tiña 45 habitantes (26 homes e 19 mulleres), un menos ca en 2006.

César Portela

César Portela Fernández-Jardón, nado en Pontevedra o 18 de abril de 1937, é un arquitecto galego.

Doade, Carballedo, Cerdedo-Cotobade

Doade é un lugar da parroquia de Carballedo, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE no ano 2007 tiña 3 habitantes (un home e dúas mulleres), 4 menos ca en 2005.

Galería de imaxes de Cerdedo-Cotobade

Galería de imaxes do concello Cerdedo-Cotobade na provincia de Pontevedra.

José García Vidal

José García Vidal, nado en Carballedo (Cerdedo-Cotobade) o 11 de marzo de 1885 e finado en Pontevedra o 29 de xaneiro de 1969, foi un avogado, profesor universitario e político galego.

O Berberote, Carballedo, Cerdedo-Cotobade

O Berberote é un lugar da parroquia de Carballedo, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade.

Segundo o IGE no ano 2007 tiña 11 habitantes (4 homes e 7 mulleres), un menos que no 2006.

Observatorio astronómico de Cotobade

O Observatorio Astronómico de Cotobade (OAC) é un observatorio situado no lugar do Campo da Poza (Carballedo, Cerdedo-Cotobade). Foi inaugurado en agosto de 2011, e está dirixido por Ángel Valverde Pampillón.

Paraños, Carballedo, Cerdedo-Cotobade

Paraños é un lugar da parroquia de Carballedo, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE en 2016 tiña 74 habitantes (30 homes e 44 mulleres), quince menos ca en 2006.

O topónimo débese a que o terreo está construído nun páramo, unha zona elevada e rochosa. Posiblemente vén do latín Petraneu ou similar. Neste lugar está o cruceiro de Paraños e o petróglifo da Chan do Muíño.

Pazos, Carballedo, Cerdedo-Cotobade

Pazos é un lugar da parroquia de Carballedo, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE no ano 2007 tiña 28 habitantes (14 homes e 14 mulleres), os mesmos ca en 2006.

Neste lugar está o petróglifo do Val da Pereira, unha rocha gravada na idade de Ferro con tres cazoletas. O topónimo fai referencia á existencia de varios pazos ou casas grandes existentes na zona, ó igual que no lugar próximo de Pazos na parroquia de Borela.

Roque de Montpellier

Roque de Montpellier, nado segundo a tradición en Montpellier cara a 1348 (antigamente críase que cara a 1295) e finado en Voghera (Italia) o 15 ou 16 de agosto de 1376 ou 1379 (antigamente críase que en Montpellier en 1327), foi un peregrino francés que se dirixiu a Roma.

Percorreu a península Itálica curando infectados pola peste, e faleceu querido coma un santo. A súa devoción estendeuse rapidamente a partir do século XV. Desde Venecia propagouse o culto cara ao mundo xermánico e os Países Baixos. En 1477, por mor doutra epidemia de peste, fundouse en Venecia unha confraría baixo a súa advocación (Confraternità o Scuole di San Rocco), dedicada á hospedaxe de enfermos de peste. Esta agrupación fomentou a devoción ao santo construíndo capelas e máis centros de acollida por toda Italia. Unha das igrexas máis coñecidas dedicadas a este santo está en París, preto do museo do Louvre, ordenada edificar por Luís XIV en 1563. Actualmente a súa devoción esténdese por toda Europa e Latinoamérica.

O santoral da Igrexa Católica celebra o seu día o 16 de agosto. Santo protector ante a peste e epidemias, a súa intervención foi solicitada polos habitantes de moitas aldeas que, logo de desaparecer o mal, recoñecían a intervención do Santo, polo que era nomeado Santo patrón da localidade.

Represéntase vestido de peregrino (con bordón e cabaza), cunha ferida na perna e acompañado dun can que o auxiliaba. É patrón dos peregrinos, dos cans, dos contaxiados por epidemias (especialmente a peste e o cólera), dos falsamente acusados, dos inválidos e dos cirurxiáns.

Sión, Carballedo, Cerdedo-Cotobade

Sión é un lugar da parroquia de Carballedo, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade.

Segundo o IGE no ano 2007 estaba habitado por dúas mulleres, unha máis que no 2006.

Trabazo, Carballedo, Cerdedo-Cotobade

Trabazo é un lugar da parroquia de Carballedo, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade.

Segundo o IGE no ano 2007 tiña 48 habitantes (18 homes e 30 mulleres), 4 máis que no ano anterior.

Neste lugar están os cruceiros de Trabazo, Quinteiro de Arriba, Quinteiro do Medio e Quinteiro de Abaixo.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.