Carballedo

Carballedo é un concello da provincia de Lugo, pertencente a comarca de Chantada. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é carballedés[5].

Coordenadas: 42°32′20.12″N 07°48′48.1″O / 42.5389222, -7.813361

Carballedo
Escudo de Carballedo
Casa do concello Carballedo (Lugo)
Casa do concello
Situacion Carballedo
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia de Lugo
ComarcaComarca de Chantada
Poboación2.235 hab. (2018)
Área138,8 km²
Densidade16,1 hab./km²
Entidades de poboación23 parroquias
Capital do concelloA Barrela
Política (2019 [2][3])
AlcaldeJulio Yebra-Pimentel (PPdeG)
ConcelleirosBNG: 1
PPdeG: 9
PSdeG-PSOE: 1
Eleccións municipais en Carballedo
Uso do galego[4] (2011)
Galegofalantes83,66%
Na rede
http://www.concellocarballedo.es

Xeografía

O concello ten 139,6 km², repartidos en 23 parroquias. Está situado ao suroeste da provincia de Lugo, na comarca de Chantada. Limita ao norte con Chantada, ao sur con Vilamarín e A Peroxa, ao leste con Pantón e ao oeste con San Cristovo de Cea e Rodeiro.

É un terreo de media montaña, entre a serra do Faro e o río Miño, no encoro dos Peares. Tamén está regado polo río Búbal. Está atravesado pola estrada N-540 que comunica Lugo e Ourense, que atravesa o termo de norte a sur pasando pola súa capital, A Barrela.

O clima é oceánico, con matices continentais canto máis ao sur, con temperaturas moderadas e choivas abundantes. O seu ecosistema viuse afectado pola construción do encoro de Belesar.

Demografía

Segundo o IGE en 2014 tiña 2401 habitantes (2929 no 2006, 3010 no 2005, 3055 no 2004, 3061 no 2003). Segundo o INE en 2016 tiña 2280 habitantes, 1130 mulleres e 1150 homes. En 2017 2266 habitantes, 1125 mulleres, 1141 homes.

Censo total 2014 2401 habitantes
Menores de 15 anos 131 (5,46 %)
Entre 15 e 64 anos 1308 (54,48 %)
Maiores de 65 anos 962 (40,07 %)
Evolución da poboación de Carballedo   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018
9804 9116 10 295 4581 3055 {{{13}}} {{{14}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Historia

Da época do megalitismo consérvanse as mámoas de Vilar de Monte. Hai restos da época da cultura castrexa, como os castros de Morgade, Buciños, Papelle e Touza.

Nunha pequena igrexa da parroquia de Temes achouse un sartego do século IV, encargado por un terratenente galaico-romano a un obradoiro de Roma. Da época do románico son as igrexas monacais de Santo Estevo de Chouzán e San Xoán da Cova.

Trala fin do antigo réxime, en 1840 creouse o concello de Carballedo, sendo importante a influencia de José Antonio Ribadeneira, da Casa Grande de Loureiro, bispo de Valladolid e auditor da Sagrada Rota Romana. Suprimiuse o concello de Asma, que comprendía a conca do río Asma até a confluencia coa do río Comezo, integrándose as parroquias da marxe dereita agás as de Santa Cruz e Santa Uxía de Asma, do concello de Chantada. Nun primeiro momento a capital situouse no lugar de Carballedo, sendo trasladada sucesivamente a San Mamede, Penaboa, Buciños, Chouzán, Castro e A Barrela, onde se mantén actualmente.

Cultura

Toponimia

O topónimo fai referencia a unha terra de moitos carballos, fitónimo anterior ao latín.

Carballedo é un concello de nomes singulares. Todos estes son topónimos exclusivos de Carballedo, que non se repiten en Galicia: Acilleiros, Aguada, Agrexán, Alén do Río, O Alto das Lamas, Ambasmestas, O Barrio de Puga, Buciños, Buxelle, Cambillán, Carballidiño, Cas de Moure, Cas de Pedro, Casqueixeiro, O Castro de Morgade, Ceides, Chouzán, O Curuxeiro, A Enfonxa, Esmolfe, Faíl, A Grixoá, A Lama de Fente, Lixibán, A Lobagueira, Lobelle, Lulaíños, Lulás, Papelle, Pepes, A Placería, Puvieiros, Quintá do Monte, Sergudiño, Surrego, Val do Arado, Veascós, Vilaguillulfe, Vilar de Mulleres, Temes, Trasar, Trasmontes, Xibiriz.[6]

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Carballedo.
Iglesia de Santiago de Lousada

Igrexa de Santiago de Lousada.

Parroquia Santa Marinia de Veascos

Santa Mariña de Veascós.

0aveiga

Paixase de Carballedo.

0bucinhos

Paisaxe de Carballedo.

0pradededariba

"Puza" típica da zona.

1paisaxedesdefurco

Terras de Carballedo.

Lugares de Carballedo

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Carballedo vexa: Lugares de Carballedo.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Goberno de España, Ministerio del Interior (ed.). "Elecciones 2019". resultados.eleccioneslocaleseuropeas19.es. Consultado o 27 de maio de 2019.
  3. Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). "Carballedo". www.fegamp.gal. Consultado o 14 de setembro de 2019.
  4. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.
  5. Costas González, X.-H. (2016): Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega, páx. 44. Universidade de Vigo. ISBN 978-84-8158-706-7
  6. "Toponimia do Concello de Carballedo". ogalego.eu. Consultado o 05/10/2017.

Véxase tamén

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
A Cova, Carballedo

San Xoán da Cova é unha parroquia que se localiza no concello de Carballedo, na comarca de Chantada. Segundo o IGE en 2011 tiña 39 habitantes (18 mulleres e 21 homes), distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 68 habitantes. En 2016 tiña 35 habitantes, 16 mulleres e 19 homes segundo o INE.

Ningún dos lugares da parroquia leva o nome de A Cova.

As entidades de poboación (Nomenclátor) Cima de Vila, Fondo de Vila, A Vila, O Mallo, San Cristovo, A Carballeira son todas elas casas arredor de Papelle.

Aguada, Carballedo

Santa Baia de Aguada é unha parroquia que se localiza no concello lugués de Carballedo da comarca de Chantada. Segundo o IGE en 2011 tiña 324 habitantes (163 homes e 161 mulleres), distribuídos en 16 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 412 habitantes. En 2016 Tiña 263 habitantes, 124 mulleres e 139 homes, segundo o INE.

A xente da comarca acostuma dicir A Aguada, con artigo.

Buciños, Carballedo

San Miguel de Buciños é unha parroquia que se localiza no concello de Carballedo da comarca de Chantada. Segundo o INE en 2016 tiña 163 habitantes (82 mulleres e 81 homes), distribuídos en 18 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 237 habitantes. En 2018 baixou a 156 (80 mulleres e 76 homes).

Carballedo, Carballedo

Santa María de Carballedo é unha parroquia que se localiza no concello de Carballedo. Segundo o IGE en 2014 tiña 217 habitantes (109 homes e 108 mulleres), distribuídos en 16 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 256 habitantes. En 2016 tiña 210 habitantes, 100 mulleres e 110 homes, segundo o INE.

Castro, Carballedo

San Cristovo de Castro é unha parroquia que se localiza no concello de Carballedo, na comarca de Chantada. Segundo o IGE en 2011 tiña 209 habitantes (101 homes e 108 mulleres), distribuídos en 11 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 266 habitantes. En 2016 segundo o INE tiña 191 habitantes, 97 mulleres e 94 homes.

Chouzán, Carballedo

Santo Estevo de Chouzán é unha parroquia que se localiza no concello de Carballedo, na comarca de Chantada. Segundo o IGE en 2011 tiña 22 habitantes (8 homes e 14 mulleres), distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 40 habitantes. Segundo o INE en 2016 tiña 22 habitantes, 12 mulleres e 10 homes.

Erbedeiro, Carballedo

San Pedro de Erbedeiro é unha parroquia que se localiza no concello de Carballedo, na comarca de Chantada. Segundo o IGE en2016 tiña sete habitantes (cinco homes e dúas mulleres) distribuídos en 3 entidades de poboación, oito menos ca en 2004 (nove homes e seis mulleres) e once menos ca en 1999.

Furco, Carballedo

San Gregorio de Furco é unha parroquia que se localiza no concello lugués de Carballedo na comarca de Chantada. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 150 habitantes (78 mulleres e 72 homes), distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 161 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 104 habitantes, sendo 52 homes e 52 mulleres. En 2016 tiña 99 habitantes con 51 mulleres e 48 homes, segundo o INE.

Lobelle, Carballedo

San Cristovo de Lobelle é unha parroquia que se localiza no concello de Carballedo, na comarca de Chantada. Segundo o INE en 2016 tiña 63 habitantes (28 homes e 35 mulleres) distribuídos en 5 entidades de poboación. En 2014 65 (31 homes e 34 mulleres). En 2004 89 (47 mulleres e 42 homes) e en 1999 97 habitantes. En 2017 eran 60 (34 mulleres e 26 homes) segundo o INE. En 2018 66 (37 mulleres e 29 homes).

Lousada, Carballedo

Santiago de Lousada é unha parroquia que se localiza no concello de Carballedo, na comarca de Chantada. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 307 habitantes (162 mulleres e 145 homes), distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón un mantemento con relación ao ano 1999 cando tiña 307 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 272 habitantes, sendo 131 homes e 141 mulleres. Segundo o INE en 2016 tiña 283 habitantes, 143 mulleres e 140 homes.

Oleiros, Carballedo

San Miguel de Oleiros é unha parroquia que se localiza no concello de Carballedo, na comarca de Chantada. No 2018, segundo o INE, tiña 114 habitantes, 56 mulleres e 58 homes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 128 habitantes, sendo 65 homes e 63 mulleres. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 150 habitantes (80 mulleres e 70 homes), distribuídos en 17 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 175 habitantes.

Pradeda, Carballedo

Santiago de Pradeda é unha parroquia que se localiza no concello de Carballedo, na comarca de Chantada. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 103 habitantes (57 mulleres e 46 homes), distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 111 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 91 habitantes, sendo 40 homes e 51 mulleres. No 2016 a poboación era de 82 habitantes (46 mulleres e 36 homes) segundo o INE, en 2018 eran 80 (43 mulleres e 27 homes).

San Mamede de Lousada, Carballedo

San Mamede de Lousada é unha parroquia que se localiza no concello de Carballedo, na comarca de Chantada. Segundo o IGE en 2011 tiña 90 habitantes (47 mulleres e 43 homes), distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 125 habitantes. En 2016 tiña 67 habitantes, 33 mulleres e 34 homes, segundo o INE.

San Romao de Campos, Carballedo

San Romao de Campos é unha parroquia que se localiza no concello de Carballedo, na comarca de Chantada. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 42 habitantes (21 homes e 21 mulleres), distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 45 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 26 habitantes, sendo 11 homes e 15 mulleres. En 2016 tiña 22 habitantes, 13 mulleres e 9 homes, segundo o INE.

Santa Cristina de Asma, Carballedo

Santa Cristina de Asma é unha parroquia que se localiza no concello de Carballedo. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 109 habitantes (57 homes e 52 mulleres), distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 110 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 89 habitantes, sendo 45 homes e 44 mulleres. En 2016 tiña 84 habitantes, 41 mulleres e 43 homes, segundo o INE.

Santa Mariña do Castro, Carballedo

Santa Mariña do Castro é unha parroquia que se localiza no concello de Carballedo. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 107 habitantes (54 mulleres e 53 homes), distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 114 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 90 habitantes, sendo 42 homes e 48 mulleres. No de 2016 tiña 77 habitantes, 42 mulleres e 35 homes, segundo o INE.

Temes, Carballedo

Santa María de Temes é unha parroquia que se localiza no concello de Carballedo, na comarca de Chantada. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 61 habitantes (33 homes e 28 mulleres), distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 70 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 38 habitantes, sendo 19 homes e 19 mulleres. En 2016 tiña 32 habitantes, 18 mulleres e 14 homes, segundo o INE.

Veascós, Carballedo

Santa Mariña de Veascós é unha parroquia que se localiza no concello de Carballedo, na comarca de Chantada. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 138 habitantes (78 homes e 60 mulleres), distribuídos en 17 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 152 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 99 habitantes, sendo 55 homes e 44 mulleres. En 2016 tiña 97 habitantes, 43 mulleres e 54 homes, segundo o INE.

Vilaquinte, Carballedo

Santa María de Vilaquinte é unha parroquia que se localiza no concello de Carballedo, na comarca de Chantada. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 130 habitantes (70 mulleres e 60 homes), distribuídos en 14 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 145 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 101 habitantes, sendo 50 homes e 51 mulleres. En 2016, segundo o INE, tiña 97 habitantes, 49 mulleres e 48 homes.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.