Carballeda de Valdeorras

Carballeda de Valdeorras é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Valdeorras. Segundo o IGE en 2015 tiña 1698 habitantes (1870 en 2009, 2155 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é carballedego[5] ou valdeorrés[5].

Coordenadas: 42°22′34″N 6°52′39″O / 42.37611, -6.87750

Carballeda de Valdeorras
Pena trevinca
Situacion Carballeda de Valdeorras
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia de Ourense
ComarcaComarca de Valdeorras
Poboación1.574 hab. (2018)
Área222,7 km²
Densidade7,07 hab./km²
Entidades de poboación17 parroquias
Capital do concelloSobradelo
Política (2019[2])
AlcaldesaMaría Carmen González Quintela (PPdeG[3])
Concelleiros
PPdeG: 6
PSdeG-PSOE: 2
Outros: ESCO 1
Eleccións municipais en Carballeda de Valdeorras
Uso do galego[4] (2011)
Galegofalantes42,93%
Na rede
http://www.carballedadevaldeorras.es/

Demografía

Censo total 1.698 (2015)
Menores de 15 anos 112 (6,6 %)
Entre 15 e 64 anos 1057 (62,25 %)
Maiores de 65 anos 529 (31,15 %)
Persoas estranxeiras 311 (18,31 %)
Evolución da poboación de Carballeda de Valdeorras   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018
4018 3806 4024 3344 2080 {{{13}}} {{{14}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Localización

Carballeda de Valdeorras sitúase no extremo oriental de Galiza. Limita ao norte con Rubiá, ao sur coa Veiga, ao leste con Encinedo e Benuza (provincia de León) e ao oeste co Barco de Valdeorras.

Polo extremo norte pasa o río Sil, aínda que ten máis relevancia o Casoio, que transcorre todo el polo municipio. Estes e outros ríos transcorren nos vales da Serra do Eixe, que ten as súas maiores alturas no sul: Macizo de Pena Trevinca (Trevinca Sur 2127 m; 2119 m en Pena Negra, Pena Survía 2095 m., a Serra do Eixe (1500 m) e os Vales do Casaio (1773 m).

Os montes son de lousas e xistos, e a extracción en canteiras é a principal actividade económica do concello.

Polo municipio transcorren o trazado da antiga N-120, que une Galiza coa meseta, e o camiño de ferro de Palencia á Coruña.

Historia

Casa do concello de Carballeda de Valdeorras, provincia de Ourense
Casa do concello.

Os romanos procuraron ouro no Sil; a destacar a explotación de tipo ruina montium na freguesía da Médua. Durante a Idade Media estas terras pasaron de man en man: dos descendentes do Conde Froila Diaz pasaron á Casa dos Castro, aos Condes de Lemos e finalmente ao Condado de Ribadavia, no século XV; mais algúns lugares como Lardeira e Casaio estaban baixo a xurisdición da Cabreira, pertencente ao marqués de Vilafranca do Bierzo, como acontecería tamén con lugares valdeorreses do actual concello de Rubiá. Porén ata fins do Antigo Réxime e desde a Alta Idade Media o mosteiro de San Martiño de Castañeda, sito na próxima comarca de Sanabria mantivo a granxa de Santa Cruz, na parroquia de Casoio, obxecto de poxa durante a desamortización.

Durante a Guerra de Independencia Española o abade de Casoio, José Ramón Quiroga Uría, dirixiu as alarmas do Valdeorras contra as tropas francesas. Durante a Guerra civil española e na posguerra, constituíronse grupos guerrilleiros antifranquistas, que utilizaron a serra do Eixe como refuxio, sendo quizais o máis coñecido dos seus mandos Manuel Bazán Girón. Ao tempo, os nazis, no comezo da década de 1940, explotaron as minas de volframio de Valborraz, nos montes de Casaio, que explotaron con presos de guerra republicanos.

Nos anos 1950, o descubrimento de importantes filóns de lousa -louxa en variante local- no cunca dos ríos Casoio e Candís, sería o inicio, nos comezos lento, dunha importante industria de extracción e elaborado como material de cubrición, principalmente. Dun certo minifundismo industrial, foise chegando a unha maior concentración e a expansión exterior, dalgunhas das empresas, das que talvez o símbolo sexa CUPA -ata hai pouco coñecida como CUPIRE-, recoñecida actualmente como a primeira empresa mundial do sector da pedra. Porén, a pesar de que o concello ostenta a proporción máis alta de Galiza de poboación activa empregada no sector secundario -e tamén de emprego feminino-, o concello perdeu poboación, unha parte importante da cal se trasladou ao veciño O Barco de Valdeorras, polas súas características marcadamente xa urbanas con ampla oferta de servizos.

Monumentos e turismo

Do megalitismo destaca o Lombo das Arcas. A vía militar romana XVIII ou Vía Nova atravesou Valdeorras. Próxima dela fican os piares da Pontóriga sobre o Sil, por onde atravesaba unha vía romana secundaria. A ponte que atravesa o río Casaio, que unia camiños secundarios da Vía XVIII, ten un só arco e está construída con lousas. Nese arco houbo unha vivenda, arrasada a fins do século XX por unha crecida.

A ponte de Sobradelo, Carballeda de Valdeorras, sobre do Sil, con sete arcadas, cuxo arco central foi cortado polo abade de Casoio durante a Guerra de Independencia Española, foi comezada a finais do século XVI.

Un dos atractivos de Carballeda é o Macizo de Pena Trevinca, poboado de árbores autóctonas e co único bosque de teixos de toda Galiza, o teixedal de Casaio.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Carballeda de Valdeorras.
Placa altimétrica, concello Carballeda de Valdeorras

Placa altimétrica do concello.

Ponte Nova de Sobradelo

Ponte Nova de Sobradelo

Estación de Sobradelo, Carballeda de Valdeorras - novo

Edificio novo da estación de Sobradelo

Lugares de Carballeda de Valdeorras

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Carballeda de Valdeorras vexa: Lugares de Carballeda de Valdeorras.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Goberno de España, Ministerio do Interior (ed.). "Elecciones 2019". resultados.eleccioneslocaleseuropeas19.es. Consultado o 27 de maio de 2019.
  3. Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). valdeorras "Carballeda de Valdeorras" |url= incorrecto (Axuda). www.fegamp.gal. Consultado o 15 de setembro de 2019.
  4. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.
  5. 5,0 5,1 Costas González, X.-H. (2016): Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega, páx. 44. Universidade de Vigo. ISBN 978-84-8158-706-7

Véxase tamén

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
A Portela do Trigal, Carballeda de Valdeorras

Santa Ana da Portela do Trigal é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Carballeda de Valdeorras. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 59 habitantes (33 homes e 26 mulleres), distribuídos en 2 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 68 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 45 habitantes, sendo 25 homes e 20 mulleres.

Candeda, Carballeda de Valdeorras

San Bernabeu de Candeda é unha parroquia que se localiza no oeste do concello ourensán de Carballeda de Valdeorras na comarca de Valdeorras. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 29 habitantes (17 homes e 12 mulleres), distribuídos en 1 entidade de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 46 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 24 habitantes, sendo 14 homes e 10 mulleres.

Carballeda, Carballeda de Valdeorras

San Vicenzo de Carballeda é unha parroquia que se localiza no oeste do concello ourensán de Carballeda de Valdeorras na comarca de Valdeorras. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 96 habitantes (50 mulleres e 56 homes), distribuídos en 2 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 106 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 64 habitantes, sendo 28 homes e 36 mulleres.

Casaio, Carballeda de Valdeorras

Santa María de Casaio é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Carballeda de Valdeorras. Segundo o padrón municipal (INE 2011) ten 421 habitantes (221 homes e 200 mulleres), o que supón unha diminución en 17 habitantes en relación ao ano anterior.

Malia figurar como unha entidade única, Casaio está formado por catro barrios: Casaio Suso, Romiña, Somoza e Cadanaia. A parroquia está situada a case 1200 m de altitude, nos montes de Lardeira, que na súa crista serven de límite coa comarca leonesa de Cabreira. O seu clima é de tipo oceánico de montaña, e na parroquia está o teixedal de Casaio.

Casoio, Carballeda de Valdeorras

San Xulián de Casoio é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Carballeda de Valdeorras. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 57 habitantes (29 homes e 28 mulleres), distribuídos en 1 entidade de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 68 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 44 habitantes, sendo 21 homes e 23 mulleres.

Domiz, Carballeda de Valdeorras

San Bernabeu de Domiz é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Carballeda de Valdeorras. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 23 habitantes (13 homes e 10 mulleres), distribuídos en 1 entidade de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 31 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 22 habitantes, sendo 16 homes e 6 mulleres.

Estación de Pumares

Pumares é un apeadoiro de Adif, situado en Pumares, no concello de Carballeda de Valdeorras, provincia de Ourense. Actualmente non ten servizos de pasaxeiros.

Estación de Sobradelo

Sobradelo é unha estación de tren de Adif, situada na vila de Sobradelo, no concello de Carballeda de Valdeorras, provincia de Ourense. Ten servizos de Media distancia operados por Renfe.

Lardeira, Carballeda de Valdeorras

San Tirso de Lardeira é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Carballeda de Valdeorras. Segundo o IGE en 2014 tiña 26 habitantes (17 homes e 9 mulleres), 24 menos ca en 2004 (25 homes e 25 mulleres) e 25 menos ca en 1999. Ten unha única entidade de poboación, a aldea que dá nome á parroquia.

Pumares, Carballeda de Valdeorras

San Martiño de Pumares é unha parroquia que se localiza no noroeste do concello de Carballeda de Valdeorras. Segundo o IGE en 2014 tiña 63 habitantes (34 homes e 29 mulleres), dous máis ca en 2004 (33 mulleres e 28 homes) e cinco menos ca en 1999. Ten dúas entidades de poboación,

Nesta parroquia está a estación de Pumares.

Pusmazán, Carballeda de Valdeorras

San Mateo de Pusmazán é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Carballeda de Valdeorras.

Segundo o IGE en 2014 tiña 31 habitantes (16 homes e 15 mulleres), tres máis ca en 2012 (14 homes e 14 mulleres). En 2011 tiña 25 habitantes (13 homes e 12 mulleres). Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 27 habitantes (15 homes e 12 mulleres), os mesmos ca en 1999. Ten só unha entidade de poboación.

Riodolas, Carballeda de Valdeorras

Santa María de Riodolas é unha parroquia que se localiza no centro do concello de Carballeda de Valdeorras. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 11 habitantes (6 homes e 5 mulleres), distribuídos en 1 entidade de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 15 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación mantivérase nos 11 habitantes, sendo 8 homes e 3 mulleres.

Robledo, Carballeda de Valdeorras

Santa María de Robledo é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Carballeda de Valdeorras. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 162 habitantes (83 homes e 79 mulleres), distribuídos en 1 entidade de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 181 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 119 habitantes, sendo 61 homes e 58 mulleres.

San Xusto, Carballeda de Valdeorras

San Xusto é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Carballeda de Valdeorras. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 121 habitantes (65 mulleres e 56 homes), distribuídos en 2 entidade de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 155 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 86 habitantes, sendo 39 homes e 47 mulleres.

Santa Cruz, Carballeda de Valdeorras

Santa Cruz é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Carballeda de Valdeorras. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 44 habitantes (24 homes e 20 mulleres), distribuídos en 1 entidade de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 62 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 36 habitantes, sendo 18 homes e 18 mulleres.

Serra do Eixe

A serra do Eixe ou serra do Eixo é unha cadea montañosa de orientación NO-SL situada no leste de Galicia, a cabalo entre os concellos da Veiga e Carballeda de Valdeorras. Fai parte do macizo de Pena Trevinca.

Sobradelo, Carballeda de Valdeorras

Santa María de Sobradelo é unha parroquia que se localiza no noroeste do concello de Carballeda de Valdeorras. Segundo o padrón municipal en 2018 tiña 585 habitantes (295 mulleres e 290 homes).

Soutadoiro, Carballeda de Valdeorras

Santa Isabel de Soutadoiro é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Carballeda de Valdeorras. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 15 habitantes (8 mulleres e 7 homes), distribuídos en 2 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 17 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación mantivérase nos 15 habitantes, sendo 9 homes e 6 mulleres.

Vila, Carballeda de Valdeorras

Santa María Madalena de Vila é unha parroquia que se localiza no noroeste do concello de Carballeda de Valdeorras. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 5 habitantes (3 mulleres e 2 homes), distribuídos en 1 entidade de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 6 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 4 habitantes, sendo 1 home e 3 mulleres.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.