Carballeda de Avia, Carballeda, Carballeda de Avia

Carballeda de Avia é un lugar da parroquia de San Miguel de Carballeda, no concello de Carballeda de Avia, na comarca do Ribeiro. Tiña 341 habitantes no ano 2011 segundo datos do INE[1] e do IGE[2], dos cales 160 eran homes e 181 mulleres. Iso supón unha diminución da poboación respecto a 2010, cando tiña 342 habitantes (166 homes e 176 mulleres).

Carballeda de Avia
ParroquiaCarballeda
ConcelloCarballeda de Avia
Poboación341 hab. (2011)

Festas

En Carballeda celébrase o 16 de xullo a festa do Carme, que organizaban as mozas solteiras da parroquia, nomeadas polas do ano anterior. Hoxe, por falta de mozas e para que continúe da súa celebración, encárganse os mozos.

Lugares e parroquias

Parroquias de Carballeda de Avia

Notas

  1. INE (ed.). "Instituto Nacional de Estadística. Nomenclátor. Relación de unidades poblacionales" (en castelán). Consultado o 28.decembro.2012.
  2. IGE (ed.). "IGE - Nomenclátor de Galicia - Carballeda de Avia – Carballeda" (en galego). Consultado o 28.decembro.2012.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.