Carballeda de Avia

Carballeda de Avia é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca do Ribeiro. Segundo o padrón municipal, en 2014 tiña 1390 habitantes (1596 en 2003).O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é carballedés[5] ou (véxase no Galizionario) aviao[6] .

Coordenadas: 42°19′12.95″N 08°9′55.04″O / 42.3202639, -8.1652889

Carballeda de Avia
Escudo de Carballeda de Avia
Reitoral de Beiro, Beiro, Carballeda de Avia
Reitoral de Beiro.
Situacion Carballeda de Avia
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia de Ourense
ComarcaComarca do Ribeiro
Poboación1.317 hab. (2018)
Área47,0 km²
Densidade28,02 hab./km²
Entidades de poboación8 parroquias
Capital do concelloCarballeda de Avia
Política (2019[2])
AlcaldeLuís Milia Méndez (PSdeG[3])
Concelleiros
PPdeG: 2
PSdeG-PSOE: 7
Eleccións municipais en Carballeda de Avia
Uso do galego[4] (2011)
Galegofalantes88,92%
Na rede
http://www.carballedadeavia.com/

Demografía

Censo Total 1390 (2014)
Menores de 15 anos 84 (6,04 %)
Entre 15 e 64 anos 735 (52,88 %)
Maiores de 65 anos 571 (41,08 %)
Evolución da poboación de Carballeda de Avia   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018
3463 3449 3312 2822 1601 {{{13}}} {{{14}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Xeografía

O concello ten 46 km² e abrangue oito parroquias. Está situado entre as serras do Faro e do Suído.

Historia

Consérvanse restos da cultura castrexa no poboado de Coto da Moura. Durante a idade media e o antigo réxime a zona pertenceu aos condes de Ribadavia, Lemos e Monterrei., así como ós mosteiros de Celanova, Melón e Oseira.

Patrimonio

Casa concello, Carballeda de Avia 04
Casa do concello.

A igrexa de Abelenda das Penas é de orixe románica, e estivo relacionada coa Orde do Temple. Preto dela hai un cruceiro do século XVII e restos romanos. No adro da igrexa de San Pedro de Beiro hai un cruceiro con pousadoiro. En Beiro destaca tamén a casa do Priorato.

A igrexa de Muimenta é románica, e nesta parroquia hai unha eira con numerosos canastros. A ermida da Nosa Señora do Lodairo é de estilo románico de transición a gótico, cun peto de ánimas próximo. A igrexa de San Miguel en Carballeda de Avia é barroca.

Patrimonio natural

Salienta Pena Corneira, un espazo declarado monumento natural, onde atopamos formacións rochosas senlleiras e un importante patimonio natural.

Heráldica

O escudo heráldico do concello é partido e cortado, timbrado con coroa real. En campo de prata, unha carballeira de cor natural. En campo de azul, unha torre redonda de pedra superada dunha aguia voante de sable, picada e membrada de goles. En campo de ouro, unha serra de cor natural (pedra).

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Carballeda de Avia.
Pano - Carballeda de Avia

Panorámica de Carballeda de Avia.

Hórreos de Muimenta, Carballeda de Avia, Galicia

Hórreos de Muimenta.

Pena Corneira, Carballeda de Avia 26

Pena Corneira.

Balde, Carballeda de Avia 20

Casas na parroquia de Balde.

Praza párroco Quiroga, Carballeda de Avia 10

Praza párroco Quiroga.

Lugares de Carballeda de Avia

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Carballeda de Avia vexa: Lugares de Carballeda de Avia.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Goberno de España, Ministerio do Interior (ed.). "Elecciones 2019". resultados.eleccioneslocaleseuropeas19.es. Consultado o 27 de maio de 2019.
  3. Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). "Carballeda de Avia". www.fegamp.gal. Consultado o 15 de setembro de 2019.
  4. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.
  5. Costas González, X.-H. (2016): Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega, páx. 44. Universidade de Vigo. ISBN 978-84-8158-706-7
  6. Costas González, X.-H. (2016): 'Os xentilicios en galego' en Na universidade con seguridade , páx. 79. Universidade de Vigo. ISBN 978-84-8158-696-1

Véxase tamén

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
A Costeira, Carballeda, Carballeda de Avia

A Costeira é un lugar da parroquia de San Miguel de Carballeda, no concello de Carballeda de Avia, na comarca do Ribeiro. Tiña 56 habitantes no ano 2011 segundo datos do INE e do IGE, dos cales 30 eran homes e 26 mulleres. Iso supón unha diminución da poboación respecto a 2010, cando tiña 59 habitantes (30 homes e 29 mulleres).

Segundo o IGE en 2009 tiña 59 habitantes (31 homes e 28 mulleres), o que supón unha diminución respecto do ano 1999 canto tiña 60 habitantes.

A Veronza, Carballeda, Carballeda de Avia

A Veronza é un lugar da parroquia de San Miguel de Carballeda, no concello de Carballeda de Avia, na comarca do Ribeiro. Tiña 39 habitantes no ano 2011 segundo datos do INE e do IGE, dos cales 17 eran homes e 22 mulleres. Iso supón unha diminución da poboación respecto a 2010, cando tiña 44 habitantes (21 homes e 23 mulleres).

Abelenda das Penas, Carballeda de Avia

Santo André de Abelenda das Penas é unha parroquia do concello de Carballeda de Avia, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 355 habitantes, deles 173 eran homes e 182 eran mulleres.

Está comunicada pola estrada OU-0306. Por ela discorre o rego de Bullón. A igrexa parroquial é de arquitectura románica. Hai canteiras de granito e industria madeireira.

Balde, Carballeda de Avia

San Martiño de Balde é unha parroquia do concello de Carballeda de Avia, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 10 habitantes, deles 5 eran homes e 5 eran mulleres.

Beiro, Carballeda de Avia

San Pedro de Beiro é unha parroquia do concello de Carballeda de Avia, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 108 habitantes, deles 50 eran homes e 58 eran mulleres.

Carballeda, Carballeda de Avia

San Miguel de Carballeda é unha parroquia do concello de Carballeda de Avia, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 618 habitantes, deles 309 eran homes e 309 eran mulleres.

Carballeda de Avia, Carballeda, Carballeda de Avia

Carballeda de Avia é un lugar da parroquia de San Miguel de Carballeda, no concello de Carballeda de Avia, na comarca do Ribeiro. Tiña 341 habitantes no ano 2011 segundo datos do INE e do IGE, dos cales 160 eran homes e 181 mulleres. Iso supón unha diminución da poboación respecto a 2010, cando tiña 342 habitantes (166 homes e 176 mulleres).

Comarca do Ribeiro

A comarca do Ribeiro é unha comarca galega situada na provincia de Ourense no curso medio do río Miño, que a percorre de nordeste a suroeste. A súa capital é Ribadavia, e a ela pertencen os concellos da Arnoia, Avión, Beade, Carballeda de Avia, Castrelo de Miño, Cenlle, Cortegada, Leiro, Melón e Ribadavia. Dálle nome ao viño do Ribeiro.

Ocupa unha superficie de 407,1 km², nos que viven 16.547 habitantes (2017). Por ela transcorren tamén os ríos Arnoia e Avia. O Miño está represado nos encoros de Castrelo de Miño e da Frieira. Existen varios balnearios que aproveitan as augas. Desde a Serra do Suído e Faro de Avión, ao oeste, onde se chega ao 1.000 m de altitude, o relevo descende até só 97 m en Ribadavia e Arnoia.

Faramontaos, Carballeda de Avia

San Cosme de Faramontaos é unha parroquia do concello de Carballeda de Avia, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 86 habitantes, deles 44 eran homes e 42 eran mulleres.

Fiscás, Carballeda, Carballeda de Avia

Fiscás é un lugar da parroquia da Carballeda no concello ourensán de Carballeda de Avia na comarca do Ribeiro. Tiña 40 habitantes no ano 2011 segundo datos do INE e do IGE, dos cales 25 eran homes e 15 mulleres. Iso supón unha diminución da poboación respecto a 2010, cando tiña 41 habitantes (26 homes e 15 mulleres).

Lugares de Carballeda de Avia

Galicia → Parroquias de Galicia → Lugares de Galicia → Lugares de Carballeda de Avia

Luís Milia

Luís Milia Méndez, nado en Xunqueira de Ambía o 21 de xuño de 1948, é un político galego do PSdeG-PSOE.

Muimenta, Carballeda de Avia

San Xiao de Muimenta é unha parroquia do concello de Carballeda de Avia, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 96 habitantes, deles 38 eran homes e 58 eran mulleres.

Pena Corneira

Pena Corneira é un espazo natural de 998 hectáreas declarado monumento natural da comarca ourensá do Ribeiro, entre Avión, Carballeda de Avia e Leiro, e que se caracteriza por se asentar sobre un vasto macizo granítico senlleiro cun grande interese pola súa singularidade e importancia dos seus valores científicos, culturais e paisaxísticos. Carballeda de Avia o municipio que alberga unha maior superficie, seguido dos concellos de Leiro e Avión, todos na comarca do Ribeiro.No cumio do monte existe a a Pena Corneira, un penedo vertical de dez metros de altura.

Rosa Álvarez

Rosa Álvarez Cabo, nada en Carballeda de Avia o 5 de outubro de 1950, é unha actriz e directora teatral galega.

Santo Estevo de Nóvoa, Carballeda de Avia

Santo Estevo de Nóvoa é unha parroquia do concello de Carballeda de Avia, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 92 habitantes, deles 38 eran homes e 54 eran mulleres.

Serra do Faro de Avión

A serra do Faro de Avión é unha importante elevación ao sur da dorsal galega situada entre os concellos de Melón, Avión e Carballeda de Avia, na provincia de Ourense, e os concellos de Covelo e A Cañiza na provincia de Pontevedra.

Vilar de Condes, Carballeda de Avia

Santa María de Vilar de Condes é unha parroquia do concello de Carballeda de Avia, na provincia de Ourense. En 2017 tiña 182 habitantes, 73 menos ca en 2007, cando tiña 235 (108 homes e 127 mulleres).

Na Idade Media pertenceu ao coto de Melón, dependente do mosteiro de Santa María de Melón.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.