Cara oculta da Lúa

A cara oculta da Lúa é o hemisferio da Lúa non observable desde a Terra. Iso ocorre debido a que a Lúa tarda en rotar sobre si mesma o mesmo que o seu movemento de translación ao redor da Terra, o que provoca que o satélite lle presente sempre a mesma cara. Adóitase chamar a esta parte da lúa o seu “Lado Escuro” pero isto é incorrecto xa que non hai ningunha sección da Lúa que non reciba luz solar. Debido ás libracións, desde a Terra só se nos oculta o 41 % da superficie lunar (é dicir uns 15,5 millóns de km²).

Cara-oculta-luna
Fotografía da cara oculta da Lúa.
Soviet Union-1959-stamp-photo of moon
Selo postal da URSS de 1959 conmemorando a primeira fotografía da cara oculta da Lúa.

Historia

Este hemisferio estivo oculto á vista humana ata que a sonda automática soviética Luna 3 o fotografou por primeira vez o día 7 de outubro de 1959.[1] Como a Lúa tarda o mesmo tempo en dar unha volta sobre si mesma que ao redor da Terra, presenta sempre a mesma cara. Isto débese a que a Terra, por un efecto chamado gradiente gravitatorio, freou completamente a Lúa. A maioría dos satélites regulares presentan este fenómeno respecto dos seus planetas.

Nos programas de estabelecemento dunha base lunar estable planeouse empregar o hemisferio oculto para a instalación de instrumentos de observación destinados ao estudo do firmamento, xa que aquel está máis protexido da influencia da Terra que o hemisferio visible.

Xeografía

Trátase dunha zona moito máis accidentada que o hemisferio visible. Neste hemisferio non existen grandes mares, como sucede no visible; unicamente localízanse os mares Moscoviense, Orientale e Ingenii, compartindo así mesmo co hemisferio visible o Mare Australe, aínda que estas concas son de bastante menor tamaño que as da cara visible. Si existen, con todo, xigantescos cráteres ou circos lunares maiores que os do outro hemisferio, podéndose atopar algúns como Apolo, de até 520 km de diámetro. Debido a que foron as naves soviéticas as primeiras en fotografar esta cara lunar, a maioría dos accidentes teñen nomes de científicos e personaxes rusos.

Notas

  1. Encyclopedia Astronautica: Luna E-3 (http://www.astronautix.com/)

Véxase tamén

Bibliografía

  • La Luna, estudio básico, José Carlos Violat Bordonau, Purificación Martín. España, 2006, ISBN 978-8486639-78-5 (en castelán)

Outros artigos

Ligazóns externas

2019

2019 (MMXIX) é un ano común do calendario gregoriano dentro do século XXI.

Andrija Mohorovičić

Andrija Mohorovičić, nado en Volosko o 23 de xaneiro de 1857 e finado en Zagreb o 18 de decembro de 1936, foi un notábel meteorólogo, sismólogo e xeofísico croata famoso por postular a existencia dunha descontinuidade nas propiedades mecánicas dos materiais xeolóxicos marcando a transición entre a codia e o manto da Terra.

Esta descontinuidade denomínase hoxe descontinuidade de Mohorovičić, ou simplemente descontinuidade Moho, en homenaxe ao seu descubridor.

Apollo 8

O Apollo 8 foi a segunda misión tripulada do Proxecto Apollo dos Estados Unidos de América, e a primeira en usar o enorme lanzador Saturno V. Foi a primeira viaxe espacial tripulada que escapou do campo gravitatorio terrestre, circunvalou a Lúa e entrou en órbita lunar.

Caldeira volcánica

Unha caldeira volcánica é unha gran depresión con forma de caldeira que se forma por afundimento despois de que un volcán evacúa todo o magma da súa cámara de magma. Cando nunha erupción se emiten grandes volumes de magma nun curto período de tempo, pérdese o sostén estrutural da zona da codia terrestre que está sobre a cámara de magma. A consecuencia é que a superficie colapsa e afúndese sobre a cámara magmática en gran parte baleira, orixinando unha gran depresión na superficie, que pode ter desde un quilómetro a ducias de diámetro. Aínda que ás veces se describen como cráteres volcánicos, as características das caldeiras son realmente as dunha zona de afundimento, xa que se forman por subsidencia e colapso e non por outras causas, como un impacto. Só se coñecen sete colapsos deste tipo que formaron caldeiras desde o comezo do século XX, o máis recente o do volcán Bárðarbunga de Islandia.

Cara visible da Lúa

A cara visible da Lúa é o hemisferio da Lúa que está permanentemente orientado cara á Terra, sendo o hemisferio oposto á cara oculta da Lúa. A razón pola cal desde a Terra só é visible esta cara da Lúa é debido a que a Lúa vira ao redor do seu eixo de rotación á mesma velocidade á cal orbita ao redor da Terra, o cal se coñece como rotación síncrona ou axuste de marea.

A Lúa está directamente iluminada polo Sol e debido á variación cíclica das condicións de observación desde a Terra ocorre o que se coñece como fases lunares. As partes non iluminadas da Lúa poden ás veces estar debilmente iluminadas debido ao brillo da Terra, que non é máis que a luz solar que ao reflectirse na superficie da Terra se proxecta sobre a Lúa. Dado que a órbita da Lúa é un pouco elíptica e está inclinada respecto do seu plano ecuatorial, as libracións permiten que até un 59% da superficie da Lúa poida verse desde a Terra (aínda que desde calquera punto da Terra en calquera momento só pode observarse a metade do satélite).

Chang'e 4

Chang'e 4, módulo de descenso dun lanzamento espacial chinés, foi a primeira sonda en aluar na cara oculta da Lúa, o 3 de xaneiro de 2019, despois de ser lanzada o 7 de decembro de 2018. Aluou no interior do cráter Von Kármán. Levou unha serie de seres vivos para experimentar: algodón, colza, pataca, arabidopsis, levadura e moscas da froita. A finalidade era formar unha mini zona con condicións atmosféricas na que poder realizar un ciclo vital. A experiencia non sobreviviu as baixas temperaturas da noite lunar.

A nave levaba un vehículo lunar, o rover Yutu2.

Ó igual que as anteriores da serie Chang'e, o seu nome Chang'e 4 provén dunha lenda chinesa na que unha rapaza xove voa ata a Lúa.

Ciencias naturais

As ciencias naturais, ciencias da natureza, ciencias físico-naturais, ciencias experimentais ou mesmo historia natural, son aquelas ciencias que teñen por obxecto o estudo da natureza seguindo o método científico, tamén coñecido como método experimental.As ciencias naturais estudan só os aspectos físicos do universo, e non os aspectos humanos do mundo, obxecto das chamadas ciencias sociais ou humanas, diferenciándose por tanto das humanidades, as artes e doutros tipos de saberes, que implican enfoques epistemolóxicos diferentes.As ciencias naturais apóianse no razoamento lóxico e no aparato metodolóxico das denominadas ciencias formais, especialmente das matemáticas, cuxa relación coa realidade da natureza é menos directa (ou mesmo inexistente).

Por outra parte, diferéncianse das ciencias aplicadas, xa que forman parte da ciencia básica, aínda que teñen naquelas os seus desenvolvementos prácticos, polo que están intimamente ligadas, interactuando entre elas e co sistema produtivo nos sistemas denominados investigación e desenvolvemento (I+D) ou investigación, desenvolvemento e innovación (I+D+i, ou I+D+I).

Década de 2010

A década de 2010 é a década actual, que abrangue o período entre o 1 de xaneiro de 2010 até o 31 de decembro de 2019.

É unha década que na súa primeira metade segue fortemente marcada pola crise económica mundial que comezou en 2008. A día de hoxe, fálase dela como a «Segunda Gran Recesión». A crise de débeda soberana puxo en xaque á Unión Europea, xa que catro estados membros da Zona Euro (Grecia, Irlanda, Portugal e Chipre) tiveron que ser rescatados. O Reino Unido no 2016 tras un referendo converteuse no primeiro estado membro da UE que decidiu abandonaa a Unión.

A Primavera árabe marcou os primeiros meses do ano 2011. Unhas revolucións sen precedentes en varios países árabes serviron para acabar con réximes ditatoriais que os gobernaron por varias décadas en países como Túnez, Exipto ou Libia. Porén, a gran inestabilidade dos países árabes provocou que grupos fundamentalistas islámicos como o Estado Islámico apareceran e tomaran extensas zonas en Siria, Iraq, Exipto e Libia. Aínda que se formou unha coalición contra o EI non se evitou que este cometera numerosos atentados en Europa, en lugares como Francia (Atentado na sede de Charlie Hebdo e Atentados de París de novembro de 2015, ambos no 2015 e o Atentado de Niza de 2016 no 2016), ou Bélxica (Atentados de Bruxelas de 2016). Ademais, os terroristas islámicos cometeron numerosos atentados en países musulmáns como Turquía, Túnez, Exipto ou Iraq.

George Francis FitzGerald

George Francis FitzGerald, nado en Dublín o 3 de agosto de 1851 e finado na mesma cidade o 22 de febreiro de 1901, foi un profesor irlandés de "filosofía natural e experimental", é dicir, de física, no Trinity College de Dublín durante o último cuarto do século XIX. FitzGerald é coñecido polo seu traballo na teoría electronmagnética e pola contracción de Lorentz–FitzGerald, que chegou a ser unha parte integral da teoría da relatividade especial de Einstein.

Iron Sky

Iron Sky é unha coprodución finesa, alemá e australiana dirixida por Timo Vuorensola que foi estreada no 2012.

Lista de gañadores dos Premios Ig Nobel

Esta é unha lista de gañadores dos Premios Ig Nobel dende o ano 1991 ata a actualidade.

Os Premios Ig Nobel son unha parodia dos Premios Nobel que se outorgan cada ano en outubro.

Lúa

A Lúa é o único satélite natural da Terra, visible desde esta só en parte e baixo formas distintas, chamadas fases, segundo a posición que teña respecto da Terra e o lado por onde reciba a luz do Sol. Cun diámetro de 3476 km é o quinto satélite máis grande do Sistema Solar, mentres que en canto ao tamaño proporcional respecto do seu planeta é o satélite máis grande: un cuarto do diámetro da Terra e 1/81 da súa masa. Logo de Ío, é ademais o segundo satélite máis denso.

A rotación da Lúa foise sincronizando ó longo do tempo coa da Terra, de xeito que sempre se observa aproximadamente a mesma parte de superficie dende a Terra. O hemisferio visible está marcado con escuros mares lunares de orixe volcánico entre as brillantes montañas antigas e os destacados astroblemas. Malia ser en aparencia o obxecto máis brillante no ceo despois do Sol, a súa superficie é en realidade moi escura, cunha reflexión similar á do carbón. A súa prominencia no ceo e o seu ciclo regular de fases fixeron da Lúa un obxecto con importante influencia cultural desde a antigüidade tanto na linguaxe, como no calendario, a arte ou a mitoloxía. A influencia gravitatoria da Lúa produce as mareas e o aumento da duración do día. A distancia orbital da Lúa, preto de trinta veces o diámetro da Terra, fai que se vexa no ceo co mesmo tamaño que o Sol e permite que a Lúa cubra exactamente ao Sol nas eclipses solares totais. Esta coincidencia de tamaño visual aparente é unha coincidencia. A distancia lineal da Lúa á Terra está aumentando a un ritmo de 3,82 ± 0,07 cm por ano, aínda que esta taxa non é constante.A Lúa é o único corpo celeste no que o ser humano realizou un descenso tripulado. Aínda que o programa Lúa da Unión Soviética foi o primeiro en alcanzar a Lúa cunha nave espacial non tripulada, o programa Apolo de Estados Unidos conseguiu as únicas misións tripuladas ata a data, comezando coa primeira órbita lunar tripulada polo Apollo 8 en 1968, e seis aluaxes tripulados entre 1969 e 1972, sendo o primeiro o Apollo 11 en 1969. Estas misións regresaron con máis de 380 kg de rocha lunar, que permitiron alcanzar unha detallada comprensión xeolóxica das orixes da Lúa (crese que se formou fai 4500 millóns de anos logo dun grande impacto), a formación da súa estrutura interna e a súa posterior historia.

Desde a misión do Apollo 17 en 1972, foi visitada unicamente por sondas espaciais non tripuladas, en particular polos astromóbiles soviéticos Lunokhod. Desde 2004, Xapón, China, India, Estados Unidos, e a Axencia Espacial Europea enviaron orbitadores. Estas naves espaciais confirmaron o descubrimento de auga xeada fixada ao regolito lunar en cráteres que se atopan na zona de sombra permanente e están situados nos polos. Planeáronse futuras misións tripuladas á Lúa, tanto por gobernos como por empresas privadas, pero non se puxeron en marcha aínda. A Lúa mantense, baixo o tratado do espazo exterior, libre para a exploración de calquera nación con fins pacíficos.

Mare Ingenii

Mare Ingenii (Mar do Enxeño) é un mar lunar que se atopa no hemisferio sur da cara oculta da Lúa.

Ten un diámetro de 318 quilómetros, e unha área duns 36.000 quilómetros cadrados (similar a superficie de Taiwán.Foi descuberto pola misión espacial soviética Luna 3, en 1959.O mar atópase na conca Ingenii. O material da conca é do período Pre-Nectárico, e o do mar é do período Ímbrico Superior. Dentro do mar pódese distinguir o cráter Thomson, unha gran conca circular, tamén cuberta por material basáltico. O cráter gris claro ao sur do mar é Obruchev. Cara ao nordés atópase o cráter Van De Graaff.

Moon (filme)

Moon é un filme británico de ciencia ficción co-escrito e dirixido por Duncan Jones que foi estreado no ano 2009. A historia segue a Sam Bell (Sam Rockwell), un home que experimenta unha crise persoal cando está a piques de rematar a súa estadía de 3 anos en solitario como mineiro de helium-3 na cara oculta da Lúa. Kevin Spacey fai a voz do compañeiro robótico de Sam, GERTY. Moon estreouse no Festival de Sundance de 2009, distribuíndose en cinemas seleccionados en Nova York e Os Ánxeles o 12 de xuño de 2009. A distribución ampliouse a outros cinemas nos Estados Unidos e Toronto o 3 e 10 de xullo respectivamente e ao Reino Unido o 17 de xullo.

Moon tivo un orzamento modesto e recadou uns $10 millóns en todo o mundo pero foi louvado pola crítica. A interpretación de Rockwell tamén foi eloxiada, facendo que o filme fose máis realista. Gañou numerosos premios da crítica e premios en festivais de cine e foi nomeado ós BAFTA ó mellor filme británico.

Tebe (lúa)

Tebe ( ou en grego Θήβη), tamén coñecido coma Xúpiter XIV, e a cuarta lúa máis próxima a Xúpiter. Foi descuberta por Stephen P. Synnott a partir de imaxes obtidas pola Voyager 1 o 5 de marzo de 1979, cando esta sonda orbitaba Xúpiter. No ano 1983 foi bautizada oficialmente co nome dunha ninfa mitolóxica, Tebe.A órbita de Tebe descansa na beira exterior do Anel difuso de Tebe, o cal está composto de material expulsado da propia lúa. Tebe é a segunda lúa máis grande das catro lúas interiores de Xúpiter. Tebe ten unha forma irregular e unha cor tirando a vermella, pensase que ten unha composición semellante a de Amaltea, que consiste en xeo de auga poroso e cantidades descoñecidas doutros materiais. A súa superficie inclúe grandes cráteres e montañas altas.Tebe foi fotografada nos anos 1979 e 1980 polas sondas Voyager 1 e 2, e máis tarde e con moito máis detalle, sería fotografada pola sonda Galileo nos anos 90.

Thor (volcán)

Thor é un volcán activo que está situado na superficie da lúa de Xúpiter, Ío. Está situado no hemisferio 'oculto' (cara oculta) da lúa, nas coordenadas 39,15° N 133,14° O. O 6 de outubro do ano 2001, a sonda Galileo puido observar unha grande erupción cunha grande emisión termal, cando a sonda sobrevoou as rexións máis externas da pluma puido facer observacións máis directas. A erupción continuo no transcurso do seguinte sobrevoo da Galileo, acontecido en outubro do 2001. Tal coma se ve nas imaxes de alta resolución tomadas durante a erupción, Thor está composto dunha serie de escuros regueiros de lava que emanan dunha depresión volcánica próxima. Antes da erupción, a área era unha serie de planicies dunha especie de vermello-marrón, composto de sulfuros, típicas de latitudes intermedias e latitudes polares do hemisferio norte, e tamén existían solos amarelos, posiblemente compostos de sulfuros ou capas de silicatos parcialmente cubertas de depósitos difusos de sulfuros. Durante o encontro da sonda New Horizons con Ío de febreiro do 2007, Thor estaba aínda activo, a sonda estivo observando a emisión termal nas lonxitudes de onda próximas ó infravermello, e tamén estivo observando a pluma do volcán.Thor recibiu oficialmente o seu nome actual no ano 2006, na mitoloxía nórdica, Thor é o deus do trono.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.