Capricho

Un capricho en arte, e especialmente na pintura dos séculos XVII e XVII e na música, é unha obra na que o autor se aparta dos modelos académicos que utiliza habitualmente para rachar coas regras e crear un traballo extravagante ou caprichoso.

Galería de caprichos

Artgate Fondazione Cariplo - Codazzi Viviano, Capriccio con un arco e scena di genere

Viviano Codazzi, Capricho cun arco e escena de xénero, 1660-70

Giovanni Paolo Panini - Alexander the Great Cutting the Gordian Knot - Walters 37516

Pannini, Alexandre Magno cortando o No Gordiano, 1718-19. Walters Art Museum

Marco Ricci and Sebastiano Ricci - A Capriccio of Classical Rome

Marco Ricci e Sebastiano Ricci, Un capricho da Roma clásica, 1720.

Giovanni Paolo Pannini - Ideal Landscape with the Titus Arch - WGA16970

Pannini, Paisaxe ideal co Arco de Tito, c. 1725. Colección privada

Roman Capriccio The Pantheon and Other Monuments by Giovanni Paolo Panini

Giovanni Pannini, Capricho romano, 1735. Museo de Arte de Indianápolis.[1]

Canaletto remondini pellegrino

Canaletto, Paisaxe con peregrino en oración, augaforte, 1741-44. Museum of Fine Arts, Houston

Canaletto - Imaginary View of Padua - Google Art Project

Canaletto, Vista Imaxinaria de Padua, augaforte, 1741-44

Giambattista Tiepolo - Punchinello gives counsel - from the series 'Scherzi di Fantasia' - Google Art Project

Tiepolo, "Pulchinelo dando consellos", Scherzi di Fantasia, 1743

Piranesi01

Piranesi, Cárceres Inventados, 1745-50, VI: "O braseiro fumegante"

Piranesicarceri

Idem., XVI: "O piar coas cadeas"

Piranesi9c

Idem., XI: "O arco cunha cuncha ornamental"

Piranesi03

Idem., XII: "A cuadra"

Giovanni Paolo Pannini 002

Panini, Paisaxe romana con profetas, 1751. Colección Graf Harrach'sche

Hubert Robert - Vista arqueológica

Hubert Robert, Vista Arqueolóxica, 1773. Museo Nacional de Arte Decorativo, Bos Aires

Goya - Caprichos (19)

Goya, Os Caprichos, 1799, Nº19: « Todos Caerán ».

Notas

  1. Capricho romano: o Panteón e outros monumentos é unha fantasía arquitectónica onde Pannini sitúa edificios e monumentos de Roma nun contexto insolitamente rural.
Banco de España

O Banco de España é o banco central de España. É unha entidade de Dereito público con personalidade xurídica propia e plena capacidade pública e privada. No desenvolvemento da súa actividade e para o cumprimento dos seus fins actúa con autonomía respecto á Administración Xeral do Estado.

O Banco de España é parte integrante do Sistema Europeo de Bancos Centrais e está sometido ás disposicións do Tratado da Comunidade Europea e aos estatutos do Sistema Europeo de Bancos Centrais.

O Banco de España pode ditar as normas precisas para o exercicio das funcións, que se denominarán «Circulares monetarias». Así mesmo, para o axeitado exercicio do resto das súas competencias, poderá ditar as disposicións precisas para o desenvolvemento daquelas normas que lle habiliten expresamente para o efecto. Tales disposicións denominaranse «Circulares». Unhas e outras disposicións serán publicadas no «Boletín Oficial do Estado».

A sede principal está situada, dende 1891, no número 48 da rúa Alcalá, a carón na praza de Cibeles. Tamén hai unha parada de metro co seu nome.

Capricho español

O Capricho español, Op. 34, é unha obra orquestral de cinco movementos baseada en melodías españolas, composta por Nikolai Rimskii-Korsakov en 1887. Nun primeiro momento, Rimskii-Korsakov concibiu a obra como un solo de violín con orquestra, pero máis tarde decidiu que a incorporación doutros instrumentos solistas acaía mellor ás vivaces melodías. O título en ruso é Каприччио на испанские темы (literalmente, Capricho sobre temas españois).

A inspiración para a obra provén da música que o autor descubriu durante as súas viaxes como oficial da mariña rusa entre 1862 e 1865. En España pasou varios días en Cádiz.

Cuatro Torres Business Area

Cuatro Torres Business Area (CTBA) é un parque empresarial de Madrid, formado fundamentalmente por catro rañaceos e o espazo comprendido por eles. Está situado no distrito de Fuencarral-El Pardo.

Dehesa de la Villa

A Dehesa de la Villa é un parque situado ao noroeste da cidade de Madrid, concretamente no barrio de Cidade Universitaria do distrito de Moncloa-Aravaca. A súa principal característica é que mantén o seu carácter forestal, estando no seu maior parte sen axardinar.

Antigamente era coñecida como a Dehesa de Amaniel, en honor ao seu dono, Lope de Amaniel, besteiro de Henrique II de Castela. O cualificativo "de la Villa" débese á condición de "Vila e Corte" que ostenta a cidade de Madrid.

Denario

Para a moeda de bronce da República de Roma de igual valor (10 ases), ver decussis.Denario (en latín: denarius; plural: denarii) foi moeda máis común e típica da época republicana da Roma antiga, e da que aínda se conservan innumerables pezas, denomínase denario. Coñécese con este nome á moeda de prata equivalente a 10 ases, cuxo peso nos 50 primeiros anos da súa institución foi dun sextante de onza; ou sexa, de 4,54 gramos, entrando 72 pezas nunha libra. Cando o ás baixou de peso a unha onza, o denario reduciuse a 3,90 gramos (ou sexa, de 84 pezas nunha libra) sen diminuír máis peso ata a época do Emperador Nerón, pero comprendendo 16 ases en lugar dos 10 que lle correspondían polo seu nome. Como divisores do denario, figuran:

o quinario, que valía a metade daquel, equivalente a cinco ases.

o sestercio ou a cuarta parte dun denario, equivalente a dous ases e medio.

Os tipos do anverso nos denarios e os seus divisores foron ao principio figuras de divindades romanas, a semellanza dos ases, levando, do mesmo xeito que os quinarios, a cabeza de Roma personificada, cuberta con gálea ou casco (que moitos confunden con Minerva). No reverso, levan a figura de Dióscuros (Cástor e Pólux) tirando do carro da Vitoria ou unha cuadriga (catro cabalos) arrastrando o carro de Xúpiter ou de Marte, de onde veñen os nomes de bigato e cuadrigato que se adoitan dar ás devanditas pezas. Moito máis tarde, en sucesivas emisións, irán desaparecendo as referidas divindades para dar lugar a figuras moi variadas, segundo o capricho do maxistrado que dirixía a cuñaxe e que consistían en representacións de antigos personaxes, recordos de familia, emblemas ou símbolos da mesma, e despois, fazañas ou empresas do respectivo maxistrado. Chegado o final da República ou época do Triunvirato de Xulio César, empezou a figurar nunha cara das moedas o retrato do personaxe que as autorizaba.

Despotismo

O despotismo é unha forma de goberno na que o poder se atopa nas mans dun só gobernante. Nesta, os súbditos son trátados como escravos. A diferenza da ditadura ou da tiranía, neste caso non depende de se o gobernante tiver condicións para se impor ao pobo, senón de que pobo non tiver condicións de se expresar e gobernarse, deixando o poder nas mans dun só, por medo ou por non saber o que facer. No despotismo, segundo Montesquieu, só un só goberna, sen leis e sen regras, ficando todo somentido á súa vontade e o seu capricho.

O despotismo é, sen dúbida, a forma máis simple de goberno. Está baseado nun concepto simple: o poder ten a razón. Nunha sociedade despótica, o poder é mantido incuestionabelmente polos que ostentan o poder co apoio das forzas armadas. Por causa da opresión experimentada neste tipo de réxime, os déspotas frecuentemente perciben que a súa capacidade de controlar a poboación precisa do uso de forzas armadas para tal control, especialmente nas cidades.

Alén diso, por ser unha forma de goberno tan centralizada, o despotismo ten dificultades para a xestión eficaz, tal como combater eficazmente a corrupción.

Estadio Santiago Bernabéu

O Estadio Santiago Bernabéu é un recinto deportivo, situado no distrito de Chamartín, ó norte da cidade de Madrid, España. Inaugurouse o 14 de decembro de 1947, sendo propiedade do Real Madrid Club de Fútbol. Ten unha capacidade de 80.354 espectadores e en 2007 o Estadio foi nombrado estadio elite pola UEFA.

Fernando VII

Fernando VII de España, alcumado o "desexado" e tamén "o felón" nado en San Lorenzo de El Escorial o 14 de outubro de 1784 e finado en Madrid o 29 de setembro de 1833, foi rei de España, fillo de Carlos IV e de María Luísa de Parma.

O seu reinado, como sucedeu en boa parte de Europa, estivo marcado pola tensión entre o absolutismo herdado e defendido por el e as novas ideas liberais. De feito herdou un país dividido pola guerra da independencia e o fin do seu reinado deu paso a unha guerra civil, as chamadas guerras carlistas.

En política exterior, o seu reinado caracterizouse polo inicio do proceso descolonizador en América latina, que rematará a finais do século XIX.

Francisco de Goya

Francisco José de Goya y Lucientes, nado en Fuendetodos (Zaragoza) o 30 de marzo de 1746 e finado en Bordeos (Francia) o 16 de abril de 1828, foi un pintor e gravador español. A súa obra abarca a pintura de cabalete e mural, o gravado e o debuxo. En todas estas facetas desenvolveu un estilo que inaugura o Romanticismo. A arte goiesca supón, así mesmo, o comezo da Pintura contemporánea, e é considerado o precursor das vangardas pictóricas do século XX.

Tras unha lenta aprendizaxe na súa terra natal, no ámbito estílistico do barroco tardío e as estampas devotas, viaxa a Italia en 1770, onde traba contacto co incipiente neoclasicismo, que adopta cando marcha a Madrid a mediados desa década, xunto cun pintoresquismo costumista rococó derivado do seu novo traballo como pintor de cartóns para os tapices da manufactura real de Santa Bárbara. O maxisterio nesta actividade e noutras relacionadas coa pintura de corte impoñíao Mengs, e o pintor español máis reputado era Francisco Bayeu, que foi cuñado de Goya.

Unha grave enfermidade da que adoece en 1793 lévao a achegarse a unha pintura máis creativa e orixinal, que expresa temáticas menos amables que os modelos que pintara para a decoración dos palacios reais. Unha serie de cadriños en folla de lata, ós que el mesmo denomina de capricho e invención, inician a fase madura da obra do artista e a transición cara a unha estética romántica.

Ademais, a súa obra reflicte o convulso período histórico no que vive, particularmente a Guerra da Independencia, da que a serie de estampas dos Desastres da guerra é case unha reportaxe moderna das atrocidades cometidas e compoñen unha visión exenta de heroísmo onde as vítimas son sempre os individuos de calquera clase e condición.

Gran popularidade ten a súa Maja desnuda, en parte favorecida pola polémica xerada en torno á identidade da bela retratada. De comezos do século XIX datan tamén outros retratos que emprende o camiño cara á nova arte burguesa. Ó final do conflito hispano-francés pinta dous grandes cadros a propósito dos sucesos do levantamento do dous de maio de 1808, que sentan un precedente tanto estético como temático para o cadro de historia, que non só comenta sucesos próximos á realidade que vive o artista, senón que acada unha mensaxe universal.

Pero a súa obra culminante é a serie de pinturas ó óleo sobre o muro seco con que decorou a súa casa de campo (a Quinta do Xordo), as Pinturas Negras. Nelas Goya anticipa a pintura contemporánea e os variados movementos de vangarda que marcarían o século XX.

Gran Vía de Madrid

A Gran Vía é unha das principais rúas da cidade de Madrid. Comeza na rúa de Alcalá e termina na Plaza de España.

É un importante fito na cidade desde a súa construción a principios de século XX visto desde o punto de vista comercial, turístico e de lecer. Neste último aspecto é famosa polos seus cines, aínda que nos últimos anos algúns deles pecharon e outros se reconverteron con gran éxito ao teatro musical, polo que o tramo comprendido entre a Plaza de Callao e a Plaza de España coñécese como o "Broadway madrileño". O tramo comprendido entre a Red de San Luís e a Plaza de Callao alberga na actualidade numerosas tendas de cadeas internacionais de moda.

Meá, Mugardos

San Vicente de Meá é unha parroquia que se localiza no centro do concello de Mugardos. Segundo o IGE en 2013 tiña 610 habitantes (322 mulleres e 288 homes) distribuídos en 22 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 767 habitantes. Ten unha extensión de 2,07 km² e unha densidade de poboación de 294,69 hab./km².

Nesta parroquia naceu o doutor Agustín Sixto Seco.

Museo do Prado

O Museo do Prado (oficialmente Museo Nacional del Prado) situado en Madrid, é unha das pinacotecas máis importantes do mundo, singularmente rica en cadros de mestres dos séculos XVI ao XIX. O seu principal atractivo radica na ampla presenza de obras de Velázquez, Goya, Tiziano e Rubens, dos que posúe as mellores coleccións que existen a nivel mundial, ao que hai que sumar as coleccións de autores como El Greco, Murillo, José de Ribera, Zurbarán, Rafael, Veronese, Tintoretto, van Dyck ou Hieronymus Bosch, entre outros. As habituais limitacións de espazo explican que o museo exhiba unha selección de obras de máxima calidade (unhas 900 pinturas), do total de 7800 que ten no seu inventario.

Tamén é destacable a súa colección de escultura grega e romana que provén das coleccións reais españolas e de sitios como Pompeia.

Palacio Real de Madrid

O Palacio Real de Madrid é a residencia oficial dos Reis de España. Emprégase en cerimonias oficiais, pois os reis viven no Palacio da Zarzuela. En ocasións tamén se lle chama Palacio de Oriente por mor dunha das súas fachadas que da cara á Plaza de Oriente, na que tamén está o Teatro Real. Noutras das prazas que rodean o palacio atópase a Catedral de Santa María a Real da Almudena de Madrid.

O edificio foi mandado construír polo rei Filipe V sobre as ruínas do antigo Real Alcázar de Madrid despois de que este fose consumido polo lume no ano 1734. As obras comezaron en 1738, e non remataron ate 1892.

Na actualidade está xestionado por Patrimonio Nacional, e pode ser visitado polos turistas. No seu interior hai numerosas obras de arte como cadros pintados por Caravaggio, Diego Velázquez ou Goya.

Parque Madrid Río

O Parque Madrid Río é unha zona peonil e de recreo da cidade de Madrid, construída entre os anos 2006 a 2011 nas dúas marxes do río Manzanares, sobre o trazado soterrado da autoestrada M-30 desde o nó Sur ata o enlace coa A-5.

No 2016, o proxecto gañou o Premio Verónica Rudge Green da Universidade Harvard polo seu deseño e impacto social e cultural na transformación do río.

Parque do Capricho

O Parque do Capricho é un parque e zona verde situado no barrio da Alameda de Osuna, no distrito de Barajas, ao nordés da cidade de Madrid. Foi mandado construír pola duquesa de Osuna entre 1787 e 1839. Conta cunha superficie de 14 hectáreas.

Está considerado un dos parques máis belos da cidade. Dos seus recunchos destacan a praza do Capricho, o Palacio, o estanque, a praza dos Emperadores, ou a fonte dos Delfines e das Ranas.

Atribúenselle referencias inglesas, francesas e italianas, da época en que foi construído, as cales son reflexo das influencias artísticas dos diseñadores do parque. Constitúe o único xardín do Romanticismo existente en Madrid. Mostras diso son o labirinto de arbustos, os edificios, como o palacete, a pequena ermida, ou o fermoso salón de baile, ademais dos pequenos ríos que o percorren e estanques, onde se poden atopar cisnes e patos.

Plaza de Cibeles

A Plaza de Cibeles é unha praza da cidade de Madrid, situada na intersección da rúa de Alcalá (que a cruza de oeste a este) co paseo de Recoletos (ao norte) e o paseo del Prado (ao sur). Este lugar, un dos máis simbólicos da capital, divide os límites dos distritos Centro, Retiro e Salamanca.

No centro do recinto, sitúase a soada fonte de Cibeles, esculpida no ano 1782, a partir dun deseño de Ventura Rodríguez. Cada unha das catro esquinas da praza está presidida por edificios emblemáticos, construídos entre finais do século XVIII e principios do XX. O Palacio de Buenavista ou Cuartel Xeral do Exército, que data de 1777, é o máis antigo de todos eles. Sitúase no ángulo noroccidental, enfrontado ao Palacio de Linares ou Casa de América, que se alza sobre o nororiental. Pola súa banda, o Palacio de Comunicacións, sede da Alcaldía de Madrid desde o ano 2007, esténdese sobre o extremo sueste e o Banco de España sobre o suroeste.

Plaza de Oriente

A Plaza de Oriente está situada no centro histórico da cidade española de Madrid. Trátase dunha praza rectangular de cabeceira curvada, de carácter monumental, cuxo trazado definitivo responde a un deseño de 1844 de Narciso Pascual y Colomer, herdeiro de varios proxectos anteriores. Un dos seus principais impulsores foi o rei Xosé I, quen ordenou a demolición das casas medievais situadas na zona.

Está presidida por dous dos edificios máis relevantes da capital: na cara occidental atópase o Palacio Real e na oriental o Teatro Real. A súa cara norte confórmaa o Real Mosteiro da Encarnación, ao que lle foi expropiado o Horto da Priora para integralo dentro da praza.

Ademais dos citados edificios, esta praza monumental alberga diferentes xardíns histórico-artísticos e unha colección escultórica, na que destaca especialmente a escultura de Filipe IV, obra do século XVII de Pietro Tacca. Está considerada como a primeira estatua ecuestre do mundo suxeitada unicamente polas patas traseiras do cabalo.

Puerta del Sol

A Puerta del Sol é unha céntrica praza da cidade de Madrid. Aquí atópase desde 1950 o denominado Quilómetro Cero das estradas radiais españolas.

O edificio máis antigo da Puerta del Sol é a Casa de Correos e nela destaca o reloxo de torre que foi construído e doado no século XIX por José Rodríguez de Losada, e cuxas badaladas das 12 da noite do 31 de decembro marcan a tradicional toma das doce uvas á gran maioría dos españois. Ditas badaladas empezáronse a televisar o 31 de decembro de 1962 na Primera de Televisión Española e a partir dese ano non se deixaron de retransmitir por diversas canles de televisión de España.

A Puerta del Sol foi nas súas orixes un dos accesos do valado que rodeaba Madrid no século XV, que recollía no seu perímetro os arrabaldes medievais que foran crecendo extramuros, a redor da muralla cristiá do século XII. O nome da porta provén dun sol que adornaba a entrada, colocado aí por estar orientada a porta cara ao levante.

Teatro Real de Madrid

O Teatro Real é o teatro da ópera de Madrid, considerado un dos máis importantes de España e Europa. Atópase situado na Praza de Oriente, fronte ao Palacio Real, e é un dos monumentos máis emblemáticos da cidade.

Foi fundado a principios do século XIX, no ano 1818, e inaugurado en 1850, e mantívose de forma ininterrompida como teatro de ópera ata 1925, cando tivo que pechar por mor de problemas estruturais no edificio. Non volveu abrir as súas portas ata 1966, como sala de concertos sinfónicos. Entre 1988 e 1997 sufriu unha importante remodelación que o volveu converter en coliseo operístico.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.