Capillas

Capillas é un concello español da provincia de Palencia (Castela e León). A súa poboación é de 90 habitantes (INE 2012).

Coordenadas: 42°0′48″N 4°53′27″O / 42.01333, -4.89083

Capillas
Flag of None
Coats of arms of None
Localización
PaísEspaña España
Com. AutónomaCastela e León
ProvinciaPalencia
Xeografía
Altitude753 msnm
Superficie18,27 km²
Demografía
Poboación90 hab. (2012)
Densidade4,93 hab./km²
Xentiliciocapilludo/a
Outros datos
Código postal34305
AlcaldeAscensión Curieses Alonso (PSOE)
capillas.es

Véxase tamén

Ligazóns externas

A lingua das bolboretas

A lingua das bolboretas é a versión cinematográfica de varios relatos do escritor Manuel Rivas, publicados dentro do libro Que me queres, amor?. José Luis Cuerda levou ó cine no ano 1999 esta historia da infancia nun contorno rural case idílico sobre a que se cerne a sombra do alzamento contra a II República Española.

Francisco Blanco Salcedo

Francisco Blanco Salcedo, nado en Capillas (Palencia) o 1 de xaneiro de 1512 e finado en Santiago de Compostela o 26 de abril de 1581, foi un relixioso castelán.

Lobos de Arga

Lobos de Arga é un filme español de comedia e terror protagonizada por Gorka Otxoa e dirixida por Juan Martínez Moreno, con localizacións en Galicia. Estreouse en galego na TVG o 14 de abril de 2014.

Os luns ó sol

Os luns ó sol (en castelán: Los lunes al sol) é un filme de Fernando León de Aranoa protagonizado por Javier Bardem e actores galegos como Luís Tosar ou José Ángel Egido entre outros.

Esta produción rodada principalmente entre A Coruña e Vigo e estreada en 2002, obtivo unha grande acollida, sendo merecedora de multitude de premios, entre eles varios premios Goya.

Premios Mestre Mateo 2012

Os Premios Mestre Mateo 2012 galardoaron ás producións audiovisuais de Galicia de 2012 e celebrouse o 6 de abril de 2013. Durante a cerimonia, a Academia Galega do Audiovisual presentou os Premios Mestre Mateo en 25 categorías. A cerimonia celebrouse no Palacio da Ópera de A Coruña. A presentadora foi Cristina Castaño.

O venres 15 de febreiro de 2013, nun acto celebrado no Salón Teatro de Santiago de Compostela, os actores Luís Tosar e Camila Bossa deron a coñecer os finalistas.

Princesas

Princesas é un filme español dirixido por Fernando León de Aranoa no ano 2005 e protagonizada por Candela Peña e Micaela Nevárez.

Santo Domingo

Santo Domingo é a forma castelá para referirse a San Domingos. Como topónimo pode referirse a:

En Galicia

Santo Domingo, lugar da parroquia de Sanguiñedo, no concello de Dozón;En Arxentina

Santo Domingo, localidade do partido de Maipú na provincia de Bos Aires;

Santo Domingo, localidade do departamento Famatina na provincia de La Rioja;

Santo Domingo, localidade do departamento Las Colonias na provincia de Santa Fe;

Santo Domingo, localidade do departamento Pellegrini na provincia de Santiago del Estero;En Chile

Santo Domingo, comuna de la V Región de Valparaíso;En Colombia

Santo Domingo, municipio do departamento de Antioquia;

Santo Domingo, municipio do departamento de Caquetá;En Costa Rica

Santo Domingo, cantón da provincia de Heredia;En Cuba

Santo Domingo, municipio da provincia de Villa Clara;En Ecuador

Santo Domingo de los Colorados, capital da provincia de Santo Domingo de los Tsáchilas;

Provincia de Santo Domingo de los Tsáchilas, provincia de Ecuador;

Santo Domingo, cantón da provincia de Santo Domingo de los Tsáchilas;En España

Santo Domingo de la Calzada, municipio da Rioxa.

Comarca de Santo Domingo de la Calzada, comarca da Rioxa;

Santo Domingo de Silos, municipio da provincia de Burgos;

Santo Domingo-Caudilla, municipio da provincia de Toledo;En Filipinas

Santo Domingo, municipio da provincia de Ilocos del Sur;

Santo Domingo, municipio da provincia de Nueva Écija;En México

Santo Domingo, municipio de San Luis Potosí;

Santo Domingo Ingenio, municipio de Oaxaca;

Santo Domingo Tonaltepec, municipio de Oaxaca;

Santo Domingo Zanatepec, municipio de Oaxaca;En Nicaragua

Santo Domingo, municipio do departamento de Chontales;En Perú

Distrito de Santo Domingo, distrito da provincia de Morropón no departamento de Piura;

Distrito de Santo Domingo de los Olleros, distrito da provincia de Huarochirí no departamento de Lima;

Distrito de Santo Domingo de la Capilla, distrito da provincia de Cutervo no departamento de Cajamarca;

Distrito de Santo Domingo de Acobamba, distrito da provincia de Huancayo no departamento de Junín;

Distrito de Santo Domingo de Capillas, distrito da provincia de Huaytará no departamento de Huancavelica;No Salvador

Santo Domingo, municipio de San Vicente;Na República Dominicana

Santo Domingo de Guzmán, capital da República Dominicana;

Provincia de Santo Domingo, provincia da República Dominicana;

Santo Domingo Este, capital da provincia de Santo Domingo;

Santo Domingo Norte, municipio da provincia de Santo Domingo;

Santo Domingo Oeste, municipio da provincia de Santo Domingo.

The Others

The Others (Os Outros) é unha película española do ano 2001 inspirada na obra Outra volta á torniqueta de Henry James dentro do xénero do thriller e dirixida polo director español Alejandro Amenábar, coa australiana Nicole Kidman como actriz protagonista. É unha coprodución hispano-franco-estadounidense.

Gravouse en localizacións de Cantabria e Madrid, aínda que a historia está ambientada na illa de Xersei. No seu momento, foi a película española máis exitosa da historia, con máis de 68.000.000 $ recadados só en Estados Unidos.

Gañou oito Premios Goya incluíndo premios á mellor película e ó mellor director. Nicole Kidman foi candidata ó Globo de Ouro e ó BAFTA á mellor actriz, entre outros.

Tierra de Campos

Tierra de Campos (Terra de Campos) é unha bisbarra natural localizada na Comunidade Autónoma de Castela e León, que se estende polas provincias de Palencia, Valladolid, Zamora e León.

A súa orixe está no chamado "Campo de Galiza" (Campus Gallaeciae) do Baixo Imperio Romano, que co tempo recibirá o nome de "Campos Góticos" (Campi Gothici ou Campi Gothorum), tendo a súa capital histórica en Palencia.

XVII edición dos Premios Goya

A 17ª Cerimonia de entrega dos Premios Goya tivo lugar no Palacio Municipal de Congresos do Campo das Nacións en Madrid o 1 de febreiro de 2003.

Esta edición estivo marcada polas mostras de rexeitamento do mundo do cine ó apoio amosado polo goberno de José María Aznar á invasión estadounidense de Iraq. Actores e directores levaron chapas co lema "Non á guerra" e converteron o acto nunha alegación contra ela. Pola súa parte, certos sectores conservadores criticaron estas manifestacións por non condenar o terrorismo de ETA coa mesma vehemencia que a guerra en Iraq.

Ademais, cabe salientar o éxito nesta edición da película Os luns ó sol, rodada en parte en Galicia e con profesionais galegos no seu equipo, entre eles Luís Tosar e José Ángel Egido, que recolleron os premios ó mellor actor secundario e ó mellor actor revelación respectivamente.

XVI edición dos Premios Goya

A cerimonia de entrega da XVI edición dos Premios Goya tivo lugar no Palacio Municipal de Congresos de Madrid o 2 de febreiro de 2002. Rosa María Sardà dirixiu e presentou a gala por terceira vez. A película Sin noticias de Dios tiña 11 nominacións, pero non gañou ningún Goya.

Mellor película: Os outros.

Mellor director: Alejandro Amenábar por Os outros.

Mellor director novel: Juan Carlos Fresnadillo (Intacto).

Mellor interpretación feminina protagonista: Pilar López de Ayala por Juana la Loca.

Mellor interpretación masculina protagonista: Eduard Fernández por Fausto 5.0.

Mellor interpretación feminina secundaria: Rosa María Sardá por Sin vergüenza.

Mellor interpretación masculina secundaria: Emilio Gutiérrez Caba por El cielo abierto.

Mellor actriz revelación: Paz Vega por Lucía y el sexo.

Mellor actor revelación: Leonardo Sbaraglia por Intacto.

Mellor guión orixinal: Os outros (Alejandro Amenábar).

Mellor guión adaptado: Salvajes (Jorge Juan Martínez, Juan Carlos Molinero, Clara Pérez Escrivá e Salvador Maldonado).

Mellor dirección de produción: Os outros (Emiliano Otegui e Miguel Ángel González).

Mellor fotografía: Os outros (Javier Aguirresarobe).

Mellor montaxe: Os outros (Nacho Ruiz Capillas).

Mejor música original: Lucía y el sexo (Alberto Iglesias).

Mellor canción orixinal: Luz Casal e Pablo Guerrero por "Tu Bosque animado" (d' O bosque animado).

Mellor dirección artística: Os outros (Benjamín Fernández).

Mellor deseño de vestiario: Juana la Loca (Javier Artiñano).

Mellor maquillaxe e peiteado: Juana la Loca (Miguel Sesé e Mercedes Guillot).

Mellor son: Os outros (Ricardo Steinberg, Tim Cavagin, Alfonso Raposo e Daniel Goldstein).

Mellores efectos especiais: Buñuel y la mesa del Rey Salomón (Reyes Abades, José Mª Aragonés, Carlos Martínez, Ana Núñez e Antonio Ojeda).

Mellor película de animación: O bosque animado (Dygra Films / Megatrix).

Mellor curtametraxe de animación: Pollo (Manuel Sirgo).

Mellor curtametraxe de ficción: Desaliñada (Gustavo Salmerón).

Mellor película europea: Amèlie (Jean Pierre Jaunet).

Mellor película documental: En construcción (José Luis Guerín).

Mellor película estranxeira de fala hispana: La fuga (Eduardo Mignogna).

Goya de honra: Juan Antonio Bardem (director).

XXIII edición dos Premios Goya

A 23ª cerimonia de entrega dos Premios Anuais da Academia "Goya" tivo lugar no Palacio de Congresos de Madrid o 1 de febreiro de 2009. Estivo presentada pola actriz Carmen Machi.

A gañadora da noite foi Camino de Javier Fresser que logrou o Goya á mellor película e á mellor dirección, ademais de catro galardóns máis. Os xirasois cegos, o filme de José Luis Cuerda filmado en Ourense só colleitou un premio dos 15 nomeamentos. ás que optaba.

Dos galegos, só obtivo o Goya o filme de animación O lince perdido. Quedaron fóra os actores Xosé Anxo Egido e Martiño Rivas, os filmes de animación Donkey Xote e O espírito do bosque e a curtametraxe de animación O ataque dos kriters asasinos, de Sam Orti.

XXII edición dos Premios Goya

A 22ª cerimonia de entrega dos Premios Anuais da Academia "Goya" tivo lugar no Palacio de Congresos de Madrid o 3 de febreiro de 2008, presentada por José Corbacho. O 17 de decembro de 2007, Juan Diego Botto e Ivana Baquero foron os encargados de ler as candidaturas en nome da Academia.

A sorprendente gañadora da noite foi La soledad de Jaime Rosales que logrou o Goya á mellor película e á mellor dirección. Las 13 rosas que partía con 14 candidaturas conformouse con 4, mentres El orfanato, que partía como favorita, gañou 7 Goyas, aínda que ningún foi dos chamados importantes.

XXIV edición dos Premios Goya

A 24ª cerimonia de entrega dos Premios Goya tivo lugar no Palacio Municipal de Congresos de Madrid, o 14 de febreiro de 2010. O presentador foi Andreu Buenafuente.

XXVIII edición dos Premios Goya

A 28ª cerimonia de entrega dos Premios Goya tivo lugar no Centro de Congresos Príncipe Felipe, localizado no Hotel Auditorium de Madrid, o 9 de febreiro de 2014. Por primeira vez o presentador foi o humorista Manel Fuentes, substituíndo a Eva Hache, presentadora das dúas anteriores edicións.

XXX edición dos Premios Goya

A 30ª cerimonia de entrega dos Premios Goya tivo lugar no Centro de Congresos Príncipe Felipe, localizado no Hotel Auditorium de Madrid, o 6 de febreiro de 2016. O presentador foi Dani Rovira.

Ágora (filme)

Ágora é un filme dirixido por Alejandro Amenábar que foi estreado no 2009. É un drama histórico sobre a vida de Hipatia (Rachel Weisz), unha matemática, filósofa e astrónoma do Exipto Romano do século IV.

50.000+
5.000+
1.000+
Menos de
1.000

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.